Saltar ao contido

Graham Hill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGraham Hill

(1969) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Norman Graham Hill Editar o valor en Wikidata
15 de febreiro de 1929 Editar o valor en Wikidata
Hampstead (Reino Unido) Editar o valor en Wikidata
Morte29 de novembro de 1975 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Arkley (Reino Unido) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteAcidente aéreo de Embassy Hill, accidente ou incidente de aviación Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSt Botolphs (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un, autor, mariño, enxeñeiro, piloto de automobilismo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorSmiths Group (en) Traducir
Embassy Hill Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarRoyal Navy Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
-Team Lotus
-Rob Walker Racing Team
-Equipe Matra Sports (pt) Traducir
-Embassy Hill
-British Racing Motors
-Brabham
-Scuderia Veloce (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosDamon Hill Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Hill-42704 Find a Grave: 6952059 Editar o valor en Wikidata

Norman Graham Hill, OBE[1] nado en Hampstead (Londres) o 15 de febreiro de 1929 e finado preto de Arkley o 29 de novembro de 1975, foi un piloto inglés, dúas veces campión mundial da Fórmula 1 (1962 e 1968).

É o único piloto en gañar a tripla coroa do automobilismo, as 24 Horas de Le Mans, Indianápolis 500 e, ou ben o Gran Premio de Mónaco ou o campionato mundial de pilotos de Fórmula 1.[2][3] Tamén apareceu na televisión na década de 1970 nunha variedade de programas non deportivos, incluíndo xogos de panel. Gustáballe a pintura no seu tempo libre.

Hill e o seu fillo Damon son a única parella de pai e fillo na que ambos gañaron o Campionato Mundial de fórmula 1. O neto de Hill Josh, fillo de Damon, tamén participou en carreiras ata que se retirou da Fórmula Tres en 2013 á idade de 22 anos.

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Nado en Hampstead, Londres, Hill asistiu á Hendon Technical College e uniuse a Smiths Instruments como aprendiz de enxeñeiro antes de ser recrutado na Royal Navy, no cruceiro lixeiro HMS Swiftsure , chegando ao rango de suboficial. Logo de saír da Mariña, volveu a Smiths Instruments.[4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Hill e Colin Chapman no Gran Premio dos Países Baixos de 1967.

Debutou na F1 aos 29 anos, idade á que hoxe en día os pilotos xa pensan na retirada, pero é que Hill non aprobou o exame de conducir ata que cumpriu 24 anos, e mesmo describiu o seu primeiro coche como "Un desastre. Un piloto en ciernes debería posuír un automóbil deste tipo, xa que ensina delicadeza, equilibrio e anticipación, sobre todo isto último, creo!" Interesarase nas motocicletas, pero en 1954 viu un anuncio para o Universal Motor Racing Club en Brands Hatch ofrecendo voltas por 5 xilins. Fixo o seu debut nun Cooper 500 de Fórmula 3 e comprometeuse a competir a partir de entón. Hill uniuse a Team Lotus como mecánico pouco despois, pero rapidamente buscou sitio como piloto. A presenza de Lotus na Fórmula Un permitiulle facer a súa debut no Gran Premio de Mónaco de 1958, retirándose cunha rotura do palier.

En 1960, Hill uniuse a BRM, e gañou o campionato do mundo con eles en 1962. Hill tamén formou parte da chamada 'invasión británica' de pilotos e autos nas 500 Millas de Indianápolis, a mediados da década de 1960, triunfando alí en 1966 nun Lola - Ford.

Hill no Gran Premio de Alemaña de 1962

En 1967, de volta en Lotus, axudou a desenvolver o Lotus 49 co novo motor Cosworth-V8. Despois de que os seus compañeiros de equipo Jim Clark e Mike Spence morreran a principios de 1968, Hill lideró o equipo e gañou o seu segundo campionato mundial en 1968. O Lotus tiña unha reputación de ser moi fráxil e perigoso nese momento, especialmente coas novas axudas aerodinámicas que causaron choques similares ao de Hill e Jochen Rindt no Gran Premio de España de 1969. Nun accidente no Gran Premio dos Estados Unidos de 1969 en Watkins Glen rompeu ambas pernas e interrompeu a súa carreira. Cando se lle preguntou pouco despois do accidente, se quería transmitirlle unha mensaxe á súa esposa, Hill respondeulle: "Só dille que non podereir bailar durante dúas semanas".[5]

