Mariñeiro, mariñeira
Un mariñeiro[1] é, no sentido máis amplo, aquela persoa que opera buques ou axuda na súa explotación, mantemento ou servizo. O termo aplícase aos profesionais das mariñas comerciais e pesqueiras, ao persoal militar das armadas e aos profesionais certificados e afeccionados á náutica de recreo.
Ademais do sentido amplo -no que se refire a todo, desde grumete até almirante-, nas mariñas, o termo "mariñeiro" designa, en sentido restrinxido, un ou varios rangos dentro da categoría de persoal de enrolado. Así mesmo, na mariña mercante, o termo "mariñeiro" fai referencia a unha ou varias categorías profesionais de persoal de cuberta, dentro do nivel da mariña.
Terminoloxía
editarOs termos pescador, pescadora ou pescantín están relacionados, segundo o DRAG, pero non son sinónimos totais de mariñeiro, xa que só se refire a un "mariñeiro que pesca con liña" ou a unha persoa que pesca por afección no mar ou no río.
En galego reintegracionista e en lingua portuguesa, o termo marinheiro ten o mesmo significado que na normativa oficial do galego.[2][3]
Na mercante
editarOs profesionais da mariña mercante teñen varios nomes: En galego normativo son chamados mariñeiros ou mariños.[4] En Portugal, denomínanse xenericamente marítimos. No Brasil, todos os profesionais da mercante son designados globalmente como aquaviários, que se dividen en varios grupos.
Existen varias especializacións e categorías dentro da profesión de mariñeiro. A súa certificación segue normas establecidas internacionalmente. Na mariña mercante, as distintas especializacións agrúpanse en varias carreiras, sendo as principais de cuberta, maquinaria, de cámaras, radiotécnica e de sanidade.
Notas
editar- ↑ "mariñeiro". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-11-09.
- ↑ "Significado de marinheiro no Dicionário Estraviz". estraviz.org. Consultado o 2024-11-09.
- ↑ S.A, Priberam Informática. "Dicionário Priberam da Língua Portuguesa". Dicionário Priberam da Língua Portuguesa (en portugués). Consultado o 2024-11-09.
- ↑ "mariño". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-11-09.
Véxase tamén
editarVexa a entrada do Galizionario acerca de Mariñeiro, mariñeira |
Outros artigos
editar- ----
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|