Saltar ao contido

Historia de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Historia de España

Historia España España
Cronoloxía Cronoloxía de España
Categoría Historia de España
Prehistoria
Prehistoria da Península Ibérica
Idade Antiga
Historia antiga de España e Roma Antiga
Século -III
-206 - -27: Conquista romana
-218 - 472: Hispania
Idade Media
Historia medieval de España
Século V
409 - 585: Reino suevo
418 - 721: Reino visigodo
552 - 624: Hispania bizantina
Século VIII
711 - 716: Invasión musulmá
711 - 1492: Al-Andalus
711 - 1492: Reconquista
718 - 1479: Reinos cristiáns
Idade Moderna
Historia moderna de España
Século XV
1479 - 1516: Reis Católicos
1482 - 1492: Guerra de Granada
1492 - 1898: Colonización americana
Século XVI
1516 - 1700: Casa dos Austria
1556 - 1659: Século de Ouro
1580 - 1640: Unión Ibérica
Século XVIII
1700 - 1808: Casa de Borbón
1701 - 1714: Guerra de Sucesión Española
1707 - 1716: Decretos de Nueva Planta
Idade Contemporánea
Historia contemporánea de España
Século XIX
1808: Abdicacións de Baiona
1808 - 1833: Independencia hispanoamericana
1808 - 1814: Guerra da Independencia
1810 - 1814: Cortes de Cádiz
1812: Constitución española de 1812
1813: Tratado de Valençay
1820 - 1823: Trienio liberal
1823 - 1833: Década Ominosa
1833 - 1840: Primeira guerra carlista
1846 - 1849: Segunda guerra carlista
1854 - 1856: Bienio Progresista
1868: Revolución de 1868
1868 - 1871: Goberno provisional
1872 - 1876: Terceira guerra carlista
1873 - 1874: Primeira República Española
1898: Guerra hispano-estadounidense
Século XX
1921 - 1926: Guerra do Rif
1923 - 1930: Ditadura de Primo de Rivera
1934: Folga xeral revolucionaria
1936: Golpe de Estado
1936 - 1939: Guerra civil española
1939 - 1965: Maquis (guerrilla antifranquista)
1959 - 2011: Conflito vasco
1975 - 1978: Transición española
1978: Constitución española
1978: Segundo Golpe de Estado
Século XXI
2004: Atentados de Madrid
2017: Atentados de Cataluña
Relacionados
Historia Historia de :
Galicia · Asturias · Cantabria · País Vasco · Navarra · Aragón · Cataluña · Rioxa · Castela e León · Madrid · Estremadura · Castela-A Mancha · País Valenciano · Andalucía · Murcia · Baleares · Canarias
Artigos Demografía de España
Monarquía española
Política de España
Xeografía de España

A historia de España abrangue a historia de España e a dos seus estados predecesores. Durante a Idade Antiga, a Península foi o lugar de múltiples colonizacións sucesivas de gregos, cartaxineses e romanos. Os romanos referíanse á península como Hispania, que dividirían en provincias. Como o resto do Imperio Romano de Occidente, Hispania estivo sometida ás numerosas invasións das tribos xermánicas durante os séculos IV e V, que provocaron o fin do dominio romano e o establecemento, do Reino Suevo e do Reino Visigodo, que marcaron o inicio da Idade Media na Península.

O control xermánico durou uns 200 anos ata que comezou a conquista Omeia en 711. A rexión pasou a coñecerse como Al-Andalus, e salvo os reinos cristiáns no norte da Península, a rexión permaneceu baixo o control dos estados liderados polos musulmáns durante os primeiros séculos. Os cristiáns do norte ampliaron gradualmente o seu control territorial, período que posteriormente sería coñecido como a Reconquista. A medida que se expandían cara ao sur, formáronse varios reinos cristiáns, entre eles o Reino de Galicia, o Reino de León, o Reino de Navarra, o Reino de Castela e o Reino de Aragón. Finalmente consolidáronse en dúas coroas aproximadamente equivalentes, a Coroa de Castela e a Coroa de Aragón. O período moderno inicial data xeralmente da unión das dúas coroas en 1469.

A conquista de Granada e a primeira viaxe de Colón, ambas en 1492, converteron ese ano nun punto de inflexión na historia mundial, dando comezo ao era do colonialismo europeo. As viaxes dos diversos exploradores e conquistadores durante as décadas posteriores axudaron a establecer un imperio colonial español converténdose nun dos estados europeos máis poderosos da época. O rei Carlos V estableceu a dinastía española dos Habsburgo, baixo o seu fillo Filipe II floreceu o Século de Ouro. O Imperio Español alcanzou o seu pico territorial e económico, e o palacio do Escorial converteuse nun centro de florecemento artístico. Porén, o goberno de Felipe tamén viu a destrución calamitosa da Armada Invencible, numerosas quebras estatais e a independencia das Provincias Unidas do norte, o que marcou o inicio do lento declive da influencia española en Europa. O poder de España veuse finalmente frustado na Guerra de Flandres, na que intentou e fracasou recuperar a República Holandesa, e na Guerra dos Trinta Anos, que resultou no continuo declive do poder dos Habsburgo a favor da dinastía borbónica francesa. As cousas chegaron a un punto crítico durante o reinado de Carlos II, cuxa incapacidade para enxendrar fillos deixaron en dúbida o futuro da coroa. Á súa morte, estalou a Guerra de Sucesión entre os Borbóns franceses e os Habsburgo austríacos polo dereito a suceder a Carlos II. Os Borbóns impuxéronse, o que provocou o ascenso de Filipe V, que levou a España ao inicio de distintas guerras para recuperar as terras anteriormente controladas polos españois no sur de Italia.

A aparente recuperación progresiva de España viuse truncada polas perdas durante a Era Napoleónica, cando España se converteu nun estado monicreque de Francia. Simultaneamente e despois do período napoleónico, as guerras de independencia hispanoamericanas provocaron a perda da maior parte do territorio americano. Durante o restablecemento do dominio borbónico en España, a monarquía constitucional foi introducida en 1813. Como en gran parte de Europa, a historia de España durante o século XIX foi tumultuosa, e contou con períodos alternados de dominio republicano e monárquico. A guerra hispano-estadounidense provocou a perda das posesións coloniais restantes e unha serie de ditaduras militares, durante as cales o rei Afonso XIII foi deposto e formouse un novo goberno republicano. En definitiva, a desorde política provocou un golpe militar que desembocou na Guerra Civil Española. Despois de moita intervención estranxeira por ámbolos bandos, os nacionalistas saíron vitoriosos; Francisco Franco dirixiu unha ditadura fascista durante case catro décadas coñecida como franquismo. A morte de Franco supuxo un retorno da monarquía borbónica baixo o rei Xoán Carlos I, que supuxo a posta en marcha do que sería coñecido como "transición española". En 1978 estableceuse unha nova Constitución e en 1986 España entrou na Comunidade Económica Europea (transformada na Unión Europea en 1992), e na Eurozona en 1998.

Prehistoria

[editar | editar a fonte]
Bisontes debuxados no teito da cova de Altamira cara 15000 a. C.

O rexistro máis antigo de homínidos en Europa Occidental atopouse na cova de Atapuerca; unha ferramenta de sílex atopada alí data de hai 1,4 millóns de anos, e os primeiros fósiles humanos datan de hai aproximadamente 1,2 millóns de anos.[1] Os humanos modernos en forma de Cro-Magnon comezaron a chegar á Península Ibérica dende o norte dos Pireneos hai uns 35 000 anos. O sinal máis conspicuo dos asentamentos humanos prehistóricos son as pinturas da cova de Altamira, no norte de España, que foron feitas c. 15000 a. C.[2]

A evidencia arqueolóxica en lugares como Los Millares e El Argar suxire que existiron culturas desenvolvidas na parte oriental da Península Ibérica durante o Neolítico tardío e a Idade de Bronce.[3] Ao redor do 2500 a. C., os pastores nómades agrupados dentro da cultura de cerámica cordada conquistaron a península utilizando novas tecnoloxías e cabalos mentres mataban a todos os homes locais segundo os estudos de ADN.[4] A prehistoria da península esténdese ás culturas prerromanas da Idade de Ferro que controlaban a maior parte da Iberia: as dos iberos, celtiberos, tartessos, lusitanos, galaicos e vascóns e os asentamentos comerciais de fenicios, cartaxineses e gregos na costa mediterránea.

Idade Antiga

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Historia antiga de España.
Pobos da Península antes da conquistas cartaxinesas e romanas.

Antes da conquista romana, as principais culturas da costa mediterránea eran os iberos na costa mediterránea, os celtas no interior e noroeste, os galaicos e lusitanos no noroeste e os tartessos no suroeste. Os mariñeiros fenicios, cartaxineses e gregos estableceron sucesivamente asentamentos comerciais ao longo da costa oriental e sur. O desenvolvemento da escritura na península produciuse despois da chegada dos primeiros poboadores e comerciantes fenicios (datados no século IX a. C. ou posteriores).[5]

Expansión fenicia a través do Mediterráneo.

O sur da península era rico en colonias fenicias arcaicas, sen comparación con ningunha outra rexión do mediterráneo centro-occidental.[6] Eran asentamentos pequenos e densamente abarrotados.[6] A colonia de Gadir (Cádiz), que mantiña fortes vínculos coa metrópole de Tiro, destacou do resto de colonias, cunha organización sociopolítica máis complexa.[6] Os gregos arcaicos chegaron á Península a finais do século VII a. C.[7] e fundaron colonias gregas como Emporion cara o 570 a. C.[7]

Os gregos son os responsables do nome Iberia, ao parecer polo río Iber (o Ebro). No século VI a. C., gran parte do territorio do sur de Iberia pasou á influencia global de Cartago (con dous centros de influencia púnica en Gadir e Mastia ); este último agarre reforzouse a partir do século IV a. C.[8] Os bárcidas, tras o seu desembarco en Gadir no 237 a. C., conquistaron os territorios que pertencían á esfera de influencia de Cartago.[9] Ata o 219 a. C., a súa presenza na Península estivo apoiada polo control de lugares como Cartago Nova e Akra Leuké (ambas fundadas polos púnicos), así como a rede de antigos asentamentos fenicios.[8]

A Península foi o teatro militar da Segunda Guerra Púnica (218 - 201 a. C.) que se levou a cabo entre Cartago e a República Romana, as dúas potencias que disputaban a supremacía no Mediterráneo occidental. Os romanos expulsaron aos cartaxineses da Península no 206 a. C.[9]

Os pobos que coñeceron os romanos na súa invasión foron os iberos (habitando unha zona que se estende dende o nordeste da Península Ibérica ata o sueste), os celtas (habitaban maioritariamente o interior e o noroeste da península), os celtiberos(ao leste da Meseta Central e na zona do Sistema Ibérico, ricos ao parecer en metais preciosos obtidos polos romanos en forma de tributos)[10], e finalmente na costa atlántica os lusitanos, galaicos, ástures e cántabros.

As Guerras Celtiberas disputáronse entre o avance das lexións da República Romana e as tribos celtíberas de Hispania Citerior dende o 181 ata o 133 a. C.[11][12] Do 143 a. C. ó 139 a. C. unha revolta lusitana contra as lexións de Roma dirixida por Viriato consegue antes de fracasar varias vitorias. A conquista romana da península completouse no 19 a. C. coa finalización das guerras cántabras.

Dominación romana

[editar | editar a fonte]
Mapa do Imperio Romano coas dioceses creadas por Diocleciano (293 - 305)

Hispania foi o nome empregado para referirse a Península Ibérica baixo o dominio romano a partir so século II a. C. A poboación foi romanizada culturalmente e economicamente, e os líderes locais foron admitidos nas clases aristocráticas romanas.[13]

Os romanos ampliaron as cidades existentes, fundaron novas cidades e vilas e construíron infraestrutura ao logo de toda a Península. A economía e o comercio expandiuse, fornecendo de recursos como alimentos, aceite, viño e metais ao imperio. En Hispania naceron os emperadores Traxano, Hadriano e Teodosio I, o filósofo Séneca e os poetas Marcial, Quintiliano e Lucano. Os bispos hispanos celebraron o Concilio de Elvira ao redor do 306.

Invasións xermánicas
[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Invasións bárbaras.

O colapso do Imperio Romano de Occidente non levou á mesma destrución total da sociedade clásica que ocorreu en outras provincias como a Britania, a Galia e a Xermania Inferior durante a Alta Idade Media, aínda que as institucións e as infraestruturas decaeron, deste período naceron as linguas ibéricas, a súa relixión e a base das súas leis.

Idade Media

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Historia medieval de España.

Reinos xermánicos

[editar | editar a fonte]
Reino suevo.
Provincia de Spania.

Despois da caída do Imperio Romano de Occidente no século V, partes de Hispania quedaron baixo o control das tribos xermánicas de vándalos, suevos. visigodos e alanos. Estableceuse o reino suevo na Gallaecia e partes da Lusitania no 406 (primeiro reino federado establecido na Europa continental), despois de ser rexeitados polos suevos o reino vándalo de Vandalusia na Bética e finalmente o reino visigodo despois do 410 foron aumentando a súa presenza ata que finalmente no 507, despois da derrota na batalla de Vogladum, puxeron a súa sede rexia en Toledo. O reino visigodo alcanzou o seu punto álxido co reinado de Leovixildo que anexionou Gallaecia ao reino suevo e a provincia de Spania aos bizantinos.[13][14]

Reino visigodo

[editar | editar a fonte]
En vermello o asentamento orixinal visigodo, en laranxa claro as perdas contra os francos e en laranxa escuro as pertenzas finais de Hispania e Septimania.

O Liber Iudiciorum ou Lex Visigothorum (654), que Recesvinto promulgou, baseándose no dereito romano e as leis consuetudinarias xermánicas, provocou unha unificación legal no reino. A proximidade do reino visigodo ao Mediterráneo e a continuidade (aínda que reducida) do comercio mediterráneo occidental apoiaron ao seu fortalecemento. A clase dominante visigoda buscaba en Constantinopla estilo e tecnoloxía.

O período de goberno do reino visigodo viu a difusión do arianismo brevemente en Hispania.[15] Os Concilios de Toledo debateron sobre o credo e a liturxia no catolicismo ortodoxo, e o Concilio de Lleida en 546 constrinxiu ao clero e estendeu o poder da lei coa aprobación do Papa. En 587, o rei visigodo de Toledo, Recaredo, converteuse ao catolicismo e puxo en marcha un movemento para unificar as distintas doutrinas relixiosas.

Feudalismo

[editar | editar a fonte]

Os visigodos herdaron da antigüidade tardía un sistema prefeudal, baseado no sur no sistema de vilas romanas e no norte botando man dos seus vasalos para abastecer de tropas a cambio de protección. O groso do exército visigodo estaba composto por escravos. O escaso consello de nobres, que aconsellaba aos reis visigodos de Hispania, Gallaecia e Septimania e lexitimaba o seu goberno, era o encargado de levantar o exército, e só co seu consentimento o rei podía convocar soldados.

