Idade Antiga
A Idade Antiga é a época histórica que coincide co xurdimento e desenvolvemento das primeiras civilizacións ou civilizacións antigas.
O concepto máis tradicional de historia antiga presta atención ao descubrimento da escrita, que convencionalmente a historiografía considerou o fito que permite marcar o final da Prehistoria e o comezo da Historia, dada a primacía que outorgan ás fontes escritas fronte á cultura material, que estuda co seu propio método a arqueoloxía. Outras orientacións procuran atender ao sistema social ou o nivel técnico. Recentemente, os estudos de xenética de poboacións baseados en distintas técnicas de análises comparativos de ADN e os estudos de antropoloxía lingüística están chegando a reconstruír dun xeito cada vez máis preciso as migracións antigas e a súa herdanza nas poboacións actuais.[1]
Sexa cal for o criterio empregado, coincide que en tempo e lugar uns e outros procesos cristalizaron no comezo da vida urbana (cidades moi superiores en tamaño e diferentes en función ás aldeas neolíticas), a aparición do poder político (palacios, reis), das relixións organizadas (templos, sacerdotes), unha complexa estratificación social, esforzos colectivos de grande envergadura que esixen prestacións de traballo obrigatorio e impostos, e o comercio de longa distancia (todo o que se veu en chamar Revolución urbana);[2] nivel de desenvolvemento social que por primeira vez se acadou na Sumeria do IV milenio a. C., espazo propicio para a constitución das primeiras cidades-estado competitivas a partir do substrato neolítico que levaba xa catro milenios desenvolvéndose no crecente fértil.[3] A partir delas, e de sucesivos contactos (tanto pacíficos como invasións) de pobos veciños (culturas sedentario-agrícolas ou nómade-gandeiras que se nomean tradicionalmente con termos de validez cuestionada, máis propios de familias lingüísticas que de razas humanas: semitas, camitas, indoeuropeos etc.), fóronse conformando os primeiros estados de grande extensión territorial, ata acadar o tamaño de imperios multinacionais.
Procesos semellantes tiveron lugar en diversos momentos segundo a área xeográfica (sucesivamente Mesopotamia, o val do Nilo, o subcontinente indio, a China, a conca do Mediterráneo, a América precolombiana e o resto de Europa, Asia e África); nalgunhas zonas especialmente illadas, algúns pobos cazadores-recolectores actuais aínda non abandonarían a prehistoria mentres que outros entraron violentamente na idade moderna ou contemporánea da man das colonizacións do século XVI ao XIX.
Os pobos cronoloxicamente contemporáneos da Historia escrita do Mediterráneo oriental poden ser obxecto da Protohistoria, pois as fontes escritas por romanos, gregos, fenicios, hebreos ou exipcios, ademais das fontes arqueolóxicas, permiten facelo.
A Antigüidade clásica localízase no momento de plenitude da civilización grecorromana (século V a.C ao século II d. C.) ou en sentido amplo, en toda a súa duración (século VIII a.C ao século V d. C.). Caracterizouse pola definición de innovadores conceptos socio-políticos: os de cidadanía e de liberdade persoal, non para todos, senón para unha minoría sostida polo traballo escravo; a diferenza dos imperios fluviais do Antigo Exipto, Babilonia, India ou China, para os que se definiu a imprecisa categoría de modo de produción asiático, caracterizadas pola existencia dun poder omnímodo na cúspide do imperio e o pago de tributos polas comunidades campesiñas suxeitas a el, pero de condición social libre (pois aínda que exista a escravitude, non representa a forza de traballo principal).[4]
O final da Idade Antiga na civilización occidental coincide coa caída do Imperio romano de Occidente (no ano 476; o Imperio romano de Oriente sobreviviu toda a Idade Media ata 1453 como Imperio bizantino), aínda que tal descontinuidade non se observa noutras civilizacións. Xa que logo, as divisións posteriores (Idade Media e Idade Moderna) poden considerarse válidos só para aquela; mentres que a maior parte de Asia e África, e con moita máis claridade América, son obxecto na súa historia dunha periodización propia.
Algúns autores culturalistas fan chegar a Antigüidade tardía europea ata os séculos VI e VII, mentres que a escola "mutacionista" francesa esténdea ata algún momento entre os séculos IX e XI. Distintas interpretacións da historia focalízanse en cuestións económicas (transición do modo de produción escravista para o modo de produción feudal, desde a crise do século III); políticas (desaparición do imperio e instalación dos reinos xermánicos desde o século V); ou ideolóxicas, relixiosas (substitución do paganismo politeísta polos monoteísmos teocéntricos: o cristianismo -século IV- e posteriormente o islam -século VII-), filosóficas (filosofía antiga pola medieval) e artísticas (evolución desde a arte antiga -clásica- cara a arte medieval -paleocristiá e prerrománica-).[5]
As civilizacións da Antigüidade son agrupadas xeograficamente pola historiografía e a arqueoloxía en zonas en que distintos pobos e culturas estiveron especialmente vinculados entre si; aínda que as áreas de influencia de cada unha delas chegaron en moitas ocasións a mesturarse e ir moito máis lonxe, formando imperios de dimensións multicontinentais (o Imperio persa, o de Alexandre Magno e o Imperio romano), talasocracias ('goberno dos mares') ou rutas comerciais e de intercambio de produtos e ideas a longa distancia; aínda que sempre limitadas polo relativo illamento entre elas (obstáculos dos desertos e océanos), que chega a ser radical nalgúns casos (entre o Vello Mundo e o Novo Mundo). A navegación antiga, especialmente a natureza e extensión das expedicións que necesariamente tiveron que realizar as culturas primitivas de Polinesia (polo menos ata a Illa de Pascua), é un asunto aínda polémico. Nalgunhas ocasións recorreuse á arqueoloxía experimental para probar a posibilidade de contactos con América desde o Pacífico. Outros conceptos de aplicación discutida son a prioridade do difusionismo ou do desenvolvemento endóxeno para determinados fenómenos culturais (agricultura, metalurxia, escritura, alfabeto, moeda etc.) e a aplicación do evolucionismo en contextos arqueolóxicos e antropolóxicos.
Pobos, culturas e civilizacións na Idade Antiga
[editar | editar a fonte]Próximo Oriente antigo
[editar | editar a fonte]O Antigo Oriente Próximo ou Antigo Oriente é o termo utilizado para denominar as zonas de Asia occidental e nordeste de África onde xurdiron as civilizacións anteriores á civilización clásica grecorromana, e que actualmente se denomina Oriente Próximo ou Oriente Medio. Para a mesma rexión, Vere Gordon Childe acuñou a denominación Crecente Fértil, ao definila como a zona onde xurdiu primeiro a Revolución neolítica (VIII milenio a. C.) e posteriormente a Revolución urbana (IV milenio a. C.). Son os actuais países de Iraq, parte de Irán, parte de Turquía, Siria, Líbano, Israel, os Territorios palestinos, Xordania, Arabia e Exipto. Cronoloxicamente, enténdese como un período que vai desde o inicio das civilizacións históricas en torno ao IV milenio a. C. (nesta zona a aparición da escrita, as cidades e os templos é simultánea á Idade de Bronce) ata a expansión do Imperio aqueménida no século VI a. C.
Mesopotamia antiga
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia de Mesopotamia.
A desembocadura dos ríos Tigris e Éufrates (os dous ríos -pótamos- no medio -meso- dos cales desenvolveuse este espazo de civilización) na Baixa Mesopotamia deu orixe á acumulación de depósitos aluviais na zona de marismas, que vai gañando paulatinamente terreo ao mar fronte á costa en retroceso do Golfo Pérsico (actualmente a máis de cen quilómetros do lugar que ocupaba no IV milenio a. C., e cos dous ríos confluíntes -Shatt al-Arab-). A zona foi propicia (coa condición de manter unha gran capacidade de organización social para o traballo colectivo na construción de obras hidráulicas como canalizacións), regadío e drenaxes, para o desenvolvemento das cidades-estado sumerias (Ur, Uruk, Eridu, Lagash). Estas, en competencia entre si e cos pobos nómades de estepas e desertos circundantes (os do sur e oeste englobados pola historiografía no amplo concepto étnico de semitas e os do leste na zona irania onde se foi formando a civilización elamita), así como cos núcleos que se foron formando máis ao norte (Babilonia) e máis ao norte aínda na Alta Mesopotamia (Nínive); foron desenvolvendo as características constitutivas da civilización (sociedade complexa) e o estado (superestrutura político-ideolóxica): templo, clase sacerdotal e relixión organizada, fronteira, guerra territorial, exército, propaganda, impostos, burocracia, monarquía, construcións como murallas e cigurats; e o trazo que marca o inicio da historia: o rexistro da memoria na escritura.
A dinámica do crecemento territorial levou á formación de imperios, que na súa pretensión de monopolizar o poder, describíanse a si mesmos como un continuo espacial "entre o mar pequeno e o mar grande" (o Golfo Pérsico e o Mediterráneo), en enumeracións máis ou menos fiables de pobos anexionados, destruídos, dispersados, rexeitados, sometidos, tributarios, ou simplemente socios comerciais, aliados ou contactos diplomáticos.
-
Os xardíns colgantes de Babilonia, foron algunha vez unha das sete marabillas do mundo antigo, símbolo do poder do Imperio neobabilónico, hoxe apenas existe evidencia da súa existencia. Cadro do século XIV de Martin van Heemskerck; ao fondo vese a lendaria Torre de Babel.
-
Tiglatpileser III, rei de Asiria do século VIII a.C.
Persia antiga
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia de Irán.
Cordilleiras, mesetas, estepas e desertos caracterizan un difícil medio físico entre o Éufrates ao leste, o Golfo Pérsico ao sur, o Indo ao leste e os Montes Elburz, o Mar Negro e o río Oxus ao norte. No entanto, tamén son a vía terrestre que conecta o Próximo Oriente coa Asia Central e a Asia Meridional (máis dificilmente, sendo máis usada a conexión marítima); e a través desas zonas, en última instancia, co Extremo Oriente. A extensa rexión persa ou irania cumpriría un papel clave na teoría indoeuropea, de debatida validez, que supuña a existencia dun grupo ancestral de pobos das estepas portadores de trazos comúns (lingüísticos, étnicos, culturais e ata de estrutura de pensamento), esencialmente gandeiros (outorgaban un gran valor a vacas, cabalos e cans), de estrutura social patriarcal, xerarquizada e triádica (visible mesmo no seu panteón de deuses[6]), que protagonizaron unha xigantesca expansión que incluiría a conquista da India polos arios; a de Europa polos predecesores de gregos, latinos, celtas, xermanos e eslavos; e a de Mesopotamia, Anatolia, Levante e Exipto por medos e persas.
-
Friso dos inmortais.
-
Investidura de Ardashir I (fundador da dinastía sasánida —século III—) polo deus Ahura Mazda. Os seus cabalos pisotean o anterior rei, Artabano IV, e a deidade negativa Ahriman. Naqsh-e Rostam.
Anatolia e Armenia antigas
[editar | editar a fonte]A península de Anatolia, vía terrestre entre Asia e Europa, da que a separa o estreito do Bósforo e as numerosas illas do Exeo, coas que sempre mantivo un continuo intercambio cultural (do que son mostra os aqueos e troianos do mito homérico), estivo no corazón das innovacións da revolución neolítica e a revolución urbana, desenvolvendo estados poderosos que entraron en relación e competencia cos mesopotámicos e ata cos exipcios. No norte, a costa do Mar Negro (o Ponto para gregos e romanos), acollía mitos como o do vélaro de ouro que se achaba na Cólquida. A cordilleira do Cáucaso pona en contacto coas afastadas chairas eurasiáticas.
- Artigo principal: Linguas anatólicas.
- Artigo principal: Historia de Armenia.
