1961
Aparencia
1961 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1961 MCMLXI | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2714 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1410 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4657 – 4658 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5721 – 5722 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 2016 – 2017 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1883 – 1884 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5062 – 5063 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1339 – 1340 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1381 – 1382 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2211 | ||||||||||||||||||
|
1961 (MCMLXI) foi un ano común comezado en domingo segundo o calendario gregoriano.
Este ano foi declarado o Ano Mundial da Semente pola ONU.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]Xaneiro
[editar | editar a fonte]- 2 de xaneiro - A URSS pon en circulación o novo rublo soviético.
- 3 de xaneiro - Os Estados Unidos rompe relacións diplomáticas con Cuba.
- 13 de xaneiro - Un equipo de médicos dirixido polo italiano Daniele Petrucci logra varias fecundacións de óvulos humanos nunha probeta.
- 20 de xaneiro - Toma de posesión do Presidente John F. Kennedy nos Estados Unidos.
- 21 de xaneiro - Un grupo de portugueses e galegos asalta o Santa María, nun intento de derrocar as ditaduras de Francisco Franco e Salazar, comandados por Henrique Galvão.
- 24 de xaneiro - Marilyn Monroe e Arthur Miller divórcianse tras cinco anos de matrimonio.
- 31 de xaneiro - Toma de posesión do Presidente Jânio Quadros no Brasil.
Febreiro
[editar | editar a fonte]- 1 de febreiro - Os EUA lanzan o Minuteman, primeiro mísil intercontinental con carburante sólido.
- 3 de febreiro - A República Popular da China realiza compras de cebada e trigo ao Canadá por valor de 60 millóns de dólares, co fin de paliar a escaseza de gran no país.
- 4 de febreiro - Asalto ao cárcere de Luanda e a un escuadrón de polícia por parte de militantes do MPLA, causando algúns mortos, e que marcou o inicio da loita armada pola independencia daquela antiga colonia portuguesa, e o inicio da Guerra Colonial Portuguesa, xa que pouco tempo despois o conflito arrastrouse as restantes colonias africanas. O actual Aeroporto Internacional de Luanda ten o nome de "4 de Fevereiro" para sinalar esa data histórica.
- 11 de febreiro - Patrice Lumumba, Primeiro Ministro da República do Congo, é asasinado. Máis tarde o goberno belga admitiu ter tido “unha irrefutable porción de responsabilidade nos acontecementos que conduciran á morte de Lumumba”; en xullo de 2002, documentos publicados polo goberno americano revelaron que a CIA xogou un papel no asasinato de Lumumba, axudando os seus adversarios con diñeiro e apoio político e, no caso de Mobutu, con armas e apoio militar.
- 12 de febreiro - Lánzase a primeira sonda a Venus, a soviética Venus I.
- 15 de febreiro - Morre a totalidade do equipo estadounidense de patinaxe sobre xeo ao estrelarse o avión no que viaxaban.
- 18 de febreiro - Estréase en Barcelona O sétimo selo (rodada en 1956), o primeiro filme do director sueco Ingmar Bergman autorizado en España pola censura.
- 19 de febreiro - A embaixada de Bélxica no Cairo é saqueada por estudantes en protesta polo anuncio do asasinato de Lumumba.
- 22 de febreiro - Prodúcese un incendio nunha fábrica na madrileña Ponte de Vallecas no que morren 23 persoas.
- 23 de febreiro - O Consello de Seguridade da ONU emite a primeira resolución condenatoria da política colonialista de António de Oliveira Salazar.
- 25 de febreiro - Asínase o contrato para a construción da Ponte sobre o Río Texo, en Lisboa, coa United States Steel Export Company.
Marzo
[editar | editar a fonte]- 3 de marzo - Hassan II é coroado rei de Marrocos.
- 6 de marzo - Publicación da primeira páxina de 13, Rue do Percebe na revista de historietas española Tíovivo.
- 19 de marzo - Celébrase en Cannes a VI edición do Festival de Eurovisión, no que debuta España con Conchita Bautista e gana Luxemburgo con Jean-Claude Pascal
Abril
[editar | editar a fonte]- 7 de abril - Demóstrase por primeira vez que algúns tumores humanos poden estar provocados por infeccións víricas.
- 12 de abril - O soviético Iuri Gagarin, primeiro home no espazo.
- 15 de abril - Invasión de Baía de Cochinos, por exiliados cubanos coa axuda da CIA. Termina en desastre o 19 de abril.
