Casa das Ciencias
Casa das Ciencias | |
---|---|
Casa das Ciencias | |
País | Galicia |
Cidade | A Coruña |
Tipo | Científico, tecnolóxico |
Construción | Década de 1950 |
Inauguración | 1 de xuño de 1985 |
Na rede | |
http://www.coruna.gal/mc2/es/casa-de-las-ciencias | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
A Casa das Ciencias é un dos Museos Científicos Coruñeses. Está situado no Parque de Santa Margarida. Contén, entre outras cousas, módulos para experimentar fenómenos sorprendentes, unha incubadora onde se poden ver nacer pitiños de galiña, exposicións e un planetario que ofrece programas en directo e gravados. Concibiuse como un lugar para se divertir coa ciencia e Umberto Eco cualificouno de museo máis formidable do mundo.
Historia
[editar | editar a fonte]É un edificio de planta octogonal rodeada por un pórtico. Comezouse a construír na década de 1950 para funcionar como emisora de radio mais non se rematou e a súa estrutura abandonada coñecíase como "O palacete". O proxecto foi rematado en 1985 polo arquitecto Felipe Peña.
Foi inaugurada o 1 de xuño de 1985 polos Reis de España. Nese momento era o primeiro museo interactivo de titularidade pública no país.
Contidos
[editar | editar a fonte]Conta con catro salas dedicadas a exposicións interactivas máis un planetario. No entresollado destaca un péndulo de Foucault, realizado cunha esfera maciza de 120 quilos pendurada dun cabo de máis de 14 metros de lonxitude.
No primeiro andar atópase a sala de experiencias, dedicada precisamente a experiencias sobre o mundo físico, con módulos interactivos que responden ás accións dos visitantes. Hai tamén unha sala de exposicións temporais e outra de exposicións de natureza.
O planetario, denominado Sala de Proxección Galileo, permite representar sobre unha cúpula de 10 metros de diámetro todos os astros visíbeis a simple vista desde a Terra e reproducir os movementos que se observan no ceo. Pode mostrar o firmamento tal e como se ve desde calquera punto do planeta ou as posicións dos planetas noutras épocas. A capacidade é de 84 butacas.
Soporte
[editar | editar a fonte]A Casa das Ciencias depende do Concello da Coruña. Asemade, ten unha asociación, Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, que soporta actividades relacionadas arredor da mesma, como o Día da Ciencia na Rúa.[1]
Premios
[editar | editar a fonte]Os premios Prismas da Casa das Ciencias son concedidos dende 1987 para promocionar a difusión científica[2].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias". www.amigoscc.es. Consultado o 2020-08-15.
- ↑ Coruña, Ayuntamiento de A. Coruña / Concello da. "El jurado de los premios Prismas de la Casa de las Ciencias reconoce la labor de los y de las profesionales que divulgan la cultura científica". smart city (en castelán). Consultado o 2018-12-16.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web da Casa das Ciencias Arquivado 23 de setembro de 2021 en Wayback Machine.