JSTOR
JSTOR | |
---|---|
Tipo | organización e biblioteca virtual |
Data de fundación | 1995 |
En | Nova York |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://www.jstor.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
JSTOR (acrónimo de Journal Storage, Almacenamento de Xornais) é unha biblioteca dixital creada en 1995. Contiña orixinalmente copias dixitalizadas de números antigos de revistas académicas, pero agora inclúe tamén libros e fontes primarias, xunto cos números actuais das revistas.[1] Proporciona a posibilidade de facer buscas de texto completo de case 2.000 revistas.[2] Teñen acceso a JSTOR máis de 8.000 institucións de máis de 160 países,[2] e a maioría dos accesos son por subscrición, aínda que hai algúns contidos vellos en dominio público que están dispoñibles gratuitamente para calquera que os consulte.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]JSTOR creouno William G. Bowen, presidente da Universidade de Princeton de 1972 a 1988.[4] JSTOR estaba pensado inicialmente como unha solución a un dos problemas que se lle presentaban ás bibliotecas, especialmente ás bibliotecas universitarias e de investigación, debido ao número crecente de revistas académicas existente. Para a maioría das bibliotecas era prohibitivamente caro tanto en custo coma en espazo manter unha colección completa de revistas. Ao dixitalizar moitos títulos de revistas, JSTOR permitía ás bibliotecas externalizar o almacenamento de revistas coa confianza de que permanecerían dispoñibles a longo prazo. O acceso en liña e a capacidade de busca de textos completos mellorou o acceso drasticamente.
Bowen considerou inicialmente usar CD-ROMs para a distribución.[5] Porén, Ira Fuchs, a vicepresidenta da Universidade de Princeton para a Tecnoloxía da Información e Computación, convenceuno de que o CD-ROM era unha tecnoloxía que rapidamente quedaría anticuada e de que a distribución pola rede podería eliminar a redundancia e incrementar a accesibilidade. (Por exemplo, todos os edificios académicos e administrativos da universidade de Princeton estaban conectados á rede en 1989; a rede na residencia universitaria estaba completada xa en 1994; e as redes de campus como a de Princeton estaban, á súa vez, conectadas a redes máis grandes como BITNET e Internet). JSTOR iniciouse en 1995 en sete sedes de bibliotecas, e inicialmente albergaba dez revistas de historia e económicas. O acceso a JSTOR mellorou baseándose nas achegas das súas sedes iniciais, e converteuse nun índice no que se podía buscar, accesible desde calquera buscador web corrente. Instalouse software especial para facer as imaxes e gráficos máis claros e lexibles.[6]
Co éxito deste proxecto limitado, Bowen e Kevin Guthrie, entón presidente de JSTOR, quería aumentar o número de revistas participantes. Entrevistouse con representantes da Royal Society of London e chegaron a un acordo para dixitalizar as Transaccións Filosóficas da Sociedade Real desde o seu comezo que data de 1665. O traballo de engadir estes volumes a JSTOR completouse en decembro de 2000.[6]
A Fundación Andrew W. Mellon foi a que creou JSTOR inicialmente. Ata xaneiro de 2009 JSTOR funcionou como unha organización sen ánimo de lucro independente e con financiamento propio con oficinas na cidade de Nova York e en Ann Arbor, Míchigan. Despois JSTOR fusionouse con Ithaka Harbors, Inc., organización tamén sen ánimo de lucro[7] creada en 2003 e "dedicouse a axudar á comunidade académica a aproveitar as tecnoloxías en rápido avance da información e a rede."[8]
Contido
[editar | editar a fonte]O contido de JSTOR proporciónano máis de 900 editoriais.[2] A súa base de datos contén máis de 1.900 títulos de revistas,[2] de máis de 50 disciplinas.
Ademais do sitio web principal, o grupo JSTOR labs puxo en funcionamento un sevizo aberto que permite o acceso a contidos dos arquivos co propósito de facer unha análise de todo o corpus no seu servizo Data for Research.[9] Este sitio web ofrece unha ferramenta de busca con indicación gráfica do tema tratado no artigo e a integración no sitio principal de JSTOR. Os usuarios poden crear conxuntos de artigos do seu interese e despois solicitar unha palabra que conteña o conxunto de datos e frecuencias de n-grama e metadatos básicos. Estes son notificados cando os conxuntos de datos están listos e poden descargarse en XML ou formatos CSV. O servizo non ofrece textos completos, aínda que os académicos poden pedilo a JSTOR, suxeitos a un acordo de que non sexan divulgados.