- 18 de abril - Sinatura da Convenión de Viena sobre Relacións Diplomáticas, CVRD.
- 27 de abril - Serra Leoa alcanza a independencia.
Maio
[editar | editar a fonte]- 5 de maio - Alan B.Shepard, primeiro americano no espazo.
- 14 de maio - Estados Unidos: o ómnibus dos Freedom Riders é incendiado preto de Anniston, Alabama e os defensores dos dereitos civís son golpeados por unha multitude de estadounidenses racistas.
Xuño
[editar | editar a fonte]- 19 de xuño - Kuwait declara a súa independencia do Reino Unido.
Xullo
[editar | editar a fonte]- 15 de xullo - A alemá Marlene Schmidt é elixida Miss Universo.
Agosto
[editar | editar a fonte]- 13 de agosto - Inicio da construción do Muro de Berlín que parte en dous a capital alemá.
- 24 de agosto - Guerra Colonial: Inicio dunha operación conxunta, con avións, paracaidistas e forzas terrestres, na serra de Canda (Angola).
- 25 de agosto - Renuncia de Jânio Quadros. Crise política no Brasil.
Setembro
[editar | editar a fonte]- 7 de setembro - Réxime parlamentario no Brasil. Toma de posesión de João Goulart. Tancredo Neves preside o primeiro Consello de Ministros.
Outubro
[editar | editar a fonte]- 30 de outubro - Detonación da maior bomba nuclear da historia, a Tsar Bomba, pola Unión Soviética.
Novembro
[editar | editar a fonte]- 9 de novembro - A británica Rosemarie Frankland é elixida Miss Mundo.
Decembro
[editar | editar a fonte]Ciencia e tecnoloxía
[editar | editar a fonte]- A compañía estadounidense Procter & Gamble crea os primeiros cueiros de celulosa, que denomina Dodotis.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 17 de xaneiro - Antón Lopo, escritor e xornalista galego.
- 19 de xaneiro - Xavier Vence, economista galego.
- 30 de xaneiro - Liu Gang, matemático, físico e científico da computación chinés-americano.
- 16 de febreiro - Andy Taylor, músico británico (Duran Duran).
- 21 de marzo - Lothar Matthäus, futbolista alemán.
- 3 de abril - Eddie Murphy, actor e comediante estadounidense.
- 23 de abril - Andrei Kurkov, escritor ucraíno.
- 27 de abril - Moana Pozzi, actriz porno italiana (m. 1994).
- 6 de maio - George Clooney, actor estadounidense.
- 9 de maio - Xabier Quiroga, escritor galego.
- 10 de maio - Danny Carey, batería estadounidense.
- 17 de maio - Enya, (Eithne Patricia Ní Bhraonáin), cantante irlandesa.
- 20 de maio - Maurizio Milani, actor Italian.
- 9 de xuño - Michael J. Fox, actor estadounidense.
- 14 de xuño - Boy George, cantante británico (Culture Club).
- 1 de xullo - Princesa Diana de Gales (m. 1997).
- 1 de xullo - Carl Lewis, atleta estadounidense.
- 23 de xullo - Martin Gore, compositor e músico británico (Depeche Mode).
- 30 de xullo - Laurence Fishburne, actor estadounidense.
- 4 de agosto - Barack Obama, senador estadounidense.
- 8 de agosto - The Edge, guitarrista irlandés.
- 21 de agosto - Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda, investigadora rosaliana.
- 21 de agosto - Marcos Bagno, escritor e profesor brasileiro.
- 22 de agosto - Andrés Calamaro, músico e compositor arxentino.
- 31 de agosto - Francisco Jorquera, político galego.
- 2 de setembro - Carlos Valderrama, futbolista colombiano
- 6 de setembro - Scott Travis, músico estadounidense (Judas Priest)
- 13 de setembro - Dave Mustaine, guitarrista estadounidense (Metallica, Megadeth)
- 25 de setembro - Heather Locklear, actriz estadounidense.
- 13 de outubro - Rubén Lois González, xeógrafo e político galego.
- 18 de outubro - Wynton Marsalis, músico estadounidense.
- 22 de outubro - Eva Veiga, poeta e xornalista galega.
- 29 de outubro - Randy Jackson, músico estadounidense.
- 31 de outubro - Peter Jackson, director de cine neozelandés
- 2 de novembro - K.D. Lang, cantante canadense.
- 4 de novembro - Ralph Macchio, actor estadounidense.
- 11 de novembro - Vegard Opaas, saltador de esquí noruegués.
- 13 de novembro - Carme Hermida Gulías, filóloga galega.
- 19 de novembro - Meg Ryan, actriz estadounidense.
- 19 de decembro - Eric Allin Cornell, físico estadounidense, Premio Nobel de Física
- 25 de decembro - Ingrid Betancourt, senadora colombiana.
- 21 de decembro - Manuel Igrexas, escritor galego.
- 24 de decembro - İlham Əliyev, presidente do Acerbaixán.
- 30 de decembro - Ben Johnson, atleta canadense.
- Calixthe Beyala - escritora camerunesa.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 4 de xaneiro - Erwin Schrödinger, físico austríaco, Premio Nobel (n. 1887)
- 9 de xaneiro - Emily Greene Balch, escritor e pacifista estadounidense, Premio Nobel da Paz (n. 1867)
- 14 de xaneiro - Barry Fitzgerald, actor irlandés.
- 17 de xaneiro - Patrice Lumumba, Primeiro Ministro da República Democrática do Congo.
- 18 de xaneiro - Fortunato Cruces, escritor e xornalista galego (n. 1870).
- 21 de xaneiro - Blaise Cendrars, escritor suízo (n. 1887).
- 26 de febreiro - Rei Mohammed V de Marrocos (n. 1909).
- 9 de febreiro - Carlos Luz, presidente do Brasil (n. 1894).
- 24 de febreiro - José Asensio, militar galego (n 1892).
- 26 de febreiro - Mohammed V Rei de Marrocos.
- 14 de marzo - Ángel del Castillo López, historiador e arqueólogo galego (n. 1886).
- 21 de marzo - José Casares Gil, farmacéutico galego (n 1866).
- 6 de abril - Jules Bordet, médico belga, premio Nobel de Medicina en 1919.
- 9 de abril - Rei Zog I de Albania (n. 1895)
- 3 de maio - Maurice Merleau-Ponty, filósofo francés.
- 13 de maio - Gary Cooper, actor estadounidense (n. 1901)
- 30 de maio - Rafael Leónidas Trujillo, ditador de República Dominicana (n. 1891).
- 2 de xuño - George S. Kaufman, autor de teatro estadounidense (n. 1889).
- 6 de xuño - Carl Gustav Jung, psiquiatra suízo (n. 1875).
- 19 de xuño - Augusto Barcia Trelles, avogado e político republicano español (n. 1881).
- 20 de xuño - José Juncal Verdulla, pedagogo, xornalista e político galego (n. 1869).
- 30 de xuño - Lee de Forest, inventor estadounidense (n. 1873)
- 1 de xullo - Louis-Ferdinand Céline, escritor francés.
- 2 de xullo - Francisco Asorey, escultor galego.
- 2 de xullo - Ernest Hemingway, escritor estadounidense (n. 1899).
- 8 de xullo - Vicente Gómez Paratcha, avogado e diplomático galego (n. 1893).
- 29 de xullo - Aquilino Iglesia Alvariño, poeta galego (n. 1909).
- 15 de agosto - Javier Ozores Pedrosa, escritor e político galego (N. 1878).
- 20 de agosto - Percy Williams Bridgman, físico estadounidense, Premio Nobel de Física (n. 1882).
- 1 de setembro - Eero Saarinen, arquitecto estadounidense.
- 17 de setembro - Adnan Menderes, primeiro ministro de Turquía (n. 1899)
- 18 de setembro - Dag Hammarskjöld, secretario xeral das Nacións Unidas, Premio Nobel da Paz (n. 1905).
- 11 de outubro - Chico Marx, comediante estadounidense (n. 1887).
- 21 de outubro - Karl Korsch, filósofo marxista alemán.
- 20 de decembro - Earle Page, primeiro ministro de Australia (n. 1880)
- 25 de decembro - Otto Loewi, fisiólogo alemán, premio Nobel de Medicina en 1936 (n. 1873).
- H. C. Bailey - escritor británico de novela negra (n. 1878).
- Química: Melvin Calvin
- Fisioloxía ou Medicina: Georg von Békésy
- Literatura: Ivo Andric
- Paz: Dag Hammarskjöld
Outros
[editar | editar a fonte]- A URSS outórgalle o Premio Lenin da Paz a Fidel Castro.
- Publícase en Vigo o poemario "Nimbos", de Xosé María Díaz Castro.
- Phil Hill vence no Campionato Mundial de Fórmula 1.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1961 |