- Artigo principal: Historia de Anatolia.
- Véxase tamén: Turquía#Historia pre-turca de Anatolia.
-
Releve con guerreiros hititas, en Hattusa.
Levante mediterráneo antigo
[editar | editar a fonte]A zona costeira máis oriental do Mediterráneo, pola súa localización entre África e Asia e as súas favorables condicións físicas, actuou como un "corredor" entre o mar e o deserto, moi compartimentado, aínda que con vales fluviais de dirección norte-sur (os do Xordán e o Orontes), que posibilitou as comunicacións terrestres entre África, Asia e Europa. Ese papel cumpriuse desde o Paleolítico e o Neolítico (Xericó), e acentuouse coas primeiras civilizacións. Os grandes imperios de Exipto, Mesopotamia e Anatolia tiveron nesta zona a súa zona de contacto xeoestratéxico. O contexto crítico de finais do II milenio a. C. permitiu que se desenvolvesen potentes civilizacións locais de forte personalidade e influencia no desenvolvemento histórico posterior (trazos como o alfabeto ou o monoteísmo), cunha proxección moi superior á súa extensión xeográfica ou poboación.
- Artigo principal: Levante mediterráneo.
- Artigo principal: Fenicios.
- Artigo principal: Historia do antigo Israel e Xudea.
- Artigo principal: Arqueoloxía bíblica.
- Artigo principal: Terra Santa.
-
Fortaleza de Masada, onde as lexións romanas asediaron unha gornición xudía.
Siria, Xordania e Arabia antigas
[editar | editar a fonte]Entre o Tigris e o Monte Líbano comeza unha vasta zona desértica que se estende cara ao sur ata a península Arábiga. Supón un obstáculo insuperable para o desenvolvemento da agricultura máis aló de pequenas zonas de oasis moi dispersos, excepto na zona do Iemen (Arabia Felix -Arabia Feliz-). As actividades económicas que se desenvolveron e permitiron a formación dunha peculiar civilización foron, xa que logo, a gandería nómade e as lucrativas rutas caravaneiras do comercio a longa distancia que conectaban todas as partes do mundo antigo a través dos portos do Mar Vermello, o golfo de Adén e o Golfo Pérsico (abertos ao océano Índico -navegación ata a India e Indonesia-, ao leste de África -onde a relación con Eritrea e Etiopía foi moi estreita- e á costa oriental de Exipto -Berenice-), e cidades do interior como Damasco, Petra ou Palmira (que conectaban co Levante mediterráneo).
Val do Nilo antigo
[editar | editar a fonte]Exipto é un don do Nilo (Heródoto), pois poucas civilizacións tiveron unha relación tan determinante cun río. A súa crecida anual permite a fertilidade e a altísima densidade de poboación dunha estreita franxa que percorre o despoboado deserto norteafricano (desertizado no período posglacial) desde as cataratas do sur ata o delta do norte. A dualidade entre o Alto Exipto e o Baixo Exipto forxou, sobre unha sociedade campesiña extraordinariamente estable e vinculada polo traballo colectivo nas obras hidráulicas, unhas institucións e unha cultura caracterizadas pola sacralización da figura do faraón, a fortaleza dos templos, unha eficaz burocracia e unha complexa relixión do máis aló. Dentro dunha gran continuidade ao longo de milenios (que ás veces se interpretou como homoxeneidade ou ata estereotipación, con escasísimas excepcións -o período de Amarna-), mantívose unha repetida dialéctica entre a unidade e a disgregación no devir cíclico das fases da historia exipcia, con períodos de esplendor e de crise.
- Antigo Exipto.
- Hicsos.
- Pobos do Mar.
- Nubios.
- Reino de Cush.
- Reino de Aksum.
- Reino de Napata.
- Reino de Meroe.
- Camitas.
- Expansión afroasiática.
- Linguas cuxitas.
- Lingua exipcia.
-
Amenofis IV realizou unha reforma relixiosa tendente ao monoteísmo de Atón, redenominándose Akhenatón; os seus cambios implicaron ata unha alteración das convencións de representación artística, no que se denominou «estilo de Tell el Amarna» (mediados do século XIV a.C).
-
A apertura do sarcófago de Tutankhamon por Howard Carter en 1923, un dos momentos máis espectaculares da arqueoloxía. Era unha tumba intacta, e precisamente a do faraón cuxo breve reinado (1336-1327 a.C.) significou a volta á ortodoxia tradicional da relixión exipcia tras a paréntese herética de Akhenatón.
-
Pirámides de Gebel Barkal, no reino de Napata (ou dos «faraóns negros» ou khusitas), fortemente influenciado pola cultura exipcia. Actual Sudán.
Mediterráneo e Europa antigos
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Conca do Mediterráneo, Mediterráneo occidental e Mediterráneo oriental.
Grecia antiga
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Antiga Grecia.
Hélade é o concepto xeográfico e cultural que abarcaba na Antigüidade clásica o territorio habitado polos gregos ou helenos, máis amplo que a actual Grecia, e que comprendería o territorio continental europeo que vai desde o Peloponeso o sur ata unha difusa separación con Macedonia, Tracia e Epiro ao norte; ademais das illas do mar Exeo e do mar Xónico e a costa occidental da actual Turquía (Xonia) ata o Helesponto. Tamén se asimilaban ao concepto de Hélade as colonias gregas establecidas por todo o Mediterráneo; e tamén podían entenderse próximos a el os extensos territorios das monarquías helenísticas de Exipto e o Próximo Oriente, que en maior ou menor medida foran helenizados.
- Véxase tamén: Atenas, Esparta, Corinto antiga, Megara, Mitilene, Samos, Rodas, Focea, Mileto, Grecia e Halicarnaso.
- Véxase tamén: Guerras médicas, Guerra do Peloponeso, Anábase e Guerra na antiga Grecia.
- Véxase tamén: Aristocracia, Oligarquía, Tiranía, Democracia ateniense e Democracia grega.
- Véxase tamén: Licurgo (lexislador), Clístenes de Atenas, Solón, Pisístrato, Polícrates de Samos, Leónidas I, Temístocles, Pericles, Alcibíades e Demóstenes.
- Véxase tamén: Homero, Hesíodo, Esquilo, Sófocles, Eurípides, Aristófanes, Safo, Píndaro, Anacreonte e Esopo.
- Véxase tamén: Fidias, Mirón (escultor), Policleto, Praxíteles, Escopas de Paros, Lisipo, Ictinos, Calícrates e Mnesicles.
- Véxase tamén: Hipodamo de Mileto, Exequias (pintor) e Apeles.
- Véxase tamén: Sofista, Filosofía grega, Tales de Mileto, Heráclito, Demócrito, Parménides, Sócrates, Platón, Aristóteles e Dióxenes de Sínope.
- Véxase tamén: Hipócrates, Pitágoras, Euclides, Plotino e Pseudo Dionisio Areopagita.
-
Maqueta da estrutura do palacio de Cnosos. Foi unha asombrosa cidade palatina situada en Creta, de características nunca antes vistas (rede de tubaxes, posición complexa nas bancadas do interior, dimensións moi superiores a outros palacios contemporáneos etc.), polo que se cre que da civilización minoica, os exipcios -non os gregos-, inspiráronse no mito da Atlántida. As teorías arqueolóxicas sobre o catastrófico final da cultura minoica, asociado á chamada «erupción minoica» do volcán que produciu a caldeira actual da illa Santorini (século XVII a.C), tamén permiten a súa asociación con ese mito.
-
Zeus, pai dos deuses e armado co raio, como corresponde á mitoloxía grega, preside o Oráculo de Olimpia onde na súa honra celebrábanse desde o século VIII a.C os Xogos Olímpicos, fitos que marcaban o calendario e un dos legados máis importantes da civilización clásica. A colosal estatua de ouro e marfil, de 12 metros de altura, debíase a Fidias (século V a.C, e contábase entre as sete marabillas do mundo antigo. Destruída no século V a.C, este gravado é unha recreación de época moderna.
-
O Imperio macedonio foi o máis vasto do mundo antigo, e tamén o máis efémero: non sobreviviu ao seu fundador, Alexandre o Grande. En plena mocidade, tras suceder ao seu pai Filipo II de Macedonia (que previamente unificara as polis gregas), aplicou a eficaz maquinaria de guerra formada por este á derrota do Imperio persa, o inimigo dos gregos desde as guerras médicas. A súa xesta expandiu a cultura grega por Próximo Oriente e ata a Asia Central e a India, iniciando o período denominado Helenismo.
-
O estadio de Afrodisias, un dos poucos vestixios que nos quedan desa cidade grecorromana, coñecida no seu tempo polos seus belos edificios de mármore. O estadio é, de feito, unha mestura entre un coliseo e unha pista grega. A razón diso débese a que celebraban batallas sanguentas e ao mesmo tempo xogos como lanzamento de discos.
Illas do Mediterráneo antigo
[editar | editar a fonte]Moitos mitos gregos situábanse en costas ou illas situadas nun indefinido «extremo Occidente» (Vulcano -Hefesto-, Traballos de Hércules -Heracles, Columnas de Hércules, Gerion, Atlas-, Atlántida, Xardín das Hespérides, Odisea -Ciclopes, Lestrigones, Sereas, Escila e Caribdis, Ogigia, Lotófagos-); outros situábanse en dirección menos clara, ou máis ben no Mediterráneo oriental (cara ao Mar Negro -a Cólquida das viaxes de Xasón, os Argonautas e o Vélaro de ouro-, o sur do Exeo -a Creta de Minos, Dédalo, Ícaro, e o Minotauro vencido polo ateniense Teseo; ou do rapto de Europa- ou o Chipre do nacemento de Afrodita).
- Chipre antigo
- Illas do Mediterráneo Occidental antigo
- Illas Eolias.
- Historia das Baleares (Illas Baleares -baleáricos, hondeiros baleares, Quinto Cecilio Metelo Baleárico-).
- Historia de Malta.
- Gozo.
- Xerba.
- Batalla de Alalia.
- Magna Grecia.
- Expedición a Sicilia.
- Guerras púnicas.
- Véxase tamén: Tiranos de Siracusa, Agatocles, Hermócrates, Filisto e Arquimedes.
África Noroccidental antiga
[editar | editar a fonte]-
Capitolio de Sbeitla.
Europa Occidental antiga
[editar | editar a fonte]- Xermanos.
- Bretóns.
- Pictos.
- Hibernios.
- Celtas.
- Galos.
- Historia antiga da Península Ibérica.
- Pobos prerromanos da Península Ibérica.
- Tartessos.
- Pobos contemporáneos á conquista romana de Hispania:
- Pobos da zona oriental e meridional (franxa mediterránea, Pireneos, val do Ebro, Cordilleiras Béticas e val do Guadalquivir), xenericamente denominados iberos: laietanos, ausetanos, lacetanos, indixetes, ilerxetes, iacetanos -relacionados máis ben cos aquitanos-, suesetanos, sedetanos, edetanos, ilercavóns, turdetanos, túrdulos, contestanos, oretanos, bastetanos etc.
- Pobos da zona occidental (actual Portugal) e central (Meseta Central e o Sistema Ibérico): célticos, lusitanos, vetóns, carpetanos, celtiberos, vacceos etc.
- Pobos da zona norte ou franxa cantábrica: galaicos, ástures, cántabros, autrigóns, várdulos, turmogos, beróns, caristios, vascóns etc.
Véxase tamén: Britania, Galia, Xermania, Hispania romana, Provincia romana e Linguas paleohispánicas
-
Tesouro do Carambolo, atribuído á cultura tartésica (suroeste de España).
-
Touros de Guisando, esculturas prerromanas en Carpetania (centro de España).