Logo de recuperarse Hill seguiu correndo na F1 durante varios anos máis, pero nunca máis co mesmo nivel de éxito. Colin Chapman, crendo que Hill estaba acabado, colocouno no equipo de Rob Walker durante 1970, endulzando o trato cun dos novos coches Lotus 72). Aínda que Hill anotou puntos en 1970 comezou a tempada lonxe de encaixar completamente e o 72 non se desenvolveu completamente ata finais da tempada. Hill fichou por Brabham para 1971-1972. A súa última vitoria na Fórmula Un fóra de campionato foi no International Trophy en Silverstone en 1971 co Brabham "lobster claw" (pinza de lagosta). O equipo estaba en cambios continuos logo das retiradas de Sir Jack Brabham e a venda de Ron Tauranac a Bernie Ecclestone e Hill non permaneceu no equipo.

Hill no Gran Premio de Alemaña de 1969

Hill fíxose famoso durante a última parte da súa carreira polo seu enxeño e converteuse nunha personalidade popular, foi un invitado regular na televisión e escribiu unha notable autobiografía franca e enxeñosa, Life at the Limit,[6] ao recuperarse do seu accidente de 1969. Hill tamén foi irreverentemente inmortalizado nun episodio de Monty Python ("It's the Arts (ou: Intermission)" sketch chamado "Historical Impersonations"), no cal un Gumby aparece preguntando para "ver a personificación de Juan o Bautista de Graham Hill." A cabeza de Xoán o Bautista aparece (cun bigote alargado estilo Hill) nun prato de prata, que corre ao redor do chan facendo ruído, putt-putt, como un motor de carreiras.

Hill na carreira de Campións de 1971

Hill participou en catro películas entre 1966 e 1974, incluíndo aparicións en Grand Prix e Caravan to Vaccarès, no cal aparece como piloto de helicóptero.[7]

Hill morreu aos 46 anos cando o avión bimotor de seis prazas Piper Aztec que pilotaba estrelouse e incendiouse en condicións de néboa pola noite preto do campo de golf de Arkley no norte de Londres. Hill, Tony Brise, e outros catro membros do equipo de carreiras de Hill regresaban das probas no Circuíto de Paul Ricard en Francia e debían aterrar en Elstree Airfield. Os seis morreron.[8][9][10]

Resultados nas carreiras

[editar | editar a fonte]

Resultados no Campionato Mundial de Fórmula 1

[editar | editar a fonte]

