Adolescencia

fase de desenvolvemento psicolóxico e físico do ser humano

A adolescencia é unha fase de desenvolvemento psicolóxico e físico do ser humano, entre a infancia e a madureza plena. O adolescente, en xeral, aínda non consegue autoafirmación emocional e economicamente na sociedade. A adolescencia engloba a preadolescencia (Dos 9/10 aos 12/13 anos de idade, aproximadamente) e a adolescencia propiamente dita (Dos 13/14 aos 19/20 anos)

Grupo de adolescentes en Oslo
Adolescentes

A pasaxe da infancia para a adolescencia está marcada polas transformacións físicas e fisiolóxicas da puberdade, que, xeralmente, ocorre antes dos 13 anos de idade. A idade considerada normal para o paso a adulto (maioridade) varía moito segundo as culturas. Por exemplo, no Xapón, en xaneiro, celébrase a cerimonia da maioridade (ou 成人式) (ver Calendario Xaponés).

Adolescentes

editar

No Xapón, o termo joshi-kousei (女子高生, son as estudantes femininas de ensino medio) é usado por rapazas de 16 a 18 anos. Elas, frecuentemente, denótanse polas súas obsesións pola roupa, cultura pop e teléfonos celulares. Elas son frecuentemente branco de fantasías sexuais e incluso do ridículo polas mesmas obsesións que as caracterizan. A prostitución por parte delas, chamada enjo kosai (援助交際), tornouse unha preocupación social xaponesa a partir da década de 1990.

Na lingua inglesa, orixinariamente teen era utilizado para designar unha franxa de idade, que vai dos 13 (thirteen) até os 19 (nineteen). O significado recente da palabra teen - adolescente - comezou a ser utilizado soamente a partir do século XX.

Psicoloxía dos adolescentes

editar
 
Adolescente deprimida

A madureza física crea un interese en actividades sexuais, levando ás veces á gravidez na adolescencia. Como eles poden non ser emocionalmente maduros de abondo e/ou financeiramente capaces de sustentar un fillo, ese proceso acostuma ser moi problemático.

A esa idade, xa hai a posibilidade de abuso de drogas e alcohol, ou problemas mentais coma a esquizofrenia, a anorexia, a bulimia e maila depresión.

A busca dunha identidade é un dos problemas que os adolescentes constantemente enfrontan. Eles comezan a facer preguntas de carácter metafísico sobre o sentido da vida.

A esa idade, modelos como xogadores e cantantes famosos son populares, e os adolescentes moitas veces mostran desexos de seren parecidos a aqueles escollidos como modelos. Por esta razón, tales modelos son frecuentemente criticados polo seu comportamento, dado o perigo de adolescentes aos copiaren.

Significancia social

editar

Os adolescentes son un branco cobizado polo comercio. Teléfonos celulares, música contemporánea, xogos electrónicos e roupas "de moda" son populares entre adolescentes.

No pasado (e aínda presente nalgunhas culturas) había cerimonias que celebraban a pasaxe da adolescencia ao mundo adulto, xeralmente ocorrendo na adolescencia. Jenpuku (de idade a, de maior, do xaponés) é un exemplo.

editar

En moitos países, as persoas maiores dunha certa idade (18 anos, en varios casos, a pesar de variar de país a país) son legalmente considerados adultos. Persoas que teñen menos que esa delimitada idade poden ser considerados novos ademais como para seren considerados culpables de crimes. Isto chámase ''defensa da infancia''. O dereito a votar en eleccións dáse a persoas maiores de 16 a 21 anos, en moitos países.

A venda de certos produtos como cigarros, alcohol, filmes e xogos electrónicos con contido sexual ou violento é constantemente prohibido a menores de idade. Tales restricións varían bastante. Na práctica, é común que os novos comecen a beber ou fumar antes da maioría de idade, e nalgunhas culturas, isto é tolerado, moi estendido.

Dada a inmaturidade emocional dos adolescentes, moitos países consideran a estes menores dunha certa idade demasiado novos como para manteren relacións sexuais, aínda que tales mozos sexan fisicamente capaces. Tal materia foi recollido no libro de Vladimir Nabokov, Lolita. Clinicamente, a pedofilia é definida como o interese sexual nos cativos, pero na práctica pode tamén producir interese sexual en adolescentes, co seu corpo en desenvolvemento. En moitos países, o sexo con adolescentes tornouse un problema social, e é considerado un delito grave. Países sen leis que protexan aos cativos e ao adolescente poden tornarse protectores do turismo sexual infantil.

A pornografía implicando a persoas por debaixo de certa idade (xeralmente 18 anos) é tamén considerado inaceptábel e está prohibido na maioría dos países.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar