Xosé Luís Méndez Ferrín
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938[1], é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea.[2] Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000,[1] e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010[3][4] até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente.[5] O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.[6]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De neno viviu na casa materna na rúa da Reza de Ourense. O seu pai, Venancio Méndez Feijóo, era fillo dun comerciante de Vilanova dos Infantes; e a súa nai, María Ferrín Novoa, era filla do mestre e xornalista Ángel Ferrín Moreiras[7]. A súa infancia e primeiros estudos transcorreron en Ourense, con estadías tamén, que se manterán ó longo da súa vida, na casa paterna de Vilanova dos Infantes. Estes dous espazos foron protagonistas de moitos dos seus poemas, relatos e novelas.[8] En Ourense fixo o primeiro curso de Bacharelato, e en 1949 trasladouse coa súa familia a Pontevedra, onde rematou os estudos de grao medio no Instituto da cidade. Nesa etapa foi tomando conciencia da realidade lingüística e cultural e do papel que o galeguismo de preguerra, coa silenciada figura de Castelao ao fondo, desempeñara na reconstrución nacional. Alí formouse na biblioteca de Andrés e Jesús Muruais, e publicou os seus primeiros textos na revista Litoral co pseudónimo de Laín Feixoo.[9]
En 1955 a súa familia trasladouse a Vigo, e el foi estudar Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Alí tomou contacto co galeguismo cultural nucleado na Editorial Galaxia en torno á figura de Ramón Piñeiro, pero non tardou en reclamar unha nova articulación da oposición política ao franquismo e do propio nacionalismo, o que provocou a súa expulsión, xunto con outros mozos, do Consello da Mocedade. En 1956 foi primeiro premio de poesía nas Festas Minervais de Santiago. En 1957 foi vivir a Madrid e tres anos despois licenciouse en Filoloxía Románica (especialidade de Literatura[10]) na Universidade Complutense,[11] a memoria final titulouse Aspectos de la poesía de Eduardo Pondal. Nesta cidade mantivo estreito contacto cos focos galeguistas e de esquerda alí localizados. Así, en 1958, creouse o grupo Brais Pinto, constituído en torno á editorial do mesmo nome. En 1961 seguiu un curso de cultura inglesa na Universidade de Oxford, e entre 1963 e 1965 fixo diversas viaxes por Europa. Tras facer o servizo militar nas illas Canarias, entre 1962 e 1964 foi mestre no Colexio Fingoi de Lugo, até que en 1965 obtivo a Cátedra de Lingua e literatura Española do Instituto Santa Irene de Vigo instalándose finalmente nesa cidade.[12]
Debido á súa actividade política foi procesado en tres ocasións -a última, cando xa estaban en vigor as institucións democráticas españolas-, sufrindo torturas e varios ingresos no cárcere.[13] Durante a súa estancia no penal de El Dueso (Cantabria) escribiu Retorno a Tagen Ata e Antón e os inocentes.
Con motivo da súa xubilación de profesor de literatura no Instituto Santa Irene, a Universidade de Vigo publicou en 2008 o poema “A un meu fillo” en dezaoito linguas.[14] Tamén é columnista no xornal Faro de Vigo e dirixe a revista de pensamento crítico A Trabe de Ouro,[15] que ten marcado de xeito notábel na última década o devir da nosa cultura coa difusión de problemas e investigacións sobre cuestións diversas con aproximacións interdisciplinares e baixo unha dupla perspectiva nacional e universal.
É autor de múltiples colaboracións en A trabe de Ouro, Boletín da Real Academia Galega, Grial, Follas Novas, Raigame, Maremagnum, La Ortiga e Boletín galego de literatura.[16]
Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo desde 1999 está tamén moi ligado á Universidade de Vigo.[17]
A súa tese de doutoramento na USC, dirixida por Ricardo Carvalho Calero, está recollida no libro De Pondal a Novoneira.
Xosé Luís Méndez Ferrín foi proposto ó Premio Nobel de Literatura pola Asociación de Escritores en Lingua Galega.[18] Foi galardoado con moitos premios coma o Premio da Crítica, Premio da Crítica Española, Premio da Crítica de Galicia, Premio Losada Diéguez ou o Premio Eixo Atlántico de narrativa galega e portuguesa. No 2008 recibiu o Premio Nacional de Literatura,[19] que integra os Premios Nacionais da Cultura Galega.
Actividade política
[editar | editar a fonte]Xa en 1958 formaba parte do grupo plástico-literario Brais Pinto, de tendencia nacionalista e moi influído pola estética beat. Nas súas viaxes por Francia e Inglaterra tomou contacto co marxismo, un feito transcendental para a súa biografía mais tamén para a evolución do nacionalismo galego na segunda metade do século XX. En sintonía con exiliados coma Luís Soto, Méndez Ferrín xulgou única saída posible para a Galicia contemporánea a fusión entre galeguismo radical e marxismo-leninismo, consonte os movementos de liberación nacional que triunfaban en Cuba, Vietnam ou Alxeria. Este proceso ideolóxico culminou, en 1964, na creación da Unión do Povo Galego. Debido á súa actividade política, Ferrín foi acusado de propaganda ilegal en 1967 e estivo detido na prisión do Príncipe de Vigo. En 1968 foi procesado por rebelión militar pero a causa finalmente foi sobresida. En 1969, durante o estado de excepción, volve ser detido, xulgado e condenado a dous anos de cárcere por propaganda ilegal, dos que cumpriu parte en diversos penais.