A economía do reino visigodo dependía fundamentalmente da agricultura e da gandería; hai poucas evidencias do comercio e da industria visigoda.[16] Os hispanorromanos nativos mantiveron a vida cultural e económica da Hispania romana e foron responsables da relativa prosperidade dos séculos VI e VII. A administración seguía baseándose no dereito romano e gradualmente foronse fusionando aos costumes visigodos. Os visigodos non se casaron, ata o período de dominio musulmán, coa poboación hispanorromana, e a lingua gótica; tivo un impacto relativo nas linguas modernas de Iberia.[14]

Os hispanorromanos consideraron que o dominio visigodo e o seu primeiro abrazo da herexía ariana eran unha ameaza maior que o Islam, e desfixéronse do dominio visigodo só no século VIII, coa axuda dos propios musulmáns.[17] O efecto máis visible do dominio visigodo foi o despoboamento das cidades xa que os seus habitantes se desprazaban ao campo. Aínda que o país gozaba dun certo grao de prosperidade en comparación con Francia e Alemaña, o liderado visigodo pouco contribuía ao benestar, permanencia e infraestrutura do seu pobo e estado. Isto contribuíu á súa caída, xa que non podían contar coa lealdade dos seus súbditos cando chegaron os mouros no século VIII.[14]

Invasión musulmá da Península Ibérica

[editar | editar a fonte]

O califato omeia dominaba a maior parte do norte de África no ano 710. En 711 un exército bérber, liderado por Tariq ibn Ziyad, foi enviado á Península para intervir nunha guerra civil no reino visigodo.[18] Cruzando o estreito de Xibraltar, conseguiron unha vitoria decisiva no verán de 711 cando o rei visigodo Roderico foi derrotado e executado o 19 de xullo na batalla de Guadalete. O comandante de Tariq, Musa, sumouse rapidamente con reforzos árabes, e en 718 os musulmáns tiñan o control de case toda a Península Ibérica. O avance cara a Europa Occidental só foi detido no que hoxe é o centro-norte de Francia polos francos xermánicos occidentais ao mando de Carlos Martel na batalla de Poitiers en 732.

Al-Andalus

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Al-Andalus.

Trala conquista, comezou a conversión e a arabización progresiva da poboación hispanorromana,[19] ( muwalladum ou Muwallad ).[19][20] Despois dun longo proceso, estimulado nos séculos IX e X, a maioría da poboación de Al-Andalus converteuse ao Islam.[19] ​​A poboación musulmá estaba dividida por etnias (árabes, bérebres e muladies), e a supremacía dos árabes sobre o resto do grupo era unha causa recorrente de conflitos, rivalidades e odio, especialmente entre árabes e bérberes.[19] As elites árabes poderían dividirse aínda máis en iemenitas (primeira onda) e sirios (segunda onda).[19] Os gobernantes musulmáns masculinos eran a miúdo descendentes de escravas cristiás.[19] Os cristiáns e xudeus podían vivir como grupos subordinados dunha sociedade estratificada baixo o sistema dhimmah,[19] aínda que os xudeus chegaron a ser moi importantes en certos campos.[19] Algúns cristiáns emigraron aos reinos cristiáns do norte, mentres que os que se quedaron en Al-Andalus arabizáronse progresivamente e foron coñecidos como musta'arab ( mozárabes ).[19] Ademais dos escravos de orixe ibérica, a poboación escrava comprendía tamén os Ṣaqāliba (que significa literalmente "escravos", aínda que eran escravos de orixe europea xenérica) así como escravos sudaneses.[19] As frecuentes incursións en terras cristiás proporcionaron a Al-Andalus un continxente de escravos, incluíndo mulleres que a miúdo formaban parte dos haréns da elite musulmá.[15] Os escravos tamén foron enviados desde Hispania a outros lugares da Ummah.[15]

Primeiras revoltas cristiás

[editar | editar a fonte]
Interpretación das campañas militares na Península Ibérica en 875.

No que non debeu ser moito máis que unha escaramuza (máis tarde magnificada polo nacionalismo español),[21][22] unha forza musulmá enviada para derrotar aos rebeldes cristiáns nas montañas do norte foi derrotada por unha forza dirixida por Pelagius, coñecida como a batalla de Covadonga. A figura de Paio, subproduto das crónicas asturianas de Afonso III (escrita máis dun século despois da susodita batalla), foi reconstruída posteriormente en teorías historiográficas conflitivas, sobre todo a dun nobre visigodo refuxiado ou a dun cacique astur autóctono.[23] A consolidación dun sistema político cristián que chegou a ser coñecido como Reino de Asturias ou Reino de Galicia produciuse máis tarde. Ao final do dominio visigodo, a asimilación de hispanorromanos e visigodos produciuse rapidamente. Un número descoñecido fuxiu e refuxiouse na Gallaecia ou na Septimania. No noroeste apoiaron o levantamento de Paio, e uníndose aos líderes indíxenas, formaron unha nova aristocracia. A poboación da serra estaba formada por nativos ástures, galaicos, cántabros, vascos e outros grupos non asimilados á sociedade hispanogótica.[15] En 739, unha rebelión en Galicia, axudada polo princeps, expulsou as forzas musulmás e uniuse ao reino. Nos reinos cristiáns do norte, os señores e organizacións relixiosas adoitaban posuír escravos musulmáns que eran empregados como obreiros e empregados domésticos.[15]

Emirato de Córdoba

[editar | editar a fonte]
A civilización do califato de Córdoba en tempos de Abd-al-Rahman III, Dionisio Baixeras Verdaguer.

O califa Al-Walid I prestara moita atención á expansión dun exército organizado, construíndo a armada máis forte na época do califato omeia (a segunda dinastía árabe máis importante despois de Mahoma e a primeira dinastía árabe de Al-Andalus). Foi esta táctica a que apoiou a expansión definitiva a Hispania. O poder islámico en alcanzou o seu clímax no século X baixo Abd al-Rahman III.[24] Os gobernantes de Al-Andalus recibiron o rango de emir polo califa omeia Al-Walid I en Damasco. Cando os abássidas derrocaron o califato omeia, Abd al-Rahman I conseguiu escapar a Al-Andalus e declarouno independente. O estado fundado entón coñécese como Emirato de Córdoba. Al-Andalus estaba cheo de conflitos internos entre os gobernantes e pobos omeias islámicos e os líderes e pobos visigodos-romanos cristiáns.

Invasións externas

[editar | editar a fonte]

Os viquingos invadiron Galicia en 844, pero foron derrotados por Ramiro I na Coruña.[25] Moitas das baixas dos viquingos foron causadas polas "balistas dos galegos" : poderosas armas de proxectil de torsión que parecían béstas xigantes,[25] 70 barcos viquingos foron capturados e queimados.[25] [26] Os viquingos regresaron a Galicia en 859, durante o reinado de Ordoño I. Ordoño estaba nese momento empeñado contra os seus constantes inimigos os mouros; pero un conde da provincia, Pedro, atacou aos viquingos e derrotounos,[27] destruíndo 38 dos seus barcos.

O califato preocupouse principalmente de manter a súa base de poder no norte de África, pero estas posesións acabaron por diminuír ata a provincia de Ceuta. A primeira armada de Abd al-Rahman III foi construída despois da subida viquinga ao Guadalquivir en 844 cando saquearon Sevilla.[28]

En 942 produciuse a incursión húngara na Península Ibérica, especialmente en Cataluña,[29] segundo o traballo de Ibn Hayyan.[30][28] Mentres tanto, unha lenta pero constante migración de súbditos cristiáns cara aos reinos cristiáns foi aumentando lentamente o poder do norte.

Interpretación das campañas militares na Península Ibérica en 1002.

Al-Andalus coincidiu coa Convivencia, unha era de relativa tolerancia relixiosa, e coa idade de ouro da cultura xudía na Península Ibérica. O interese musulmán na península volveu con forza ao redor do ano 1000, cando Al-Mansur saqueou Barcelona (985), e asaltou Zamora, Toro, León e Astorga en 988 e 989, que controlaban o acceso a Galicia.[31] Baixo o seu fillo, Abd al-Málik al-Muzáffar, outras cidades cristiás foron sometidas a numerosas incursións.[32]

Logo da morte do seu fillo, o califato afundiuse nunha guerra civil e dividiuse en taifas. Os reis das taifas competiron entre si non só na guerra, senón tamén na protección das artes e a cultura, que gozaron dunha recuperación breve. As aceifas foron a continuación dunha política dos tempos do emirato: a captura de numerosos continxentes de escravos cristiáns, os saqáliba (plural de siqlabi , "escravo").[33] Estes eran a parte máis lucrativa do botín, e constituían un excelente método de pago para as tropas, tanto que moitas aceifas eran prácticamente "cazas" de escravos.

Os almohades, que tomaran o control dos territorios magrebí e do Al-Andalus dos almorábides en 1147, superaron aos almorábides na perspectiva islámica fundamentalista e trataron aos dhimmis non crentes con dureza. Ante a elección da morte, a conversión ou a emigración, moitos xudeus e cristiáns marcharon.[34]

Reinos cristiáns

[editar | editar a fonte]
Interpretación das campañas militares na Península Ibérica en 1195.

Os reinos de taifas perderan terreo fronte aos reinos cristiáns do norte e, logo da perda de Toledo en 1085, os gobernantes musulmáns de mala gana invitaron aos almorábides, que invadiron Al-Andalus desde o norte de África e estableceron un novo imperio. No século XII o Imperio Almorábide rompeuse de novo, só para ser tomado pola invasión almohade, que foron derrotados na decisiva batalla das Navas de Tolosa en 1212.

A mediados do século XIII, o Reino de Granada era o único reino musulmán independente dos cristiáns, que sobreviviu ata 1492 ao converterse nun estado vasalo de Castela, ao que lle rendeu tributo.

Evolución lingüística

[editar | editar a fonte]
Interpretación da evolución lingüística na Península Ibérica.
Escena de batalla das cantigas de Afonso X.

No século XIII falábanse moitas linguas nos reinos cristiáns. Estas foron as linguas románicas de base latina do asturiano, o galego-portugués (posteriormente dividido no galego e no portugués) que adquiriu notable importancia no norte do reino grazas a literatura galego-portuguesa, o leonés, o castelán, o aragonés, o catalán, o aranés e a lingua de base protoindoeuropea do éuscaro. Ao longo do séculos, o castelán adquiriu no Reino de Castela un protagonismo crecente como lingua do reino, a costa do leonés e doutros linguas próximas.

Ao mesmo tempo, o catalán e o galego convertéronse nas linguas estándar nos seus respectivos territorios, desenvolvendo importantes tradicións literarias e sendo as linguas normais nas que se emitían documentos públicos e privados: o galego do século XIII ao XVI en Galicia e nas rexións próximas de Asturias e León[35], e o catalán do século XII ao XVIII en Cataluña, Baleares e Valencia, onde é coñecido como valenciano. Ambas as dúas linguas foron substituídas posteriormente no seu carácter oficial polo castelán, ata o século XX.

Nos últimos anos do reinado de Fernando III, o castelán comezou a utilizarse para certos tipos de documentos, e foi durante o reinado de Afonso X cando se converteu en lingua oficial. En diante case todos os documentos públicos estarían redactados en castelán. No século XIII fundáronse moitas universidades. Algunhas, como a Universidade de Salamanca e a Universidade de Palencia, están entre as universidades máis antigas de Europa.

En 1492, baixo os Reis Católicos, publicouse a primeira edición da Gramática castellana de Antonio de Nebrija, marcando as primeiras normas gramaticais da lingua castelá.

Idade Moderna

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Historia moderna de España.

Unión dinástica dos Reis Católicos

[editar | editar a fonte]
Isabel I, raíña de Castela (1451-1504)

No século XV, as coroas máis importantes entre todos os reinos cristiáns que formaban a antiga Hispania eran a Coroa de Castela, a de Aragón e a de Portugal. Os gobernantes dos reinos de Castela e Aragón aliáronse con familias dinásticas de Portugal, Francia e outros reinos veciños.

A morte do rei Henrique IV de Castela en 1474 iniciou unha loita polo poder chamada Guerra de Sucesión de Castela (1475-1479). Os aspirantes ao trono de Castela foron a antiga herdeira de Henrique, Xoana a Beltranexa, apoiada por Portugal e Francia, e a media irmá de Henrique, a raíña Isabel I de Castela, apoiada polo Reino de Aragón e pola nobreza castelá.

Isabel mantivo o trono e gobernou conxuntamente co seu marido, o rei Fernando II. Isabel e Fernando casaran en 1469.[36] O seu matrimonio uniu ambas coroas e sentou o escenario para a creación dun Imperio Español, nos albores da Idade Moderna. Esa unión, con todo, foi só un título, xa que cada rexión conservou a súa propia estrutura política e xudicial. Segundo un acordo asinado por Isabel e Fernando o 15 de xaneiro de 1474,[36] Isabel tiña máis autoridade sobre a unión que o seu marido, aínda que o seu dominio era compartido.[36] Xuntos, Isabel de Castela e Fernando de Aragón eran coñecidos como os Reis Católicos, título que lles concedeu o papa Alexandre VI.

Conquista de Granada

[editar | editar a fonte]
A Familia de Boabdil saíndo da Alhambra, Manuel Gómez-Moreno González (1880).
A Rendición de Granada - Francisco Pradilla y Ortiz (1848-1921)

Os monarcas supervisaron as etapas finais da conquista cristiá do territorio ibérico coa guerra de Granada, conquistaron as Illas Canarias e expulsaron aos xudeus da coroa baixo o Decreto da Alhambra. Aínda que ata o século XIII as minorías relixiosas (xudeus e musulmáns) gozaran dunha considerable tolerancia en Castela e Aragón (únicos reinos cristiáns onde os xudeus non estaban restrinxidos a ningunha ocupación profesional), a situación dos xudeus derrubouse ao longo do século XIV, chegando a un clímax en 1391 con masacres a gran escala en todas as grandes cidades agás Ávila.[Cómpre referencia]

Expulsión de xudeus e musulmáns

[editar | editar a fonte]

Os Reis Católicos ordenaron aos xudeus restantes converterse ou enfrontarse á expulsión da coroa en 1492, e estenderon os decretos de expulsión aos seus territorios na Península Itálica, incluíndo Sicilia (1493), Nápoles (1542) e Milán (1597).

Durante as décadas seguintes, os musulmáns enfrontáronse á mesma sorte; e uns 60 anos despois dos xudeus, tamén foron obrigados a converterse (mouriscos) ou ser expulsados. A principios do século XVII tamén foron expulsados ​​os conversos.

Isabel asegurou unha estabilidade política a longo prazo na coroa organizando matrimonios estratéxicos para os seus cinco fillos. A seu primoxénita, Isabel, casou con Afonso I de Portugal, forxando importantes lazos entre estes dous países veciños e asegurando unha futura alianza, pero Isabela morreu pronto antes de dar a luz a un herdeiro. Xoana a segunda filla de Isabel, casou con Filipe o Fermoso da casa de Habsburgo, fillo de Maximiliano I, rei de Bohemia e probable herdeiro da coroa do emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.

Isto garantiu unha alianza cos Habsburgo e o Sacro Imperio Romano Xermánico, un territorio poderoso e de gran alcance que asegurou a futura seguridade política do Imperio Español. O único fillo de Isabel, Xoán, casou con Margarita de Austria, fortalecendo aínda máis os lazos coa dinastía dos Habsburgo. O cuarto fillo de Isabel, María, casou con Manuel I de Portugal, reforzando o vínculo forxado polo matrimonio da súa irmá maior. O seu quinto fillo, Catarina, casou co rei Henrique VIII de Inglaterra e foi nai da raíña María I de Inglaterra.

Conquista das Illas Canarias

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Conquista das Illas Canarias.
Bencomo foi un mencey guanche de Tenerife que liderou a resistencia nativa.

A conquista das Illas Canarias por parte da Coroa de Castela levouse a cabo entre 1402 e 1496. Pódense distinguir dous períodos neste proceso:

Conquista señorial

[editar | editar a fonte]

Coñécese con este nome á conquista levada a cabo pola nobreza, en beneficio propio e sen unha participación directa da Coroa, que outorga o dereito de conquista a cambio dun pacto de vasalaxe do nobre conquistador cara á Coroa. Distinguiremos dentro dela a coñecida como conquista betancuriana ou normanda, levada a cabo por Jean de Béthencourt e Gadifer de la Salle entre 1402 e 1405 e que afectou ás illas de Lanzarote, El Hierro e Fuerteventura. A outra fase coñécese como conquista señorial castelá, levada a cabo por nobres casteláns que se apropiaron, mediante compras, cesións e matrimonios, das primeiras illas conquistadas e incorporaron a illa de La Gomera cara a 1450.

Conquista reguenga

[editar | editar a fonte]

Este termo define á conquista levada a cabo directamente pola coroa de Castela, durante o reinado dos Reis Católicos quen armaron e en parte financiaron a conquista das illas que faltaban por dominar: Gran Canaria, La Palma e Tenerife. No ano 1496, chegou a conquista ao seu fin co dominio da illa de Tenerife, integrándose o Arquipélago Canario na Coroa de Castela. A conquista reguenga tivo lugar entre 1478 e 1496.

Imperio Español

[editar | editar a fonte]

O Imperio Español, xunto ao Imperio Portugués, foron os primeiros imperios de alcance mundial. No século XVI, España e Portugal estaban á vangarda da exploración global europea e da expansión colonial. Os dous reinos da Península Ibérica competiron entre si na apertura de rutas comerciais a través dos océanos.

Conquista de México por Cortés - Autor descoñecido (século XVII)

Nos séculos XV e XVI floreceu o comercio polo Atlántico entre a Península Ibérica e as Américas e polo Pacífico entre Asia Oriental e México a través das Filipinas. Os conquistadores españois, que operaban de forma privada, derrotaron aos gobernos Azteca, Inca e Maia con ampla axuda das faccións locais nativas e tomaron o control de vastas extensións de terra.[37] Nas Filipinas, os españois, utilizando conquistadores mexicanos como Xoán de Salcedo, conquistaron os reinos e sultanatos das illas enfrontando pagáns e musulmáns uns contra outros, empregando o principio de " divide et impera ".[38] Consideraron a súa guerra contra os musulmáns do sueste asiático como unha misión relixiosa, extensión da conquista cristiá da Península.[39]

Este imperio do Novo Mundo foi ao principio unha decepción, xa que os nativos tiñan pouco que comerciar. Enfermidades como a varíola e o xarampón que chegaron cos colonizadores arrasaron as poboacións autóctonas, sobre todo nas rexións densamente poboadas das civilizacións Azteca, Maia e Inca, e isto reduciu o seu potencial económico. As estimacións da poboación precolombiana das Américas varían, pero posiblemente ascendían a 100 millóns, un quinto da humanidade en 1492. Entre 1500 e 1600 a poboación das Américas reduciuse á metade. Só en México, estimouse que a poboación anterior á conquista duns 25 millóns reduciuse en 80 anos a uns 1,3 millóns.

Vista de Sevilla - Alonso Sánchez Coello (1531-1588)

Na década de 1520, a extracción a gran escala de prata dos ricos xacementos de Guanajuato de México comezou a incrementarse en gran medida polas minas de prata en Zacatecas de México e Potosí de Bolivia a partir de 1546. Estes envíos de prata reorientaron a economía española, levando á importación de obxectos de luxo e grans. As colonias de España, ricas en recursos, provocaron así grandes entradas de efectivo. Tamén se fixeron indispensables para financiar a capacidade militar da España dos Habsburgo na súa longa serie de guerras europeas e norteafricanas.

O Imperio Español gozou dunha época de ouro cultural nos séculos XVI e XVII, durante un tempo dominou os océanos coa súa experimentada mariña e gobernou o campo de batalla europeo coa súa infantería ben adestrada, os terzos.

A carga financeira dentro da Península estaba ás costas da clase campesiña mentres a nobreza gozaba dun estilo de vida cada vez máis fastuoso. Desde a incorporación do Imperio Portugués en 1580 (perdido en 1640) ata a perda das súas colonias americanas no século XIX, España mantivo un dos maiores imperios do mundo aínda que sufriu desgrazas militares e económicas a partir dos anos 40 do século pasado. O pensamento de que España podería levar o cristianismo ao Novo Mundo e protexer o catolicismo en Europa xogou un papel importante na expansión do Imperio Español.[40]

O imperio alcanzou a súa maior extensión territorial a finais do século XVIII, pero baixo a dinastía dos Habsburgo nos séculos XVI e XVII alcanzou o cumio do seu poder. A Unión Ibérica con Portugal fixo que o monarca de Castela fose tamén o monarca de Portugal, pero estaban gobernados como entidades separadas tanto na península como en Hispanoamérica e Brasil. En 1640, a Casa de Braganza sublevouse contra o dominio español e reafirmou a independencia de Portugal.[41]

Carlos I de España e V do Sacro Imperio Romano Xermánico

[editar | editar a fonte]
Carlos V na batalla de Mühlberg - Tiziano (1488-1576)

Cando o primeiro gobernante dos Habsburgo de España, Carlos I, se converteu en rei de España en 1516 (coa súa nai e co-monarca, a raíña Xoana I, que se mantivo encarcerada ata a súa morte en 1555), España converteuse no centro das loitas dinásticas de Europa. Carlos tamén se converteu en Carlos V, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico e debido aos seus dominios moi espallados non estaba a miúdo en España.

A maior ambición de Carlos I (rei de 1516 a 1556) e V do Sacro Imperio Romano Xermánico (emperador de 1519 a 1556), era a de crear un imperio universal de carácter católico. Mellor non puido empezar, xa que ós dominios españois en España, Italia e América, se unirían aos dos Habsburgo, e no 1519 os estados alemáns elixiríano emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico. No 1526 obtería o Milanesado (Tratado de Madrid), a finais desa década obtería as posesións do ducado de Borgoña, tras vencer unha e outra vez (Pavia, Bicoca...) a Francisco I de Francia. Este último ducado teríao que devolver polas presións da alianza de Francia, os Estados Pontificios e os príncipes italianos (Liga de Cognac).

En 1556 Carlos abdicou, cedendo o seu Imperio Español ao seu único fillo superviviente, Filipe II, e o Sacro Imperio Romano Xermánico ao seu irmán, Fernando I.

Filipe II das Españas e das Indias

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Filipe II de España.
Retrato de Filipe II - Sofonisba Anguissola

O 25 de outubro de 1556 Filipe II de España pasa a ser coroado rei das Españas e das Indias. Filipe tratou a Coroa de Castela como a fundación do seu Imperio, pero a poboación de Castela (aproximadamente un terzo da de Francia) nunca foi o suficientemente grande como para proporcionar os soldados necesarios. O seu matrimonio con María I Tudor aliou Inglaterra con España.

Guerras de relixión
[editar | editar a fonte]

Na década de 1560, os plans para consolidar o control dos Países Baixos provocaron disturbios, que gradualmente levaron ao liderado calvinista da revolta e á guerra de Flandres. Os exércitos holandeses libraron unha guerra de manobra e asedio, evitando con éxito a batalla campal. Este conflito consumiu a economía española durante finais do século XVI. Outros fracasos extremadamente custosos incluíron un intento de invadir a Inglaterra protestante en 1588 que produciu o peor desastre militar da historia española cando a Armada Invencible, custando 10 millóns de ducados, foi esparexida e destruída por unha tormenta.

Batalla de San Quintín de 1557.

Os problemas económicos e administrativos multiplicáronse en Castela, e a debilidade da economía autóctona fíxose patente no século seguinte. O aumento da inflación, as guerras economicamente esgotadoras en Europa, as continuas secuelas da expulsión de xudeus e mouros de España e a crecente dependencia de España das importacións de prata, uníronse para provocar varias quebras que provocaron a crise económica no país, especialmente en Castela. A gran peste de Sevilla matou entre 600 000 e 700 000, preto do 10% da poboación. En total, máis de 1 250 000 mortos foron consecuencia da extrema incidencia da peste na España do século XVII.[42] Economicamente, a peste destruíu a forza de traballo, ademais de crear un golpe na moral da poboación.[43]

Vacante o trono portugués, Filipe II fillo da infanta Sabela de Portugal era o candidato máis axeitado, porén, parte da nobreza lusa defendeu a candidatura do Prior de Crato, fillo bastardo do rei Sebastián I. O duque de Alba cruzou a península e apareceu no territorio portugués cun inmenso exército formado por terzos de veteranos das guerras contra Francia (os "terzos de Alba"). Filipe II foi proclamado rei de Portugal nas Cortes de Thomar (1580), xurando respectar os foros e os privilexios, tal como se viña facendo con Aragón ou Navarra.

En 1598 Filipe morría no mosteiro do Escorial. As guerras contra Francia e Inglaterra, as sublevacións dos Países Baixos e o esforzo da expansión colonial esgotaran as súas forzas e as de todo o reino. Intuíase unha próxima decadencia do Imperio, pero este tardaría case medio século en saír á superficie. Filipe II deixou como herdeiro ó seu fillo Filipe III froito do seu cuarto e derradeiro matrimonio con Ana de Austria.

Século de Ouro

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Século de Ouro.
Vista de Toledo - El Greco (entre 1596 e 1600)

O Século de Ouro español foi un período de florecemento das artes e das letras no imperio, coincidindo coa decadencia política e a caída dos Habsburgo. As artes floreceron a pesar do declive do imperio no século XVII. A última gran escritora da época, Juana Inés de la Cruz, morreu en Nova España en 1695.[44]

Os Habsburgo foron grandes mecenas da arte nos seus países. O Escorial, o gran mosteiro real construído polo rei Filipe II, convidou a atención dalgúns dos máis grandes arquitectos e pintores de Europa. Diego Velázquez, considerado un dos pintores máis influentes da historia europea e un artista moi respectado no seu tempo, cultivou unha relación co rei Filipe IV e o seu ministro xefe, o conde-duque de Olivares, deixando varios retratos que demostran o seu estilo e habilidade. El Greco, un respectado artista grego da época, instalouse en España e infundiu na arte española os estilos do renacemento italiano e axudou a crear un estilo de pintura exclusivamente español.

Considérase que algunhas das músicas máis importantes de España foron escritas nesta época. Compositores como Tomás Luis de Victoria, Luis de Milán ou Alonso Lobo contribuíron a configurar a música renacentista e os estilos da música contrapunto e policoral, e a súa influencia prolongouse ata o período barroco.

Tamén floreceu a literatura española, demostrada sobre todo na obra de Miguel de Cervantes, o autor de Don Quixote da Mancha. O dramaturgo máis prolífico de España, Lope de Vega, escribiu posiblemente ata mil obras de teatro ao longo da súa vida, das cales sobreviven máis de catrocentas.

Comezo da decadencia

[editar | editar a fonte]

As graves dificultades financeiras de España comezaron a mediados do século XVI e continuaron durante o resto do dominio dos Habsburgo. A pesar dos éxitos dos exércitos españois, o período estivo marcado pola inflación monetaria, o mercantilismo e unha variedade de monopolios e intervencións gobernamentais. Os reis españois víronse obrigados a declarar impagos soberanos nove veces entre 1557 e 1666.[45]

Conde duque de Olivares.

Filipe II morreu en 1598, e sucedeuno o seu fillo Filipe III. No seu reinado (15981621) unha tregua de dez anos cos holandeses quedou ensombrecida en 1618 pola implicación de España na guerra dos Trinta Anos. Filipe III foi sucedido en 1621 polo seu fillo Filipe IV (reinou entre 1621 e 1665). Gran parte da política foi levada a cabo polo conde duque de Olivares, un primeiro ministro inepto que tivo poder dende 1621 a 1643. Exerceu nos asuntos exteriores e intentou sen éxito unha reforma interna. A súa política de comprometer a España a reconquistar Holanda levou a unha renovación da guerra dos Oitenta Anos mentres que España tamén se viu implicada na guerra dos Trinta Anos (1618–1648). Os seus intentos por centralizar o poder e aumentar os impostos en tempo de guerra provocaron revoltas en Cataluña e en Portugal, que acabaron pro provocar a súa caída.[46]

Durante a guerra dos Trinta Anos, na que varias forzas protestantes loitaron contra os exércitos imperiais, Francia proporcionou subvencións aos inimigos dos Habsburgo, especialmente a Suecia. Suecia perdeu e o primeiro ministro francés, o cardeal Richelieu, en 1635 declarou a guerra a España. A guerra aberta con España comezou cunha vitoria dos franceses en Les Avins en 1635. Ao ano seguinte, as forzas españolas con base no sur dos Países Baixos atacaron con devastadoras campañas o norte de Francia que deixaron a economía da rexión esnaquizada. Despois de 1636, porén, Olivares, temeroso de provocar outra quebra, detivo o avance. En 1640, tanto Portugal como Cataluña rebeláronse. Portugal perdeuse definitivamente; no norte de Italia e na maior parte de Cataluña, as forzas francesas foron expulsadas e a independencia de Cataluña foi suprimida. En 1643, os franceses derrotaron a un dos mellores exércitos de España en Rocroi, ao norte de Francia.[47]

Fin da Idade de Ouro

[editar | editar a fonte]
Lois XIV de Francia e Filipe IV de España no Encontro da Illa dos Faisáns en xuño de 1660.

A "Idade de Ouro" española remata politicamente a máis tardar en 1659, co Tratado dos Pireneos, ratificado entre Francia e a España dos Habsburgo.

Durante a longa rexencia de Carlos II, o último dos Habsburgo españois, o favoritismo vaciou o tesouro de España, e o goberno funcionou principalmente como dispensador de mecenado. A peste, a fame, as inundacións, a seca e a nova guerra con Francia desperdiciaron o país. A Paz dos Pireneos (1659) puxera fin a cincuenta anos de guerra con Francia, cuxo rei, Lois XIV , considerou demasiado grande a tentación de explotar unha España debilitada. Lois instigou a guerra de Devolución (166768) para adquirir os Países Baixos españois.

No século XVII, a Igrexa católica e España tiñan un estreito vínculo, o que demostra que España estaba practicamente libre do protestantismo durante o século XVI. En 1620, había 100 000 españois no clero; en 1660 o número crecera ata uns 200 000, e a Igrexa posuía o 20% de todas as terras de España. A burocracia española neste período estaba moi centralizada, e dependía totalmente do rei para o seu funcionamento eficiente. Baixo Carlos II, os consellos convertéronse nas sinecuras de aristócratas ricos a pesar dos intentos de reforma. Os comentaristas políticos en España, coñecidos como arbitristas, propuxeron unha serie de medidas para reverter o declive da economía española, con escaso éxito. Nas zonas rurais, a forte tributación dos campesiños reduciu a produción agrícola xa que moitos campesiños emigraron ás cidades. A afluencia de prata procedente das Américas foi citada como a causa da inflación, inda que só o quinto real foi para España. Un factor interno destacado foi a dependencia da economía española da exportación da luxosa la merina, que reduciu a súa exportación no norte de Europa pola guerra e a crecente competencia dos téxtiles máis baratos.

