Portal:Tampere
Artigo destacado
O Ilves Naiset, ou simplemente Ilves, é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Tampere (Finlandia). Actualmente compite na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, sendo un dos equipos fundadores da competición e o único que disputou todas as edicións da mesma. Logo de ter empregado distintas pistas da cidade, na década de 1980 o equipo xogou na pista de xeo de Koulukatu, e dende 1989 xoga os seus partidos como local no Tesoman jäähalli, un pavillón con capacidade para 1 500 persoas.
Comezou as súas operacións contra o ano 1971 e inicialmente xogaba contra equipos masculinos de categoría júnior ata que en 1982 comezou a competir de xeito oficial na recentemente creada Naisten SM-sarja. Trátase do segundo equipo máis laureado do hóckey sobre xeo feminino finlandés, tendo dominado o campionato nacional durante a última metade da década de 1980 e os primeiros anos da década de 1990. O equipo gañou o seu primeiro campionato en 1985 e logo conquistou nove campionatos máis, se ben a última vez que gañou o campionato foi en 2010, e cun total de 28 medallas (10 de ouro, 12 de prata e 6 de bronce) é o equipo con máis metais da historia da competición. En 2011 Ilves Naiset converteuse no único equipo feminino finlandés en alzar un título continental logo de conquistar a IIHF European Women's Champions Cup. Ao longo da historia do equipo pasaron polas súas filas algunhas das xogadoras máis destacadas do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Sete antigas xogadoras do equipo ingresaron no Salón da Fama do Hóckey sobre Xeo Finlandés, unha delas, Anne Haanpää, pola súa traxectoria na arbitraxe. O Ilves retirou os números 10, 15 e 16 en honor a Anne Haanpää, Johanna Koivula, e Marianne Ihalainen respectivamente. Ademais, tres mulleres do equipo foron homenaxeadas no chamado "Ilves Hockey Legends", no que están incluídas algunhas das personalidades máis destacadas do equipos de hóckey sobre xeo do Ilves, tanto en categoría feminina como na masculina. Lugar de interese
Särkänniemi é un parque de atraccións da cidade de Tampere, Finlandia. Särkänniemi conta con cinco espazos diferenciados: o parque de atraccións, un acuario, a Näsinneula, un planetario e Koiramäki. Dentro do espazo do parque de atraccións inaugurouse no verán de 2012 o espazo Angry Birds Land e un ano despois Koiramäki. No complexo existen numerosos restaurantes como o restaurante panorámico de Näsinneula. En 2019 tivo un total de 623 000 visitantes durante a tempada de verán, e 681 000 en todo o ano.
Särkänniemi conta con ao redor de 500 traballadores ocasionais e 100 traballadores máis fixos. Categorías
Biografía destacada
Olivia Mathilda "Wivi" Lönn, nada en Tampere o 29 de maio de 1872 e finada en Helsinqui o 27 de decembro de 1966, foi unha arquitecta finlandesa, e a primeira do país en crear o seu propio estudio. Wivi Lönn estudou arquitectura na Universidade Politécnica de Helsinqui, graduándose en 1896. Os edificios máis destacados da carreira de Lönn foron construídos a principios do século XX. A súa etapa máis activa durou pouco máis de 15 anos, e xa a principios da década de 1930 practicamente se retirara da arquitectura en activo.
A parte central da produción de Lönn encóntrase nas cidades de Tampere e Jyväskylä. En Tampere localízanse, entre outras, a Escola Finlandesa Feminina e a Estación Central de Bombeiros. Xunto con Armas Lindgren deseñou, entre outras, a Nova Casa dos Estudantes en Helsinqui, e o Teatro Estonia en Talín. Lönn deseñou máis de 30 escolas, aínda que non todas se realizaron. Ademais das escolas deseñou varios edificios industriais, entre outros, para as fábricas de Parviainen. Considérase que os puntos fortes da obra de Lönn son a hábil distribución e o uso económico do espazo, mais arquitectonicamente non se desviou da realmente do estilo da súa época. Imaxe destacada
Sabías que...?
Artigos de calidade e bos
Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns
|