James Cook

explorador, navegador e cartógrafo británico

James Cook, nado o 27 de outubro de 1728 en Middlesbrough (Inglaterra) e finado o 14 de febreiro de 1779 en Hawai, foi un explorador, navegante e cartógrafo británico. Cook fixo mapas detallados das costas de Terra Nova antes de facer tres viaxes ao océano Pacífico, nos que logrou explorar as principais illas desta rexión. Entre outros, foi o primeiro europeo en explorar a costa oriental de Australia e as illas Hawai e fixo a primeira circunnavegación de Nova Zelandia.[1][2]

Modelo:BiografíaJames Cook

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de outubro de 1728 Editar o valor en Wikidata
Marton (Reino de Gran Bretaña) Editar o valor en Wikidata
Morte14 de febreiro de 1779 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Kealakekua Bay (Ancient Hawaii) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, ferida de arma branca Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoExploración e Cartografía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónexplorador, navegante, oficial da armada, cartógrafo, botánico Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rama militarRoyal Navy Editar o valor en Wikidata
Rango militarcaptain (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
12 de xullo de 1776third voyage of James Cook (en) Traducir
1772Segunda viagem de James Cook (pt) Traducir
1768Primeira viagem de James Cook (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaCook Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeElizabeth Cook (1762–) Editar o valor en Wikidata
FillosJames, Nathaniel, Elizabeth, Joseph, George e Hugh Editar o valor en Wikidata
NaiGrace Pace Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
14 de febreiro de 1779death of James Cook (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Кук Джеймс)
Dictionary of National Biography
Q27058682 Traducir, (p.5-43) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX872658 WikiTree: Cook-4419 Find a Grave: 10951 Editar o valor en Wikidata

James Cook entrou na mariña mercante británica cando era adolescente e en 1755 alistouse na Royal Navy (Armada Real británica) onde alcanzaria o rango de capitán.[3] Participou na guerra dos Sete Anos, e posteriormente estudou e mapeou gran parte da entrada do río San Lourenzo durante o asedio do Quebec. Isto permitiu que o xeneral Wolfe puidese executar con éxito o seu ataque ás Chairas de Abraham, este feito fixo prestar a atención do Almirantado Británico e a Real Sociedade cara a Cook. Este feito produciuse nun momento crucial, tanto na súa carreira persoal como na dirección da exploración británica de ultramar. Deste xeito, en 1766 partiu como comandante do HMB Endeavour para o primeiro dos seus tres viaxes polo océano Pacífico.

Cook cartografou moitas áreas e rexistrou varias illas e zonas costeiras nos mapas europeos por primeira vez. Os seus resultados poden ser asignados a unha combinación de navegación, superior levantamento cartográfico e competencias, o valor en explorar lugares perigosos para confirmar os feitos (por exemplo, a inmersión no Círculo polar antártico repetidamente e explorar arredor da Gran Barreira de Coral), unha capacidade de dirixir os homes en condicións adversas, e ousadía, tanto en relación á medida da súa explotación e a súa vontade de superar as instrucións dadas a el polo Almirantado.[3]

Un feito de suma importancia na primeira viaxe foi que ningún home da súa tripulación morreu de escorbuto, afección que había decimado moitas expedicións marítimas anteriores. Isto debeuse a unha especial preocupación de Cook para mellorar as condicións de hixiene e a dieta dos seus subordinados durante a viaxe, no que incluíu os cítricos como preventivos da enfermidade, segundo un descubrimento do médico inglés James Lind.[4]

En 1779, durante a terceira viaxe exploratoria de Cook polo Pacífico, agraváronse as tensións entre os seus homes e os nativos de Hawai, e un intento de secuestro do xefe Kalaniʻōpuʻu desembocou na morte de Cook. Existe controversia sobre o papel de Cook como propiciador do colonialismo británico e a violencia asociada a algúns dos seus contactos cos pobos indíxenas. Deixou un legado de coñecementos científicos e xeográficos que influíu nos seus sucesores ata ben entrado o século XX, e dedicáronselle numerosos monumentos en todo o mundo. Así mesmo abriu o camiño das exploracións científicas e antropolóxicas, e das grandes viaxes de navegación.

Traxectoria

editar

Vida temperá e familia

editar

James Cook naceu o 7 de novembro de 1728 (NS) no pobo de Marton no North Riding of Yorkshire e foi bautizado o 14 de novembro (N.S.) na igrexa parroquial de St Cuthbert, onde pode verse o seu nome no rexistro da igrexa.[5][6] Foi o segundo dos oito fillos de James Cook (1693-1779), un granxeiro escocés de Ednam en Roxburghshire, e a súa esposa, Grace Pace (1702-1765), nacida na localidade de Thornaby-on-Tees.[5][7][3] En 1736, sendo pícaro mudouse xunto coa familia á granxa de Airey Holme, en Great Ayton, onde o patrón do seu pai, Thomas Skottowe, pagoulle os estudos na escola local. En 1741, tras cinco anos de escolarización, comezou a traballar para o seu pai, que fora ascendido a administrador da granxa. A pesar de non recibir unha educación formal, adquiriu coñecementos de matemáticas, astronomía e aprendeu el só cartografía na época da súa viaxe no Endeavour.[8] Para o lecer, subía a un outeiro próximo, Roseberry Topping, gozando da oportunidade da soidade.[9] Cooks' Cottage, a última casa dos seus pais, que probablemente visitou, atópase agora en Melbourne, Australia, tras ser trasladada desde Inglaterra e reconstruída, ladrillo a ladrillo, en 1934.[10]

