Igrexa (arquitectura)

edificio relixioso do cristianismo
(Redirección desde «Igrexa parroquial»)

Unha igrexa (do latín ecclesia, e esta do grego ἐκκλησία [ekklēsía], 'asemblea', 'convocación') é un edificio usado para o rezo ou para outros servizos relixiosos públicos, referíndose xeralmente aos da adoración cristiá. O termo para definir o edificio dedicado a adoración é Templo.

Catedral de Santiago de Compostela

Historia

editar

Os primeiros cristiáns reuníanse en pequenos grupos na vivenda dalgún dos membros. Co crecemento do cristianismo e fundamentalmente, coa adopción deste como relixión oficial, fíxose precisa a existencia de edificios dedicados aos usos relixiosos. Nun principio adaptouse a basílica romana, un edificio de uso civil e xeralmente de planta rectangular cunha nave central máis alta e nalgúns casos co engadido dunha ábsida. Os cambios na liturxia e unha intención simbólica levou á planta en forma de cruz, ben grega ou latina (que acolle a máis fieis).

Arquitectura relixiosa

editar
 
Planta da Catedral de Peterborough, do século XII, na que se ve a forma de cruz latina.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar