Monumento a Colón
O Monumento a Colón (en catalán: Monument a Colom) é un conxunto escultórico que se atopa na Praza do Portal da Paz de Barcelona, no distrito de Ciutat Vella. Construído en homenaxe ó descubridor Cristovo Colón, está erixido no punto de unión entre las Ramblas e o Paseo de Colón, fronte ó porto vello de Barcelona. O autor do proxecto foi o arquitecto Gaietà Buïgas i Monravà, e na decoración escultórica interviñeron varios artistas, como Eduard B. Alentorn, Rafael Atché, Pere Carbonell, Manuel Fuxà, Josep Llimona, Rossend Nobas, Antoni Vilanova, Francesc Pagès e Agapit Vallmitjana. A fundición foi de Alejandro Wohlguemuth.[1]
O monumento foi construído no contexto das obras de mellora do litoral de Barcelona efectuadas por mor da Exposición Universal de Barcelona de 1888. Inaugurado o 1 de xuño de 1888, en plena exposición, converteuse axiña nunha das iconas máis características da cidade. No interior da columna hai un ascensor que permite subir até a semiesfera baixo os pés da estatua, dende onde se olla a cidade.
Esta obra está inscrita como Ben Cultural de Interese Local (BCIL) no Inventario do Patrimonio Cultural catalán co código 08019/859.[2]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Monumento a Colón (1889-1891)
-
Colón de noite
-
Primeiro plano do Monumento de Colón
-
Un dos leóns que arrodean o monumento
-
Estatuas da base do monumento
-
Maqueta do Monumento a Colón, en Catalunya en Miniatura
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jaume Fabre, Josep M. Huertas e Judit Subirachs i Burgaya. "Monumento a Cristóbal Colón". Consultado o 16 de abril de 2014.
- ↑ "Monument a Cristòfor Colom". Consultado o 16 de abril de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monumento a Colón |
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |