Gran Premio dos Estados Unidos de 1961
Nome oficial | IV United States Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio dos Estados Unidos |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1961 |
Distancia do evento | 100 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Watkins Glen (Dix (en) ) 42°20′13″N 76°55′38″O / 42.336944444444, -76.927222222222 |
País | Estados Unidos de América |
Data | 8 de outubro de 1961 |
Competición | |
Primeiro posto | Innes Ireland |
Pole position | Jack Brabham |
O Gran Premio dos Estados Unidos de 1961 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 8 de outubro de 1961 no circuíto de Watkins Glen. Foi a décima e última carreira da tempada de Fórmula Un de 1961.
No seu terceiro ano o GP dos Estados Unidos finalmente atopou unha sede, grazas a Cameron Argetsinger, que realmente estableceu a Fórmula Un nos Estados Unidos. A carreira final da tempada proporcionou tamén a primeira vitoria dun dos grandes equipos do deporte -Team Lotus de Colin Chapman- e deulle ao popular piloto, Innes Ireland, a súa única vitoria nun Gran Premio. Ireland comezou oitavo, tomou a dianteira cando o motor do Lotus de Stirling Moss fallou, e terminou 4´3 segundos por diante do estadounidense Dan Gurney.
Antecedentes
[editar | editar a fonte]No momento da carreira de Watkins Glen, a tempada 1961 xa marcara un fito importante na Fórmula Un nos Estados Unidos co californiano Phil Hill coroado como o primeiro Campión Mundial estadounidense. A carreira dos Estados Unidos debería ser a do seu regreso triunfal. Desafortunadamente para os afeccionados, non estaba no cockpit do seu Ferrari 156, pero estaba na parte traseira dun Ford Thunderbird no desfile previo á carreira. No Gran Premio dos Estados Unidos de 1960 en Riverside, o equipo Ferrari quedarase en casa. Esta vez, con todo, co título no seu peto, non tiñan nada que demostrar logo de dominar a primeira tempada da fórmula de 1´5 litros.
O equipo fora de feito obxecto da máis cruel mestura imaxinable de triunfo e traxedia na carreira anterior, o Gran Premio de Italia en Monza. O piloto de Ferrari e líder do equipo Wolfgang von Trips morreu durante a carreira mentres lideraba o campionato de pilotos, entregándolle a vitoria e o campionato ao seu compañeiro Hill. Dado que Ferrari asegurara o Campionato de construtores e o de pilotos, o equipo unha vez máis comprensiblemente optou por non facer a viaxe a través do Atlántico o final da tempada.
Houbo considerables dúbidas sobre se a carreira dos Estados Unidos levaríase a cabo, xa que a FIA non lle concedeu ao Gran Premio de Watkins Glen Corporación a aprobación final para a carreira ata o 28 de agosto. Chegado outubro, nocircuíto só faltaba o equipo Ferrari. Co Campionato xa decidido, os participantes parecían estar listos para unha fin de semana de bo carácter e competencia, e gañar unha parte importante dos premios. En canto á ausencia do equipo italiano, un participante británico chegou a dicir: "Ferrari sempre estraga a diversión coa súa maldita intensidade."[Cómpre referencia]
Cualificación
[editar | editar a fonte]Aínda que todos menos os dous Porsche tiñan motores Coventry Climax, só Jack Brabham do equipo de fábrica Cooper, e Stirling Moss, do equipo privado Rob Walker, tiveron a última versión do V8 dispoñible para eles. Moss marcou o ritmo o sábado cun crono de 1:18.2 no seu coche de 4 cilindros, facendo 1:17.2 co V8. Brabham, o recentemente deposto bicampión do mundo, respondeu cun 1:17.0. Cando Moss decidiu utilizar o vello 4 cilindros na carreira, dicindo que o coche manexábase mellor con el, deixouse caer de novo á segunda fila da grella, xunto ao seu compañeiro do equipo Brabham, Bruce McLaren. Graham Hill de BRM, foi unha décima máis rápido que os outros autos de 4 cilindros, acompañando a Brabham na primeira fila, un segundo máis lento que o Australiano.
Resumo da carreira
[editar | editar a fonte]Unha multitude de 28.000 entradas de pago (dun total de 60.000) o domingo contentou aos patrocinadores e tamén foi moi bo agoiro para o futuro da carreira. Na saída, Brabham lideraba na primeira curva, pero antes do final da primeira volta, Moss tomou á dianteira. Estes dous eran seguidos por Ireland, Hill, Dan Gurney, Masten Gregory e McLaren. Na terceira volta, McLaren subiu ao terceiro posto cando Ireland trompeou sobre aceite ao final da recta. Recuperouse e continuou undécimo.
Na volta 10, Ireland xa estaba no cuarto lugar, por detrás do Cooper de McLaren, Moss e Brabham continuaban intercambiando o liderado. Na volta 34, o V8 de Brabham comezou a perder auga e sobrecalentabase finalmente entrou en boxes na volta 45. Logo de tomar auga e volver á carreira, Brabham completou só sete voltas máis antes de retirarse.