En 1745, cando tiña 16 anos, Cook trasladouse 20 km ata o pobo pesqueiro de Staithes, para ser aprendiz de tendeiro na mercería de William Sanderson.[5] Os historiadores especularon que foi aquí onde Cook sentiu por primeira vez a atracción do mar mentres miraba polo escaparate.[3]

Ao cabo de 18 meses, ao non resultar axeitado para o traballo na tenda, Cook viaxou á próxima cidade portuaria de Whitby para ser presentado a uns amigos de Sanderson, John e Henry Walker. [10] Os Walker, que profesaban a relixión dos cuáqueros[11], foron destacados armadores locais no comercio do carbón. [n. 1] Cook foi contratado polos Walker como aprendiz da mariña mercante na súa pequena frota de buques que transportaban carbón ao longo da costa inglesa. O seu primeiro destino foi a bordo do collier Freelove, e pasou varios anos neste e outros buques costeiros, navegando entre o río Tyne e Londres. Como parte da súa aprendizaxe, Cook aplicouse nos estudos da álxebra, da xeometría, da trigonometría, da navegación marítima e da astronomía, habilidades que necesitaría algún día para comandar o seu propio barco.[3]

Tras tres anos de aprendizaxe, Cook comezou a traballar en buques mercantes no mar Báltico. Tras aprobar os seus exames en 1752, non tardou en ascender na mariña mercante, empezando pola súa promoción ese mesmo ano a oficial a bordo do bergantín Friendship.[12] En 1755, un mes despois de que lle ofrecesen o mando deste buque, alistouse voluntario na Royal Navy, cando Gran Bretaña estábase rearmando para o que sería a Guerra dos Sete Anos e que acabaría afectando a media Europa e ás súas colonias en América e Asia. A pesar da necesidade de empezar desde abaixo na xerarquía naval, Cook deuse conta de que a súa carreira avanzaría máis rapidamente no servizo militar e ingresou na Mariña en Wapping o 17 de xuño de 1755.[13]

 
Elizabeth Cook, esposa e durante 56 anos viúva de James Cook, por William Henderson, 1830

Cook casou con Elizabeth Batts, filla de Samuel Batts, un dos seus mentores, dono da posada Bell Inn de Wapping onde el se hospedaba[14] o 21 de decembro de 1762 na igrexa de St Margaret en Barking, Essex. [15] A parella tivo seis fillos: James (1763-1794), Nathaniel (1764-1780, perdido a bordo do HMS Thunderer que naufragou nun furacán nas Indias Occidentais), Elizabeth (1767-1771), Joseph (1768-1768), George (1772-1772) e Hugh (1776-1793, que morreu de escarlatina cando estudaba no Christ's College de, Cambridge). Cando non estaba no mar, Cook vivía no East End de Londres. Acudía á igrexa de San Paulo, en Shadwell, onde foi bautizado o seu fillo James. Cook non ten descendencia directa: todos os seus fillos morreron antes de ter descendencia propia.[16]

Inicio da carreira na Royal Navy

editar

O primeiro destino de Cook foi o HMS Eagle, servindo como mariño e oficial maior ás ordes do capitán Joseph Hamar durante o seu primeiro ano a bordo, e do capitán Hugh Palliser a partir de entón.[17] En outubro e novembro de 1755, participou na captura dun buque de guerra francés e no afundimento doutro, tras o cal foi ascendido a contramestre, ademais de desempeñar outras funcións.[13] O seu primeiro mando temporal foi en marzo de 1756, cando foi brevemente capitán do Cruizer, un pequeno cúter encostado ao Eagle mentres patrullaba.[13][18]

En xuño de 1757 Cook aprobou formalmente os seus exames de mestre no Trinity House, Deptford, o que o habilitaba para navegar e manexar un barco da frota do Rey.[19] A continuación incorporouse á fragata HMS Solebay como mestre ás ordes do capitán Robert Craig.[20]

O primeiro destino de Cook foi o HMS Eagle, servindo como mariño e oficial maior ás ordes do capitán Joseph Hamar durante o seu primeiro ano a bordo, e do capitán Hugh Palliser a partir de entón.[21] En outubro e novembro de 1755, participou na captura dun buque de guerra francés e no afundimento doutro, tras o cal foi ascendido a contramestre, ademais de desempeñar outras funcións.[13] O seu primeiro mando temporal foi en marzo de 1756, cando foi brevemente capitán do Cruizer, un pequeno cúter encostado ao Eagle mentres patrullaba.[13][22]

