Saltar ao contido

Manuel Lago González

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaManuel Lago González

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de outubro de 1865 Editar o valor en Wikidata
Randufe, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de marzo de 1925 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Arcebispo de Santiago de Compostela
24 de xullo de 1923 –
← José María Martín de HerreraJulián de Diego y García Alcolea →
Bispo de Tui
4 de maio de 1917 –
← Leopoldo Eijo y GarayManuel María Vidal y Boullon →
Bispo de Osma
25 de agosto de 1909 –
← José María García Escudero y Ubago (en) TraducirMateo Mújica Urrestarazu →
Senador do Reino
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1910–), sacerdote católico (1888–), escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de
ConsagraciónBenito Murúa y López Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 32813 BNE: XX992265 BUSC: lago-gonzalez-manuel-arcebispo-de-santiago-de-compostela-1865-1925

Manuel Lago González, nado en Randufe (Tui) o 25 de outubro de 1865 e finado en Santiago de Compostela o 18 de marzo de 1925, foi un eclesiástico, poeta, teólogo e arqueólogo galego, en lingua galega e castelán. En 1973 foille dedicado o Día das Letras Galegas.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fixo o bacharelato e seguiu a carreira eclesiástica no seminario diocesano de Tui. En 1888 sería ordenado sacerdote. No propio seminario exerceu despois o profesorado de Sagrada Escritura, de Teoloxía, de grego e hebreo. Contribuíu a crear o diario La Integridad (1888), redactando as sección fixas "A la médula" e "Ripios".[2] Formou parte da Asociación Regionalista Gallega de Manuel Murguía.[3] Participou nos segundos xogos florais de Galicia (1891) co discurso Gabanza da lingua galega.

Gañou por oposición unha coenxía na catedral de Lugo. Posteriormente accedeu á dignidade episcopal, sendo bispo de Burgo de Osma (1909-1917), da diocese de Tui (1917-1923) e finalmente arcebispo de Santiago de Compostela (1924-1925), tras 129 anos de predecesores foráneos.[3] No seu breve paso polo arcebispado, preocupouse da dignificación do Panteón Real da Catedral, encargándolle ao tallista Maximino Magariños a realización dunha sepultura para engadir ao mesmo os restos do conde Pedro Froilaz. O deseño do sepulcro, que inclúe a coroa mailas sete cruces do escudo de Galicia, foi obra do propio arcebispo.[4]

Foi académico fundador da Academia Gallega, en 1906, co discurso de ingreso Elogio de la lengua gallega[5] Foi correspondente da Real Academia da Historia[6] e, en 1924, foi elixido membro do Seminario de Estudos Galegos.

Os seus restos descansan na Capela da Comuñón da Catedral de Santiago de Compostela.

Pulvis est ille vir—cui nomen—Emmanuele Lago González—magnifico animo—acri ingenio—doctrina praestans.— Lauro cinctus vatum.—Religionis adsertor indefessus—Oxomen nec-non Tuden—Gregis Pater mitius ea vigilans—Pleniore laudatus ore — decessit Compostellanus Archiepiscopus — Anno natus LIX-XVI Kal Martiis anno MCMXXV—Pax Risusque cœles-tium.    — Inscrición na sepultura de Lago na Catedral de Santiago.[7]

Posuía unha magnífica biblioteca, que á súa morte foi adquirida pola Universidade de Santiago de Compostela.

Obra escrita

[editar | editar a fonte]

Publicou unha chea de poesías, espalladas por varias publicacións da época, como La Integridad, El Norte de Galicia, Galicia Diplomática ou Galicia Católica. Unha escolma delas figura na edición d'Os estudantes ao arcebispo de Santiago datada en 1924. Dez anos despois apareceron tamén composicións da súa autoría no Homenaxe ao arcebispo Lago González, Fror Nova e O neno Xesús, saídos da súa pluma, púxolles música o compositor José Torres Creo. En 1967 sesenta e dous poemas galegos de Lago foron recollido por Xosé Filgueira Valverde nun libro publicado pola Editorial de los Bibliófilos Gallegos.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa católica latina
Predecesor:
José María García Escudero y Ubago
 Bispo de Osma 
1909-1917
Sucesor:
Mateo Múgica y Urrestarazu
Predecesor:
Leopoldo Eijo y Garay
 Bispo de Tui 
1917 - 1923
Sucesor:
Manuel María Vidal Boullón
Predecesor:
José Martín de Herrera y de la Iglesia
 Arcebispo de Santiago de Compostela 
1924 - 1925
Sucesor:
Julián de Diego García de Alcolea
  1. Lembranza de Lago González (1973). Editorial Galaxia.
  2. Vilavedra, D., ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega I. Galaxia. pp. 316–317. ISBN 84-8288-019-5. 
  3. 3,0 3,1 Enciclopedia Historia da Literatura AS-PG.
  4. Gago Mariño, Manuel. "Adiante cun fío dun gran morto para estas noites de defuntos!". Twitter (fio). Consultado o 01/04/2023. 
  5. Lago González, Manuel (20/XI/1906). "Elogio de la lengua gallega". Boletín da Real Academia Galega (en castelán) (6-7): 137–141. Consultado o 14 de xuño de 2023. 
  6. Boletín de la Real Academia de la Historia
  7. Ramón Otero Pedrayo (1965) Guía de Galicia. p. 414.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]