JSTOR Plant Science[10] está tamén dispoñible ademais do sitio principal. JSTOR Plant Science proporciona acceso a contidos como espécimes tipo de plantas, estruturas taxonómicas, literatura científica, e materiais relacionados e dirixidos aos que investigan, ensinan, ou estudan botánica, bioloxía, ecoloxía, e estudos ambientais e de conservación da natureza. Os materiais de JSTOR Plant Science proceden da Global Plants Initiative (GPI)[11] e son accesibles só a membros de GPI e JSTOR. Dúas redes asociadas contribúen a isto: a African Plants Initiative, que está enfocada a plantas de África, e a Latin American Plants Initiative, sobre plantas de América latina.
JSTOR lanzou o seu programa Books in JSTOR en novembro de 2012, engadindo ao seu sitio 15.000 libros actuais e de fondo editorial. Os libros están ligados a revisións e desde citas en artigos de revistas.[12]
Acceso
[editar | editar a fonte]O acceso a JSTOR está autorizado principalmente a institucións académicas, bibliotecas públicas, institucións de investigación, museos, e escolas. Teñen acceso máis de 7.000 institucións de máis de 150 países.[1] JSTOR puxo en funcionamento un programa piloto de institucións subscritoras permitidas para dar acceso aos seus exalumnos, ademais dos seus estudantes e persoal actuais. O Alumni Access Program (Programa de Acceso a Exalumnos) lanzouse oficialmente en xaneiro de 2013.[13] Tamén están dispoñibles subscricións individuais a certos títulos de revistas por medio da editorial da revista.[14] Cada ano, JSTOR bloquea 150 millóns de intentos de non subscritores de ler os artigos.[15]
Fixéronse consultas sobre a posibilidade de facer que JSTOR sexa de acceso libre. Segundo o profesor de leis de Harvard Lawrence Lessig, preguntouse a JSTOR "canto costaría poñelo a disposición de todo o mundo, canto teriamos que pagarlle? A resposta foi 250 millóns de dólares".[16]
Incidente de Aaron Swartz
[editar | editar a fonte]A finais de 2010 e inicios de 2011, o activista de Internet Aaron Swartz utilizou a rede de datos do MIT para facer unha descarga masiva dunha porción substancial da colección de JSTOR de artigos de revistas académicas.[17][18] Cando se descubriu a descarga masiva, os empregados de JSTOR situaron ao principio unha cámara de vídeo na habitación para gravar ao misterioso visitador e deixaron o computador relevante sen tocar. Unha vez que se captou o vídeo do visitador, parouse a descarga e identificouse a Swartz. En vez de iniciar unha demanda legal contra el, en xuño de 2011 chegaron a un acordo mediante o cal el entregou os datos descargados.[17][18] Os artigos que foron descargados por Aaron eran de xornais académicos que publicaban artigos científicos financiados en gran medida por universidades públicas e con diñeiro de impostos dos contribuíntes.