Carreiras en letra grosa indican pole position.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Pos Pts.
1958 Team Lotus Lotus 12 Climax L4 ARX
MON
Ret
HOL
Ret
500
NC 0
Lotus 16 Climax L4 BEL
Ret
FRA
Ret
RU
Ret
ALE
Ret*[11]
POR
Ret
ITA
6
MAR
16
1959 Team Lotus Lotus 16 Climax L4 MON
Ret
500
HOL
7
FRA
Ret
RU
9
ALE
Ret
POR
Ret
ITA
Ret
USA
NC 0
1960 Owen Racing Organisation BRM P25 BRM L4 ARX
Ret
15º 4
BRM P48 BRM L4 MON
7
500
HOL
3
BEL
Ret
FRA
Ret
RU
Ret
POR
Ret
ITA
USA
Ret
1961 Owen Racing Organisation BRM P48/57 Climax L4 MON
Ret
HOL
8
BEL
Ret
FRA
6
RU
Ret
ALE
Ret
ITA
Ret
USA
5
16º 3
1962 Owen Racing Organisation BRM P57 BRM V8 HOL
1
MON
6
BEL
2
FRA
9
RU
4
ALE
1
ITA
1
USA
2
RSA
1
42 (52)
1963 Owen Racing Organisation BRM P57 BRM V8 MON
1
BEL
Ret
HOL
Ret
RU
3
ALE
Ret
USA
1
MEX
4
RSA
3
29
BRM P61 BRM V8 FRA
3
ITA
16
1964 Owen Racing Organisation BRM P261 BRM V8 MON
1
HOL
4
BEL
5
FRA
2
RU
2
ALE
2
AUT
Ret
ITA
Ret
USA
1
MEX
11
39 (41)
1965 Owen Racing Organisation BRM P261 BRM V8 RSA
3
MON
1
BEL
5
FRA
5
RU
2
HOL
4
ALE
2
ITA
2
USA
1
MEX
Ret
40 (47)
1966 Owen Racing Organisation BRM P261 BRM V8 MON
3
BEL
Ret
FRA
Ret
RU
3
HOL
2
ALE
4
17
BRM P83 BRM H16 ITA
Ret
USA
Ret
MEX
Ret
1967 Team Lotus Lotus 43 BRM H16 RSA
Ret
15
Lotus 33 BRM V8 MON
2
Lotus 49 Ford V8 HOL
Ret
BEL
Ret
FRA
Ret
RU
Ret
ALE
Ret
CAN
4
ITA
Ret
USA
2
MEX
Ret
1968 Team Lotus Lotus 49 Ford V8 RSA
2
48
Gold Leaf Team Lotus Lotus 49 Ford V8 ESP
1
Lotus 49B Ford V8 MON
1
BEL
Ret
HOL
9
FRA
Ret
RU
Ret
ALE
2
ITA
Ret
CAN
4
USA
2
MEX
1
1969 Gold Leaf Team Lotus Lotus 49B Ford V8 RSA
2
ESP
Ret
MON
1
HOL
7
FRA
6
RU
7
ALE
4
ITA
9
CAN
Ret
USA
Ret
MEX
19
1970 Rob Walker Racing Team Lotus 49C Ford V8 RSA
6
ESP
4
13º 7
Brooke Bond Oxo Racing - Rob Walker Lotus 49C Ford V8 MON
5
BEL
Ret
HOL
NC
FRA
10
RU
6
ALE
Ret
AUT
Lotus 72C Ford V8 ITA
NTS
CAN
NC
USA
Ret
MEX
Ret
1971 Motor Racing Developments Brabham BT33 Ford V8 RSA
9
21º 2
Brabham BT34 Ford V8 ESP
Ret
MON
Ret
HOL
10
FRA
Ret
RU
Ret
ALE
9
AUT
5
ITA
Ret
CAN
Ret
USA
7
1972 Motor Racing Developments Brabham BT33 Ford V8 ARX
Ret
RSA
6
15º 4
Brabham BT37 Ford V8 ESP
10
MON
12
BEL
Ret
FRA
10
RU
Ret
ALE
6
AUT
Ret
ITA
5
CAN
8
USA
11
1973 Embassy Racing Shadow DN1 Ford V8 ARX
BRA
RSA
ESP
Ret
BEL
9
MON
Ret
SUE
Ret
FRA
10
RU
Ret
HOL
NC
ALE
13
AUT
Ret
ITA
14
CAN
16
USA
13
NC 0
1974 Embassy Racing with Graham Hill Lola T370 Ford V8 ARX
Ret
BRA
11
RSA
12
ESP
Ret
BEL
8
MON
7
SUE
6
HOL
Ret
FRA
13
RU
13
ALE
9
AUT
12
ITA
8
CAN
14
USA
8
18º 1
1975 Embassy Racing with Graham Hill Lola T371 Ford V8 ARX
10
BRA
12
RSA
NSC
ESP
NC 0
Hill GH1 Ford V8 MON
NSC
BEL
SUE
HOL
FRA
RU
ALE
AUT
ITA
USA

Resultados completos na Fórmula 1 fora do campionato

[editar | editar a fonte]

