Saltar ao contido

Portal:Cultura castrexa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A cultura castrexa foi un conxunto de manifestacións culturais do noroeste da Península Ibérica que durou desde finais da Idade de Bronce (século IX ou VIII a.C.) ata o século I d.C. A súa característica máis notábel son os poboados amurados coñecidos como castros (do latín castrum, campamento), dos que toma o nome; só reciben o nome de citanias determinados castros portugueses (como, por exemplo, o de Briteiros), onde esa palabra se emprega como topónimo do castro. A súa área de extensión chega ata os ríos Navia e Túa polo leste e o Douro polo sur.

Desenvolveuse durante a Idade de Ferro sobre un forte substrato indíxena da etapa final da Idade de Bronce. A esta compoñente precastrexa sumáronselle influencias culturais centroeuropeas, atlánticas e mediterráneas; as primeiras serían consideradas tradicionalmente celtas e de aí a identificación tanto culta como popular e mítica que deu raíz ao celtismo. No lento período formativo, que duraría ata o século V a.C. os castros fóronse estendendo de sur a norte e da costa cara ao interior. Esta cultura desenvolveuse a continuación durante dous séculos e comezou a ser influenciada pola cultura romana no século II a.C. e continuou na forma de Cultura Galaico-romana despois da invasión romana e ata os séculos III ou mesmo o IV d.C.

Xacemento destacado

editar

O castro de Viladonga é un castro galaico-romano pertencente á coñecida como cultura castrexa e situado en Viladonga, no concello de Castro de Rei, na provincia de Lugo. Localízase sobre unha elevación a 535 metros sobre o nivel do mar, lugar desde o que se domina visualmente gran parte da chaira da Terra Chá. O 11 de decembro de 2009 foi declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia.

Os traballos arqueolóxicos comezaron en 1971. Trátase dun castro dos máis coñecidos de Galicia, debido en gran medida a que desde o ano 1983 conta cun Museo Monográfico do castro.

Artigo destacado

editar

O diadema de Moñes (antigamente de Ribadeo é unha xoia de ouro da cultura castrexa, atopado en Moñes, no concello asturiano de Piloña. Está datada cara aos séculos III ou II a. C.

A peza está formada por unha ancha lámina rectangular, dividida en dúas bandas horizontais, con baixorrelevos que representan escenas nas que aparecen guerreiros a pé e a cabalo, armados con puñais curtos e lanzas, con escudos pequenos e cascos de cornos ou penachos, personaxes (quizais divindades cornudas) portando grandes caldeiros ou ánforas (nunha probable analoxía co caldeiro de Gundestrup) e un pequeno poldro.

Categorías

editar

Queres atopar artigos relacionados coa Cultura castrexa? Proba buscando nas seguintes categorías:

Imaxe destacada

editar

O castro de San Cibrao de Las, entre os concellos de San Amaro e Punxín, datado entre os séculos século II a.C. e o século II d.C..


Sabías que...?

editar


Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (0)

Artigos bos (0)


Portais relacionados
Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons