Mirón (escultor)
Redución en bronce romana do Discóbolo. | |
Nome orixinal | (el) Μύρων |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século V a. C. Eleutera, Grecia (pt) |
Morte | século V a. C. |
Actividade | |
Campo de traballo | Escultura |
Lugar de traballo | Atenas Grecia Antiga |
Ocupación | escultor, artista, broncista |
Período de tempo | Antigüidade clásica |
Período de actividade | (Con vida en: século V a. C. ) |
Movemento | Arte da Grecia Antiga |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Lycius |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron National Encyclopedia of Uzbekistan (en) , (sec:Miron) |
Mirón de Eleutera (en grego antigo Μύρων ), nado cara 480 a. C. e finado cara o 440 a. C., foi un escultor ateniense. Naceu en Eleutera no linde entre Beocia e Ática. Segundo Naturalis Historia, unha enciclopedia latina de Plinio o Vello (23 - 79 d. C.), Axeladas de Argos foi o seu mestre.[1]
Non se sabe que sobreviva ningunha das súas esculturas orixinais, pero hai moitas das que se cre que son copias posteriores en mármore, na súa maioría romanas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Debeu quizais ser discípulo de Axeladas, como probablemente Fidias e Policleto. Concentrou a súa actividade en Atenas. Traballou utilizando o bronce, mais ningunha das súas obras orixinais chegou directamente ata nós, porén podemos ter unha idea das súas cualidades artísticas a través das numerosísimas copias romanas, en mármore, e que demostran a popularidade da que gozou na Antigüidade.
A súa obra máis notábel é, sen dúbida o Discóbolo. Nesta estatua, Mirón representou un atleta espido no momento de esforzo, cando concentra toda a súa enerxía antes de lanzar o disco. Con perfecta harmonía de movementos tensos, o Discóbolo aparece inmóbil, nunha pose fóra do tempo. Mais o artista non quixo representar o movemento dun home singular nun intre dado, senón a mesma idea de movemento. A estatua orixinal foi fundida para facer un canón. Este acto bárbaro, non puido borrar a memoria dunha das máximas obras mestras da historia da arte.
Outra obra célebre de Mirón é o grupo de Atenas e Marsias, datábel arredor do 455 a. C.
Aínda por mor da súa grandeza, tense atribuído a Mirón os Bronces de Riace, sobre cuxa autoría existe un debate aberto.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Naturalis Historia". attalus.org.