Baía Botany

baía de Sydney

A baía Botany (en inglés: Botany Bay) é unha enseada do océano Pacífico Sur situada na costa sueste de Australia. Administrativamente, pertence ó estado de Nova Gales do Sur.

Modelo:Xeografía físicaBaía Botany
Imaxe
Tipobaía Editar o valor en Wikidata
Parte deMar de Tasmania Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaSydney, Australia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 33°59′S 151°11′L / -33.98, 151.18
Afluentes

Atópase ó sur de Sydney ó saír de Port Jackson e conta con preto de dez quilómetros de extensión. As súas costas están rodeadas polos suburbios de Sydney.

Historia

editar

A baía foi o escenario do primeiro desembarco de europeos en Australia, ocorrido en 1770, cando arribou a ela o capitán James Cook; este deulle o nome de «Botany» (Botánica) pola súa gran variedade de plantas.[1]

Botany foi elixida en 1787 como a localización para unha colonia penal. Porén a baía foi descartada á chegada dos colonos ó lugar, realizándose o asentamento en Port Jackson.[2]

  1. "Botany Bay". Geographical Names Board of NSW (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2016. Consultado o 19 de xullo de 2018. 
  2. L. Sturgess, Gary (2015). "First Fleet". Dictionary of Sydney (en inglés). Dictionary of Sydney Trust.