O outrora orgulloso exército español quedaba moi atrás dos seus inimigos. Fíxoo mal en Bergen op Zoom en 1622. Os holandeses gañaron moi facilmente en 's-Hertogenbosch e Wesel en 1629. En 1632 os holandeses capturaron a cidade fortaleza estratéxica de Maastricht, rexeitando tres exércitos de socorro e condenando aos españois á derrota.[48]

Mentres España construíu un rico imperio americano que exportaba unha frota de tesouros de prata todos os anos, non puido centrar o seu poder financeiro, militar e diplomático na construción da súa base ibérica. A dedicación da Coroa a destruír o protestantismo a través dunha guerra case constante creou un ethos cultural entre os líderes españois que minou a oportunidade de modernización económica ou industrialización. Cando Filipe II morreu en 1598, o seu tesouro gastou a maior parte dos seus ingresos en financiar o enorme déficit, que continuou crecendo. Na España peninsular, as forzas produtivas víronse socavadas pola inflación constante, os fortes impostos, a inmigración de mozos ambiciosos ás colonias e o despoboamento. A industria involucionou: Sevilla en 1621 operaba con 400 teares, onde tiña 16 000 un século antes. A relixiosidade dirixida por santos e místicos, misioneiros e cruzados, teólogos e frades dominou a cultura española, coa psicoloxía dunha recompensa no outro mundo.

Batalla de Rande (1702).

A dinastía dos Habsburgo extinguiuse en España coa morte de Carlos II en 1700, e produciuse a Guerra de Sucesión Española na que as outras potencias europeas tentaron asumir o control da monarquía española. O rei Lois XIV de Francia finalmente perdeu a guerra. Os vencedores foron Gran Bretaña, República Holandesa e Austria. Permitiron que a coroa de España pasara á dinastía dos Borbóns, sempre que España e Francia nunca se fusionasen.[49]

Despois da Guerra de Sucesión, a asimilación da Coroa de Aragón pola Coroa Castelá, a través dos Decretos de Nueva Planta, foi o primeiro paso para a creación do estado nación español. E como outros estados nación europeos en formación,[50] non foi sobre unha base étnica uniforme, senón impoñendo as características políticas e culturais da etnia dominante, neste caso a castelá, sobre as dos demais grupos étnicos, que se converteron en minorías nacionais para ser asimiladas.[51] As políticas nacionalistas, ás veces moi agresivas,[52] e inda vixentes, foron e son a semente de reiterados conflitos territoriais no interior do estado.

Casa de Borbón

[editar | editar a fonte]
Recoñecemento do duque de Anjou como rei de España, co nome de Felipe V, o 16 de novembro de 1700.

Carlos II morreu en 1700 e, sen ter un herdeiro directo, sucedeuno o seu sobriño neto Filipe, duque de Anjou, un príncipe francés. A Guerra de Sucesión Española (1700–1714) enfrontou aos defensores da sucesión borbónica contra os dos Habsburgo. A preocupación entre outras potencias europeas de que España e Francia se unisen baixo un único monarca borbónico alterase o equilibrio de poder, a guerra enfrontou á Francia e a España contra a alianza de Inglaterra, Portugal, Savoia, Holanda e Austria. Despois dun prolongado conflito, especialmente en España, o tratado de Utrecht recoñeceu a Filipe como rei de España (como Felipe V). Porén, Filipe viuse obrigado a renunciar a calquera dereito do trono francés, a pesar dalgunhas dúbidas sobre a legalidade de tal acto. Os territorios italianos de España foron repartidos.[53]

Felipe asinou en 1715 o Decreto de Nova Planta, que revogou a maioría dos dereitos e privilexios históricos dos distintos reinos que formaban a Coroa española unificándoos baixo as leis de Castela, onde estiveran as Cortes Xerais castelás, máis receptivas ao desexo real.[54] España converteuse cultural e políticamente nunha seguidora da Francia absolutista. Filipe V cando xurdía un conflito entre os intereses de España e Francia, adoitaba favorecer a Francia.[55]

Batalla de Cabo Passaro.

Filipe fixo reformas no goberno e reforzou as autoridades centrais en relación ás provincias. O mérito fíxose máis importante, aínda que a maioría dos altos cargos aínda eran para a aristocracia terrateniente. Por debaixo do nivel de elite, a ineficacia e a corrupción estaban tan estendidas como sempre. As reformas iniciadas por Filipe V culminaron en reformas moito máis importantes con Carlos III.[55] O historiador Jonathan Israel, con todo, argumenta que ao rei Carlos III lle importaba pouco a Ilustración e que os seus ministros prestaban pouca atención ás ideas da Ilustración que influían noutras partes do continente: "A maioría eran absolutistas e o seu obxectivo era sempre para reforzar a monarquía, o imperio, a aristocracia... e o control e autoridade eclesiástica sobre a educación".[56]

A economía mellorou durante a deprimida era 1650-1700, cunha maior produtividade e menos fames e epidemias.[57]

Mapa dos reinos de España e Portugal (1705 - 1739).

Isabel de Parma, muller de Filipe V, exerceu unha gran influencia na política exterior de España. O seu principal obxectivo era restaurar os territorios perdidos de España en Italia. En 1717, Filipe V ordenou unha invasión de Sardeña. As tropas españolas invadiron entón Sicilia. A agresión fixo que o Sacro Imperio Romano Xermánico formase un novo pacto cos membros da Tripla Alianza, dando como resultado a Cuádruple Alianza de 1718. Todos os membros esixiron a retirada española, o que provocou a guerra en decembro de 1718. A guerra durou dous anos e resultou en derrota para os españois. As hostilidades cesaron co Tratado da Haia en febreiro de 1720; Filipe V abandonou todas as pretensións sobre Italia. Máis tarde, con todo, España reconquistou Nápoles e Sicilia durante a Guerra de Sucesión de Polonia (173335). En 1748, despois da Guerra de Sucesión Austríaca (174048), España obtivo os ducados de Parma, Piacenza e Guastalla no norte de Italia.

O goberno dos Borbóns españois continuou baixo Fernando VI (1746–59) e Carlos III (1759–88). Baixo o goberno de Carlos III e os seus ministros – Leopoldo de Gregorio, marqués de Esquilache e José Moñino, conde de Floridablanca – a economía mellorou. Temendo que a vitoria británica sobre Francia na Guerra dos Sete Anos (175663) ameazase o equilibrio de poder europeo, España aliouse con Francia e invadiu Portugal, aliado británico, pero sufriu unha serie de derrotas militares e acabou tendo que ceder Florida aos británicos no Tratado de París (1763) mentres gañaba Luisiana de Francia. España recuperou a Florida co Tratado de París (1783), que puxo fin á Guerra de Independencia dos Estados Unidos (177583), e gañou unha mellor posición internacional.

Carlos IV.

Non obstante, non houbo intencións de reforma no reinado de Carlos IV (1788 ata a abdicación en 1808), visto por algúns como descapacitado para o goberno. Dominado polo amante da súa muller, Manuel de Godoy, Carlos IV embarcouse en políticas que anularon boa parte das reformas de Carlos III. Despois de opoñerse brevemente á Francia Revolucionaria ao comezo das Guerras Revolucionarias Francesas, España veuse atrapada nunha alianza incómoda con Francia, só para ser bloqueada polos británicos. A vacilación de Carlos IV, que culminou no seu fracaso para honrar a alianza ao descoidar o cumprimento do Bloqueo Continental, levou á invasión de España en 1808 baixo Napoleón I, desencadeando así a Guerra Peninsular, con enormes perdas humanas e patrimoniais e a perda de control sobre a maior parte do imperio de ultramar.

Mapa da Península Ibérica de c. 1790.

Durante a maior parte do século XVIII, España detivo o seu relativo declive da última parte do século XVII. Pero, a pesar dos progresos, continuou atrasado nos desenvolvementos políticos e mercantís que transformaban entón outras partes de Europa, sobre todo en Gran Bretaña, os Países Baixos e Francia. O caos desencadeado pola Guerra da Independencia española fixo que esta fenda se ampliase moito e freou a industrialización de España.

Ilustración

[editar | editar a fonte]

A Ilustración foi chegando a contagotas a España dende c. 1750. A atención centrouse na medicina e na física, con algo de filosofía. Os visitantes franceses e italianos foron influentes, pero houbo poucos desafíos para o catolicismo ou a Igrexa, como caracterizaron aos filósofos franceses. O referente español foi Benito Xerónimo Feijoo, monxe beneditino e profesor. Foi un divulgador exitoso coñecido por fomentar o pensamento científico e empírico. Na década de 1770 os conservadores lanzaran un contraataque e utilizaron a censura e a Inquisición para suprimir as ideas da Ilustración.[58]

No cumio da estrutura social de España na década de 1780 situáronse a nobreza e a igrexa. Uns poucos centos de familias dominaban a aristocracia, e outras 500 000 tiñan o status de nobre. Había 200 000 eclesiásticos, a metade deles en mosteiros moi dotados que controlaban gran parte da terra que non era propiedade dos nobres. A maioría da xente estaba en granxas, ben como peóns sen terra ou como propietarios de pequenas propiedades. A pequena clase media urbana foi medrando, pero era desprezada tanto polos terratenentes como polos campesiños.[59]

Idade Contemporánea

[editar | editar a fonte]

Guerra da Independencia

[editar | editar a fonte]

Contexto militar

[editar | editar a fonte]
O dous de maio de 1808 en Madrid - Francisco de Goya

A finais do século XVIII, España tiña unha alianza con Francia, polo que non tiña por que temer unha guerra terrestre. O seu único inimigo serio era Gran Bretaña, que tiña unha armada poderosa; o goberno concentrou, pois, os seus recursos na súa mariña. Cando a Revolución Francesa derrocou aos Borbóns, unha guerra terrestre con Francia converteuse nunha ameaza que o rei intentou evitar. O exército español estaba mal preparado. O corpo de oficiais era seleccionado principalmente en función do patrocinio real, en lugar do mérito. Ao redor dun terzo dos oficiais subalternos ascenderan dende as filas e tiñan poucas oportunidades de ascenso ou liderado. Os de base eran campesiños mal adestrados. As unidades de elite incluían rexementos estranxeiros de irlandeses, italianos, suízos e valóns, ademais de unidades de artillaría e enxeñaría. O equipo estaba anticuado e estaba en mal estado. O exército carecía dos seus propios cabalos, bois e mulas para o transporte, eran proporcionados e operados por civís, que podían botar a correr se as condicións parecían malas. No combate, as unidades pequenas loitaban ben, pero as súas tácticas anticuadas non serviron de nada contra as forzas napoleónicas, a pesar dos esforzos desesperados de reformar as súas tácticas.[60]

A rendición de Bailén, José Casado de Alisal.

Cando estalou a guerra con Francia en 1808, o exército era profundamente impopular. Os principais xenerais foron asasinados e o exército resultou incapaz de manexar o mando e o control. Os oficiais subalternos das familias campesiñas desertaron e pasaron aos sublevados; moitas unidades foron desintegradas. España foi incapaz de mobilizar a súa artillaría ou cabalaría. Na guerra, houbo algunha vitoria como na batalla de Bailén e moitas derrotas definitivas. As condicións empeoraron constantemente, os insurxentes tomaron cada vez máis as rendas da defensa contra Napoleón. Napoleón ridiculizou o exército como "o peor de Europa"; os británicos implicados coincidiron.[61] Non foi o Exército quen derrotou a Napoleón, senón os campesiños sublevados aos que Napoleón ridiculizou como bandas de "bandidos dirixidos por monxes".[62] En 1812, o exército só controlaba enclaves dispersos, e só podía acosar aos franceses con incursións ocasionais. A moral do exército chegara a o punto máis baixo, e os reformadores desposuíron aos oficiais aristocráticos da maioría dos seus privilexios legais.[63]

Contexto diplomático

[editar | editar a fonte]

España inicialmente partiu contra Francia nas guerras napoleónicas, pero a derrota do seu exército no inicio da guerra levou á decisión pragmática de Carlos IV de aliarse cos franceses. España foi sometida a un bloqueo británico, e as súas colonias comezaron a comerciar independentemente con Gran Bretaña, pero Gran Bretaña decidiu invadir e foi derrotada nas invasións británicas do Río da Prata en América do Sur (1806 e 1807) sen axuda da España continental, o que envalentonou a independencia e esperanzas revolucionarias nas colonias americanas de España. Unha importante frota franco-española foi perdida na batalla de Trafalgar en 1805, o que levou ao rei a reconsiderar a súa difícil alianza con Napoleón I. España separouse temporalmente do Bloque Continental, e Napoleón invadiu España en 1808 e derrotou a Fernando VII, quen estaba no trono só corenta e oito días despois da abdicación do seu pai en marzo de 1808. O 20 de xullo de 1808, Xosé Bonaparte, irmán maior de Napoleón Bonaparte, entrou en Madrid e converteuse en rei de España, servindo como substituto de Napoleón.[64]

O tres de maio de 1808, Goya 1814

Os españois subleváronse. Thompson di que a revolta española foi, "unha reacción contra novas institucións e ideas, un movemento de lealdade á vella orde: á coroa hereditaria dos Reis Católicos, que Napoleón, inimigo excomungado do Papa, puxera á cabeza dun francés; á Igrexa católica perseguida por republicanos que profanaron as igrexas, asasinaron a sacerdotes e fixeron cumprir unha " loi des cultes " e aos dereitos e privilexios locais e provinciais ameazados por un goberno centralizado.[65]

Dous de maio, Joaquín Sorolla.

O 2 de maio de 1808 o alcalde de Móstoles redacta un bando pedindo a colaboración cidadá para liberar o rei Fernando VII: A Patria está en perigo. Madrid perece vítima da perfidia francesa. Españois, acudide a salvala. A insurxencia popular contra os franceses esténdese a Madrid e de alí a outras capitais. Ante o clima violento que se respira neses momentos na capital, os xenerais españois non se deciden a facer nada, porén, un simple capitán de artillería, Daoíz, ao ver o pobo loitar na rúa contra os franceses, decide apoiar os seus compatriotas e levanta a súa guarnición. Só é apoiado por outro capitán, Velarde, que se une a el con outros 30 soldados e algunhas pezas de artillería. Este primeiro levantamento fracasa ante o moi superior exército de Murat. O 4 de maio a revolta chega a Badaxoz. O Comandante Xeneral de Estremadura decide levantar a súa guarnición e enviar correos chamando á revolta. O día 9 de maio tódalas capitais de provincia estaban en contra do exército francés.

El crit del palleter, Joaquín Sorolla.

As Xuntas formáronse ao longo de España e pronunciáronse a favor de Fernando VII. O 26 de setembro de 1808 constituíuse na vila de Aranjuez unha Xunta Central para coordinar a loita nacional contra os franceses. Inicialmente, a Xunta Central declarou o apoio a Fernando VII “ Cortes Xerais e Extraordinarias ” para todos os reinos da monarquía española. Os días 22 e 23 de febreiro de 1809 estalou en toda España unha insurrección popular contra a ocupación francesa.[66] A campaña peninsular foi un desastre para Francia. Napoleón fixo ben cando estaba ao mando directo, pero iso seguiu a graves perdas, e cando saíu en 1809 as condicións empeoraron para Francia. As viciosas represalias, famosamente retratadas por Goya en " Os desastres da guerra ", só fixeron máis enfadadas e activas ás guerrillas españolas; a guerra en España demostrou ser un reto económico e militar para a man de obra e prestixio francés.[67]

Cortes constitucionais de Cádiz 1812, Salvador Viniegra 1912.