Terra Nova

editar

Durante a Guerra dos Sete Anos, Cook serviu en América do Norte como capitán a bordo do navío de cuarta clase o buque da Armada HMS Pembroke.[23] Xunto con outros membros da tripulación do Pembroke, participou no gran asalto anfibio que capturou a fortaleza de Louisbourg aos franceses en 1758, e no asedio da cidade de Quebec en 1759. Ao longo do seu servizo demostrou talento para a topografía e a cartografía e foi responsable de cartografar gran parte da entrada ao río San Lourenzo durante o asedio, permitindo así o xeneral Wolfe realizar o seu famoso ataque furtivo durante a batalla das chairas de Abraham de 1759.[24]

A capacidade topográfica de Cook tamén se puxo ao servizo da cartografía da escarpada costa de Terra Nova na década de 1760, a bordo do HMS Grenville. Recoñeceu o tramo noroeste entre 1763 e 1764, a costa sur entre a península de Burin e cabo Ray entre 1765 e 1766, e a costa oeste en 1767. Nesta época, Cook empregou a prácticos locais para que lle sinalasen as "rochas e perigos ocultos" ao longo das costas sur e oeste. Durante a tempada de 1765, contratou a catro pilotos cunha paga diaria de 4 xilins cada un: John Beck para a costa oeste de "Gran San Lourenzo", Morgan Snook para Fortune Bay, John Dawson para Connaigre e baía Hermitage, e John Peck para a "baía de Despair".[25]

Durante a súa estancia en Terra Nova, Cook tamén realizou observacións astronómicas, en particular da eclipse de sol do 5 de agosto de 1766. Ao obter unha estimación precisa da hora de inicio e fin da eclipse, e comparala cos tempos nunha posición coñecida en Inglaterra, foi posible calcular a lonxitude do lugar de observación en Terra Nova. Este resultado comunicouse á Royal Society en 1767.[26]

As súas cinco tempadas en Terra Nova produciron os primeiros mapas precisos e a gran escala das costas da illa e foron os primeiros levantamentos hidrográficos científicos a gran escala que utilizaron a triangulación precisa para establecer os contornos terrestres.[27] Tamén lle proporcionaron a Cook o seu dominio da topografía práctica, logrado en condicións a miúdo adversas, e chamáronlle a atención do Almirantado e da Royal Society nun momento crucial tanto na súa carreira como na dirección dos descubrimentos británicos de ultramar. Os mapas de Cook utilizáronse ata o século XX, e durante 200 anos os navegantes das augas de Terra Nova consultaron copias deles.[28]

Por mor dos seus esforzos en Terra Nova, Cook escribiu que tiña a intención de ir non só "máis lonxe do que ningún home foi antes que eu, senón tan lonxe como creo que é posible que un home vaia".[19]

Primeira viaxe (1768-1771)

editar

O 25 de maio de 1768[29] o Almirantado encargoulle a Cook unha viaxe científica ao océano Pacífico. O propósito da viaxe era observar e rexistrar o tránsito de Venus por diante do Sol de 1769 que, combinado con observacións doutros lugares, axudaría a determinar a distancia da Terra ao Sol.[30] Cook, aos 39 anos, foi ascendido a tenente de navío para outorgarlle o rango suficiente para asumir o mando.[31][32] Pola súa banda, a Royal Society acordou que Cook recibiría unha gratificación de cen guineas ademais da súa paga naval.[33]

 
Ruta da primeira viaxe de James Cook (1768-1771)

A expedición partiu de Inglaterra o 26 de agosto de 1768 a bordo do HMB Endeavour.[34] Cook e a súa tripulación dobraron Cabo de Fornos e continuaron cara ao oeste a través do Pacífico, chegando a Tahití o 13 de abril de 1769, onde se realizou o observacións do tránsito.[35] A observación do fenómeno astronómico levouse a cabo pero as conclusións non foron todo o satisfactorias que se podía agardar, xa que as diferentes medicións levadas a cabo polo propio Cook, os astrónomos Charles Green e Daniel Solander diferían máis alá do erro asumibel. Unha vez concluídas as observacións, Cook abriu as ordes seladas, que eran instrucións adicionais do Almirantado para a segunda parte da súa viaxe: buscar no Pacífico sur indicios do postulado rico continente austral de Terra Australis.[36]

Cook navegou despois ata Nova Zelandia, onde cartografou toda a costa, cometendo só algúns erros menores. Coa axuda de Tupaia, un sacerdote tahitiano que se uniu á expedición, Cook foi o primeiro europeo en comunicarse co pobo maorí.[37]Con todo, polo menos oito maoríes morreron en violentos encontros.[38] Cook viaxou entón cara ao oeste, alcanzando a costa sueste de Australia preto da actual Point Hicks o 19 de abril de 1770, e ao facelo a súa expedición converteuse na primeira da que se ten constancia que os europeos se topasen coa súa costa oriental.[n. 2]

 
Desembarco de Cook na baía Botany (Kamay)

O 23 de abril, realizou a súa primeira observación directa de aborixes australianos en illa Brush preto de Bawley Point, anotando no seu diario: "... e estaban tan preto da beira como para distinguir a varias persoas na praia que parecían ser dunha cor moi escura ou negro, pero non sei se esta era a verdadeira cor da súa pel ou das roupas que poderían levar."[39]

O Endeavour continuou cara ao norte ao longo da costa, mantendo a terra á vista mentres Cook trazaba mapas e nomeaba puntos de referencia a medida que avanzaba. O 29 de abril, Cook e a súa tripulación tocaron terra por primeira vez no continente, nunha praia coñecida actualmente como Silver Beach na baía Botany (Parque Nacional de Kamay Botany Bay). Dous homes Gweagal da nación Dharawal/Eora opuxéronse ao seu desembarco e no enfrontamento un deles resultou ferido de bala.[40][41][42]

Cook e a súa tripulación permaneceron na baía Botany durante unha semana, recollendo auga, madeira, forraxe, espécimes botánicos e explorando os arredores. Cook tentou sen éxito establecer relacións coa poboación indíxena.[43][44] Ao principio, Cook bautizou a enseada co nome de Sting-Ray Harbour, polas numerosas raias que alí se atopaban. Máis tarde cambiouno a "Botanist Bay" e finalmente a Botany Bay polos exemplares únicos recuperados polos botánicos Joseph Banks e Daniel Solander.[45] Este primeiro lugar de desembarco foi promovido máis tarde (en particular por Joseph Banks) como un candidato adecuado para situar un asentamento e posto colonial británico.[46]

 
Réplica do HMS Endeavour no porto de Cooktown, Queensland - anclado onde o Endeavour orixinal estivo varado sete semanas en 1770

Tras a súa partida de baía Botany, continuou cara ao norte. Detívose na baía de Bustard (agora coñecida como Seventeen Seventy) o 23 de maio de 1770. O 24 de maio, Cook, Banks e outros desembarcaron. Continuando cara ao norte, o 11 de xuño produciuse un contratempo cando o Endeavour encallou nun banco da Gran Barreira de Coral, e logo "o 18 de xuño de 1770, encallou na desembocadura dun río".[47] O barco sufriu graves danos, e a súa viaxe atrasouse case sete semanas mentres se realizaban reparacións na praia (preto dos peiraos da moderna Cooktown, Queensland, na desembocadura do río Endeavour).[3] Os encontros da tripulación cos aboríxes locais foron na súa maioría pacíficos, aínda que tras unha disputa sobre tartarugas verdes Cook ordenou disparar e un aldeán resultou ferido leve.[48]

A viaxe continuou e, cara ao mediodía do 22 de agosto de 1770, alcanzaron o extremo máis setentrional da costa e, sen abandonar o barco, Cook bautizouno co nome de York Cape (actual Cabo York).[49] Tras abandonar a costa oriental, Cook virou cara ao oeste e navegou co seu maltreito navío polas augas perigosamente pouco profundas do Estreito de Torres, entre Australia e Nova Guinea, estreito navegado por primeira vez polo español Luís Váez de Torres en 1604 Buscando un punto de observación, Cook viu un outeiro escarpado nunha illa próxima desde cuxa cima esperaba ver "un paso cara aos mares da India". Cook bautizou a illa co nome de Illa da Posesión, onde reclamou como territorio británico todo o litoral que acababa de explorar.[50]

Regreso a Inglaterra

editar

Cook regresou a Inglaterra vía Batavia (actual Iacarta), capital das Indias Orientais Holandesas para facer reparacións. A causa desta escala gran parte da tripulación sucumbiría á malaria e a disentería, entre eles o guía tahitiano Tupaia, o secretario finés de Banks, o astrónomo Charles Green, o ilustrador Sydney Parkinson e o científico finés Herman Spöring, na honra deste último e do seu traballo durante a viaxe Cook bautizou unha illa, a Illa Söring, e logo circunnavegou o Cabo de Boa Esperanza, chegando á illa de Santa Helena o 30 de abril de 1771.[51] O barco regresou finalmente a Inglaterra o 12 de xullo de 1771, fondeando en The Downs, e Cook dirixiuse a Deal.[52]

Interludio

editar

Ao seu regreso publicáronse os diarios de Cook, que se converteu nunha especie de heroe entre a comunidade científica. Entre o público en xeral, con todo, o botánico aristocrático Joseph Banks era un heroe maior.[3] Banks tentou mesmo tomar o mando da segunda viaxe de Cook, pero retirouse antes de que comezase, e Johann Reinhold Forster e o seu fillo Georg Forster foron contratados como científicos para a viaxe. O fillo de Cook, George, naceu cinco días antes da segunda viaxe.[53]

