Andrés Martínez Salazar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de febreiro de 1846 Astorga, España |
Morte | 6 de outubro de 1923 (77 anos) A Coruña, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
2º Presidente da Real Academia Galega | |
12 de maio de 1923 – 6 de outubro de 1923 ← Manuel Murguía – Francisco Ponte Blanco → | |
Datos persoais | |
Educación | Escola Superior de Diplomática |
Actividade | |
Ocupación | historiador, editor literario, escritor |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Petra Morás |
Fillos | dezanove:[1] Juan, Andrés, Manuel, Eduardo, Fernando, Pilar, Carmen, Carlos, Marcelino, Elena e Isabel. |
Andrés Martínez Salazar, nado en Astorga o 8 de febreiro de 1846 e finado na Coruña o 6 de outubro de 1923, foi un historiador, investigador e editor do rexurdimento galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Realizou os seus estudos de Bacharelato en León en 1857, e en 1862 obtivo o título de Bacharel en Artes. En 1863 continuou os seus estudos na Escola Superior de Diplomática na Universidade Central e en 1866 acadou o título de Arquiveiro-Bibliotecario. En 1872 pasou a dirixir o Arquivo Histórico de Galiza da Coruña.[2]
Nesta cidade entrou en contacto co mundo cultural galego, publicando varios traballos sobre temas históricos e filolóxicos. O seu labor editorial foi fundamental para o desenvolvemento da literatura galega do Rexurdimento. Ademais de textos propios da tradición literaria como a Crónica Troiana, a versión galega das Partidas de Afonso X o Sabio ou as Proezas de Galicia de Xosé Fernández de Neira, tamén pasaron pola súa imprenta Los Precursores de Manuel Murguía, El Idioma Gallego de Antonio de la Iglesia, Aires da miña terra de Manuel Curros Enríquez ou Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal, dentro da colección Biblioteca Gallega que el mesmo fundou.
Por outra parte, colaborou en Galicia Histórica, foi director da revista Galicia e, á morte de Manuel Murguía, foi nomeado presidente da Real Academia Galega. Así mesmo, en 1889 foi nomeado polo concello da Coruña primeiro cronista oficial da cidade.
Escritor ocasional en lingua galega, a día de hoxe só se conservan catro versos e mais unhas liñas en prosa escritas nesta lingua.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Petra Morás, coa que tivo dezanove fillos,[1] entre eles Juan, Andrés, Manuel, Eduardo, Fernando, Pilar, Carmen, Carlos, Marcelino, Elena e Isabel.
Obras
[editar | editar a fonte]- La Beneficencia en Betanzos en los siglos XVI, XVII y XVIII: memoria de los establecimientos y fundaciones benéficas existentes en aquella antigua ciudad en los expresados siglos (A Coruña: Imp. de José Míguez Peinó, 1888)
- El Cerco de La Coruña en 1589 y Mayor Fernández Pita: apuntes y documentos (A Coruña: Imprenta Ferrer, 1889)
- Homenaje a La Coruña: memoria sobre erigir un monumento en esta capital a la heroína Mayor Fernández da Camara Pita (A Coruña: 1891)
- Los nombres de La Coruña (A Coruña: Imprenta Ferrer, 1899)
- Antigüallas de Galicia: apuntes acerca del origen e historia del artículo definido gallego-portugués (A Coruña: RAG, Imprenta Ferrer, 1907)[3]
- Fragmento de un nuevo códice gallego de Las Partidas (A Coruña: Imprenta Ferrer, 1910)
- Documentos Gallegos de los Siglos XIII al XVI (A Coruña: Imprenta da Casa de Misericordia, 1911)
- El Modio de Puente Punide (A Coruña: Imprenta Ferrer, 1913)
- Documentos gallegos del archivo municipal de La Coruña (A Coruña: Litografía e imprenta Roel, 1915)
- De la Guerra de Independencia en Galicia (Centro Galego de Buenos Aires. Ediciones Galicia, 1953)
Edicións
[editar | editar a fonte]- En 1893 prologou e reeditou as Proezas de Galicia (1810) de Xosé Fernández Neira, engadindo ilustracións de Román Navarro e Urbano González.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
El cerco de La Coruña en 1589, 1889.
-
Antigüallas de Galicia (PDF), 1907.
-
Tumba de Andrés Martínez Salazar no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Martínez-Barbeito, Carlos (1981). "Prólogo". Andrés Martínez Salazar: Algunos temas galegos. II. Real Academia Galega. p. 17.
- ↑ "Andrés Martínez Salazar". Real Academia Galega.
- ↑ "Antigüallas de Galicia. Apuntes acerca del origen é historia del artículo definido gallego-portugués". Real Academia Galega.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andrés Martínez Salazar |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aparisi, Luis M. (2016). Gallegos en la Real Academia Española (PDF) (en castelán). Asociación Cultural da Vieira.
- Mato Domínguez, Alfonso et al. "MARTÍNEZ SALAZAR, Andrés" en Gran Enciclopedia Galega Silverio CañadaB.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Manuel Murguía |
Presidente da RAG 1923 |
Sucesor: Francisco Ponte Blanco |
Predecesor: Cargo novo |
Cronista Oficial da Coruña 1889 - 1923 |
Sucesor: Uxío Carré Aldao |