-
O Acueduto de Segovia é unha das mostras da profunda romanización de Hispania. Conduce a auga unha distancia superior a 15 km, salvando unha profunda valgada, ata chegar ao outeiro ocupado pola cidade, o que o converte no acueduto romano máis longo conservado.
Italia e Roma antigas
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Pobos antigos de Italia.
- Artigo principal: Roma antiga.
O Imperio romano tivo un impacto moi superior á súa propia extensión espacial (case 6 millóns de quilómetros cadrados, xa de seu unha das maiores entre os imperios de todos os tempos)[7]. e á súa duración temporal (do 27 a. C. ao 476 d. C. en Occidente e ata o 1453 en Oriente); por ser a institución política e a formación económico social decisiva para a conformación da civilización occidental, que en boa medida pode considerarse unha pervivencia súa. A través dela perviviron os seus conceptos xurídicos e institucionais (dereito romano, municipio romano, provincia romana, senado romano...), artísticos e culturais (arte e cultura clásica, urbanismo romano, vía romana, teatro romano, termas, acuedutos...) e o propio idioma (o latín). A romanización foi un proceso que tivo moito de sincrético, posto que incorporaba trazos culturais dos pobos conquistados. Moi especialmente identificouse coa civilización grega, á que Roma recoñecía como superior á súa propia, excepto en cuestións políticas e militares (Ex Oriente Lux, Ex Occidente Dux).[8] No seu período final, a achega xudeucristiana foi decisiva.
- Véxase tamén: Monarquía romana, República romana, Imperio romano, Alto Imperio romano e Baixo imperio romano.
- Véxase tamén: Triunvirato, Emperador romano, Lista de emperadores romanos, Principado (Roma), Dominado (Roma) e Tetrarquía.
- Véxase tamén: Patricio, Plebeo, Secessio plebis, Cliente (Roma antiga), Equites, Nobiles, Optimates, Populares, Honestiores e Humiliores e Escravitude na Antiga Roma.
- Véxase tamén: Relixión na Roma antiga, Cristianismo primitivo, Relixión mistérica, Persecucións e Patrística.
- Véxase tamén: Latín, Literatura romana, Virxilio, Ovidio, Horacio, Marcial, Quintiliano, Petronio, Apuleio e Terencio.
- Véxase tamén: Catón, Marcus Tullius Cicero, Séneca, Marco Aurelio, Lucrecio, Plinio o Vello, Plinio o Novo e Marco Vitruvio.
- Véxase tamén: Historiografía romana, Tito Livio, Suetonio e Publio Cornelio Tácito.
-
Frescos etruscos da «tumba dos leopardos» (Tarquinia), onde se representa un simposion, costume social de clara influencia grega, representado aquí co colorido e a concepción festiva propios da pintura etrusca. Os etruscos desenvolveron unha civilización con características orientalizantes dentro do contexto itálico, do que foron a potencia dominante ata que Roma, a capital latina que estivo sometida a reis etruscos (Monarquía romana), terminouse impondo nos primeiros tempos da República (do século V a.C ao século III a.C).
-
Busto de Xulio César, o último «home forte» da República (outros foron Mario, Sila ou o seu principal rival, Pompeio), e antecesor inmediato do Imperio romano, que deseñou o seu herdeiro Octavio Augusto baixo a forma de principado (finais do século I a.C. A expansión territorial de Roma e as guerras civís republicanas significaron socialmente a superación da oposición inicial entre patricios e plebeos e a constitución dun modo de produción escravista que fixo ascender unha poderosísima aristocracia.
-
Planta do Coliseo de Roma ou Anfiteatro Flavio, onde sentaban 5000 espectadores a observar espectáculos sanguentos como batallas entre gladiadores ou con feras salvaxes, e inclusive batallas navais (naumaquias). A expresión panem et circensis ("pan e circo") declaraba a intención demagóxica de afagar e embrutecer as masas populares á vez que se garantía o seu apoio á figura imperial; de modo similar a como o fixeron os dirixentes da fase final da República romana.
Balcáns e Europa Oriental antigos
[editar | editar a fonte]- Primeiras civilizacións metalúrxicas do sueste de Europa.
- Ilirios.
- Peonios.
- Dacios.
- Macedonios.
- Tracios.
- Escitas.
- Sármatas.
- Vendos (venedi ou proto eslavos).
- Reino de Epiro.
- Guerras pírricas.
- Guerras ilíricas.
- Pannonia.
- Iliria.
- Ilírico.
- Dalmacia.
- Tracia.
- Dacia.
- Escitia.
- Ponto.
-
Tumba tracia de Kazanlak (en Bulgaria).
Eurasia Setentrional antiga
[editar | editar a fonte]Asia Central e Meridional antigas
[editar | editar a fonte]As estepas da Asia Central tiveron historicamente unha estreita relación (dialéctica de pobos nómades e sedentarios) coa chaira do Indostán, e esta co a Península do Decán. A conexión por terra co Oriente Medio a través dos desertos de Irán foi, en cambio, máis comprometida, mentres que a navegación polo mar Arábigo permitiu rutas máis fluídas. No entanto, todas elas foron experimentadas, ás veces no transcurso da mesma expedición, como foi o caso da de Alexandre o Grande (326 a. C).
- Asia Central.
- Asia Meridional.
- Cultura do val do Indo.
- Arios.
- Magadha.
- Imperio Mauria.
- Linguas indoeuropeas.
- Sánscrito.
- Linguas elamo-drávidas.
- Pobos turcos.
- Hunos.
- Escitas.
- Civilización do Oxus (complexo arqueolóxico Bactria-Margiana).
- Cultura de Andronovo.
- Corasmia.
- Bactriana.
- Sogdiana.
- Margiana.
- Beluchistán.
- Gedrosia.
- Tocarios.
- Imperio Cuxano.
-
Muller sentada, terracota pintada da Civilización do Oxus, cara ao 2000 a.C.
-
Fragmento do sexto decreto do Alicerce de Asoka, cara ao 238 a.C. Procede probablemente do Alicerce Meerut, en Uttar Pradesh (India). Hoxe atópase no Museo Británico.