Segunda viaxe (1772-1775)

editar
 
Retrato de James Cook por William Hodges, que acompañou a Cook na súa segunda viaxe

Pouco despois do seu regreso da súa primeira viaxe, Cook foi ascendido en agosto de 1771 ao grao de comandante.[54][55] No 1772, a Royal Society encargoulle outra expedición científica en busca da hipotética Terra Australis. Na súa primeira viaxe, Cook demostrara ao circunnavegar Nova Zelandia que esta non estaba unida a unha masa de terra maior situada ao sur. A pesar de cartografar case toda a costa oriental de Australia, demostrando a súa continentalidade, críase que a Terra Australis atopábase máis ao sur. A pesar destas probas en contra, Alexander Dalrymple e outros membros da Royal Society seguían crendo que debía existir un enorme continente austral.[56]

Cook comandou o HMS Resolution nesta viaxe, mentres que Tobias Furneaux comandou o seu barco compañeiro, o HMS Adventure. A expedición de Cook circunnavegou o globo nunha latitude meridional extrema, converténdose, o 17 de xaneiro de 1773, nunha das primeiras en cruzar o círculo polar antártico. Na néboa antártica, o Resolution e o Adventure separáronse. Furneaux dirixiuse a Nova Zelandia, onde perdeu a algúns dos seus homes durante un encontro cos maoríes, e finalmente navegou de volta a Gran Bretaña, mentres que Cook continuou explorando a Antártida, alcanzando os 71°10'S o 31 de xaneiro de 1774,[19] de feito case chega a descubrir o continente xeado pero volveu cara ao norte, en dirección a Tahití para realizar reparacións, volvería a intentar un segundo achegamento pero foi infrutuoso.

 
Ilustración da edición de 1815 das Viaxes de Cook, que mostra a Cook observando un sacrificio humano en Tahití c. 1773

Nesta etapa da viaxe, levou a un mozo tahitiano chamado Omai, que resultou ser algo menos coñecedor do Pacífico que Tupaia na primeira viaxe. Na viaxe de retorno pasou polas Illas Friendly, Illa de Pascua Illa Norfolk, Nova Caledonia e Vanuatu.

Antes de regresar a Inglaterra, Cook realizou un último varrido polo Atlántico Sur desde Cabo de Fornos e cartografou e tomou posesión para Gran Bretaña das Xeorxia do Sur, que foran exploradas polo explorador inglés Anthony de la Roché en 1675. Cook tamén descubriu e deu nome os Illotes Clerke Rocks e ás Illas Sandwich do Sur ("Sandwich Land"). A continuación, dirixiuse ao norte, a Suráfrica, e desde alí proseguiu a súa viaxe de regreso a Inglaterra. Os seus informes ao seu regreso acabaron co mito popular da Terra Australis.[57]

 
Mapa de James Cook de 1777 das Xeorxias_do_Sur, que bautizou co nome do rei Xurxo III

A segunda viaxe de Cook supuxo o emprego con éxito do reloxo marítimo K1 de Larcum Kendall copia do cronómetro mariño H4 de John Harrison, que permitiu a Cook calcular a súa posición lonxitudinal con moita maior precisión. O caderno de bitácora de Cook estaba cheo de eloxios para este cronómetro que utilizou para facer cartas do sur do océano Pacífico que eran tan notablemente precisas que copias delas aínda estaban en uso a mediados do século XX.[58]

Ao seu regreso, Cook foi ascendido ao rango de post-captain[n. 3] e concedéuselle unha xubilación honoraria da Royal Navy, cun destino como oficial do Hospital de Greenwich. Aceptou de mala gana, insistindo en que se lle permitise abandonar o posto se xurdía a oportunidade de entrar en servizo activo.[59] A súa fama estendeuse máis aló do Almirantazgo; foi nomeado membro da Royal Society e galardoado coa medalla de ouro Copley por completar a súa segunda viaxe sen perder un só home por mor do escorbuto.[60] Nathaniel Dance-Holland pintou o seu retrato; ceou con James Boswell; foi descrito na Cámara dos Lores como "o primeiro navegante de Europa".[19] Pero non podía manterse afastado do mar. Planeouse unha terceira viaxe, e Cook ofreceuse voluntario para atopar o Paso do Noroeste. Viaxou cara ao Pacífico e esperaba viaxar cara ao leste ata o Atlántico, mentres unha viaxe simultánea percorría a ruta oposta.[61]

Terceira viaxe (1776-1779)

editar
 
James Cook no anverso do medio dólar do Sesquicentenario de Hawai (1928).

Trala segunda viaxe Cook acadou o rango naval de Capitán e concedéuselle un retiro coma capitán do Hospital de Greenwich, porén preferiu seguir navegando, asumindo a misión de atopar o Paso do Noroeste, cruzando o Pacífico e cruzando por este paso ao océano Atlántico, mentres que outra misión tentaría o proceso inverso, cruzar dende o Atlántico ao Pacífico.