Liderando agora por máis de 40 segundos, Moss parecía estar en camiño a unha vitoria cómoda. Só el sabía, que a súa presión de aceite estaba baixando, e na volta 59, o Lotus azul escuro de súpeto retirouse, dando a vantaxe a Ireland. Hill quedou na cola do escocés, acosándoo durante 15 voltas, ata que, tamén, de súpeto meteuse na rúa de boxes cun arame magneto solto. O próximo rival era Roy Salvadori, que recortou a vantaxe de 20 segundos a cinco a só cinco voltas do final. Pero era o día de Ireland. A pouco máis de tres voltas para o final, o motor do Cooper do equipo privado de Salvadori explotou, como o coche do seu compañeiro de equipo John Surtees na primeira volta.
Ireland chegou a meta baixo a bandeira a cadros a menos de cinco segundos por diante do estadounidense Dan Gurney, o británico Tony Brooks terminou o derradeiro Gran Premio da súa carreira en terceira posición. "Tiven sorte", admitiu Ireland. "Non podía adiantar a Moss e Brabham. Os seus coches eran demasiado rápidos. Non tiña presión de aceite nas últimas dez voltas, e terminei cun dedal de gasolina na meta." Nun xesto final, por estar preparando e reparando o seu coche varias veces durante a fin de semana, Ireland recompensou ao mecánico de Lotus Ted Woodley con 25 libras esterlinas!
foi unha carreira de fitos: o único triunfo na carreira de Innes Ireland, a primeira vitoria para o equipo Lotus, e o primeiro Gran Premio estadounidense en obter algún beneficio, asegurando o seu retorno en 1962. Desafortunadamente para Stirling Moss sería a súa última carreira do Campionato do Mundo, a súa carreira terminou cun forte accidente durante a carreira do Trofeo Glover de 1962 en Goodwood no seguinte mes de abril.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 15 | Innes Ireland | Lotus-Climax | 100 | 2:13:45.8 | 8 | 9 |
2 | 12 | Dan Gurney | Porsche | 100 | +4.3 segs | 7 | 6 |
3 | 5 | Tony Brooks | BRM-Climax | 100 | +49.0 segs | 5 | 4 |
4 | 2 | Bruce McLaren | Cooper-Climax | 100 | +58.0 segs | 4 | 3 |
5 | 4 | Graham Hill | BRM-Climax | 99 | +1 volta | 2 | 2 |
6 | 11 | Jo Bonnier | Porsche | 98 | +2 voltas | 10 | 1 |
7 | 14 | Jim Clark | Lotus-Climax | 96 | +4 voltas | 6 | |
8 | 6 | Roger Penske | Cooper-Climax | 96 | +4 voltas | 16 | |
9 | 16 | Peter Ryan | Lotus-Climax | 96 | +4 voltas | 13 | |
10 | 3 | Hap Sharp | Cooper-Climax | 93 | +7 voltas | 17 | |
11 | 21 | Olivier Gendebien Masten Gregory |
Lotus-Climax | 92 | +8 voltas | 15 | |
Ret | 19 | Roy Salvadori | Cooper-Climax | 96 | Motor | 12 | |
Ret | 17 | Jim Hall | Lotus-Climax | 76 | Fuga combustible | 18 | |
Ret | 26 | Lloyd Ruby | Lotus-Climax | 76 | Magneto | 19 | |
Ret | 7 | Stirling Moss | Lotus-Climax | 58 | Motor | 3 | |
Ret | 1 | Jack Brabham | Cooper-Climax | 57 | Temperatura | 1 | |
Ret | 22 | Masten Gregory | Lotus-Climax | 23 | Caixa de cambios | 11 | |
Ret | 60 | Walt Hansgen | Cooper-Climax | 14 | Accidente | 14 | |
Ret | 18 | John Surtees | Cooper-Climax | 0 | Motor | 9 | |
Ret | 23 | Ken Miles | Lotus-Climax |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 5 mellores resultados contan para o Campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.
Notas
[editar | editar a fonte]- Líderes por volta: Stirling Moss 30 voltas (1-5, 16, 24-25, 34-35, 39-58); Jack Brabham 28 voltas (6-15, 17-23, 26-33, 36-38); Innes Ireland 42 voltas (59-100).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio dos Estados Unidos de 1961 |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Don Capps. "Rear View Mirror."( 2009-05-04) Atlas F1: Volume 6, Issue 43. Consultado o 26 de abril de 2009.
- James T. Crow (xaneiro de 1962). "U.S. Grand Prix". Road & Track, 68-72.
- Doug Nye (1978). The United States Grand Prix and Grand Prize Races, 1908-1977. B. T. Batsford. ISBN 0-7134-1263-1
- J.J. O'Malley e Bill Green (1998). Watkins Glen, From Griswold to Gordon: Fifty Years of Competition At the Home of American Road Racing.
Carreira anterior: Gran Premio de Italia de 1961 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1961 |
Carreira seguinte: Gran Premio dos Países Baixos de 1962 |
Carreira anterior: Gran Premio dos Estados Unidos de 1960 |
Gran Premio dos Estados Unidos | Carreira seguinte: Gran Premio dos Estados Unidos de 1962 |