En marzo de 1812, as Cortes de Cádiz crearon a primeira constitución española moderna, a Constitución de 1812 (chamada informalmente La Pepa ). Esta constitución prevía a separación dos poderes do poder executivo e do lexislativo do goberno. As Cortes debían ser elixidas por sufraxio universal, aínda que por un método indirecto. Cada membro das Cortes debía representar a 70 000 persoas. Os membros das Cortes debían reunirse en sesións anuais. Impedíuselle ao rei convocar ou prorrogar as Cortes. Os membros das Cortes debían cumprir mandatos únicos de dous anos. Non podían cumprir mandatos consecutivos; un membro só podería desempeñar un segundo mandato permitindo que outra persoa cumpra un só mandato intermedio no cargo. Este intento de desenvolvemento dun goberno constitucional moderno durou dende 1808 ata 1814.[68] Os líderes das forzas liberais ou reformistas durante esta revolución foron José Moñino y Redondo, Gaspar Melchor de Jovellanos e Pedro Rodríguez de Campomanes. Nacido en 1728, José tiña oitenta anos no momento do estalido revolucionario en 1808. Servira como primeiro ministro baixo o rei Carlos III desde 1777 ata 1792; Porén, tendeu a desconfiar da espontaneidade popular e resistiu unha revolución.[69] Nacido en 1744, Jovellanos era algo máis novo que Moñino. Escritor e seguidor dos filósofos da tradición da Ilustración do século anterior, Jovellanos fora ministro de Xustiza de 1797 a 1798 e dirixiu un grupo substancial e influente dentro da Xunta Central. Non obstante, Jovellanos fora encarcerado por Manuel Godoy, quen fora primeiro ministro, dirixindo practicamente o país como ditador desde 1792 ata 1798 e desde 1801 ata 1808. En consecuencia, mesmo Jovellanos tendía a ser demasiado cauteloso na súa aproximación ao repunte revolucionario que asolaba España en 1808.[70]

Guerra de guerrillas

[editar | editar a fonte]
Batalla de Somosierra de 1808, Louis-François

En Bailén, en xuño de 1808, o exército español inflixiu a primeira gran derrota sufrida por un exército napoleónico; isto provocou o colapso da moral francesa en España. Napoleón fíxose cargo persoalmente con forzas frescas, derrotando aos exércitos españois e británicos en campañas de desgaste. Despois disto os exércitos españois perderon todas as batallas que libraron contra os franceses, pero nunca chegaron a ser completamente aniquilados; despois das batallas retirábanse ás montañas para reagruparse e lanzar novos ataques e incursións. As forzas guerrilleiras xurdiron por toda España e, xunto ao exército, lograron un gran número de baixas e xerar problemas de subministracións nas tropas de Napoleón, o que dificultaba manter ataques concentrados contra as forzas españolas. As incursións convertéronse nun gran drenaxe dos recursos militares e económicos de Napoleón.[71] España foi axudada por británicos e portugueses, liderados polo duque de Wellington. A brutal guerra foi unha das primeiras guerras de guerrillas da historia moderna de Occidente. As liñas de abastecemento francesas que se estendían por toda España foron mutiladas repetidamente polos exércitos españois e as forzas guerrilleiras; a partir de entón, os exércitos de Napoleón nunca puideron controlar o país e acabaron porn provocar derrota francesa.[72]

Despois da desastrosa campaña de Napoleón en Rusia en 1812, Napoleón comezou a retirar as súas forzas para a defensa de Francia contra o avance das forzas rusas e doutras coalicións, deixando as súas forzas en España cada vez máis desprovistas e á defensiva contra o avance dos exércitos españois, británicos e portugueses. Na batalla de Vitoria en 1813, un exército aliado ao mando do duque de Wellington derrotou decisivamente aos franceses e en 1814, Fernando VII foi restaurado como rei de España.[73][74]

Independencia de Hispanoamérica

[editar | editar a fonte]
Batalla de Ayacucho, Martín Tovar y Tovar

España, durante a guerra, perdeu todos os seus territorios norteamericanos e suramericanos, excepto Cuba e Porto Rico, nunha complexa serie de revoltas entre 1808 e 1826.[75] España estivo en guerra con Gran Bretaña entre 1798 e 1808, e o bloqueo británico cortou os lazos de España co imperio de ultramar. O comercio foi substituído por comerciantes estadounidenses e holandeses. As colonias conseguiran así a independencia económica de España, e estableceron gobernos ou xuntas temporais que en xeral estaban fóra de contacto con España. Despois de 1814, cando Napoleón foi derrotado e Fernando VII volveu ao trono, o rei enviou exércitos para recuperar o control e reimpoñer o goberno autocrático. Na seguinte fase de 1809 a 1816, España derrotou todo o levantamento. Unha segunda rolda de 1816 a 1825 foi exitosa e expulsou aos españois de todas as súas posesións do continente. España non tivo axuda das potencias europeas. De feito, Gran Bretaña (e Estados Unidos) traballaron en contra. Cando foron cortadas de España, as colonias viron unha loita polo poder entre os españois que naceron en España (chamados "peninsulares") e os de ascendencia española nacidos en Nova España (chamados "criollos"). Os criollos eran os máis activistas pola independencia. Múltiples revolucións permitiron ás colonias liberarse. En 1824 os exércitos dos xenerais José de San Martín da Arxentina e Simón Bolívar de Venezuela venceron ás últimas forzas españolas; a derrota final chegou na batalla de Ayacucho, no sur do Perú. Despois diso, España xogou un papel menor nos asuntos internacionais. Os negocios e o comercio nas ex-colonias estaban baixo control británico.[76]

Consecuencias

[editar | editar a fonte]
Saturno devorando ao seu fillo, Goya
Fernando VII.

As guerras napoleónicas tiveron graves efectos negativos no desenvolvemento económico a longo prazo de España. A guerra arrasou as cidades e o campo por igual, e o impacto demográfico foi o peor que calquera guerra anterior, cun forte descenso da poboación en moitas zonas provocado polas vítimas, a emigración e a interrupción da vida familiar. Os saqueadores apoderáronse das colleitas dos agricultores e, o máis importante, os agricultores perderon gran parte do seu gando, o seu principal activo de capital. Unha pobreza grave xeneralizouse, reducindo a demanda do mercado, mentres que a interrupción do comercio local e internacional e a escaseza de insumos críticos prexudicaron gravemente á industria e aos servizos. A perda do vasto imperio colonial reduciu a riqueza global de España, en 1820 converteuse nunha das sociedades máis pobres e menos desenvolvidas de Europa; tres cuartas partes da xente era analfabeta. Había pouca industria máis aló da produción téxtil en Cataluña. Os recursos naturais, como o carbón e o ferro, estaban dispoñibles para a súa explotación, pero o sistema de transporte era rudimentario, con poucas canles ou ríos navegables, e os desprazamentos por estrada eran lentos e caros. Os construtores de ferrocarrís británicos non investiron por medo as posibles perdas. Finalmente construíuse un pequeno sistema ferroviario que irradiaba dende Madrid pero que evitaba os recursos naturais. O goberno confiou en altos aranceis, especialmente nos grans, o que retardou aínda máis o desenvolvemento económico. Por exemplo, o leste de España era incapaz de importar trigo italiano barato e tivo que depender de caros produtos propios que se transportaban por estradas pobres. O mercado de exportación colapsouse á marxe dalgúns produtos agrícolas. Cataluña tiña algo de industria, pero Castela seguía sendo o centro político e cultural, e non lle interesaba promover a industria.[77]

Aínda que as Xuntas, que obrigaran aos franceses a abandonar España, xuraran a Constitución liberal de 1812, Fernando VII contou co apoio dos conservadores e rexeitouna.[78] Gobernou de xeito autoritario igual cos seus antedecesores.[79]

Arxentina proclama a súa independencia no Congreso de Tucumán en 1816 da man do xeneral San Martín. En México sería Agustín de Itúrbide o emancipador, que tras proclamarse emperador foi fusilado e proclamada a república federal. América Central fíxose independente baixo forma de confederación, as chamadas Provincias Unidas de Centroamérica. Uruguai, que proclamou a independencia en 1813, foi conquistada por Brasil, aínda que logo conseguiría a independencia coa axuda Arxentina.

O goberno, case quebrado, non puido pagar aos seus soldados. Había poucos colonos ou soldados en Florida, polo que foi vendido aos Estados Unidos por 5 millóns de dólares. En 1820, unha expedición destinada ás colonias sublevouse en Cádiz. Cando os exércitos de toda España se manifestaron en simpatía cos revoltas, dirixidos por Rafael del Riego, Fernando viuse obrigado a aceptar a Constitución de 1812. Este foi o inicio da segunda revolución burguesa en España, o Trienio Liberal que durou de 1820 a 1823.[74] Fernando foi posto baixo arresto domiciliario durante a duración do experimento liberal.

Trienio Liberal

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Trienio Liberal.

Os tumultuosos tres anos de goberno liberal que seguiron, de 1820 a 1823, estiveron marcados por varias conspiracións absolutistas. O goberno liberal foi visto con hostilidade polo Congreso de Verona en 1822, e Francia foi autorizada a intervir. Francia esmagou o goberno liberal cunha forza masiva na chamada expedición dos "Cen Mil Fillos de San Luís", e Fernando foi restaurado como monarca absoluto en 1823. En España propiamente dita marcou o final da segunda revolución burguesa española.

Década Ominosa

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Década Ominosa.
Fusilamento de Torrijos e dos seus compañeiros nas praias de Málaga , Antonio Gisbert Pérez

Cando fracasou a segunda revolución burguesa seguiu unha paz incómoda durante a década seguinte. Despois de ter dado só unha herdeira presunta, parecía que Fernando sería sucedido polo seu irmán, o infante Carlos. Mentres Fernando se aliñaba cos conservadores, temendo outra insurrección nacional, non consideraba as políticas de Carlos como unha opción viable. Fernando, resistindo os desexos do seu irmán, decretou a Pragmática Sanción de 1830, que permitiu que a súa filla Isabel se convertese en raíña. Carlos, que deu a coñecer a súa intención de resistir a sanción, fuxiu a Portugal.

Primeira guerra carlista

[editar | editar a fonte]
Batalla da primeira guerra carlista.
Batalla de Irún de 1837.

En 1833, trala morte de Fernando VII e a proclamación como raíña de Isabel II, producíronse en distintos lugares levantamentos ultrarrealistas nos que se recoñecía como rei a Don Carlos (irmán de Fernando VII). Estas proclamacións dividiron os españois en dous bandos: os carlistas e os isabelinos, e deu orixe á primeira guerra carlista. Nela dirimíase quen debía reinar en España e tamén que sistema político debía prevalecer -liberalismo (isabelinos) ou absolutismo (carlistas)- e que organización territorial debía existir -centralismo ou foralismo-.

O carlismo caracterízase pola defensa do lexitimismo ou dereito ao trono de España do infante Carlos de Borbón e dos seus descendentes, polo tradicionalismo político, relixioso e social e polo foralismo ou mantemento da organización administrativa tradicional.

Apoiaron o carlismo o clero e a fidalguía rural e tamén os campesiños das provincias vascas e de Navarra, prexudicados pola abolición dos privilexios xa que o sistema foral lles garantía a exención de impostos, autonomía administrativa e económica, limitación do poder real, restricións ao servizo militar... O exército, a burguesía e a meirande parte da poboación urbana non apoiaron o carlismo, senón os intereses isabelinos e liberais.

O levantamento carlista produciuse en setembro de 1833, a proclamación de Carlos de Borbón como rei só triunfou nas provincias vascas e Navarra e determinados lugares do norte de Castela, a Rioxa, o Maestrazgo e Cataluña. O exército carlista tivo como xefe a Zumalacárregui, que conseguiu sucesivas vitorias, pero fracasou e morreu ó intentar conquistar Bilbao. En 1839 o xeneral Maroto (carlista) e Espartero (isabelino) asinaron o Convenio de Vergara, no que se recomendaba ao Goberno que propuxese ás Cortes o mantemento ou a modificación dos privilexios forais, e tamén se recoñecían os empregos e graos dos militares do exército carlista; a cambio, os carlistas aceptaban a Constitución de 1837 e recoñecían a Isabel II, pero Carlos de Borbón non recoñeceu o acordo e a guerra continuou dirixida por Cabrera e en 1840 as derradeiras partidas carlistas abandonaron España camiño do exilio.

Segunda guerra carlista

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Segunda guerra carlista.

A segunda guerra carlista tivo lugar en 1846, pretendían a defensa dos dereitos ao trono de Carlos VI, os protagonistas non conseguiron os seus obxectivos e a represión foi moi dura.

Bienio Progresista

[editar | editar a fonte]
Episodio da Revolución de 1854.

Foi breve período transcorrido entre xullo de 1854 e xullo de 1856, durante o cal o Partido Progresista pretendeu reformar o sistema político do reinado de Isabel II, dominado polo Partido Moderado dende 1844, afondando nas características propias do réxime liberal, tras o fracaso dos gobernos moderados da década anterior.

Bienio Moderado

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Bienio Moderado.

Foi o período que seguíu entre xullo de 1856 e xuño de 1858.

Guerra de África

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Guerra de África.

Foi un conflito militar que enfrontou a España contra o Sultanato de Marrocos entre 1859 e 1860.

Sexenio Democrático

[editar | editar a fonte]
Isabel II de España, c. 1860.

En 1868 tivo lugar outra insurrección, coñecida como a La Gloriosa. Os xenerais progresistas Francisco Serrano e Joan Prim subleváronse contra Isabel e derrotaron aos seus xenerais moderados na batalla de Alcolea (1868). Isabel foi exiliada a París.[80]

Dous anos despois, en 1870, as cortes declararon que España volvería ter un rei. Amadeu de Savoia, segundo fillo do rei Vítor Manuel II de Italia, foi elixido e coroado coma rei de España a principios do ano seguinte.[81] Amadeu –un liberal que xurou pola constitución liberal que promulgaran as cortes– enfrontouse inmediatamente á incrible tarefa de reunir as distintas ideoloxías políticas de España nunha mesma mesa. O país estaba plagado de conflitos internos, non só entre españois senón dentro dos propios partidos. Tras o conflito da fidalguía[Cómpre clarificar] e unha rebelión do exército, Amadeu declarou o reino español como ingobernable, abdicou do trono e abandonou o país.

Primeira República Española

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Primeira República Española.
Proclamación da República Española en Madrid.

En ausencia de monarca, formouse un goberno de radicais e republicanos que declarou España unha república. A Primeira República Española (1873-1874) estivo inmediatamente cercada por todas partes:

  • Os carlistas foron a ameaza máis inmediata, lanzando unha insurrección violenta despois da súa mala actuación nas eleccións de 1872. A terceira guerra carlista comezou en abril de 1872, e tivo un amplo apoio popular nas provincias vascas e Navarra e menor en Cataluña. Os carlistas ocuparon a case totalidade do territorio vasco e navarro coa excepción das capitais, e estableceron unha sólida administración que lles permitiu resistir ata a súa derrota definitiva en 1876.[82]
  • Houbo chamadas á revolución socialista da Asociación Internacional dos Traballadores, revoltas e disturbios nas comunidades autónomas de Navarra e Cataluña, e presións da igrexa católica contra a incipiente república.[82]
  • Un golpe produciuse en xaneiro de 1874, cando o xeneral Pavía irrompe nas cortes. Isto impediu a formación dun goberno republicano federal, forzou a disolución do parlamento e levou á instauración dunha república pretoriana unitaria gobernada polo xeneral Serrano, abrindo o camiño para a restauración da monarquía a través doutro pronunciamento, esta vez de Arsenio Martínez Campos, en decembro de 1874.

Restauración borbónica

[editar | editar a fonte]
Afonso XII.