En 1972, debido ás folgas de maio e setembro en Vigo, houbo contra el unha orde de busca e captura o que o obrigou a pasar á clandestinidade. Membro do Consello da Mocidade, do que foi expulsado, en 1977 participou na formación da Unión do Povo Galego-liña proletaria, que se converterá en 1978 no Partido Galego do Proletariado, e en 1979 na Organización de Liberación Nacional Galicia Ceibe. En 1980 foi detido baixo a acusación de tenza de armas, pasou tres meses no cárcere de Segovia antes de ser posto en liberdade, xulgado pola Audiencia Nacional quedou absolto. Posteriormente sostivo iniciativas políticas e sociais como as Redes Escarlata e foi membro destacado da organización política FPG (Frente Popular Galega). En 2009 integrou como número 6 a lista electoral denominada Iniciativa Internacionalista nas eleccións europeas, que encabezaba Alfonso Sastre e que foi recorrida ante o Tribunal Supremo. En 2014 adheriuse á Marea de Vigo.[20] En 2015 e 2016 foi candidato ao Senado por En Marea.[21][22]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]En 1962 casou con María Xosé Queizán, e tiveron unha filla e un fillo, Cristal (1964) e Roi. En 1983 casou coa profesora, escritora e sindicalista Moncha Fuentes Arias, e foron pais da poeta Oriana Méndez.[23]
Traxectoria literaria
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]Toda a narrativa de Ferrín réxese, en xeral, por uns mesmos principios que lle confiren certa unidade: no transcorrer da mesma vanse repetindo temas, personaxes, espazos e técnicas narrativas. Asemade toda ela liga coa tradición literaria galega e coa literatura universal do século XX. As principais características son:
- Preocupación crítica e revolucionaria polos problemas de Galiza.
- Intertextualidade: repítense personaxes e espazos, e incorpóranse tamén outros pertencentes a outras obras literarias de todos os tempos.
- Flutuación entre o real e o ficticio.
- Recorrencia ó mundo onírico, ás veces difícil de distinguir do real.
- Presenza do misterioso, do inexplicable, e predominio da violencia e a morte.
- Creación de espazos literarios (Tagen Ata, Terra Ancha...), e abundancia de espazos pechados.
- Nas tres primeiras obras as personaxes son antiheroes, mentres que a partir de Retorno a Tagen Ata aparecen con frecuencia o heroe revolucionario e os seus antagonistas: o traidor e o inimigo.
- Ás veces as personaxes sofren metamorfoses e transfórmanse.
- Desenlaces sorprendentes e paradoxais.
As súas contribucións son Percival e outras historias (1958): na liña da Nova Narrativa. O crepúsculo e as formigas (1961): espello do ambiente abafante da época. Arrabaldo do norte (1964): obxectalismo e lirismo. Retorno a Tagen Ata (1971): alegoría política das nacións sometidas. Elipsis e outras sombras (1974): relatos sobre un aterrador fondo de violencia institucional. Antón e os inocentes (1976): novela paralelística protagonizada por dous mozos nacionalistas. Crónica de Nós (1980): crónica xeracional dun friso lírico da Galicia do século XX. Amor de Artur (1982): materia da Bretaña. Arnoia Arnoia (1985): viaxe circular iniciática, pensada como narrativa xuvenil. Bretaña Esmeraldina (1987): novela densa e barroca protagonizada por un independentista bretón. Arraianos (1991): historia da raia ourensá-portuguesa, metáfora do mundo) e No ventre do silencio (1999): recupera a historia dunha xeración de universitarios composteláns, no remate dos anos 50.[24]
En 2020 recuperouse a súa novela Os corvos, a figueira e a fouce de ouro. Por esta obra o autor foi encarcerado en 1969, acusado dun delito de propaganda ilegal. Asinada co pseudónimo Laín Feixoo, a restauración do texto foi obra de Fernando Ramallo.[25]
Poesía
[editar | editar a fonte]Comeza con Voce na néboa (1957): versolibrismo, aliteracións, Escola da Tebra. Continúa con Antoloxía Popular (1972) e Sirventés pola destrucción de Occitania (1975) (recollidadas en Poesía enteira de Heriberto Bens,1980): poemas elexíacos dirixidos na súa maioría a persoeios do pasado. A publicación en 1976 de Con pólvora e magnolias, vai significar un cambio dentro da poesía galega. Supuxo un redescubrimento das posibilidades da linguaxe, dos recursos formais, da dimensión estética do poema e dos temas nun momento en que a poesía socialrealista descendera de calidade debido aos excesos que dela se fixeran[26]. O fin dun canto (1982) no que destacan o culturalismo, o ton elexíaco e a presenza da morte. Erótica (1984) son estampas da arte amatoria. Estirpe (1994) é unha recreación da historia de Galicia por medio da poetización da paisaxe.[24] Contra Maquieiro (2005): unha revisión do século XX, desde a Guerra de Cuba até o seu esmorecemento, e érguese nunha bandeira contra o capitalismo, invocando a Razón e o valor para o verso.[27]
Ensaio
[editar | editar a fonte]Destaca De Pondal a Novoneyra, un libro de consulta, de biografías e crítica literaria, de referencia para o estudo da poesía galega contemporánea, publicado no ano 1984 por Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Xerais Universitaria.
