Fernando Martínez Morás
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de maio de 1885 A Coruña, España |
Morte | 11 de setembro de 1937 (52 anos) León, España |
Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Membro de | Real Academia Galega (académico de número) (1926–1937) Real Academia Galega (membro correspondente) (1908–1926) |
Familia | |
Pai | Andrés Martínez Salazar |
Irmáns | Marcelino Martínez Morás Andrés Martínez Morás |
Fernando Martínez Morás, nado na Coruña o 31 de maio de 1885 e finado en León o 11 de setembro de 1937, foi un xeógrafo e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Andrés Martínez Salazar. Foi comisario pola Coruña na Exposición Rexional de 1909 e concelleiro da Coruña[2]. Ingresou na Real Academia Galega o 20 de novembro de 1926 co discurso La toponimia de Galicia, respondido por Eladio Rodríguez González[3]. Foi secretario da Real Academia Galega dende 1927. Redactor de La Voz de Galicia, publicou artigos no Boletín de la Real Academia Gallega e noutras revistas de historia e literatura.
Amais de á RAG, pertenceu a outras institucións, como a Comisión Provincial de Monumentos, a Real Academia Provincial de Belas Artes e foi secretario do Instituto de Estudios Gallegos.
Morreu por mor dun accidente de tráfico, mentres cubría como xornalista a guerra civil española[4].
Obras
[editar | editar a fonte]- Las alarmas de Galicia, 1908.
- La Junta Superior de Subsidios, Armamento y Defensa del Reino de Galicia, 1908.
- Medios prácticos de fomentar entre la juventud el amor al estudio y el alejamiento de aquellos lugares en que puedan peligrar su honradez y buenas costumbres, 1916.
- Guía del turista, 1926.
- La región gallega. Notas geográfico-económicas, 1926, en colaboración con María de los Ángeles Lens de Patiño.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Recepción de Castelao na Real Academia Galega na Coruña o 25 de xullo de 1934.
- ↑ "Fernando Martínez Morás". Real Academia Galega.
- ↑ Martínez Morás, F. (1962). La toponimia de Galicia. Real Academia Galega.
- ↑ "En un sensible accidente pierde la vida un camarada". El Pueblo Gallego. 12 de setembro de 1937. p. 1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fernando Martínez Morás |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, A. (1952). "MARTÍNEZ MORÁS, Fernando". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 386.
- "Martínez Morás, Fernando". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Artigos de Fernando Martínez Morás no Boletín da RAG". Real Academia Galega. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2023. Consultado o 27 de setembro de 2022.