Tras o éxito dun golpe militar de decembro de 1874, a monarquía foi restaurada na persoa de Afonso XII (fillo da antiga raíña Isabel II). A insurrección carlista en curso foi finalmente sufocada.[83] O período da Restauración, tras a proclamación da Constitución de 1876, foi testemuña da instalación dun sistema parlamentario pouco competitivo ideado por Antonio Cánovas del Castillo, no que se alternaban dous partidos "dinásticos", os conservadores e os liberais no control do goberno ( turnismo ). A fraude electoral (materializada no denominado caciquismo ) fíxose omnipresente, con eleccións que reproducían resultados prefixados acadados na capital.[84] A apatía dos votantes non foi menos importante.[85] Ao reinado de Afonso seguiu o do seu fillo Afonso XIII,[86] inicialmente rexencia ata que este último cumpriu a maioría de idade en 1902.

A constitución de 1876 concedeu á igrexa católica o control da educación (especialmente a educación secundaria).[87] Mentres tanto, unha organización formada en 1876 por un grupo de educadores krausistas, a Institución Libre de Enseñanza, tivo un papel protagonista na renovación educativa e cultural do país, cubrindo a inacción do estado español.[88]

Desastre de 1898

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Guerra hispano-estadounidense.
Mapa ilustrado do Reino de España e a súas posesións para a Garda Civil.

Trala desaparición da meirande parte do Imperio Español no primeiro terzo do século XIX, só quedaban nos últimos anos do século as colonias africanas de Guinea, Río de Ouro e Marrocos, as americanas de Porto Rico e Cuba, e as do Pacífico Guam e Filipinas. Cuba e Porto Rico baseaban a súa economía na exportación de produtos non transformados á metrópole. A súa economía era anticuada e realizada principalmente por man de obra semi-escrava. No caso do Caribe, España apoiaba unha reducida oligarquía latifundista; no caso filipino, o poder e influencia residía nas ordes relixiosas e o exército colonial.

En 1895, prodúcense insurreccións independentistas en Filipinas e Cuba (José Martí). Estados Unidos apoiará a causa independentista debido a intereses económicos e estratéxicos (The back courtyard).

Batalla de Manila.

A guerra de Cuba iníciase co estoupido do acoirazado Maine (260 mortos), a prensa americana culpa a España e comezan as operacións militares. España é incapaz de loitar en diversos escenarios ó mesmo tempo cunha tecnoloxía desfasada fronte á americana. Prodúcense as batallas de Cavite e A Habana. España verase obrigada a recoñecer a súa derrota. En decembro de 1898 asínase a paz en París.

Cadro retratando o USS Olympia destruíndo embarcacións españolas.

España perdeu así o seu imperio ultramarino e tivo que asumir a destrución de boa parte da súa frota oceánica. Pero non todo foron desgrazas. As consecuencias económicas do "desastre do 98" foron bastante boas debido a:

  • Repatriación de capitais e investimento na industria.
  • Saneamento de Facenda, en 1900 as arcas públicas mostran superávit por primeira vez en moitos anos.
  • Reforma na emisión de débeda e maior transparencia na recadación de impostos.

No entanto a perda de 50.000 vidas produce unha fonda sensación de derrota:

  • Os autores da xeración do 98 escriben de xeito crítico e realista a visión dunha España pouco ou nada imperial.
  • Comezan as propostas de reforma política (democracia baseada nas clases medias).
  • Os rexionalismos e nacionalismos reciben un pulo fundamental ("crise da idea de España").

Século XX

[editar | editar a fonte]

Crise da restauración

[editar | editar a fonte]

O sistema bipartidista comezou a derrubarse nos últimos anos da parte constitucional do reinado de Afonso XIII, cos partidos dinásticos desintegrados en gran parte en faccións: os conservadores enfrontáronse a un cisma entre datistas, mauristas e ciervistas. O campo liberal dividiuse na corrente principal dos romanonistas e os "demócratas" prietistas. Máis tarde engadiuse aos dous últimos unha facción liberal albista adicional.[89]

A neutralidade de España na Primeira Guerra Mundial salvou ao país dunha carnicería, aínda que o conflito provocou unha enorme perturbación económica, co que o país experimentou ao mesmo tempo un boom económico (a crecente demanda exterior de produtos e a baixada das importacións trouxo grandes beneficios) e unha xeneralizada angustia social (con inflación crecente, escaseza de bens básicos e desigualdade extrema de ingresos).[90] Convocouse unha folga revolucionaria en agosto de 1917, apoiada polo Partido Socialista Obreiro Español, a UGT e a CNT, que buscaban derrocar o goberno. O goberno de Eduardo Dato despregou o exército contra os traballadores para sofocar brutalmente calquera ameaza á orde social, selando á súa vez a desaparición do gabinete e socavando a orde constitucional.[90] A folga foi un dos tres desenvolvementos simultáneos dunha crise máis ampla a "Crise española de 1917 " que rompeu o réxime da restauración, que tamén incluíu unha crise militar inducida pola escisión das Forzas Armadas entre as filas do continente e as baseadas en África (e conseguinte formación de xuntas de oficiais que se negaron a disolverse a petición do goberno), e unha crise política provocada polo desafío do nacionalismo catalán, cuxa burguesía se viu con forzas polo repunte económico.[91]

Durante a Guerra do Rif, a aplastante derrota do exército español no chamado " Desastre de Annual " no verán de 1921 trouxo en cuestión de días a catastrófica perda da vida duns 9 000 soldados españois e a perda de todo o territorio de Marrocos gañado dende 1912.[92]

Ditadura de Primo de Rivera

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Ditadura de Primo de Rivera.

Afonso XIII apoiou tácitamente o golpe de estado de setembro de 1923 do xeneral Miguel Primo de Rivera que instaurou unha ditadura dirixida por este último. O réxime fixo valer o estado de guerra en todo o país desde setembro de 1923 ata maio de 1925.[93][94] Intentóranse institucionalizar o réxime, en forma dun único partido oficial (a Unión Patriótica ) e dunha cámara consultiva (Asemblea Nacional).[93][91]

Desembarco de Alhucemas.

Precedida por unha retirada parcial dos postos vulnerables no interior do protectorado en Marrocos,[95] España (en acción conxunta con Francia) cambiou a situación en Marrocos en 1925, e a República do Rif dirixida por Abd el-Krim comezou a ver o comezo do seu fin despois do desembarco de Alhucemas e a conseguinte toma de Ajdir,[95] o corazón da rebelión de Rif. A guerra prolongábase desde 1917 e custou a España 800 millóns de dólares.[96][97] Os oficiais españois da guerra acabaron levando ao continente a brutalidade das prácticas militares coloniais.[98]

A fin da década de 1920 foi próspera ata que a Gran Depresión mundial chegou en 1929. A principios de 1930 a bancarrota e a impopularidade masiva obrigaron ao rei a destituír a Primo de Rivera.

Ditabranda de Dámaso Berenguer

[editar | editar a fonte]

Primo de Rivera foi substituído pola chamada dictablanda de Dámaso Berenguer. Este foi á súa vez substituído polo almirante Juan Bautista Aznar-Cabañas en febreiro de 1931, pouco antes das previstas eleccións municipais de abril de 1931 , que foron consideradas un plebiscito sobre a monarquía. Os votantes urbanos perderan a fe no monarca e votaron polos partidos republicanos. O rei fuxiu do país e o 14 de abril de 1931 proclamouse unha república.[76][99]

Segunda República Española

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Segunda República Española.
Celebracións da proclamación da II República en Barcelona.
Cuberta da Constitución da República Española de 1931.

O triunfo republicano nas eleccións locais en case tódalas grandes cidades o 12 de abril de 1931 provoca o exilio do rei Afonso XIII, e o 14 de abril proclámase a II República. Niceto Alcalá-Zamora preside o primeiro goberno provisional (formado por republicanos de esquerdas e dereitas, rexionalistas moderados e PSOE) encargado da redacción dunha constitución democrática. O presidente Alcalá-Zamora oponse ao artigo que fala da laicidade do estado e é substituído por Manuel Azaña. O 14 de outubro de 1931 apróbase unha nova constitución republicana.

Bienio reformista

[editar | editar a fonte]
República Española (1931) polo pintor Teodoro Andreu.

O 16 de decembro, Manuel Azaña volveu ser elixido presidente e encabezou un goberno de coalición republicano-socialista. Este primeiro goberno tivo que loitar coa oposición da xerarquía católica e utilizar a forza pública contra os queimadores de igrexas. Pola súa banda, altos cargos do exército manifestaron a súa desconformidade co novo goberno que pretendía reducir o número de oficiais. En setembro de 1931 o Proxecto de Estatuto Vasco, apoiado por carlistas e nacionalistas vascos, foi rexeitado nas Cortes Constituíntes por superar os límites constitucionais.

O 10 de agosto de 1932 o xeneral Sanjurjo fracasou nun intento de golpe de Estado. O 9 de setembro aprobouse o Estatuto de Autonomía de Cataluña. ERC gañou as primeiras eleccións autonómicas (Francesc Maciá). O maior programa educativo da historia do país supuxo a construción de miles de novas escolas no rural, así como a contratación de centos de novos mestres de escola. A ensinanza estableceuse mixta e a materia de relixión optativa.

O paro non deixou de aumentar. Fracasou a Lei de Reforma Agraria. Insurrección de Casas Viejas. O goberno entrou en crise. A oposición de dereitas estaba representada polo Partido Radical de Lerroux e a patronal. A oposición de esquerda estaba representada pola CNT, que era a maior central sindical (máis dun millón de afiliados), grupos anarquistas e anarcosindicalistas e os comunistas do PCE.

Bienio radical

[editar | editar a fonte]

O goberno disolveu a Cámara e convocou eleccións. Tras a vitoria dos radicais de Lerroux, gobernaron co apoio da CEDA (Confederación española de dereitas autónomas, de Gil-Robles). Continuou a axitación social. Paralizouse a reforma agraria. Gardas de Asalto expulsaron a xornaleiros das terras ocupadas. Amnistiáronse os militares participantes na sanjurjada de 1932. As xuventudes da CEDA ("Juventudes de Acción Popular") copiaron trazos claramente fascistas (brazo en alto en contraposición ó puño comunista).

O 1 de outubro de 1934, entraron tres ministros da CEDA no goberno. O PSOE convocou unha folga xeral. O presidente da Generalitat Lluís Companys (ERC) dirixiu unha insurrección contra a República. Represión do exército. A UXT e a CNT proclamaron a "revolución socialista" en Asturias. A Lexión ás ordes de Francisco Franco foi levada a Asturias: 1.300 mortos, 3.000 feridos, 30.000 detidos. Manuel Azaña, Lluís Companys, Largo Caballero (PSOE) e outros foron arrestados. O goberno suspendeu o Estatuto Catalán. As diferenzas entre os radicais e os extremistas da CEDA súmanse ós casos de corrupción. Foron convocadas novas eleccións para febreiro de 1936.

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Fronte Popular.
Manuel Azaña.

Nas eleccións de febreiro, a Fronte Popular gañou á Coalición de Dereitas. Alcalá-Zamora presidiu o goberno de Azaña. En abril produciuse unha crise de goberno. O presidente da República dimitiu. Manuel Azaña pasou a ser o novo xefe de Estado e o coruñés Santiago Casares Quiroga presidiu o goberno. Realizouse unha amnistía para os represaliados polo golpe de outubro de 1934.

O 12 de xullo prodúcese o asasinato do tenente Castillo, instrutor das Xuventudes Socialistas de España. O 13 de xullo aparece outro asasinato, este en represalia do deputado dereitista José Calvo Sotelo.

17 de xullo de 1936, fracasou o golpe de estado (Emilio Mola, Goded, Cabanellas, José Sanjurjo Sacanell, Francisco Franco, ...). O exército de África cruzou á península. O día 18 declarouse o estado de guerra en Sevilla e outras gornicións dos sediciosos. Comezou a guerra civil española.

Guerra civil española

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Guerra civil española.
Conxunto de fotografías daGuerra civil española.
Mulleres no cerco de Alcázar de Toledo, 1936.
Ataque a Posición Rebelde, Somosierra, Madrid,
Ruínas do bombardeo de Guernika. 26 de abril de 1937.

O 17 de xullo de 1936, a conspiración que se vía fraguando dende primavera faise realidade. A guarnición de Melilla sublévase anticipadamente contra o goberno central por mor de ser descuberto o golpe por axentes gobernamentais (o franquismo creará a figura da "Adiantada" para esta cidade). Seguidamente, os militares de resto do protectorado en Marrocos e o arquipélago de Canarias álzanse en armas contra a República. É nas illas Canarias onde se producen os primeiros enfrontamentos entre sindicalistas e elementos falanxistas. Ó día seguinte o golpe esténdese á península. En cidades como Barcelona as centrais sindicais comezan a pedir "armas para o pobo". Tanto o goberno de Casares Quiroga como a Generalitat néganse. Mantense á expectativa.

O golpe triunfou en:

O golpe fracasou en:

Os sublevados conservaron divisións íntegras (as de Galicia, Castela e Andalucía), e sobre todo o Exército de África (Lexión Estranxeira, Regulares...). Pola outra banda, na zona republicana, as unidades do exército quedaron desarticuladas xa que tiveron que arrestar a gran parte da oficialidade por sublevarse. Así e todo, as Forzas Aéreas e a Armada permaneceron fieis á República.

Tralo fracaso parcial da sublevación, o bando rebelde obtén éxitos iniciais:

  • Liberación do Alcázar de Toledo.
  • Toma de Irún, bloqueo da fronteira do País Vasco con Francia.

O 18 de outubro de 1936, os rebeldes chegaron a Madrid. En novembro iniciaríase a ofensiva encamiñada a toma-la capital e pór fin á guerra. Comeza a batalla de Madrid. O goberno, partidos e sindicatos mobilizan á poboación civil baixo o lema "Non pasarán". Incorpórase á defensa de Madrid a "columna Durruti" con armamento comprado á Unión Soviética. Avións alemáns bombardean a capital de xeito indiscriminado. Combates en Cidade Universitaria, Casa de Campo e na Ponte dos franceses. Franco ordena parar a ofensiva. É a primeira "vitoria" do bando republicano: Madrid é inexpugnable. A continuación, os intentos de Franco por rodea-la capital tamén fracasan: batalla do Jarama (participan as brigadas internacionais) e batalla de Guadalaxara (na que combateron os italianos contra o Exército Popular). Malia todo, os sublevados toman Málaga.

A comezos de 1937 o peso da contenda trasládase ó norte. Unidades dirixidas dende Galicia abren o cerco a Oviedo. Cae Cantabria e País Vasco, prodúcese o bombardeo de Gernika por parte dos Stuka alemáns. Os republicanos fracasan en Aragón (batalla de Belchite).

En decembro de 1937 os republicanos liberan Teruel, que finalmente volve a caer en mans dos sublevados. O 15 de abril de 1938 os nacionalistas chegan ó Mediterráneo dende Aragón, a república queda partida en dous. En xullo de 1938, a república tentará recupera-la iniciativa no combate na batalla do Ebro, a meirande da guerra. Na que morren 100.000 persoas e mailas esperanzas da República. En inverno, os nacionalistas chegan a Barcelona. Prodúcese o maior exilio en masa da Historia de España.

En febreiro de 1939 cando os franquistas chegan á fronteira francesa, máis de medio millón de persoas fuxiran á Francia.