Ao mes seguinte, as autoridades federais acusaron a Swartz de varios crimes relacionados co "roubo de datos".[19][20] Os fiscais do caso sostiveron que Swartz actuou coa intención de facer que os artigos estivesen dispoñibles en sitios de compartición de ficheiros P2P (peer-to-peer).[18][21]
Swartz entregouse ás autoridades, declarouse non culpable de todos os delitos, e foi liberado cunha fianza de 100.000 dólares. En setembro de 2012, os fiscais aumentaron o número de cargos contra Swartz de catro a trece, cunha posible pena de 35 anos de prisión e 1 millón en multas.[22][23] O caso aínda estaba pendente de xuízo cando Swartz se suicidou en xaneiro de 2013.[24]
Limitacións
[editar | editar a fonte]A dispoñibilidade da maioría das revistas en JSTOR está controlada por un "moving wall" ("muro móbil"), que é un retardo acordado entre o volume actual da revista e o último volume dispoñible en JSTOR. Este período de tempo está especificado por acordo entre JSTOR e a editorial da revista, e xeralmente é de tres a cinco anos. As editoriais poden requirir que se cambie o período de "moving wall" ou mesmo pedir que se deixe de ofrecer a revista en JSTOR. Anteriormente as editoriais podían tamén solicitar que se cambiase o "moving wall" por un "fixed wall" ("muro fixado", unha data especificada despois da cal JSTOR non podería engadir novos volmes á súa base de datos). En novembro de 2010, os acordos de "fixed wall" estaban aínda en efecto con tres editoriais das 29 revistas dispoñibles en liña a través de sitios controlados polas editoriais.[25]
En 2010, JSTOR empezou a engadir os números actuais de certas revistas por medio do seu Current Scholarship Program.[26]
Acceso público crecente
[editar | editar a fonte]Desde o 6 de setembro de 2011, JSTOR puxo a disposición do público contido de libre disposición.[27][28] Este programa de contido de revistas vellas ("Early Journal Content") constitúe un 6% dos contidos totais de JSTOR, e inclúe uns 500.000 documentos de máis de 200 revistas que se publicaban antes de 1923 nos Estados Unidos e antes de 1870 noutros países.[27][28][29] JSTOR afirmou que estivera traballando sobre a posibilidade de facer que este material fose de libre acceso desde hai algún tempo. A controversia do caso Swartz e o torrent de protesta de Greg Maxwell do mesmo contido levou a JSTOR a impulsar esta iniciativa.[27][28]
En xaneiro de 2012, o JSTOR empezou un programa piloto "Register & Read," que ofrece un acceso gratuíto limitado (pero non de acceso aberto) a artigos arquivados para persoas que se rexistran no servizo. Cando concluíu o programa piloto, en xaneiro de 2013, JSTOR ampliou Register & Read desde as 76 editoriais iniciais ata uns 1.200 xornais e unhas 700 editoriais.[30] Os lectores rexistrados poden ler ata tres artigos en liña cada dúas semanas, pero non poden imprimir nin descargar PDFs.[31]
JSTOR está levando a cabo un programa piloto con Wikipedia, no cal se lle dan dereitos de lectura a determinados editores por medio da Wikipedia Library, e coa biblioteca universitaria.[32][33]
Uso
[editar | editar a fonte]En 2012, os usuarios de JSTOR realizaron case 152 millóns de buscas, con máis de 113 millóns de visitas a artigos e 73,5 millóns de artigos descargados.[2] JSTOR foi utilizado como unha fonte para a investigación lingüística para investigar as tendencias no uso da linguaxe ao longo do tempo e tamén para analizar diferenzas de xénero en publicacións académicas.[34][35]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "At a glance" (PDF). JSTOR. February 13, 2012. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xaneiro de 2013. Consultado o December 1, 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 JSTOR (19 marzo 2013). "Annual Summary" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de novembro de 2013. Consultado o 13 abril 2013.
- ↑ "Register and read beta". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2013. Consultado o 30 de novembro de 2015.
- ↑ Leitch, Alexander. "Bowen, William Gordon" Arquivado 11 de outubro de 2017 en Wayback Machine.. Princeton University Press.
- ↑ "JSTOR, A History" by Roger C. Schonfeld, Princeton University Press, 2003
- ↑ 6,0 6,1 Taylor, John (2001). "JSTOR: An Electronic Archive from 1665". Notes and Records of the Royal Society of London 55 (1): 179–81. JSTOR 532157. doi:10.1098/rsnr.2001.0135.
- ↑ "About". JSTOR. Consultado o 28 November 2015.
- ↑ "About". Ithaka. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2012. Consultado o 2009-10-25.
- ↑ Data for Research. JSTOR.
- ↑ JSTOR Plant Science. JSTOR.
- ↑ Global Plants Initiative. JSTOR.
- ↑ "A new chapter begins: Books at JSTOR launches". JSTOR. November 12, 2012. Consultado o December 1, 2012.
- ↑ "Access for alumni". JSTOR. Consultado o December 1, 2012.
- ↑ "Individual subscriptions". JSTOR. Consultado o December 1, 2012.
- ↑ Every Year, JSTOR Turns Away 150 Million Attempts to Read Journal Articles. The Atlantic. Consultado o 29 de xaneiro de 2013.
- ↑ Lessig on "Aaron's Laws - Law and Justice in a Digital Age". YouTube (2013-02-20). Retrieved on 2014-04-12.
- ↑ 17,0 17,1 "JSTOR Statement: Misuse Incident and Criminal Case". JSTOR. 2011-07-19.