- Historia de Afganistán.
- Historia de Uzbekistán.
- Historia de Turcomenistán.
- Historia de Taxiquistán.
- Historia de Paquistán.
- Historia da India.
- Ruta da seda.
- Hinduísmo.
- Vedas.
- Mahabharata.
- Ramaiana.
- Budismo.
- Xainismo.
- Greco-budismo.
- Nestorianismo.
-
Ladeira que contiña os Budas de Bamiyán (Afganistán, cara ao século V), destruídos polos talibán en 2005.
Extremo Oriente antigo
[editar | editar a fonte]O illamento xeográfico desta zona está marcado polas máis altas cordilleiras do mundo: o Himalaia, o Altai, o Hindu Kush, o Tian Shan, o Pamir e o Caracorum; e algúns dos máis extensos e secos desertos: o Taklamakan e o Gobi. Ata as comunicacións marítimas entre a India e a China son dificultosas (exposición aos monzóns, prolongada navegación pola interposición da península de Indochina e a península de Malaca que obriga a cruzar por zonas como o estreito de Sunda ou o estreito de Malaca). Aínda así, existiron contactos, como testemuña a continuidade de rutas comerciais e a difusión de tecnoloxías, alfabetos e relixións (o hinduísmo ao Sueste asiático e o budismo no Tíbet, na China e no Xapón). No entanto, a dificultade dese contacto percibíase como resultado dunha viaxe de dimensións míticas (Viaxe o Oeste).
- Historia da China.
- Historia do Xapón.
- Historia de Corea.
- Historia de Vietnam.
- Historia de Tailandia.
- Historia de Camboxa.
- Historia de Laos.
- Historia de Indonesia.
- Historia de Birmania.
- Historia do Tíbet.
- Historia de Mongolia.
- Linguas sino-tibetanas.
- Linguas turcas.
- Linguas mongólicas.
- Linguas altaicas.
- Linguas tungús.
- Linguas austronesias.
- Linguas malaio-polinesias.
-
Carro de guerra do exército de terracota, que custodiaba a impresionante tumba do Qin Shi Huang, primeiro Emperador da China (século III a.C.)
-
Pezas de bronce en forma de espada usadas como moeda. Estado Yan, Reinos Combatentes, China, século IV a.C. ao século II a.C.
-
Fresco chinés do século IX representando a monxes budistas; o da esquerda con trazos Tocarianos. Grutas Bezeklik ou Grutas dos Mil Budas, situadas en Qian Fo Dong, conca do Tarim, Xinjiang, na rexión autónoma dos uigures (China).
- Tocarios.
- Pobo mongol
- Ordos.
- Oriatos.
- Pobos turcos.
- Pobos tunguses.
- Hunos.
- Pobo uigur.
- Xiongnu.
- Etnia han.
- Ainus.
- Xaponeses.
- Coreanos.
- Cingales.
- Xavanes.
- Malaios.
- Tagalos.
- Camboxanos.
- Vietnamitas.
- Relixión tradicional chinesa.
- Mitoloxía chinesa.
- Confucianismo.
- Taoísmo.
- Budismo.
- Mahayana.
- Mitoloxía xaponesa.
- Xintoísmo.
- Zen.
- Hinduización da Península Indochina[9].
-
Prasasti (pedra con inscricións) de éraa de Purnawarman, rei de Tarumanagara (Tugu, Iacarta, illa de Xava, Indonesia, século V a.C.), unha civilización altamente influída pola hindú.
-
Cabalo de prata da cultura dos Ordos, un pobo do Deserto de Ordos (Mongolia Interior, actual China), século IV a.C. ao século I a.C.
-
Iumbulagang, fortaleza que se considera a primeira construción edificada no Tíbet, e que sería fundada pola seu mitolóxico primeiro rei, Nyatri Tsenpo (cara ao século II a.C.).
África subsahariana antiga
[editar | editar a fonte]O deserto do Sáhara e as dificultades do curso superior do Nilo supuxeron dúas formidables barreiras xeográficas que provocaron unha descontinuidade cultural moi importante entre o norte de África e a África subsahariana. No entanto, foron o suficientemente permeables como para permitir o contacto mediante rutas caravaneiras coa zona do río Níxer e o golfo de Guinea, e o contacto a través do Mar Vermello con Eritrea e Etiopía, zonas fortemente vinculadas á península Arábiga. O caso especial de Madagascar é consecuencia da procedencia da poboación malgaxe, relacionada a través do océano Índico con outras poboacións malaio-polinesias.
- África subsahariana.
- Historia de África.
- Cultura Nok.
- Pobos bantús.
- Expansión bantú.
- Khoisan.
- Expansión afroasiática.
- Linguas chadianas.
- Linguas cuchitas.
- Linguas omóticas.
América antiga
[editar | editar a fonte]Norteamérica e Mesoamérica antigas
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia de América do Norte.
- Artigo principal: Cronoloxías de Mesoamérica.
- Véxase tamén: Norteamérica, Mesoamérica, Aridoamérica e Oasisamérica.
- Cultura olmeca.
- Bloque de Cascajal.
- Mitoloxía olmeca.
- Pobo mixteco.
- Zapotecos.
- Cultura Adena.
- Civilización maia.
- Cuicuilco.
-
Pirámide do Tigre na cidade maia de El Mirador (Petén, Guatemala, preclásico tardío, carao 600 a. C.). Tamén incluía a pirámide La Danta, hoxe en día oculta pola selva, un complexo relixioso máis grande que a Gran Pirámide de Gizeh.
Caribe antigo
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia do Caribe.
- Banwari Trace.
- Pobo Ortoiroide.
- Cultura Saladoide.
- Pobo caribe.
- Pobo taíno.
- Etnia Galibi ou Galibis.
Suramérica antiga
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia de América do Sur.
Oceanía antiga
[editar | editar a fonte]- Oceanía.
- Océano Pacífico.
- Historia de Oceanía.