Con esta misión en 1776 toma o mando dos navíos HMS Resolution e o HMS Discovery, na que sería a súa terceira viaxe ao Pacífico. El tomaría outra vez a dirección do Resolution namentres que o Discovery estaría ás ordes do Capitán Charles Clerke.

Hawaii

editar

A viaxe planeouse ostensiblemente para devolver ao insular do Pagífico, Omai, a Tahití, ou así se fixo crer ao público. O obxectivo principal da viaxe era localizar un Paso do Noroeste ao redor do continente americano. [62] Tras deixar a Omai en Tahití, Cook viaxou cara ao norte e en 1778 converteuse no primeiro europeo en iniciar un contacto formal coas illas hawaianas.[63] Tras a súa recalada inicial en xaneiro de 1778 no porto de Waimea, Kauai, Cook bautizou o arquipélago co nome de "Illas Sandwich" en honra a cuarto conde de Sandwich -o primeiro Lord do Almirantazgo-[63], por aquel entón máximo responsable da Royal Navy.

América do Norte

editar

Desde as illas Sandwich, Cook navegou cara ao norte e despois ao nordeste para explorar a costa oeste de América do Norte ao norte dos asentamentos españois en Alta California. Avistou a costa de Oregón aproximadamente nos 44°30′ de latitude norte, bautizándoa co nome de Cabo Foulweather, en honra ao mal tempo que obrigou aos seus barcos a dirixirse cara ao sur até aproximadamente os 43° norte antes de que puidesen iniciar a exploración da costa cara ao norte.[64] Sen sabelo, navegou máis aló do Estreito de Juan de Fuca e pouco despois entrou no Estreito de Nutca, na Illa de Vancouver. Ancorou preto do pobo de Yuquot das Nacións Orixinarias. Os dous barcos de Cook permaneceron, do 29 de marzo ao 26 de abril de 1778, en Nootka Sound, o que Cook chamou Ship Cove, agora Resolution Cove,[65] no extremo sur de Bligh Island. As relacións entre a tripulación de Cook e os habitantes de Yuquot eran cordiais, pero ás veces tensas. Para comerciar, os yuquotenses esixían obxectos moito máis valiosos que as baratixas habituais que se aceptaban en Hawai. Os obxectos de metal eran moi desexados, pero o chumbo e o estaño cos que comerciaban ao principio pronto caeron en descrédito. Os obxectos máis valiosos que os británicos recibían no comercio eran peles de lontra mariña. Durante a estancia, os «anfitrións» yuquot controlaban esencialmente o comercio cos barcos británicos; os nativos adoitaban visitar os barcos británicos en Resolution Cove en lugar de que os británicos visitasen o pobo de Yuquot en Friendly Cove.[66]

Tras varios problemas que fixeron máis longa do previsto a estancia en dito arquipélago, Cook seguiu rumbo leste para explorar e cartografar a costa oeste de América do Norte, dende California ata o Estreito de Bering. Porén non foi quen de atravesar o estreito malia os varios intentos que fixo, desfacendo o camiño e volvendo a Hawai.

Chega de novo a Hawai en 1779 e pouco despois, o 14 de febreiro, cométese un roubo, uns nativos rouban un bote pertencente a Cook. A practica común en Tahití e noutras illas era tomar reféns ata que apareza o roubado pero Cook planea tomar como refén ao rei de Hawaii, Kalaniopuu, o que produce un gran altercado no que se dispara contra os nativos e estes matan a Cook.

Trala morte de James Cook Charles Clerke fíxose cargo da expedición e realizou un último intento de cruzar o Estreito de Bering, porén en 1780 estaban de volta en Londres sen conseguir o obxectivo.

Legado

editar

A distinción de Cook e a súa grande habilidade poden ser atribuídas á combinación da excelente arte no mar, a súa superior capacidade de recoñecemento e soltura no levantamento de planos, coraxe na exploración de lugares perigosos para confirmar os datos (por exemplo: baixou numerosas veces até o círculo polar antártico e explorou a Gran Barreira de Coral) e o seu sangue frío xunto coa procura das cadencias nas súas exploracións e o ir máis aló das instrucións dadas dende o Almirantado.

Cook ficou coñecido pola preocupación coa saúde e a alimentación da súa tripulación, obrigándoos a comer cítricos e chucrut, aínda que non se sabía porque estes alimentos evitaban a enfermidade. Na súa primeira viaxe, ningún membro da tripulación morreu de escorbuto, doenza causada pola falta de ácido ascórbico no organismo e responsábel da morte de moitos mariñeiros até o século XVIII. É considerado o pai da Oceanía.

 
As rutas do capitán James Cook. A primeira viaxe en cor vermella, a segunda viaxe en cor verde e a terceira viaxe en azul. A ruta da tripulación de Cook seguida despois da súa morte en liña descontinua en azul.

