Iemen
الجمهوريّة اليمنية (ar) | |||||
Himno | Al-jumhuriyatu l-muttahida (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «الله ،الوطن، الثورة، الوحدة» «God, Country, Revolution, Unity» «Бог, държава, революция, единство» «Duw, Gwlad, Chwyldro, Undod» | ||||
Símbolo oficial | Águia de Saladino (pt) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Adén Saná (1990–) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 28.250.420 (2017) (50,9 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua árabe | ||||
Relixión | Islam | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 555.000 km² | ||||
Lonxitude da costa | 2.500 km | ||||
Bañado por | Mar Vermello e Mar Arábigo | ||||
Punto máis alto | Jabal an Nabi Shu'ayb (pt) (3.666 m) | ||||
Punto máis baixo | Mar Arábigo (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 22 de maio de 1990 | ||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república presidencialismo | ||||
• Presidente | Rashad al-Alimi (pt) (2022–) | ||||
Órgano executivo | Government of Yemen (en) | ||||
• Anexo:Lista (pt) | Maeen Abdulmalik Saeed (pt) (2018–) | ||||
Órgano lexislativo | Parliament of Yemen (en) , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Q12192498 | ||||
Membro de | |||||
Moeda | Rial iemení | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .ye | ||||
Prefixo telefónico | +967 | ||||
Teléfono de emerxencia | 199 (pt) | ||||
Código de país | YE | ||||
Sitio web | yemen.gov.ye | ||||
O Iemen[1] é un país árabe que ocupa o extremo suroeste da Península da Arabia. Limita ao norte coa Arabia Saudita, ao leste co Omán, ao sur co mar de Arabia e mailo golfo de Adén, e a oeste polo estreito de Bab el-Mandeb e polo mar Vermello. O Iemen inclúe tamén algunhas illas situadas ó longo do chamado Corno de África, das cales a máis grande é Socotora.
Historia
[editar | editar a fonte]O Iemen é un dos centros máis antigos de civilización do Oriente Próximo. A súa terra, relativamente fértil nalgúns vales, e o seu clima húmido permitiron o desenvolvemento dunha poboación estable. Os seus habitantes, nómades, dedicáronse durante toda a época antiga á gandería e á cría de aves.
Política
[editar | editar a fonte]Abdul Qadir Bajamal do Congreso Xeral Popular foi primeiro ministro dende o 31 de marzo de 2001 até o 7 de abril de 2007.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Algo meirande ca España en superficie (527.970 km²) e sito no extremo suroeste da Península Arábiga, e polo tanto considerado un país do Oriente Próximo, con todo algúns xeógrafos, como Carlos Garijo, coidan que o Iemen é un país africano, apoiándose tanto na súa posición xeográfica como na súa cultura, mais non é unha opinión xeral.
Fisiográficamente, o país consta de partes diferenciadas que gañan altura desde a costa para logo descender no interior. O litoral constitúe unha franxa estreita, denominado Tihamah; a continuación, en poucos quilómetros, levántanse unha serie de montañas de altura intermedia e vales, que constitúen a transición ás chamadas terras altas, que ocupan unha anchura maior no oeste do país, en paralelo ao Mar Vermello; neste último territorio sitúase a maior altura do Iemen, o Jabal an Nabi Shu'ayb, de 3.760 m. Nun planalto da zona está localizada a capital iemení, Saná, a máis de 2.200 m. No extremo sur do país, no Bab el-Mandeb, o estreito que comunica o océano Índico e o mar Vermello, montañas elevadas chegan até cerca da costa (Jabal Sabir, 3.006 m). Pasadas as terras altas, o territorio descende en altura cada vez máis cara ao leste, na zona fronteiriza con Arabia Saudita e Omán, máis xa tamén próximo ao temido deserto de Rub al-Khalí, que chega a alcanzar o centro norte do país. As costas alcanzan un total de 1.906 km de lonxitude.
O clima é practicamente desértico. Moi cálido é húmido na costa oeste, temperado nas montañas occidentais tamén afectadas polos monzóns; seco e frío nas terras altas. O deserto do centro e leste do país é moi cálido e seco.
O país sofre os efectos da desertización e da falta de auga. Os cursos de auga son torrentes (wadi, ramlat), só animados con auga durante as tormentas e os monzóns. Os ventos do nordeste son os responsábeis da aridez xeral do país e causantes das frecuentes tormentas de area.
Economía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Economía do Iemen.
É o país máis pobre do Oriente Medio. Produce principalmente petróleo, pero nos anos da década de 1990 ao non apoiar o goberno o ataque sobre Iraq, subsecuente á invasión deste país sobre Kuwait, causou problemas de illamento do país e máis de 1 millón de emigrantes iemenís tiveron que volver ao país expulsados en represalia.
Cifras económicas xerais
[editar | editar a fonte]O Produto Interior Bruto (PIB) creceu en 2004 sobre un 2,7 %. Ao sector primario correspondeulle un 14 % do PIB, a industria ou sector secundario un 38 % e ao sector servizos un 49 % do PIB. No ano 1999 un 48,5 % da poboación activa dedicábase á agricultura, un 15,1 % traballaba no sector industrial e un 36,4 % estaba ocupada no sector servizos. O desemprego acadaba en 2003 unha media do 25 % da poboación activa, mentres que a inflación era do 17,7 %. En 2003 un 5,5 % do PIB foi dedicado a servizos de saúde, un 9,6 % á Ensinanza e un 7,1 % a gastos militares.
Mapas e imaxes
[editar | editar a fonte]-
Mapa
-
Aden (1988)
-
Mapa
-
Divisións administrativas
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para iemení.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Iemen |