- Melanesia.
- Polinesia.
- Micronesia.
- Lapita.
- Historia de Tonga.
- Aborixe australiano.
- Pobo maorí.
- Mitoloxía samoana.
- Relixión hawaiana.
- Tangaloa.
- Linguas austronesias.
- Linguas malaio-polinesias.
- Linguas oceánicas.
-
A extraordinaria extensión da colonización polinesia no Pacífico, nun triángulo cuxos vértices están en Nova Zelandia, Hawai e a Illa de Pascua, e cuxo centro é Tahití. A unidade etnográfica desta cultura obsérvase en características antropolóxicas físicas, lingüísticas, ideolóxicas, sociais e económicas (determinados cultivos e gandos -porcos e aves-).
-
A expedición de Thor Heyerdahl na Kon-tiki foi un intento imaxinativo de arqueoloxía ou antropoloxía experimental que pretendía comprobar a posibilidade de viaxes entre América do Sur e o Pacífico, baseándose na capacidade de navegación de balsas similares aos «cabaliños de totora» do lago Titicaca. No entanto, a interpretación máis usual das evidencias arqueolóxicas e antropolóxicas mantén que o asentamento orixinal da poboación de América realizouse vía terrestre, e de norte a sur, mentres que a de Oceanía realizouse de oeste a leste.
-
Símbolos dos deuses maorís. Tangaroa sería un heroe divinizado cuxa xenealoxía consérvase nos mitos polinesios, mantidos pola tradición oral, e que permiten describir e ata datar sucesivas migracións que comezarían desde algún punto de Indonesia (posiblemente a Illa de Xava, calculouse no século III a.C.) e continuarían por radiación de illa en illa ata alcanzar a máxima expansión no século XII.[10]
Mapas e cronoloxía da Idade Antiga
[editar | editar a fonte]Formacións históricas en torno ao espazo mediterráneo
[editar | editar a fonte]
Mediterráneo Occidental (sometido a Roma tras as Guerras púnicas): República Romana, coa cidade de Roma, os territorios da Península Itálica sometidos a diferentes consideracións xurídicas e de cidadanía, e as súas provincias en Sicilia, Sardeña, Córsega, Hispania e Dalmacia Reino de Mauritania Reino de Numidia República Cartaxinesa Mediterráneo oriental: -Grecia: Reino de Epiro Reino de Macedonia Liga Etolia Liga Aquea |
-Exipto: Imperio tolemaico -Asia menor e Mar Negro: Rodas Reino do Bósforo Reino de Capadocia Galatia Reino de Bitinia Reino de Pérgamo Reino de Armenia Reino do Ponto -Levante, Mesopotamia e Asia Central: Imperio Seléucida Partos Reino Grecobactriano Imperio Mauria |
Táboa cronolóxica por continentes
[editar | editar a fonte]Ficción
[editar | editar a fonte]Literatura
[editar | editar a fonte]William Shakespeare compuxo varias obras teatrais con ambientación na Antigüidade: The Tragedy of Julius Caesar (A traxedia de Xulio César (en galego)), Antony and Cleopatra (Antonio e Cleopatra), Coriolano, Titus Andrónicus etc. Cervantes fixo o propio en El cerco de Numancia (O cerco de Numancia (en galego)); pero foi máis usual no teatro clásico francés: Pierre Corneille (Horacio, Cinna etc.) e Jean Racine (La Thébaïde -A Tebaida (en galego)-), Andrómaca, Fedra etc.), a partir do cal -e baseándose en modelos clásicos e en textos antigos de Terencio e Plauto- fixáronse as convencións académicas que fixaron o modelo do teatro neoclásico do século XVIII.
A novela histórica xurdida no romanticismo tivo na Idade Media o seu principal escenario (véxase medievalismo), pero tamén se buscou a ambientación en distintas civilizacións da Idade Antiga.
Moitas das novelas adaptáronse ao cine ou a televisión:
- Sinuhe egyptiläinen (en finés) Sinuhé, o exipcio, de Mika Waltari.
- Creación (novela), de Gore Vidal.
- Alexandros, de Valerio Massimo Manfredi.
- The Last Days of Pompeii (Os últimos días de Pompeya (en galego)), de Edward Bulwer-Lytton.
- Ben-Hur, de Lewis Wallace.
- Quo vadis?, de Henryk Sienkiewicz.
- I Claudius (Eu, Claudio (en galego)) e Claudius the God and his wife Messalina (Claudio, o deus, e a súa esposa Mesalina (en galego)), de Robert Graves.
- Julian, de Gore Vidal.
O éxito editorial dos temas históricos multiplicou a aparición de best-séllers do xénero, sobre todo os relacionados coa historia militar de Roma.[11]
Cine
[editar | editar a fonte]- Intolerance (Intolerancia (en galego)).
- Land of the pharaohs (Terra de faraóns (en galego) de Howard Hawks (1955). A popularidade da exiptomanía produciu moitas películas cuxa relación co antigo Exipto é máis ben lateral (como as numerosas versións de The Mummy (A momia (en galego)), desde a de Karl Freund -1932-).
- 300 (filme). Existe unha versión anterior do mesmo suceso The 300 Spartans, 1962).
- Alexander sobre Alexandre o Grande.
- Cabiria de Giovanni Pastrone (1914).
- Espartaco de Stanley Kubrick (1960).
- Golfus de Roma (A Funny Thing Happened on the Way to the Forum).
- Cleopatra.
- Caligula.
- Satiricón.
- The Fall of the Roman Empire (A caída do Imperio romano (en galego)) de Anthony Mann (1964).
- Gladiator
- The Last Legion (A última lexión (en galego)) .
A adaptación de mitos da idade antiga deu orixe a un xénero cinematográfico especial: Troia, Clash of the Titans (Furia de titáns (en galego)), Jason and the Argonauts (Xasón e os argonautas (en galego)) etc., así como o cine bíblico: The Ten Commandments (Os dez mandamentos (en galego)) (de Cecil B. DeMille, 1923 e 1956), Solomon and Sheba (Salomón e a raíña de Saba), Samson and Delilah (Sansón e Dalila) etc.