“ | …ven constituir a meirande contribución á historia da lírica galega contemporánea, amais de que algúns dos estudios contidos nel deixan de seren simplemente capítulos dun magnífico manual para se convertiren en auténticos estudios monográficos sobre das figuras senlleiras da nosa recente historia literaria. [sic] | ” |
— contraportada |
Ademais leva publicado multitude de artigos sobre os máis variados temas, destacando a súa columna semanal no Faro de Vigo.
Etapas na súa obra
[editar | editar a fonte]O Diccionario da Literatura Galega sinala tres etapas na súa obra:[24]
- Primeira: marcada pola reacción contra o epigonismo galego e a apertura a outras culturas. As achegas son en poesía Voce na néboa e na narrativa Percival e outras historias, O crepúsculo e as formigas e Arrabaldo do norte.
- Segunda: marcada polo protagonismo que a realidade política alcanza no mundo diexético. As achegas son a poesía de Poesía enteira de Heriberto Bens e a narrativa de Retorno a Tagen Ata, Elipsis e outras sombras, Crónica de Nós e Antón e os inocentes.
- Terceira: marcada polo retorno á fantasía mítico-primitivista dos comezos. As achegas poéticas son Con pólvora e magnolias, O fin dun canto, Erótica e Estirpe. En narrativa, Amor de Artur, Arnoia Arnoia, Bretaña Esmeraldina, Arraianos e No ventre do silencio.
Obras publicadas
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Voce na néboa (1957). Vigo: Alba.
- Antoloxía Popular (1972). Uruguai: Patronato da Cultura Galega de Montevideo. Co heterónimo de Heriberto Bens.
- Sirventés pola destrucción de Occitania (1975). Roi Xordo.
- Con pólvora e magnolias (1976). Imprenta Minerva. Ed. en Xerais de Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer en 1989 e 2019, 104 páxs., ISBN 978-84-9121-489-2. Premio da Crítica.[28] Traducido ao castelán no 1994, en Hiperión.
- Poesía enteira de Heriberto Bens (1980). Vigo: Xerais. Ed. de Anxo Angueira, 1999, 136 páxs., ISBN 978-84-8302-359-4.
- O fin dun canto (1982). A Coruña: Edicións Nós. Edición de Vicente Araguas en Xerais, 1995, 112 páxs. ISBN 978-84-7507-913-4.
- Erótica (1992). Debuxos de Francisco Leiro. Ourense: Eloy Lozano. ISBN 84-8015-000-9.
- Estirpe (1994). Vigo: Xerais. 152 páxs. ISBN 978-84-7507-807-6. Premio Losada Diéguez. Edición en 2019.[29]
- O outro (2002). Co gravador Manuel Facal. Producións Culturais Artesa.[30]
- Contra Maquieiro (2005). Vigo: Xerais. 80 páxs. ISBN 978-84-9782-399-9. Premio Losada Diéguez. Traducida ao castelán.[31]
- Era na selva de Esm (2005). A Coruña: Espiral Maior. 110 páxs. ISBN 84-96475-01-8.[32]
- Poesía fundamental: 1976-2005 (2011). Madrid: Calambur. Cinco obras en edición bilingüe galego-castelán de Eloísa Otero e Manuel Outeiriño. 517 páxs. ISBN 9788485392212. Prólogo de Antonio Gamoneda.[33]
- En espiral (2024). Santiago: Chan da Pólvora, Col. Cova da lontra. Antoloxía realizada por Daniel Salgado.[34] ISBN 978-84-127711-3-8.
- Poesía reunida de X. L. Méndez Ferrín (2024). Edición de Anxo Angueira. Vigo: Xerais.[35] 552 páxs. ISBN 978-84-1110-579-8. ePub: ISBN 978-84-1110-578-1.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Percival e outras historias (1958). Vigo: Galaxia.[36] Ed. en Xerais, 2013, 4ª ed., 104 páxs. ISBN 978-84-9914-541-9. ePub: ISBN 978-84-9914-555-6.
- O crepúsculo e as formigas (1961). Vigo: Galaxia. En Xerais, 21ª ed., 2004, 120 páxs. ISBN 978-84-9782-127-8. ePub: ISBN 978-84-9914-955-4.
- Arrabaldo do norte (1964). Vigo: Galaxia. Ed. de Xerais, 1999, 88 páxs. ISBN 978-8483024256.
- Retorno a Tagen Ata (1971). Vigo: Edicións Castrelos. Ed. de Xerais, 1996, 128 páxs., ISBN 978-8475079646. Traducida ao asturiano[37] e ao éuscaro.[38]
- Elipsis e outras sombras (1974). Vigo: Galaxia. Ed. en 1983 en Xerais, incluíndo xa o conto Elipsis, censurado. Ed. de 1995, 112 páxs. ISBN 978-84-7507-907-3.
- Elipsis y otras sombras (2024). Cuatro lunas. Tradución de María Alonso Seisdedos. Prólogo de Xabier Cordal. Epílogo de Lindsay Semel. ISBN 978-84-19783-20-2.
- Antón e os inocentes (1976). Xistral. Vigo: Xerais (2019), 176 páxs., ISBN 978-84-9121-507-3. ePub: ISBN 978-84-9121-510-3.
