Barcelona (en catalán pronúnciase [bərsəˈɫonə]), situada no nordés da Península Ibérica, é a capital de Cataluña, da provincia homónima e da comarca do Barcelonès, así como a meirande cidade dos Países Cataláns. Situada ás beiras do mar Mediterráneo, atópase a uns 120 km ao sur da cadea montañosa dos Pireneos e da fronteira con Francia, nunha chaira limitada polo mar ao leste, a serra de Collserola ao oeste, o río Llobregat ao sur e o río Besòs ao norte. É coñecida co alcume da Cidade Condal, por ser a capital do antigo Condado de Barcelona.
Cunha poboación de 1.615.448 habitantes, Barcelona é a segunda cidade máis poboada de España e da península tras Madrid, e a undécima da Unión Europea. A súa área metropolitana, integrada por 36 concellos, ten unha poboación de 3.161.081 habitantes e unha superficie de 633 km². Esta área é a delimitación como núcleo urbano definida oficialmente, con todo a Rexión Urbana de Barcelona, que se estendería por todo a área de influencia da cidade, chega aos 4.928.852 habitantes cunha densidade de poboación de 1.496 hab/km². 2007. Padró municipal d'habitants (en catalán).
Barcelona foi escenario de diversos eventos mundiais, que contribuíron a configurar a cidade e darlle proxección internacional. Os máis relevantes foron a Exposición Universal de 1888, a Exposición Internacional de 1929, os Xogos Olímpicos de verán de 1992 e o Fórum Universal das Culturas 2004. É tamén sede do secretariado da Unión polo Mediterráneo.
Na actualidade, Barcelona é recoñecida como Cidade global pola súa importancia cultural, financeira, comercial e turística. Posúe un dos portos máis importantes do Mediterráneo e é tamén un importante punto de comunicacións entre España e Francia, debido ás conexións por autoestrada e tren de alta velocidade. O aeroporto de Barcelona-El Prat foi utilizado por máis de 35 millóns de pasaxeiros en 2013.
Artigo destacado
editar
O
Aeroporto de Barcelona–El Prat (
IATA:
BCN,
OACI:
LEBL) é un
aeroporto español da rede de
AENA que dá servizo á cidade de
Barcelona. Atópase 10 km ao suroeste da cidade, no municipio de
El Prat de Llobregat, a unha altura de 4 metros sobre o nivel medio do mar. É o maior aeroporto en extensión e tráfico de
Cataluña, e o segundo de maior tráfico de España tralo
Aeroporto de Barajas (
Madrid), co que mantén o corredor aéreo regular de pasaxeiros máis transitado do mundo. Ademais é o oitavo aeroporto de
Europa por pasaxeiros e o 35º do mundo.
Lugar de interese
editar
O
Palau de la Música Catalana é un auditorio de música situado na rúa Sant Pere més Alt no
barrio da Ribera de
Barcelona,
España. Foi proxectado polo
arquitecto barcelonés
Lluís Domènech i Montaner, un dos máximos representantes do
modernismo catalán. A construción levou a cabo entre os anos
1905 e
1908, con solucións na estrutura moi avanzadas coa aplicación de grandes muros de cristal e a integración de todas as artes,
escultura,
mosaicos,
vitrais e
forxa. O edificio, sede central do "
Orfeón Catalán", fundado en
1891 por
Lluís Millet e
Amadeu Vives, foi sufragado por industriais e financeiros cataláns, ilustrados e amantes da música, estamento que sesenta anos antes xa financiara o teatro de ópera e ballet
Gran Teatro do Liceo.
En 1997 a Unesco incluíu o edificio na súa relación do Patrimonio da Humanidade.
Sabías que...?
- ...Arquivo
Imaxe destacada
- ...Arquivo
Biografía destacada
editar
Antoni Tàpies i Puig, nado en
Barcelona o
13 de decembro de
1923 e finado na mesma cidade o
6 de febreiro de
2012, foi un pintor, escultor e teórico da arte catalán. É un dos principais expoñentes a nivel mundial do
informalismo, está considerado como un dos máis destacados artistas ibéricos do
século XX. A obra do artista catalán goza dun centro de estudo e conservación na
Fundación Antoni Tàpies de Barcelona.
Autodidacta, creou un estilo propio dentro da arte de vangarda do século XX, cun estilo abstracto pero cheo de simbolismo, dando gran relevancia ao substrato material da obra. Cabe destacar o marcado sentido espiritual dado polo artista á súa obra, onde o soporte material transcende o seu estado para significar unha profunda análise da condición humana.
Artigos de calidade e bos
editar
Artigos de calidade (0)
Artigos bos (0)