Tamén distintas adaptacións dos evanxeos: (The Greatest Story Ever Told (A historia máis grande xamais contada (en galego)), The Robe (A túnica sacra), The Passion of the Christ (A Paixón de Cristo (en galego)) etc.
Co nome de peplum (do grego "πεπλον" -peplo-) desígnase a un subxénero cinematográfico en que a ambientación na Antigüidade é unha simple escusa para unha película de aventuras de baixo orzamento na que os anacronismos e outras incongruencias á historia son abundantes (Hércules, de 1958, e Ercole, Sansone, Maciste e Ursus gli invincibili (Hércules, Sansón, Maciste e Ursus), de 1964). As características do xénero propiciou a realización de numerosas secuelas e parodias.
- Artigo principal: Peplum.
Tanto estas como as de maior nivel popularmente recibiron o nome de «películas de romanos» (aínda que fosen ambientadas na época grega ou calquera outra época antiga), e o seu visionado nos «cines de barrio» de sesión continua e dobre programa, ou nos cines de verán tivo un notable papel na educación sentimental da mocidade desde finais dos anos cincuenta ata os setenta, reflectido en obras como as de Terenci Moix (exiptómano e mitómano en concreto de Elizabeth Taylor, actriz que representou a Cleopatra). Joaquín Sabina ten unha canción titulada Una de romanos, caracterizada pola nostalxia da mocidade pasada.
Televisión
[editar | editar a fonte]- I, Claudius (Eu, Claudio (en galego)) Yo, Claudio título co que se pasou en España
- Roma (serie de televisión) Rome no orixinal (en inglés).
Historieta
[editar | editar a fonte]- 300 (1998, cómic de Frank Miller), no que está baseada a película.
- Asterix (tamén adaptado ao cine)
- El Jabato
- Fiction set in ancient Rome (en inglés)
- Fiction set in ancient Greece (en inglés)
Predecesor: Prehistoria |
Idade Antiga IV milenio a. C. — 476 |
Sucesor: Idade Media |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Un dos principais autores é Luigi Luca Cavalli-Sforza. A divulgación das conclusións de cada un dos estudos adoita dar problemas, ao presentarse con titulares xornalísticos sensacionalistas:La patria se lleva en los genes. Un grupo de investigadores descubre la asombrosa coincidencia del mapa de mutaciones y el geográfico de Europa, El País, 26/11/2008; abusos contra los que suelen advertir los propios genetistas: No hay razas. Desde el punto de vista de la genética, sólo vemos gradientes geográficos (Lluis Quintana-Murci, do Instituto Pasteur de París, citado por Gary Stix Huellas de un pasado lejano, en Investigación y Ciencia, setembro 2008, ISSN 0210136X pax. 19).
- ↑ Termo acuñado por Gordon Childe, op. cit.
- ↑ Termo acuñado por James Henry Breasted. Albert Clay The so-called Fertile Crescent and Desert Bay (en inglés)
- ↑ Perry Anderson, op. cit.
- ↑ Edward Gibbon, Fustel de Coulanges e Perry Anderson (op. cit.); Henri Pirenne Mahoma e Carlomagno.
- ↑ Véxase Deidades triplas ou Tríades indoeuropeas e Hipótese trifuncional
- ↑ (en inglés) Bruce Gordon Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine. (2005).
- ↑ (en castelán) Sven-Tage Teodorsson:EX ORIENTE LUX, EX OCCIDENTE DUX: GREGOS, CARTAGINESES E ROMANOS EN CONTACTO E CONFLITO Arquivado 13 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.
"Ex oriente lux!" Dise que con esta exclamación saudaban os romanos o sol cando se elevaba sobre as montañas samnitas. A expresión fíxose unha frase soada universal, usada se cadra por casualidade en sentido orixinal, pero case sempre simbolicamente para suxerir que a nosa cultura occidental provén no fondo de Oriente.
- ↑ Véxase tamén Escuela francesa de Extremo Oriente
- ↑ Historia universal Salvat-El País (tomo 3: «Emigraciones en el Océano Pacífico»), páx. 142, ISBN 84-345-6232-4.
- ↑ Artigo sobre o asunto en El País, 17 de xaneiro de 2009. Cita tres exemplos de recente aparición: Centurión (de Simon Scarrow. Barcelona: Edhasa, 2008), A aguia da Novena Lexión (de Rosemary Sutcliff. Barcelona: Plataforma, 2008) e César, as cinzas da República (de Gisbert Haefs. Barcelona: Edhasa, 2008).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Idade Antiga |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Edward Gibbon (1776). Historia de la decadencia y caída del Imperio romano.
- Fustel de Coulanges: La Cité antique, 1864.
- Vere Gordon Childe: Los orígenes de la civilización, 1936.
- Georges Duby: Atlas histórico mundial [Larouse, 1987]. Barcelona: Debate, 1989. ISBN 84-7444-349-0.
- Henri Frankfort e outros: El pensamiento prefilosófico, 1946.
- C. W. Ceram: Dioses, tumbas y sabios, 1949.
- Ángel Montenegro (coord.): Egipto y los grandes imperios e Antiguos imperios orientales, vols. 4 e 5 de Gran Historia Universal, 1986. Madrid: Nájera.
- Samuel Noah Kramer: La historia empieza en Sumer, 1965.
- Chester Starr: Historia del mundo antiguo [1965]. Madrid: Akal, 1974. ISBN 84-7339-032-6.
- Perry Anderson: Transiciones de la Antigüedad al feudalismo [1974]. Madrid: Siglo XXI, 1986. ISBN 84-323-0355-0.
- Georg Schwarz: Kulturexperimente im Altertum, Berlín 2010.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- www.artehistoria.es (en castelán).
- Mapas históricos de Civilizacións Antigas Arquivado 21 de novembro de 2013 en Wayback Machine. (en castelán).