- ↑ 18,0 18,1 18,2 "Aaron Swartz, Internet Pioneer, Found Dead Amid Prosecutor 'Bullying' In Unconventional Case". The Huffington Post. 2013-01-12.
- ↑ Bilton, Nick (July 19, 2011). "Internet activist charged in M.I.T. data theft". Bits Blog, The New York Times. Consultado o December 1, 2012.
- ↑ Schwartz, John (July 19, 2011). "Open-Access Advocate Is Arrested for Huge Download". New York Times. Consultado o July 19, 2011.
- ↑ Lindsay, Jay (July 19, 2011). "Feds: Harvard fellow hacked millions of papers". Associated Press. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2013. Consultado o July 20, 2011.
- ↑ Ortiz, Carmen (2011-07-19). "Alleged Hacker Charged with Stealing over Four Million Documents from MIT Network". The United States Attorney's Office". Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2011. Consultado o 30 de novembro de 2015.
- ↑ Kravets, David (2012-09-18). "Feds Charge Activist with 13 Felonies for Rogue Downloading of Academic Articles". Wired.
- ↑ "Aaron Swartz, internet freedom activist, dies aged 26", BBC News
- ↑ "Moving wall". JSTOR.
- ↑ "About current journals". JSTOR. Consultado o December 1, 2012.
- ↑ 27,0 27,1 27,2 Brown, Laura (September 7, 2011). "JSTOR–free access to early journal content and serving 'unaffiliated' users", JSTOR. Retrieved December 1, 2012.
- ↑ 28,0 28,1 28,2 Rapp, David (2011-09-07). "JSTOR Announces Free Access to 500K Public Domain Journal Articles". Library Journal. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 30 de novembro de 2015.
- ↑ "Early journal content". JSTOR. Consultado o December 1, 2012.
- ↑ Tilsley, Alexandra (January 9, 2013). "Journal Archive Opens Up (Some)". Inside Higher Ed. Consultado o 6 January 2015.
- ↑ "Register & Read". JSTOR. Consultado o 2015-10-21.
- ↑ Orlowitz, Jake; Earley, Patrick (January 25, 2014). "Librarypedia: The Future of Libraries and Wikipedia". The Digital Shift. Library Journal. Consultado o 20 December 2014.
- ↑ Price, Gary (June 22, 2014). "Wikipedia Library Program Expands With More Accounts From JSTOR, Credo, and Other Database Providers". INFOdocket. Library Journal. Consultado o 20 December 2014.
- ↑ Shapiro, Fred R. (1998). "A Study in Computer-Assisted Lexicology: Evidence on the Emergence of Hopefully as a Sentence Adverb from the JSTOR Journal Archive and Other Electronic Resources". American Speech 73 (3): 279–296. JSTOR 455826. doi:10.2307/455826. Consultado o 2014-03-22.
- ↑ Wilson, Robin (outubro 22, 2012). "Scholarly Publishing's Gender Gap". The Chronicle of Higher Education. Consultado o 6 January 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gauger, Barbara J; Kacena, Carolyn (2006). "JSTOR usage data and what it can tell us about ourselves: is there predictability based on historical use by libraries of similar size?". OCLC Systems & Services 22 (1): 43–55. doi:10.1108/10650750610640801.
- Schonfeld, Roger C (2003). JSTOR: A History. Princeton, NJ: Princeton University Press. ISBN 0-691-11531-1.
- Seeds, Robert S (November 2002). "Impact of a digital archive (JSTOR) on print collection use". Collection Building 21 (3): 120–22. doi:10.1108/01604950210434551.
- Spinella, Michael P (2007). "JSTOR". Journal of Library Administration 46 (2): 55–78. doi:10.1300/J111v46n02_05.
- Spinella, Michael (2008). "JSTOR and the changing digital landscape". Interlending & Document Supply 36 (2): 79–85. doi:10.1108/02641610810878549.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- JSTOR - Páxina oficial
- "Libraries and institutions offering access". JSTOR. Consultado o 2015-10-21.. Base de datos na que se pode buscar, inclúe moitas bibliotecas públicas de libre acceso para persoas que teñan tarxeta da biblioteca.
- "Register & Read". JSTOR. Consultado o 2015-10-21.. Rexistro individual libre, que ofrece acceso libre de só lectura (non se pode imprimir nin descargar) a tres artigos cada dúas semanas (78 ao ano).