- Crónica de nós (1980). Vigo: Xerais. En 2004, 5ª ed., 136 páxs. ISBN 978-84-9782-246-6. Traducida ao castelán.[39]
- Amor de Artur e novos contos con Tagen Ata ao lonxe (1982). Vigo: Xerais. 193 páxs. ISBN 978-8475070568.[40] Amor de Artur: 10ª ed., 128 páxs. ISBN 978-84-9782-252-7. ePub: ISBN 978-84-9914-959-2
- Amor de Artur. Fría Hortensia (1987). Vigo: Xerais. 75 páxs. Ilustracións de Manuel Quintana Martelo.
- Bretaña Esmeraldina (1987). Vigo: Xerais.[41] 2ª ed. en 2007, 448 páxs. ISBN 978-84-9782-610-5. Traducida ao castelán,[42] ao catalán[43] e ao portugués.[44]
- Contos (1988). Vigo: Xerais, Biblioteca das Letras Galeas. Edición de Sonsoles López. ISBN 9788475073446.
- Arraianos (1991). Vigo: Xerais.[45]. En 2004 11ª ed., 200 páxs. ISBN 978-84-9782-128-5. ePub: ISBN 978-84-9914-520-4. Traducida ao castelán,[46] ao éuscaro[47] e ao portugués.[48]
- No ventre do silencio (1999). Vigo: Xerais.[49] 4ª ed., 1999, 192 páxs. ISBN 978-84-8302-369-3. Traducida ao portugués[50] e ao castelán.[51]
Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- Arnoia, Arnoia (1985). Vigo: Xerais. Edición en Fóra de Xogo (2007), 124 páxs., ISBN 978-84-9782-603-7. Traducida ao castelán en Anaya, no 1990, por Xavier Rodríguez Baixeras. Lista de Honra do IBBY, 1988.
Teatro
[editar | editar a fonte]- Celtas sen filtro, escrita en colaboración con Artello e estreada en 1983. En 2015 levouna á escena Teatro Airiños baixo a dirección de Esther F. Carrodeguas.[52]
- Arnoia, Arnoia foi adaptada ao teatro polo Centro Dramático Galego en 2018, dirixida por Quico Cadaval,[53] nunha mestura de circo e teatro.[54]
Ensaio
[editar | editar a fonte]- De Pondal a Novoneyra (1984). Vigo: Xerais. 320 páxs. ISBN 978-8475074603.
- Vigo: fronteira do alén (1988). Vigo: Ir Indo. Fotografías de Xulio Gil Rodríguez. 255 páxs. ISBN 978-8476800249. Edición en galego, castelán e inglés.
- A poesía galega vista desde os relanzos derradeiros do século XX (2000). Real Academia Galega: discurso lido na recepción pública o día 30 de setembro de 2000, no acto da súa recepción, polo ilustrísimo señor don Xosé Luís Méndez Ferrín e reposta do ilustrísimo señor don Ramón Lorenzo Vázquez.[55]
- Co son honrado das antigas falas (2001). Fundación Otero Pedrayo-Galaxia. 80 páxs. ISBN 978-84-920781-6-5.
- Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos (2007). Vigo: Xerais. 504 páxs. ISBN 978-84-9782-642-6.
- Alturas de Marcosende (2019). Vigo: Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo. 8 páxs. ISBN 9788481588149.
- Castelao é noso (2024). Santiago: Alvarellos. 92 páxs. ISBN 978-84-18567-61-2. En edición de Fernando Ramallo reúne escritos sobre Castelao do autor.
- Primeiro foi Galicia (2024). Santiago: Alvarellos. En edición de Fernando Ramallo reflexiona sobre as históricas relacións (e silencios) entre Galicia e Portugal, e sobre a importancia do reino Suevo na Gallaecia.[56] 104 páxs. ISBN 978-84-18567-62-9.
Artigos xornalísticos
[editar | editar a fonte]- Dosinda Areses. Prosas completas (1998). Vigo: Xerais. 183 páxs. ISBN 978-84-8302-259-7. Artigos publicados co pseudónimo de Dosinda Areses en El Pueblo Gallego, Hoja del Lunes e A Nosa Terra entre 1979 e 1983. Edición de Antón Capelán.[57]
- Un escritor nos xornais: artigos periodísticos (2001). Universidade de Santiago de Compostela. 176 páxs. ISBN 84-8121-958-4. Colaboracións no Faro de Vigo no ano 2000.
- Nós, Galiñeiro (2012). Instituto de Estudos Miñoranos. ISBN 9788469540961. Artigos en diversos medios relacionados coa zona.
- Arraiano entre arraianos (2017). Santiago: Edicións Positivas/Revista Arraianos. 190 páxs. ISBN 978-8494661389.[58] Artigos de tema arraiano publicados no Faro de Vigo. Adral de Xosé Benito Reza, Limiar de Aser Álvarez.
- No fondo dos espellos (2020). Universidade de Vigo. 480 páxs. ISBN 9788481588705. Recolle integramente os seis últimos anos de "No fondo dos espellos", a sección que, sábado a sábado, X. L. Méndez Ferrín publicou no Faro de Vigo desde 2007.[59] Tres volumes: 2020, 2021 e 2022.[60]
Edición
[editar | editar a fonte]- O Cancioneiro de Pero Meogo (1966). Vigo: Galaxia. ISBN 978-8471540348.