O coronel Casado dá un golpe de estado en Madrid, decidido a seguir combatendo a ultranza coa esperanza de que a guerra civil quedara ligada ó inminente conflito europeo que se aveciñaba entre fascistas e demócratas máis comunistas. Prodúcense conversas entre os dous bandos, pero Franco só quere a rendición incondicional. O 28 de marzo de 1939 as tropas sublevadas entran nunha capital destruída pola aviación alemá e famenta. O 1 de abril, Franco persoalmente redacta o derradeiro parte de guerra:

"En el día de hoy, cautivo y desarmado el Ejército rojo, han alcanzado las tropas nacionales sus últimos objetivos militares. La guerra ha terminado".

Ditadura franquista

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Franquismo.

A ditadura franquista foi un sistema antidemocrático que pretendía controlar a sociedade. Pero aínda que houbo intentos de encadrar ás masas en organizacións de apoio ao réxime -Movemento Nacional- estas nunca foron a base do sistema. A ditadura franquista foi unha ditadura militar que tivo a súa fundamentación ideolóxica no pensamento conservador e católico español pero que incorporaba elementos procedentes do fascismo italiano.

Todos os grupos políticos (falanxistas, carlistas e monárquicos) que apoiaban o réxime franquista, foron agrupados nunha única formación autorizada: o Movemento Nacional. Os sindicatos de clase foron suprimidos, creándose unha organización única para obreiros e patróns: o Sindicato Vertical.

As Leis Fundamentais tiñan un carácter constitucional e eran as normas básicas da organización do Estado, diferéncianse dous grupos: de carácter dogmático (Foro do traballo, Foro dos españois, Lei de principios do Movemento) e de carácter orgánico (Lei de Cortes, Lei de Referendo, Lei de Sucesión, Lei Orgánica do Estado).

Francisco Franco concentrou na súa persoa todos os poderes do Estado, recibiu o nome de Caudillo de España e foi considerado o símbolo e encarnación da vontade da nación española.

Francisco Franco.

A doutrina oficial do réxime franquista baséase no programa da Falanxe. O franquismo defendeu tanto o catolicismo e a confesionalidade do Estado como o sometemento da vida política, social e cultural ás directrices da Igrexa católica. As relacións entre a Igrexa católica e o réxime franquista regularizáronse mediante a sinatura do Concordato de 1953. Nel Franco conseguía o recoñecemento polo papa do seu goberno e obtiña os privilexios da presentación de bispos e de poder entrar nas igrexas baixo palio. A cambio, a Igrexa obtiña: Potenciar o catolicismo; capacidade legal para adquirir, posuír e administrar toda clase de bens; restitución dunha parte dos bens eclesiásticos perdidos en pasadas desamortizacións; dereito a establecer seminarios; garantías de ensino da relixión católica; control da moral pública e competencia exclusiva da Igrexa en cuestións referidas ao matrimonio.

Durante a segunda guerra mundial España declárase neutral, pero adopta unha política simpatizante cos países do Eixe, en 1940 Franco entrevístase con Hitler en Hendaia e en 1941 con Mussolini en Bordighera. En España organízase unha cruzada contra o comunismo a través dunha expedición de voluntarios destinada á fronte soviética: a División Azul, que se integrou no exército alemán.

Illamento internacional

[editar | editar a fonte]
Visita a Tolosa en 1948.
Mapa das localizacións principais dos maquis.

España non foi aceptada na ONU, ao tempo que se recomendaba aos países membros da organización que rompesen as relacións diplomáticas con España. Así comezaba o cerco internacional e a oposición no exilio abrigaba a esperanza de poder restablecer un réxime democrático. Nos anos seguintes España foi expulsada de numerosos organismos internacionais. Pero a situación cambia a partir de 1947 co inicio da guerra fría. As potencias occidentais buscaron o apoio de todos os países anticomunistas, iniciándose cambios que foron paseniñamente acabando co illamento, aínda que o réxime seguía a ser condenado pola maioría dos países democráticos.

Recoñecemento internacional

[editar | editar a fonte]

O ano 1953 foi decisivo para o recoñecemento internacional do réxime de Franco grazas ao achegamento coa Santa Sé e o Pacto cos Estados Unidos que supuxo un triunfo para o réxime ante a opinión pública; a cambio dunha importante axuda económica, instálanse en España bases militares (Morón, Rota, Zaragoza e Torrejón). O prezo pagado por España foi alto xa que o territorio español, en caso de conflitividade na área, podía ser utilizado sen consultar co seu Goberno.

En 1955, España pedía a súa admisión na ONU e integrábase en organismos económicos coma o Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial.

Período autárquico

[editar | editar a fonte]
Cartilla de racionamento na posguerra española.

Etapa que se caracteriza pola escaseza, a inflación e o estancamento da produción, cun importante desenvolvemento do mercado negro, que recibía popularmente o nome de estraperlo. Son anos de carestía a todos os niveis; como exemplos, as cartillas de racionamento para repartir e controlar os alimentos básicos e o emprego do gasóxeno como carburante substitutivo dos derivados do petróleo. Nos anos cincuenta iníciase a recuperación económica. O Plan de Estabilización de 1959 pon en marcha unha política de estabilización, en conformidade coas directrices do Fondo Monetario Internacional. Os instrumentos para levar a cabo a planificación indicativa son os Plans de Desenvolvemento. O Primeiro plan -1963-67- crea os polos de promoción e desenvolvemento industrial; o Segundo 1968-71 pon a énfase na agricultura e o Terceiro -1972-75- que ve recortados os seus proxectos pola crise económica.

Xeneral Franco acompañado do sucesor rei Xoán Carlos I.

Terceira restauración borbónica

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Transición española.

A transición española á democracia ou "nova restauración borbónica" comezou coa morte de Franco o 20 de novembro de 1975, mentres que o seu remate vén marcado pola vitoria electoral do PSOE o 28 de outubro de 1982.

Marxes das comunidades autónomas.

Segundo a constitución de 1978, España é unha monarquía constitucional . Comprende 17 comunidades autónomas (Andalucía, Aragón, Asturias, Baleares, Canarias, Cantabria, Castela e León, Castela-A Mancha, Cataluña, Estremadura, Galicia, A Rioxa, Comunidade de Madrid, Rexión de Murcia, País Vasco, Comunidade Valenciana e Navarra) e 2 cidades autónomas (Ceuta e Melilla).

Felipe González asina o tratado de adhesión á Comunidade Económica Europea o 12 de xuño de 1985.
Valladolid en 1986. Unha pancarta de OTAN NON.

Entre 1978 e 1982, España estivo dirixida polos gobernos da Unión de Centro Democrático. En 1981 produciuse o intento de golpe de estado do 23 de febreiro de 1981. O 23 de febreiro Antonio Tejero, con membros da Garda Civil entrou no Congreso dos Deputados, e parou a sesión, onde Leopoldo Calvo Sotelo estivo a piques de ser nomeado presidente do Goberno. Oficialmente, o golpe de estado fracasou grazas á intervención do rei Xoán Carlos I. España ingresou na OTAN antes de que Calvo Sotelo deixase o cargo. Xunto ao cambio político veu un cambio radical na sociedade española. A sociedade española fora extremadamente conservadora baixo o franquismo,[100] pero a transición á democracia tamén iniciou unha liberalización de valores e costumes sociais.

Tras conseguir unha ampla maioría nas eleccións xerais de outubro de 1982, o Partido Socialista Obrero Español (PSOE) gobernou o país, con Felipe González como primeiro ministro. O 1 de xaneiro de 1986, España ingresou na Comunidade Económica Europea (CEE). En marzo de 1986 celebrouse un referendo sobre se España debía permanecer na OTAN. O partido gobernante, o PSOE, favoreceu a permanencia de España (un xiro da súa postura anti-OTAN aló por 1982).  Mentres tanto, a oposición conservadora (Coalición Popular), pediu a abstención.[101] Durante a década de 1980 establecéronse os tres piares do "estado de benestar" español: o sistema nacional de saúde, o sistema educativo e o sistema de pensións.[102]

O país acolleu os Xogos Olímpicos de verán o 1992 en Barcelona e a Exposición Universal de Sevilla de 1992.

Século XXI

[editar | editar a fonte]

En 1996 chegou ao poder o goberno de centrodereita do Partido Popular, liderado por José María Aznar. O 1 de xaneiro de 1999, España trocou a peseta pola nova moeda europea, o euro. A peseta seguiu utilizándose para transaccións en efectivo ata o 1 de xaneiro de 2002. O 13 de novembro de 2002 produciuse o naufraxio do Prestige contaminando as costas galegas, cunha xestión por parte do goberno moi criticada. O 11 de marzo de 2004 unha serie de bombas estalaron en trens de cercanías en Madrid por parte de extremistas islámicos vinculados a Al Qaida, matando a 191 e ferindo a miles. José María Aznar e os seus ministros acusaron nun primeiro momento a ETA da atrocidade. As eleccións, celebradas tres días despois, gañounas o PSOE, e José Luis Rodríguez Zapatero substituíu a Aznar como presidente do goberno.

A raíz da súa adhesión á CEE, España experimentou un boom económico, truncada pola crise financeira de 2008. Durante os anos de boom, España atraeu un gran número de inmigrantes, sobre todo procedentes do Reino Unido, unha importante inmigración ilegal, principalmente de América Latina, Europa Oriental e África do Norte.[103] España tiña a cuarta economía da Eurozona, pero despois de 2008 a recesión económica mundial golpeou duramente a España, co estoupido da burbulla inmobiliaria e o desemprego que superou o 25 %, foron necesarios recortes orzamentarios bruscos. O PIB reduciuse un 1,2 % en 2012.[104][105] Aínda que os tipos de interese foron historicamente baixos, os investimentos non foron suficientemente alentados polos empresarios.[106] As perdas foron especialmente altas en inmobles, banca e construción. Os economistas concluían a principios de 2013 que, "onde antes os problemas de España eran agudos, agora son crónicos: desemprego arraigado, gran masa de pequenas e medianas empresas con baixa produtividade e, sobre todo, restrición do crédito".[107] Coa crise financeira e o alto desemprego, España sufriu unha combinación de inmigración ilegal continuada combinada cunha emigración masiva de traballadores, obrigados a buscar emprego noutro lugar baixo a "Liberdade de Circulación" da Unión Europea, cun estimado de 700.000, ou 1,5% da poboación total, abandonando o país entre 2008 e 2013.[108]

