Portal:Lugo
Artigo destacado
A I Asemblea Nacionalista (daquela Asambleia nazonalista de Lugo), celebrada en Lugo entre o 17 e 18 de novembro de 1918 polas Irmandades da Fala, foi a histórica asemblea onde o galeguismo político deixa atrás o rexionalismo e avanza cara o nacionalismo.
Celebrouse no teatro Lugo-Salón. Contou coa asistencia de 63 persoas, a metade procedente da cidade da Coruña. Estiveron representadas 67 sociedades agrarias, cinco centros culturais, e mandaron a súa adhesión cinco federacións agrarias, once concellos, máis de 49 Asociacións e numerosas personalidades de Galicia. Da asemblea saíu o "Manifesto Nacionalista", que constituiría a base común de todos os programas do nacionalismo galego ata a guerra civil española. Nel defínese a Galicia como nación, reclámase a autonomía integral de Galicia e a cooficialidade do galego. Etre os asinantes do manifesto encóntranse figuras destacadas do nacionalismo galego como Antón Losada Diéguez, Vicente Risco, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, ou Antón Villar Ponte entre outros. Lugar de interese
A ponte romana de Lugo, con 104 m de lonxitude e 4 m de largura, cruza o río Miño ao seu paso polo sudoeste da cidade de Lugo, unindo a Calzada da Ponte coa estrada vella de Santiago, vertebrando esta última o barrio lugués de San Lázaro. Fica entre medias da Ponte Nova, que enlaza a capital da provincia coa estrada N-540, e o balneario de augas termais, que data así mesmo da época da romanización.
A ponte foi deseñada e construída na época da romanización de Galicia, que se valeu da vía número XIX do Itinerario de Antonino, comunicando Lucus Augusti con Bracara Augusta (a actual Braga, Portugal) pasando por Iria Flavia (a actual vila de Padrón). A razón da súa construción foi a necesidade de cruzar o río Miño. Se ben durante a Baixa Idade Media e a Idade Moderna a ponte sufriu distintas restauracións, os fundamentos da ponte actual, chamada popularmente vella ou romana, son en boa parte os orixinais. Imaxe destacada
Biografía destacada
Luís Pimentel, nado en Lugo o 18 de decembro do 1895 e finado na mesma cidade o 13 de febreiro de 1958, foi un médico e destacado poeta galego de vangarda, escritor en lingua castelá e, puntualmente, en lingua galega, cunha bibliografía escasa e dispersa. En 1990 foille dedicado o Día das Letras Galegas.
Pertencente á xeración de 1925 e relacionado coa xeración do 27, na súa poesía obsérvanse influencias do modernismo, de ismos vangardistas, do simbolismo francés e do existencialismo de posguerra. Canto á forma, destaca o verso libre, imaxes vangardistas, os paralelismos e as anáforas. Sabías que...?
Artigos de calidade e bos
Portais relacionados
Proyectos irmáns
|