Conversas
[editar | editar a fonte]- caño, X. M. Conversas con Méndez Ferrín: historia, literatura, nación (2005). Vigo: Xerais. 240 páxs. ISBN 978-8497823906.
Tradución
[editar | editar a fonte]- Canción galega: comedia en prosa dividida en tres actos, de José G. Posada-Curros e Luis de Gálvez Rodríguez (1991). Vigo.
- A raposa e as uvas, de Guilherme Figueiredo (1994). Teatro Keyzán.
- Nin me abandonarás nunca, de José G. Posada Curros e Luis de Gálvez (1995). Xunta de Galicia.
- Taronja de cel de novembre. Laranxa de ceo de novembro, de Lluis Alpera (1999). 7 i mig, Valencia. Edición bilingüe.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- O porvir da lingua galega (1968). Círculo de las Artes, Lugo.
- Catro narracións (1977). Ediciós do Castro.
- Antoloxía da poesía galega actual. Nordés (1978). Ediciós do Castro.
- I Festival de Poesía no Condado (1981). S. C. D. Condado.
- II Festival da Poesía do Condado (1982). S. C. D. Condado.
- III Festival da Poesía no Condado (1983). S. C. D. Condado.
- VI Festival da Poesía no Condado (1986). S. C. D. Condado.
- VIII Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1988). S. C. D. Condado.
- Sede central. 1 (1988). Clube Cultural Adiante.
- IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1989). S. C. D. Condado.
- Celanova (1989). Ir Indo.
- Celso Emilio Ferreiro (1912-1979: unha fotobiografía (1989). Xerais.
- Sede Central. Relatos 2 (1990). Clube Cultural Adiante.
- XI Festival da Poesia no Condado (1991). S. C. D. Condado.
- Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995). Ediciós do Castro.
- Relato contemporáneo 1 (1995). Xerais. Ed. de Ilda Nogareda.
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
- 16 poemas galegos para Ernesto Che Guevara contra a súa morte (1967-1973) (1997). Universidade de Santiago de Compostela.
- Alguén agarda que volva alí (1998). Fotografías de Maribel Longueira, con textos de autores. Ed. da autora.
- Clásicos e modernos: tres leituras poéticas (1999). Universidade da Coruña.
- Novos exercicios de estilo (2000). Universidade da Coruña.
- A poesía é o gran milagre do mundo (2001). PEN Clube de Galicia.
- Poetas e narradores nas súas voces. I (2001). Consello da Cultura Galega.
- Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 (2003). Tris Tram. Edición ao coidado de Arturo Casas.
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003) Fundación Araguaney.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003). Espiral Maior.
- Xuro que nunca volverei pasar fame (2003). Difusora.
- Xela Arias, quedas en nós (2004). Xerais.
- De Manuel María a Ferrín: a grande xeración (2006). Real Academia Galega. Con Darío Xohán Cabana.
- Poemas pola memoria (1936-2006) (2006). Xunta de Galicia.
- Poetízate. Antoloxía da poesía galega (2006). Xerais.
- 25 anos. Mostra Internacional de Teatro Ribadavia (2009). Difusora. Con Inma López Silva e Roberto Pascual.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009). Difusora.
- Erato bajo la piel del deseo (2010). Sial Ediciones.
- Á beira de Beiras. Homenaxe nacional (2011). Galaxia.
- Tamén navegar (2011). Toxosoutos.
- Vieiros de palabra. Terra de Celanova-Baixa Limia en letras de autor (2012). Librería Conde, Celanova.
- Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González (2016). Fervenza.
- Arredor das Irmandades da Fala (2016). Xerais.
- 1936. O Estatuto esquecido (2016). Guiverny.
- Aires de poesía. Escolma de poetas da bisbarra de Celanova[61][62][63]. Aira editorial, 2023. ISBN 978-84-125593-7-8
Premios
[editar | editar a fonte]- 1956: Primeiro premio de poesía nas Festas Minervais de Santiago de Compostela polo poema Adeus.
- 1956: Premio Cao Tumer en Buenos Aires por Nove historias.[64]
- 1975: Accésit no Premio Modesto R. Figueiredo, por Sibila.[65]
- 1977: Premio da Crítica, por Con pólvora e magnolias.[66][67]
- 1983: Premio Álvaro Cunqueiro, dotado con dous millóns de pesetas e concedido pola Xunta de Galicia, foi rexeitado polo autor por «motivos de conciencia» e por estar promovido pola Xunta de Galicia.[68]
- 1985: Premio Celanova, Casa dos Poetas.
- 1987: Premio Pedrón de Ouro.
- 1988: Premio da Crítica de Galicia de creación literaria, por Bretaña, Esmeraldina.
- 1988: Lista de honor do IBBY, por Arnoia, Arnoia.[69]
- 1991: Premio Losada Diéguez de creación literaria, por Arraianos.
- 1991: Premio da Crítica de narrativa galega, por Arraianos.
- 1992: Dolmen de Prata. Instituído polo concello de Muíños, foille entregado 14 anos despois o 13 de xaneiro de 2006 [70][71].
- 1994: Premio da Crítica de poesía galega, por Estirpe.
- 1995: Premio Losada Diéguez de creación literaria, por Estirpe.
- 1999: Premio Eixo Atlántico de narrativa galega e portuguesa en 1999, por No ventre do silencio.