(key) (Carreiras en grosa indican pole position) (Carreiras en cursiva indican volta rápida)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21
1957 Cooper Car Company Cooper T43 (F2) Climax FPF 1.5 L4 SYR PAU GLV NAP RMS CAE INT
13
MOD MOR
1958 Team Lotus Lotus 12 Climax FPF 2.0 L4 GLV
Ret
SYR INT
8
CAE
Lotus 12 (F2) Climax FPF 1.5 L4 AIN
7
1959 Team Lotus Lotus 16 Climax FPF 2.5 L4 GLV
Ret
AIN
11
INT
Ret
OUL
5
SIL
Ret
1960 Owen Racing Organisation BRM P48 BRM P25 2.5 L4 GLV
5
INT
3
SIL
2
LOM
9
OUL
3
1961 Owen Racing Organisation BRM P48/57 Climax FPF 1.5 L4 LOM GLV
2
PAU BRX VIE AIN
3
SYR
NC
NAP LON SIL
13
SOL KAN DAN MOD
7
FLG OUL
Ret
LEW VAL RAN NAT RSA
1962 Owen Racing Organisation BRM P57 BRM P56 1.5 V8 CAP BRX
DSC
LOM
2
LAV GLV
1
PAU AIN
Ret
INT
1
NAP RMS
2
SOL OUL
2
MEX RAN
Ret
NAT
NC
R.R.C. Walker Racing Team Lotus 18 Climax FPF 1.5 L4 MAL
3
CLP
Lotus 24 Climax FWMV 1.5 V8 KAN
Ret
MED DAN
1963 Owen Racing Organisation BRM P57 BRM P56 1.5 V8 LOM
1
GLV
9
PAU IMO SYR AIN
1
INT
Ret
ROM SOL KAN MED AUT OUL
3
RAN
1964 Owen Racing Organisation BRM P261 BRM P60 1.5 V8 DMT
Ret
NWT
Ret
SYR AIN
2
INT
2
SOL
Ret
MED
John Willment Automobiles Brabham BT11 BRM P56 1.5 V8 RAN
1
1965 Owen Racing Organisation BRM P261 BRM P60 1.5 V8 ROC
Ret
SYR SMT
2
INT
Ret
MED RAN
1966 Owen Racing Organisation BRM P83 BRM P75 3.0 H16 RSA SYR INT OUL
Ret
1967 Team Lotus Lotus 48 (F2) Ford Cosworth FVA 1.6 L4 ROC SPR
8
OUL
3
Lotus 33 BRM P60 2.1 V8 INT
4
SYR
Lotus 49 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 ESP
2
1968 Gold Leaf Team Lotus Lotus 49 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 ROC
Ret
INT
Ret
Lotus 49B OUL
Ret
1969 Gold Leaf Team Lotus Lotus 49B Ford Cosworth DFV 3.0 V8 ROC
2
INT
7
MAD
Lotus 59B (F2) Ford Cosworth FVA 1.6 L4 OUL
Ret
1970 Rob Walker Racing Team Lotus 49C Ford Cosworth DFV 3.0 V8 ROC
5
Brooke Bond Oxo Racing - Rob Walker INT
9
Lotus 72C OUL
Ret
1971 Motor Racing Developments Ltd Brabham BT34 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 ARX ROC
Ret
QUE
26
SPR INT
1
RIN OUL VIC
8
1972 Motor Racing Developments Ltd Brabham BT37 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 ROC
7
BRA INT OUL REP VIC
Ret
1973 Motor Racing Developments Ltd Brabham BT37 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 ROC
Ret
INT
1974 Embassy Racing with Graham Hill Lola T370 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 PRE ROC
Ret
INT
Ret
1975 Embassy Racing with Graham Hill Hill GH1 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 ROC INT
11
SUI

Resultados nas 500 Millas de Indianápolis

[editar | editar a fonte]
  • Hill non cualificou o innovador coche 'roller skate' deseñado por John Crosthwaite (que traballara con Hill en Team Lotus) para a carreira das 500 Millas de Indianápolis de 1963 logo de estrelarse na práctica. Hill, que estivera viaxando semanalmente debido a outros compromisos en Europa, non esperou nos Estados Unidos mentres o coche reparábase e polo risco de non cualificar ou cualificar mal.[13][14]
  • A vitoria de Hill en 1966 foi a primeira vitoria dun piloto novato desde a vitoria de Frank Lockhart en 1927 e a última ata a vitoria de Juan Pablo Montoya en 2000.
  • Hill entrou nas 500 Millas de Indianápolis de 1969, pero o seu coche (Lotus-Ford Chasis 64/2) foi retirado durante a práctica xunto cos de Mario Andretti e Jochen Rindt debido a atrasos para rectificar problemas asociados co fallo do eixe traseiro no coche de Andretti.