España sitúase como unha potencia intermedia capaz de exercer unha influencia rexional modesta. Ten unha pequena voz en organizacións internacionais; non forma parte do G8 e participa no G20 só como convidado. España forma parte do G6 (UE).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. "First west Europe tooth' found". BBC News. Arquivado dende o orixinal o 2018. 
  2. "Spain – History – Pre-Roman Spain – Prehistory". britannica.com. Consultado o 2008. 
  3. Chapman, Robert (1990). "Emerging complexity. Texte imprimé : the later prehistory of south-east Spain, Iberia and the west Mediterranean". Cambridge University Press. ISBN 0-521-23207-4. OCLC 495987647. 
  4. "The invasion that wiped out every man from Spain 4,500 years ago". elpais.com. Consultado o 2020. 
  5. Valério, Miguel (2008). "Origin and development of the Paleohispanic scripts: the orthography and phonology of the Southwestern alphabet" (PDF). Revista portuguesa de arqueologia 11 (2): 117. ISSN 0874-2782. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Aubet, María Eugenia (2006). "El sistema colonial fenicio y sus pautas de organización" (PDF). Mainake (28): 36. ISSN 0212-078X. 
  7. 7,0 7,1 Blázquez, José María (1988). Los griegos en la Península Ibérica, siglos VII-V a.C. Analogías con la colonización griega en el Mar Negro (Cólquida). Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. 
  8. 8,0 8,1 Prados Martínez, Fernando (2007). "La presencia neopúnica en la Alta Andalucía: a propósito de algunos referentes arquitectónicos y culturales de época bárquida (237–205 a.C.)" (PDF). Gerión 25 (1): 85. ISSN 0213-0181. 
  9. 9,0 9,1 Wagner, Carlos G. (1999). "Los Bárquidas y la conquista de la península ibérica". Gerión 17: 263–264. 
  10. Lorrio, Alberto J. (1997). Los celtíberos. Universidad de Alicante. ISBN 84-7908-335-2. 
  11. Grout, James (2007). "The Celtiberian War". Encyclopaedia Romana (University of Chicago). 
  12. "Major Phases in Roman History". utsc.utoronto.ca. Consultado o 2008. 
  13. 13,0 13,1 Rinehart, Robert (1998). "A Country Study: Spain – Hispania". Library of Congress Country Series. 
  14. 14,0 14,1 14,2 Collins, Roger (2004). Visigothic Spain. Blackwell Publishing. pp. 409–711. ISBN 0-631-18185-7. 
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 O'Callaghan, Joseph F. (2013). A History of Medieval Spain. Cornell University Press. pp. 56, 152, 293. ISBN 978-0-8014-6872-8. 
  16. "Spain – The Visigothic kingdom". britannica.com. Consultado o 2020. 
  17. Pannenberg, Wolfhart (1991). Systematic Theology. p. 512. ISBN 978-0-8028-3708-0. 
  18. Akhbār majmūʿa. 
  19. 19,00 19,01 19,02 19,03 19,04 19,05 19,06 19,07 19,08 19,09 Marín-Guzmán, Roberto (1991). "Ethnic groups and social classes in Muslim Spain". Islamic Studies 30: 37–66. ISSN 0578-8072. JSTOR 20840024. 
  20. Fernández-Morera, Darío (2016). The Myth of the Andalusian Paradise. Intercollegiate Studies Institute. p. 286. ISBN 978-1-5040-3469-2. 
  21. Boyd, Carolyn P. (2002). "The Second Battle of Covadonga: The Politics of Commemoration in Modern Spain". History and Memory 14 (1–2): 37–64. JSTOR 10.2979/his.2002.14.1-2.37. doi:10.2979/his.2002.14.1-2.37. A batalla non puido ser moito máis que unha pequena escaramuza entre unha pequena banda de guerreiros asturianos e un corpo expedicionario musulmán enviado para esmagar a súa resistencia. 
  22. García-Guijarro Ramos, Luis (2016). "The Crusader World: Christian expansion in medieval Iberia: Reconquista or crusade?". Routledge: 166. ISBN 978-0-415-82494-1. O nacionalismo tradicionalista español converteu unha escaramuza, a Batalla de Covadonga (718-722) e a figura de Paio, considerado primeiro rei de Asturias (718-737), en nome da vontade de recuperar a unidade visigoda e restablecer o cristianismo só uns poucos anos despois da derrota de Guadalete. 
  23. Dacosta, Arsenio (1998). "¡Pelayo vive! un arquetipo político en el horizonte ideológico del reino astur-leonés". Espacio Tiempo y Forma. Serie III, Historia Medieval 10: 90–92. ISSN 0214-9745. 
  24. Fletcher, Richard (2006). Moorish Spain. University of California Press. p. 53. ISBN 0-520-24840-6. 
  25. 25,0 25,1 25,2 Haywood, John (2015). Northmen. Bloomsbury. ISBN 978-1781855225. 
  26. Kendrick, Thomas D. (2018). A History of the Vikings. Routledge. ISBN 978-1136242397. 
  27. Keary, Charles (2018). The Viking Age. Ozymandias Press. ISBN 978-1-5312-9114-3. OCLC 1189372710. 
  28. 28,0 28,1 "Timelines – Vikings, Saracens, Magyars". zum.de. Consultado o 2024. 
  29. Font, Gemma (1994). "Santa Coloma de Farners a l'Alta Edat Mitjana: La vila, l'ermita, el castell". Annals de l'Institut d'Estudis Gironins: 355–377. ISSN 2339-9937. 
  30. Elter, I. (1981). "Remarks on Ibn Hayyan's report on the Magyar raids on Spain". Magyar Nyelv (77): 413–419. 
  31. Sánchez Candeira, Alfonso (1999). Castilla y León en el siglo XI. Real Academia de la Historia. ISBN 9788489512412. 
  32. "Ransoming Captives, Chapter One". libro.uca.edu. 
  33. Lirola Delgado, Jorge (1993). El poder naval de Al-Ándalus en la época del califato omeya. Universidad de Granada. ISBN 978-84-338-1797-6. 
  34. "The Almohads". myjewishlearning.com. Arquivado dende o orixinal o 2009. Consultado o 2009. 
  35. Paz, Ramón Mariño (1999). Historia da lingua galega. Sotelo Blanco Edicións. pp. 182–194. ISBN 978-84-7824-333-4. 
  36. 36,0 36,1 36,2 Hugh, Thomas (2003). Rivers of Gold. Random House. ISBN 978-0375502040. 
  37. Kamen, Henry Arthur Francis (2004). Empire : how Spain became a world power, 1492–1763. HarperCollins. ISBN 0-06-019476-6. OCLC 760583486. 
  38. Guillermo, Artemio (2012). Historical Dictionary of the Philippines. The Scarecrow Press Inc. p. 374. ISBN 978-0810875111. Para levar a cabo a súa misión de conquista, os españois trataron individualmente con cada asentamento ou aldea e con cada provincia ou illa ata que todo o arquipélago filipino quedou baixo control imperial. Procuraron que o pobo permanecese dividido ou compartimentado e co mínimo de contacto ou comunicación. Os españois adoptaron a política de divide et impera (divide e vencerás). 
  39. Hawkley, Ethan (2014). "Reviving the Reconquista in Southeast Asia: Moros and the Making of the Philippines, 1565–1662". Journal of World History (University of Hawai'i Press) 2–3 (25): 288. doi:10.1353/jwh.2014.0014. O primeiro renacemento moderno da Reconquista en Filipinas tivo un profundo efecto nas illas, que aínda se está a sentir hoxe. Como se describiu anteriormente, a Reconquista española serviu para unificar os cristiáns contra un inimigo común mouro, contribuíndo a reunir os pobos castelán, catalán, galego e vasco nunha única unidade política: España. Na época precolonial, as illas Filipinas eran unha parte dividida e non especificada do arquipélago malaio, un habitado por decenas de grupos etnolingüísticos, que residían en incontables aldeas independentes, espalladas por miles de illas. A finais do século XVII, porén, produciuse un cambio dramático no arquipélago. Unha comunidade multiétnica uniuse para formar os inicios coloniais dunha nación algún día: Filipinas. A poderosa influencia dos antagonismos cristiáns e mouros na formación das primeiras Filipinas segue sendo evidente máis de catrocentos anos despois, xa que o goberno nacional filipino segue facendo fronte aos grupos separatistas mouros, mesmo en 2013. 
  40. Carr, Raymond (2000). Spain: A History. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-280236-1. 
  41. Lockhart, James (1983). Early Latin America : a history of colonial Spanish America and Brazil. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-29929-9. OCLC 1048770408. 
  42. "Chapter 15 The Seventeenth-Century Decline". libro.uca.edu. 
  43. Elliott, J. H. (2002). Imperial Spain 1469–1716. Penguin. ISBN 978-0141925578. 
  44. Thomas, Hugh (2011). The Golden Age: The Spanish Empire of Charles V. Penguin UK. ISBN 978-0-241-96118-6. 
  45. Fernández-Renau Atienza, Daniel; Howden, David (2016). "Three Centuries of Boom-Bust in Spain". Mises Institute. 
  46. Elliott, J. H. (1989). The Count-Duke of Olivares: The Statesman in an Age of Decline. Yale University Press. p. 601. ISBN 978-0-300-04499-7. 
  47. Friedrich, Carl J. (1962). "The age of the baroque : 1610–1660". Harper & Row: 222–225. OCLC 463189393. 
  48. Kamen, Henry (1978). "The Decline of Spain: A Historical Myth?". Past and Present. ISSN 0031-2746. doi:10.1093/past/81.1.24. 
  49. "The peace of Utrecht and the balance of power". blog.oup.com. Consultado o 2018. 
  50. Connor, Walker (1978). "A Nation is a Nation, is a State, is an Ethnic Group, is a...". Ethnic and Racial Studies 1 (4): 377–400. doi:10.1080/01419870.1978.9993240. 
  51. Sobrequés i Callicó, Jaume (2021). Repressió borbònica i resistència identitària a la Catalunya del segle XVIII. Departament de Justícia de la Generalitat de Catalunya. ISBN 978-84-18601-20-0. 
  52. Llaudó Avila, Eduard (2021). Racisme i supremacisme polítics a l'Espanya contemporània. Manresa. ISBN 978-8418849107. 
  53. Church, William F. (1952). "The Emergence of the Great Powers, 1685–1715". The American Historical Review 57 (4): 956. ISSN 0002-8762. JSTOR 1844260. doi:10.2307/1844260. 
  54. Kamen, Henry (2017). "Philip of Spain". ISBN 978-0-300-18426-6. doi:10.12987/9780300184266. 
  55. 55,0 55,1 Lynch, John (1989). Bourbon Spain, 1700–1808. Basil Blackwell Scientific Publications. pp. 67–115. ISBN 0-631-14576-1. OCLC 638082419. 
  56. Israel, Jonathan (2011). Democratic Enlightenment:Philosophy, Revolution, and Human Rights 1750–1790. Oxford University Press. p. 374. ISBN 978-0191620041. 
  57. Hamilton, Earl J. (1943). "Money and Economic Recovery in Spain under the First Bourbon, 1701–1746". The Journal of Modern History 15 (3): 192–206. ISSN 0022-2801. JSTOR 1871302. doi:10.1086/236742. 
  58. Payne, Stanley G. (1973). A History of Spain and Portugal. University of Wisconsin Press. ISBN 978-0-299-06270-5. 
  59. Ford, Franklin L. (2014). Europe 1780–1830. p. 32. ISBN 9781317870951. doi:10.4324/9781315836461. 
  60. Sturgill, Claude C. (1989). "The Spanish Army in the Peninsular War". The Hispanic American Historical Review 69 (4). ISSN 0018-2168. JSTOR 2516106. doi:10.2307/2516106. 
  61. Haythornthwaite, Philip (2013). Corunna 1809: Sir John Moore's Fighting Retreat. Osprey. ISBN 978-1472801982. 
  62. Crandall, Russell (2014). America's Dirty Wars: Irregular Warfare from 1776 to the War on Terror. Cambridge. ISBN 978-1107003132. 
  63. Pivka, Otto von (1975). Spanish armies of the Napoleonic Wars. Osprey Publishing. ISBN 0-85045-243-0. 
  64. Griffin, Julia Ortiz (2007). Spain and Portugal: A Reference Guide from the Renaissance to the Present. Infobase Publishing. ISBN 978-0816074761. 
  65. Thompson, James Matthew (2018). Napoleon Bonaparte : His Rise and Fall. Friedland Books. ISBN 978-1-78912-759-1. 
  66. Herr, Richard (1974). Modern Spain: An Historical Essay. U. of California Press. ISBN 978-0520025349. 
  67. Blanco, Richard L. (1988). "The Spanish Ulcer, A History of the Peninsular War". Military Affairs 52 (4): 221. ISSN 0026-3931. JSTOR 1988459. doi:10.2307/1988459. 
  68. Cowans, Jon (2003). Modern Spain: A Documentary History. U. of Pennsylvania Press. ISBN 0-8122-1846-9. 
  69. Cruz, Jesus (2004). Gentlemen, Bourgeois, and Revolutionaries: Political Change and Cultural Persistence among the Spanish Dominant Groups, 1750–1850. Cambridge U.P. pp. 216–218. ISBN 978052189416 |isbn= incorrecto: length (Axuda). 
  70. Nafziger, George F. (2002). Historical Dictionary of the Napoleonic Era. Scarecrow Press. p. 158. ISBN 978-0810866171. 
  71. Chandler, David G. (1973). The Campaigns of Napoleon. Simon and Schuster. p. 659. ISBN 978-1439131039. 
  72. Fisher, Todd (2004). The Napoleonic Wars: The Rise And Fall Of An Empire. Osprey Publishing. p. 222. ISBN 978-1841768311. 
  73. Fletcher, Ian (2012). Vittoria 1813: Wellington Sweeps the French from Spain. Osprey Publishing. ISBN 978-1782001959. 
  74. 74,0 74,1 Francis, John Michael (2006). Iberia and the Americas: Culture, Politics, and History. ABC-CLIO. p. 905. ISBN 978-1851094219. 
  75. Lynch, John (1994). Latin American Revolutions, 1808–1826: Old and New World Origins. University of Oklahoma Press. ISBN 978-0-8061-2661-6. 
  76. 76,0 76,1 Carr, Raymond (2008). España, 1808–1975. Ariel. ISBN 978-84-344-6615-9. OCLC 1025648814. 
  77. Santiago-Caballero, Carlos (2018). "The Napoleonic Wars: A Watershed in Spanish History?" (PDF). EHES Working Papers in Economic History. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2018. 
  78. Ringrose, David R. (1998). Spain, Europe, and the 'Spanish Miracle', 1700–1900. Cambridge U.P. p. 325. ISBN 978-0521646307. 
  79. Esdaile, Charles J. (2000). Spain in the liberal age : from Constitution to Civil War, 1808–1939. Blackwell Publishers. ISBN 0-631-14988-0. OCLC 906840302. 
  80. Callahan, William James (1984). Church, Politics, and Society in Spain, 1750–1874. Harvard U.P. p. 250. ISBN 978-0674131255. 
  81. Tucker, Spencer (2009). The Encyclopedia of the Spanish-American and Philippine-American Wars: A Political, Social, and Military History. ABC-CLIO. p. 12. ISBN 978-1851099511. 
  82. 82,0 82,1 Brandt, Joseph August (1976). Toward a new Spain, the Spanish revolution of 1868 and the first republic. Porcupine Press. ISBN 0-87991-607-9. OCLC 939629578. 
  83. Payne, Stanley G.; Beck, Earl R. (1980). "A Time of Triumph and Sorrow: Spanish Politics during the Reign of Alfonso XII, 1874–1885". The History Teacher 13 (2): 305. ISSN 0018-2745. JSTOR 491971. doi:10.2307/491971. 
  84. Ortiz, David (2000). Elections and the Regency Press. Greenwood Press. pp. 20–21. ISBN 0-313-312-16-8. 
  85. "Ministers and Regimes in Spain: From First to Second Restoration, 1874–2001" (PDF). Center for European Studies Working Paper. 
  86. Beck, Earl R. (1979). A Time of triumph and of sorrow : spanish politics during the reign of Alfonso XII : 1874–1885. Southern Illinois University Press. ISBN 0-8093-0902-5. OCLC 892239313. 
  87. Lorenzo Vicente, Juan Antonio (2001). "Claves históricas y educativas de la Restauración y de la Segunda República (1876–1936)" (PDF). Revista Complutense de Educación 12 (1). ISSN 1130-2496. 
  88. Teodori de la Puente, Renata (1999). "Educación e ideología en la España del siglo XIX" (PDF). Educación 8 (15): 7–8. ISSN 1019-9403. 
  89. Martorell Linares, Miguel Ángel (1997). "La crisis parlamentaria de 1913–1917. La quiebra del sistema de relaciones parlamentarias de la Restauración". Revista de Estudios Políticos (Centro de Estudios Constitucionales) (96). 
  90. 90,0 90,1 Romero Salvadó, Francisco J. (2010). "Spain's Revolutionary Crisis of 1917: A Reckless Gamble". The Agony of Spanish Liberalism. From Revolution to Dictatorship 1913–23. ISBN 978-1-349-36383-4. doi:10.1057/9780230274648. 
  91. 91,0 91,1 Bernecker, Walter L. (2000). "Spain: The Double Breakdown". Conditions of Democracy in Europe, 1919–39. Systematic Case Studies. (Macmillan Press Ltd.). ISBN 0-333-64828-5. 
  92. La Porte, Pablo (2010). "The Moroccan Quagmire and the Crisis of Spain's Liberal System, 1917–23". The Agony of Spanish Liberalism. From Revolution to Dictatorship 1913–23. (Palgrave Macmillan). ISBN 978-1-349-36383-4. doi:10.1057/9780230274648. 
  93. 93,0 93,1 Linz, Juan J. (2003). "Ministers and Regimes in Spain: From First to Second Restoration, 1874–2001". Center for European Studies Working Paper (101). 
  94. González Calleja, Eduardo (2010). "La dictadura de Primo de Rivera y el franquismo ¿un modelo a imitar de dictadura liquidacionista?". Novísima: II Congreso Internacional de Historia de Nuestro Tiempo: 43. ISBN 978-84-693-6557-1. 
  95. 95,0 95,1 Álvarez, José E. (1999). "Between Gallipoli and D-Day: Alhucemas, 1925". The Journal of Military History 63 (1): 97. JSTOR 120334. doi:10.2307/120334. 
  96. Chandler, James A. (1975). "Spain and Her Moroccan Protectorate 1898–1927". Journal of Contemporary History 10 (2): 301–322. ISSN 0022-0094. JSTOR 260149. doi:10.1177/002200947501000205. 
  97. Porch, Douglas (2006). "Spain's African Nightmare". MHQ: The Quarterly Journal of Military History 18 (2): 28–37. 
  98. "Experiencia en combate. Continuidad y cambios en la violencia represiva (1931–1939)" (PDF). revistaayer.com. ISSN 1134-2277. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2021. Consultado o 2021. 
  99. Romero Salvadó, Francisco J. (1999). Twentieth-Century Spain: Politics and Society, 1898–1998. Macmillan Press. p. 69. ISBN 978-0-333-63697-8. 
  100. Martín-Estudillo, Luis (2018). "The Rise of Euroskepticism". Vanderbilt University Press. ISBN 978-0-8265-2196-5. doi:10.2307/j.ctv1675bt7. 
  101. Muñoz Soro, Javier. "El final de la utopía. Los intelectuales y el referéndum de la OTAN en 1986" (PDF). revistaayer.com. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2021. Consultado o 2021. 
  102. Cavas Martínez, Faustino; Sempere Navarro, Antonio (2007). V. Ley de dependencia : estudio de la ley 39/2006, de 14 diciembre, sobre Promoción de la Autonomía Personal y Atención a las personas en situación de dependencia. Aranzadi. p. 61. ISBN 9788483551912. 
  103. Tremlett, Giles (2006). "Spain attracts record levels of immigrants seeking jobs and sun". The Guardian. 
  104. Zhang, Moran. "Spanish Economy Sinks Further Into Recession, Q4 GDP Down 0.6% Quarterly: Bank of Spain". ibtimes.com. Consultado o 2013. 
  105. "Spain's Recession Deepens, Bailout 'Inevitable". ibtimes.com. Consultado o 2022. 
  106. Baten, Jörg (2016). A History of the Global Economy. From 1500 to the Present. Cambridge University Press. p. 66. ISBN 9781107507180. 
  107. "Rajoy unconfined?". The Economist. 2013. ISSN 0013-0613. 
  108. "La nueva emigración española. Lo que sabemos y lo que no". falternativas.org. Arquivado dende o orixinal o 2015. Consultado o 2015.