- 1999: Premio da Crítica de narrativa galega, por No ventre do silencio.
- 2000: II premio Roberto Blanco Torres de Xornalismo de Opinión, por Un escritor nos xornais: artígos periodísticos.
- 2001: Premio Trasalba en 2001.
- 2006: Premio Losada Diéguez de creación literaria, por Contra Maquieiro.
- 2008: Premio Nacional de Literatura.
- 2008: Premio Fernández Latorre.[72]
- 2009: Arraiano Maior [73][74][75].
- 2010: Xuíz Honorario do Couto Mixto.
- 2012: Premio Otero Pedrayo.[76]
- 2013: Premio Brais Pinto.[77]
- 2018: Premio Laxeiro pola súa traxectoria literaria.
- 2019: Facho de Ouro da agrupación cultural O Facho, como mostra de recoñecemento a toda unha vida dedicada á cultura do País e a loita no proceso libertador do pobo galego.[78]
- 2022: Premio Rebulir da cultura galega na categoría homenaxe por "ser un dos máximos expoñentes da literatura galega contemporánea e difusor da cultura propia a través da súa obra chegando a diferentes públicos".[79]
- 2022: XI Premio Xavier Prado Lameiro, outorgado pola Coral de Ruada.[80]
- 2024: Primeiro Arraiano Maior.[81]
Adaptacións cinematográficas
[editar | editar a fonte]- 1974: Retorno a Tagen Ata é unha curtametraxe de Eloy Lozano, rodada na Merca e A Valenzá e baseada na novela homónima de Xosé Luís Méndez Ferrín.
- 1994: A metade da vida é unha película de Raúl Veiga, parcialmente baseada no relato "Boas noites, Eire" de O crepúsculo e as formigas. Foi remontada en 2005. A metade da vida é a elaboración dunha curta anterior de Veiga, "Boas noites, Eire", baseada no relato homónimo.
- 1996: A grande viaxe é unha curtametraxe de José Antonio Jiménez, baseada no relato de Méndez Ferrín "O Suso" de O crepúsculo e as formigas.
- 2022: O corpo aberto é un filme galego dirixido por Ángeles Huerta, baseada no relato "Lobosandaus", o primeiro relato de Arraianos, de Xosé Luís Méndez Ferrín.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Real Academia Galega (ed.). "Páxina adicada a Méndez Ferrín na RAG". Arquivado dende o orixinal o 29-04-2014. Consultado o 13-07-2012.
- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-08-16.
- ↑ "Mendez Ferrín opta polo continuísmo" (en galego). Vieiros. Consultado o 13 de xullo de 2012
- ↑ Real Academia Galega (ed.). "Organización da Real Academia Galega". Arquivado dende o orixinal o 04-07-2012. Consultado o 13-07-2012.
- ↑ "Méndez Ferrín dimite como presidente da RAG", artigo en Praza Pública, 25 de febreiro de 2013.
- ↑ Ferrín consuma a súa dimisión e denuncia que a RAG está en perigo
- ↑ Salgado e Casado, 1989. Páx. 14.
- ↑ "Xosé Luis Méndez Ferrín, Premio Laxerio 2018 Fundación Laxeiro". Consultado o 19/8/2020.
- ↑ "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: m". www.ogalego.eu. Consultado o 19/8/2020.
- ↑ "Méndez Ferrín, Xosé Luis (1938-VVVV). » MCNBiografias.com". www.mcnbiografias.com (en castelán). Consultado o 19/8/2020.
- ↑ "Biografia de Xose Luis Méndez Ferrín". www.biografiasyvidas.com (en castelán). Consultado o 19/8/2020.
- ↑ "POETAS SIGLO XXI - ANTOLOGIA MUNDIAL + 20.000 POETAS: Editor: Fernando Sabido Sánchez #Poesía : XOSÉ LUIS MÉNDEZ FERRÍN [178]". poetassigloveintiuno.blogspot.com (en castelán). 2/6/2010. Consultado o 19/8/2020.
- ↑ Queizán, María Xosé (2018). Vivir a galope. Xerais. ISBN 978-84-9121-453-3.
- ↑ "A Universidade homenaxea a Méndez Ferrín coa edición do poema “A un meu fillo” en dezaoito linguas". Universidade de Vigo. Consultado o 19/8/2020.
- ↑ "RC - Revistas - Pensamiento / Política - A trabe de Ouro". www.revistasculturales.com (en castelán). Consultado o 19/8/2020.
- ↑ "X. L. Méndez Ferrín". Dialnet (en castelán). Consultado o 17/8/2020.
- ↑ "Méndez Ferrín: “Gallaecia estaba tan ben nomeada que foi a única das provincias romanas que conservou o seu nome”". uvigo.gal.
- ↑ X.M. del Caño (25/1/2011). "Piden el Nobel para Ferrín, alegando que "sufrió prisión por la defensa del gallego" Faro de Vigo (en castelán).
- ↑ "Méndez Ferrín gana el Premio Nacional de Literatura" (en castelán). El País. Consultado o 13/7/2012.
- ↑ "Méndez Ferrín, Julián Hernández y Morris se suman a la Marea de Vigo". La Voz de Galicia (en castelán). 12/8/2014. Consultado o 19/8/2020.