Galería de imaxes

editar
  1. A casa dos Walker é hoxe o Museo Conmemorativo do Capitán Cook.
  2. Naquela época aínda non se estableceu a liña internacional de cambio de data, polo que as datas do diario de Cook son un día anteriores ás aceptadas hoxe en día.
  3. Post-captain é unha forma obsoleta de capitán na mariña británica
Referencias
  1. wikisource (ed.). 1911 Encyclopædia Britannica/Cook, James (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro do 2016. Artigo sobre "James Cook" na Encyclopædia Britannica (1911) 
  2. Biografías y Vidas (ed.). "James Cook". La enciclopedia bibliográfica en linea (en castelán). Consultado o 28 de decembro do 2015. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Collingridge 2003
  4. James Lind. A treatise of the scurvy, 1753.
  5. 5,0 5,1 5,2 Rigby & van der Merwe 2002, p. 25
  6. Robson 2009, p. 2
  7. Stamp 1978, p. 1
  8. Frost, Alan (19 deoutubro de 2018). Mutiny, Mayhem, Mythology: Bounty's Enigmatic Voyage. Sydney University Press. p. 255. ISBN 978-1-74332-587-2. Arquivado dende o orixinal o 3 de agosto de 2020. Consultado o 2 de outubro do 2023. 
  9. Collingridge 2003, p. 15
  10. 10,0 10,1 Horwitz 2003
  11. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cuáquero.
  12. Hough 1994, p. 11
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 Rigby & van der Merwe 2002, p. 27
  14. "Famous 18th century people in Barking and Dagenham: James Cook and Dick Turpin" (PDF). London Borough of Barking and Dagenham. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 5 de xuño de 2012. Consultado o 3 de outubro do 2023. 
  15. Robson 2009, pp. 120–21
  16. Stamp 1978, p. 138
  17. Robson 2009, pp. 19–25
  18. McLynn 2011, p. 21
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 Williams, Glyn (17 de febreiro de 2011). "Captain Cook: Explorer, Navigator and Pioneer". BBC. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2011. Consultado o 3 de outubro do 2023. 
  20. Capper, Paul (1985–1996). "The Captain Cook Society: Cook's Log". Life in the Royal Navy (1755–1767). Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2012. Consultado o 3 de outubro do 2023. 
  21. Robson 2009, pp. 19–25
  22. McLynn 2011, p. 21
  23. Kemp & Dear 2005
  24. Hough 1994, p. 19
  25. Whiteley, William (1975). "James Cook in Newfoundland 1762–1767" (PDF). Newfoundland Historical Society Pamphlet Number 3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de maio de 2013. Consultado o 3 de outubro do 2023. 
  26. Cook, James; Bevis, J. (1 January 1767). "An Observation of an Eclipse of the Sun at the Island of New-Found-Land, August 5, 1766, by Mr. James Cook, with the Longitude of the Place of Observation Deduced from It". Philosophical Transactions of the Royal Society of London 57. pp. 215–216. doi:10.1098/rstl.1767.0025. 
  27. Government of Canada (2012). "Captain James Cook R.N.". Historic Sites and Monuments Board of Canada. Arquivado dende o orixinal o 8 de xaneiro de 2014. Consultado o 3 de outubro do 2023. 
  28. Hough 1994, p. 32
  29. Kippis, Andrew (1788). Narrative of the voyages round the world, performed by Captain James Cook; with an account of his life during the previous and intervening periods. Chapter 2. Arquivado dende o orixinal o 3 de outubro de 2018. Consultado o 3 de outubro do 2023. 
  30. Collingridge 2003, p. 95
  31. Rigby & van der Merwe 2002, p. 30
  32. Beazley, Charles Raymond (1911). "Cook, James". Encyclopædia Britannica 7 (11ª ed.). p. 71. 
  33. Beaglehole 1968, p. cix
  34. "The Sydney Morning Herald". National Library of Australia. 2 de maio de 1931. p. 12. Consultado o 3 de outubro do 2023. 
  35. "BBC – History – Captain James Cook". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2014. Consultado o 3 de outubro do 2023. 
  36. "Secret Instructions to Captain Cook, 30 June 1768" (PDF). National Archives of Australia. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de abril de 2020. Consultado o 3 de outubro do 2023. 
  37. Salmond, Anne (1991). Two worlds : first meetings between Māori and Europeans, 1642–1772. Auckland, N.Z.: Viking. ISBN 0-670-83298-7. OCLC 26545658. 
  38. Beaglehole (1974). pp. 198–200, 202, 205–07
  39. "Cook's Journal: Daily Entries, 22 April 1770". Arquivado dende o orixinal o 27 September 2011. Consultado o 3 de outubro do 2023. 
  40. "Voices heard but not understood". Gujaga Foundation (en inglés). 29 de abril de 2020. Consultado o 4 de outubro do 2023. 
  41. "Cook's Journal: Daily Entries, 29 April 1770". southseas.nla.gov.au. South Seas. Consultado o 4 de outubro do 2023. 
  42. Blainey (2020). pp. 141–43
  43. FitzSimons, Peter (2019). James Cook : the story behind the man who mapped the world. Sydney, NSW: Hachette Australia. ISBN 978-0-7336-4127-5. OCLC 1109734011. 
  44. Blainey (2020). pp. 146–57
  45. Beaglehole (1974). p. 230
  46. Blainey (2020). p. 287
  47. Robson 2004, p. 81
  48. Blainey, Geoffrey (2020) pp 220–21
  49. Cook, James (21 de agosto de 1770). "Cook's Journal: Daily Entries". National Library of Australia. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2020. Consultado o 28 August 2020. 
  50. Cook, James, Journal of the HMS Endeavour, 1768–1771, National Library of Australia, Manuscripts Collection, MS 1, 22 August 1770
  51. Beaglehole 1968, p. 468
  52. "The First Voyage (1768–1771)". The Captain Cook Society (CCS). Arquivado dende o orixinal o 3 de abril de 2020. Consultado o 4 de outubro do 2023. 
  53. "Captain Cook: Obsession & Discovery. (Part 2 of 4) – Britain on DocuWatch – free streaming British history documentaries". 2011. Arquivado dende o orixinal o 7 de abril de 2013. Consultado o 4 de outubro do 2023. 
  54. Hough 1994, p. 180
  55. McLynn 2011, p. 167
  56. Hough 1994, p. 182
  57. Hough 1994, p. 263
  58. "Captain James Cook: His voyages of exploration and the men that accompanied him". National Maritime Museum. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2007. Consultado o 28 de novembro do 2023. 
  59. Beaglehole 1974, p. 444
  60. Rigby & van der Merwe 2002, p. 79
  61. Hough 1994, p. 268
  62. Collingridge 2003, p. 327
  63. 63,0 63,1 Collingridge 2003, p. 380
  64. Hayes 1999, pp. 42–43
  65. "Resolution Cove" (en inglés). BC Geographical Names. Consultado o 19 de xullo do 2024. 
  66. Fisher 1979

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Beaglehole, John Cawte. Journals. do biógrafo de Cook e editor dos seus escritos.
  • Capper, Paul. Life in the Royal Navy (1755-1767), The Captain Cook Society: Cook's Log, 1985–1996.
  • Collingridge, Vanessa (Feb. 2003). Captain Cook: The Life, Death and Legacy of History's Greatest Explorer, Ebury Press, ISBN 0-09-188898-0.
  • Forster, Georg. A Voyage Round the World, ed. 1986 (publicado por primeira vez en 1777 como: A Voyage round the World in His Britannic Majesty's Sloop Resolution, Commanded by Capt. James Cook, during the Years, 1772, 3, 4, and 5), Wiley-VCH (1 de xaneiro de 1986). ISBN 978-3-05-000180-7
  • Hough, Richard (1994). Captain James Cook. Hodder and Stoughton. ISBN 978-0-340-82556-3. 
  • Horwitz, Tony (Oct. 2003). Blue Latitudes: Boldly Going Where Captain Cook Has Gone Before, Bloomsbury, ISBN 0-7475-6455-8
  • Lind, James (1753). A treatise of the scurvy.
  • McLynn, Frank (2011). Captain Cook: Master of the Seas. Yale University Press. ISBN 978-0-300-11421-8. 
  • Obeyesekere, Gananath (1992). The Apotheosis of Captain Cook: European Mythmaking in the Pacific Princeton University Press. ISBN 0-691-05752-4.
  • Rigby, Nigel; van der Merwe, Pieter. Captain Cook in the Pacific. National Maritime Museum, Londres UK, 2002. ISBN 0-948065-43-5.
  • Robson, John (2004). The Captain Cook Encyclopædia. Random House Australia. ISBN 978-0-7593-1011-7. 
  • Robson, John (2009). Captain Cook's War and Peace: The Royal Navy Years 1755–1768. University of New South Wales Press. ISBN 978-1-74223-109-9. 
  • Stamp, Tom and Cordelia (1978). James Cook Maritime Scientist. Whitby: Caedmon of Whitby Press. ISBN 978-0-905355-04-7. 
  • Sydney Daily Telegraph (1970). Captain Cook: His Artists - His Voyages. The Sydney Daily Telegraph Portfolio of Original Works by Artists who sailed with Captain Cook. Australian Consolidated Press, Sydney.
  • Villiers, Alan John. «James Cook, Seaman». Quadrant, vol. 1, 1 (Summer 1956–57), pàg. 7–16.
  • Villiers, Alan John (1903). Captain James Cook. Newport Beach, CA: Books on Tape, 1983.
  • Williams, G. (ed. 1997). Captain Cook's Voyages: 1768-1779. The Folio Society, Londres.
  • Williams, G. (Prof., 2002). Captain Cook: Explorer, Navigator and Pioneer, BBC History 2002

Ligazóns externas

editar