Resultados completos nas Tasman Series

[editar | editar a fonte]
Ano Coche 1 2 3 4 5 6 7 8 Ranq Puntos
1964 Brabham BT4 LEV PUK WIG TER SAN WAR
4
LAK LON
1
12
1965 Brabham BT11A PUK
1
LEV WIG TER WAR
5
SAN
Ret
LON
4
14
1966 BRM P261 PUK
1
LEV WIG TER WAR
2
LAK
1
SAN
(3)
LON
2
30 (34)
1967 Lotus 48 PUK WIG LAK WAR
Ret
SAN LON NC 0
1968 Lotus 49T PUK LEV WIG TER SUR
2
WAR
2
SAN
3
LON
6
4th 17
1969 Lotus 49T PUK
Ret
LEV
Ret
WIG
2
TER
2
LAK
4
WAR
11
SAN
6
16

Resultados nas 24 Horas de Le Mans

[editar | editar a fonte]
Ano Equipo Co-Piloto Coche Clase Voltas Pos. na
xeral
Pos. na
clase
1958 Team Lotus Cliff Allison Lotus XV-Climax S 2.0 3 Ret Ret
1959 Team Lotus Australia Derek Jolly Lotus XV-Climax S 2.0 119 Ret Ret
1960 Alemaña Porsche KG Jo Bonnier Alemaña Porsche 718/4 RS S 2.0 191 Ret Ret
1961 North American Racing Team Stirling Moss Italia Ferrari 250 GT SWB GT3.0 121 Ret
(Fuga auga)
1962 David Brown Organisation Richie Ginther Aston Martin DP212 Exp 4.0 78 Ret Ret
1963 Owen Racing Organisation Richie Ginther Rover-BRM ACO Prize 310 (8º)* (1º)*
1964 Maranello Concessionaires Jo Bonnier Italia Ferrari 330P P 4.0 344
1965 Owen Racing Organisation Jackie Stewart Rover-BRM P 2.0 284 10º
1966 Alan Mann Racing Australia Brian Muir Ford GT Mk.II P 7.0 110 Ret Ret
1972 Francia Equipe Matra-Simca Shell Francia Henri Pescarolo Francia Matra-Simca MS670 S
3.0
344
  • 1963 Rover-BRM correu polo premio ACO cun coche de turbina de gas cubrindo un mínimo de 3600 km. non clasificaba oficialmente.
Predecesor:
Phil Hill
Campión da Fórmula 1
1962
Sucesor:
Jim Clark
Predecesor:
Denny Hulme
Campión da Fórmula 1
1968
Sucesor:
Jackie Stewart
  1. "Graham Hill (1929 - 1975) - Find A Grave Photos". findagrave.com. Consultado o 28 de xullo de 2016. 
  2. Bette Hill with Neil Ewart (1978). The Other Side of the Hill. Hutchison/Stanley Paul. p. 87. ISBN 0-09-134900-1. 
  3. Oliver Irish (15 de xuño de 2007). "Stick to the day job, Jacques". London: Guardian Unlimited. Consultado o 5 de decembro de 2007. 
  4. Graham Hill at Badgergp Arquivado 10 de setembro de 2013 en Wayback Machine.. Consultado o 5 de xaneiro de 2015.
  5. "Autosport". 
  6. Hill, Graham (1971). Life At The Limit. London: Pan Books Ltd. ISBN 0-330-02675-5. 
  7. Caravan to Vaccarès: Cast & Crew Arquivado 15 de novembro de 2007 en Wayback Machine. movies.msn.com. Consultado o 14 de xullo de 2007.
  8. "Plane crash kills driver Graham Hill". Pittsburgh Press ((Pennsylvania, U.S.)). UPI. 30 de novembro de 1975. p. D-1. 
  9. "Racing mourns death of Graham Hill". Milwaukee Sentinel ((Wisconsin, U.S.)). UPI. 1 de decembro de 1975. p. 5, part 2. 
  10. "After cheating death 20 years, Hill killed in air crash". Daytona Beach Morning Journal ((Florida, U.S.)). Associated Press. 1 de decembro de 1975. p. 1C. 
  11. Hill, participou no Gran Premio de Alemaña de 1958 cun chasis de Fórmula Dous.
  12. "Graham Hill Indy 500 Race Stats". Indy500.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2007. Consultado o 21 de decembro de 2011. 
  13. "Mickey Thompson - Indy 500 1963". Thompson-motorsports.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2012. Consultado o 21 de decembro de 2011. 
  14. Car and Driver August 1963

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]