- ↑ Baena, Ana (27/6/2016). "Ferrín: “Estamos listos para llevar En Marea al Parlamento”". Atlántico (en castelán). Consultado o 19/8/2020.
- ↑ "Pax. Comentarios 2 - Yolanda Díaz e Méndez Ferrín, na lista de En Marea para o 20D". Galicia Confidencial. Consultado o 19/8/2020.
- ↑ Blanco, C. (1994): "A espiral permanente: aproximación literaria á figura de X. L. Méndez Ferrín". Anuario de Estudios Literarios Galegos, 1993, 11-45.
- ↑ 24,0 24,1 24,2 Vilavedra, Dolores (Coord) (1995). Diccionario da Literatura Galega I. Autores. Ed. Galaxia. p. 383-385. ISBN 84-8288-019-5.
- ↑ "Recuperada, logo de máis de medio século de esquecemento, a novela inédita de Méndez Ferrín 'Os corvos, a figueira e a fouce de ouro'". Universidade de Vigo. Consultado o 2020-08-19.
- ↑ Méndez Ferrín, X.L. (Edición de Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer) (1989). Con pólvora e magnolias. Edicións Xerais. p. 24-25. ISBN 84-7507-369-7.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-08-19.
- ↑ Ficha na Biblioteca Virtual Galega
- ↑ Villar, Miro (Xaneiro-xuño, 2020). "Unha atinada edición non venal e conmemorativa". Grial. LVIII (225, 226): 76–77. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Méndez Ferrín y Manuel Facal unen su arte para crear el libro «O Outro»". La Voz de Galicia (en castelán). 2002-12-20. Consultado o 2020-08-16.
- ↑ "Contra Maquilero". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-23.
- ↑ "Era na selva de Esm Espiral Maior LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org. Consultado o 2020-08-16.
- ↑ fgamoneda (2016-04-16). "MÉNDEZ FERRÍN: ‘Me gusta soñar que escribí algún poema de GAMONEDA’". FARO GAMONEDA (en castelán). Consultado o 2020-08-19.
- ↑ "En espiral [Xosé Luís Méndez Ferrín]". A poesía necesaria. Consultado o 2024-08-05.
- ↑ "Poesía reunida de X. L. Méndez Ferrín - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-09-03.
- ↑ Traducida ao éuscaro como Percival, 1989, Hegats; ao inglés como Them and other stories, 1996; e ao castelán como Percival en su bosque, 1997, Alianza.
- ↑ "Retornu a Tagen Ata". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-25.
- ↑ "Tagen atarako itzulera". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-25.
- ↑ "Crónica de nosotros". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-23.
- ↑ Tradución ao castelán no 1990, publicada en Debate, obra de M. Fuentes e Xavier Rodríguez Baixeras. Traducida tamén ao catalán no 1988 como L'Amor del rei Artús i altres relats, publicada na Universitat de València. E tres contos ao francés, L'Amour, le Roi Arthur. Une famille d'arpenteurs. Extinction des contacts, en 1993 publicada en Le Passeur-Cecofop.
- ↑ Premio Crítica Galicia. Traducida ao castelán en 1987 e ao catalán en 1988, por Xavier Rodríguez Baixeras; e no 1991 ao portugués por José Carlos González.
- ↑ "Bretaña, Esmeraldina". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-23.
- ↑ "Bretanya, Esmeraldina". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-23.
- ↑ "Bretanha, Esmeraldina". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-23.
- ↑ Premio Crítica Galicia, Premio Losada Diéguez, Premio da Crítica Española. Traducida ao castelán no 1994 en Ronsel, por Luisa Castro.
- ↑ "Arraianos. Relatos de la Raya, tierra de nadie". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-23.
- ↑ "Mugaldeko jendea". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-23.
- ↑ "Arraianos". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-23.
- ↑ Premio Eixo Atlántico de narrativa galega e portuguesa. Traducido ao portugués no 2000, como No ventre do silêncio, en Don Quixote.
- ↑ "No ventre do silêncio". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-23.
- ↑ "En el vientre del silencio". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-23.
- ↑ "Teatro: segunda función de Celtas sen filtro". concelloderianxo.gal.
- ↑ "CDG: En cartel". centrodramatico.xunta.gal. Consultado o 2020-08-19.
- ↑ "Evento: Arnoia, Arnoia. O circo da casa pequena Cultura de Galicia". www.cultura.gal. Consultado o 2020-08-19.
- ↑ "A poesía medieval galega vista desde os relanzos derradeiros do século XX". publicacions.academia.gal. Consultado o 2020-08-16.
- ↑ "Primeiro foi Galicia". alvarelloseditora.
- ↑ "X.L. Méndez Ferrín". NOVENOITES. Consultado o 2020-08-19.
- ↑ Nicolás, Ramón (2018-02-05). "Arraiano entre arraianos, Xosé Luís Méndez Ferrín". Caderno da crítica. Consultado o 2020-08-16.
- ↑ "No fondo dos espellos de Méndez Ferrín". VigoÉ. 2021-06-27. Consultado o 2022-11-06.
- ↑ "Presentación dos tres volumes da obra de Xosé Luis Méndez Ferrín 'No fondo dos espellos' Universidade de Vigo". www.uvigo.gal. Consultado o 2022-11-06.
- ↑ "Memoria poética". 14/04/2023. Consultado o 19/04/2023.
- ↑ "Posta de largo do libro de poesía “Aires de Pedra”". 16/04/2023. Consultado o 19/04/2023.
- ↑ "El libro ‘Aires de poesía’ incluye poemas de la escritora Anisia Miranda". 11/04/2023. Consultado o 19/04/2023.
- ↑ "Autopoética" (PDF). minerva.usc.es. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de outubro de 2020.
- ↑ Diario, Nós. "Os nomes da narrativa en corenta anos do máis antigo premio literario galego". Nós Diario. Consultado o 2020-08-19.
- ↑ "Silvio Santiago y Méndez Ferrín, premios de la crítica", La Voz de Galicia, 27-3-1977, p. 26.
- ↑ Pereiro, Xosé Manuel (2005-06-10). ""La literatura en Galicia está más avanzada que la sociedad"". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-08-19.
- ↑ "HEMEROTECA Méndez Ferrín rechazaba el Premio Álvaro Cunqueiro que le concedía la Xunta". La Voz de Galicia (en castelán). 2003-12-29. Consultado o 2020-08-19.
- ↑ 20minutos (2018-10-11). "El Centro Dramático Galego abre temporada con la obra circense de Pistacatro 'Arnoia Arnoia', dirigida por Quico Cadaval". www.20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). Consultado o 2020-08-19.
- ↑ "A raia homenaxea a Méndez Ferrín". La Voz de Galicia. Consultado o 05/03/2022.
- ↑ "Unha conta saldada". La Voz de Galicia. Consultado o 05/03/2022.
- ↑ "fundacionsantiagoreyfernandezlatorre.com". Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2012. Consultado o 20 de xuño de 2012.
- ↑ "Méndez Ferrín, arraiano maior". Faro de Vigo. Consultado o 05/03/2022.
- ↑ ArraianosTV (05/03/2022). Xosé Luís Méndez Ferrín Arraiano Maior da Raia Seca 1ª parte (YouTube).
- ↑ ArraianosTV (05/03/2022). Xosé Luís Méndez Ferrín Arraiano Maior da Raia Seca 2ª parte (YouTube).
- ↑ "Premio Otero Pedrayo". www.depourense.es. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2017. Consultado o 2020-08-19.
- ↑ "Entrega del premio Brais Pinto". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2020-08-19.
- ↑ "Xosé Luís Méndez Ferrín recebe o Facho d’Ouro 2019". Portal Galego da Língua - PGL.gal (en portugués). 2019-10-28. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2019. Consultado o 2019-10-29.
- ↑ "Méndez Ferrín, Fuxan os Ventos e Celso Fernández Sanmartín, premios Rebulir da Cultura Galega 2022". Galicia Confidencial. Consultado o 2022-07-29.
- ↑ L.F (2022-11-03). "Xosé Luís Méndez Ferrín obtén o Premio Xavier Prado Lameiro". Faro de Vigo. Consultado o 2022-11-03.
- ↑ Diario, Nós (2024-08-02). "Os Premios Arraianos honran a Uxía, Beramendi e a Fundación Rosalía". Nós Diario. Consultado o 2024-08-02.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosé Luís Méndez Ferrín |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- A un home noso: homenaxe a Xosé Luís Méndez Ferrín (2008). Vicerreitoria de Relacions Institucionais Universidade de Vigo. 22 páxs. ISBN 9788481583861.
- F. Freixanes, Víctor (1976). Unha ducia de galegos. Vigo, Ed. Galaxia. ISBN 978847154248X.
- Salgado, X. M. e Casado, X.-M. (1989). X. L. Méndez Ferrín. Santiago de Compostela, Sotelo Blanco Edicións. ISBN 9788478240209
- VV.AA (1980). A semente da nación soñada. Homenaxe a X. L. Méndez Ferrín. Santiago: Sotelo Blanco. ISBN 978-84-7824-566-6.
- VV.AA (2024). Enciclopedia Ilustrada de Ferrín Arraiano. Ed. Arraianos e Revista Arraianos. Cuberta de Baldomero Moreiras. Coordinación do proxecto multimedia e editor: Aser Álvarez. Colaboracións: Xosé Benito Reza, Anxo Angueira, Pepe Barro, Antonio Gamoneda, Daniel Salgado, Xabier Cordal, Fernando Ramallo, Gonzalo Hermo, Xosé Herique Costas, Aser Álvarez, Xosé Luís Axeitos, Xosé Manuel Outeiriño, Arancha Nogueira, Olga Novo, Ana Mosquera Fernández, Anxo Cabada, Erín Moure, Silvia Penas, Xulio Fontes, Luís Boullosa, Baldo Ramos, Xosé Ramón Pena, Leo Arremecághona, Antón Capelán.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xosé Luís Méndez Ferrín na Biblioteca Virtual Galega.
- Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega Páxina do autor na Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Vídeo de Xosé Luís Méndez Ferrín nun recital en solidariedades cos traballadores de Astano 1985.
- Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros.
- Autopoética 1992 Arquivado 21 de outubro de 2020 en Wayback Machine.
- Os mundos de Xosé Luís Méndez Ferrín (vídeo). OXimnasioDeAcademo, 2020.
- O nome de Galicia. Uvigo, 2019.
Predecesor: Xosé Ramón Barreiro Fernández |
Presidente da RAG 2010–2013 |
Sucesor: Xesús Alonso Montero |