Saltar ao contido

Torre Costa Rica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Torre Hercón
Vista dende o chan
Edificio
Sistema estruturalFormigón armado
LocalizaciónA Coruña
Coordenadas43°21′50″N 8°24′33″O / 43.36388889, -8.40916667
Torre Hercón en Galicia
Torre Hercón
Torre Hercón
Localización da Torre Hercón no mapa de Galicia
Uso(s)Vivendas e oficinas
Construción
Inicio1973
Remate1975
Remodelación2012
Dimensións
Altura119 m
Plantas34
Equipo
Arquitecto(s)José Antonio Franco Taboada
editar datos en Wikidata ]

A Torre Costa Rica, ou Torre Hercón, é un rañaceos situado na Coruña. Cos seus 119 metros, é o edificio máis alto de Galiza.

Deseñada polo arquitecto coruñés José Antonio Franco Taboada[1], foi construída entre 1973 e 1975, arrebatándolle o posto de edificio máis alto de Galiza á coruñesa Torre Galicia. No seu momento foi o segundo edificio máis alto de España, só por detrás da madrileña Torre de Madrid.

Destinada a un uso mixto (tanto de oficinas coma de vivendas), sitúase na rúa Costa Rica, en pleno centro da cidade.

Historia e descrición

[editar | editar a fonte]

A Torre Costa Rica foi construída con estrutura de formigón entre 1973 e 1975, alcanzando a cota máxima o 31 de outubro de 1974.

Forma parte dun grupo de edificios promovido pola "Cooperativa de la Hermandad de Alféreces Provisionales" que albergan 372 viviendas, das que noventa pertencen á torre.[2] Os cinco primeiros andares dedícanse a oficinas, existe un andar de instalacións eléctricas, as seguinte vinte e catro son vivendas e a última é mixta: a letra B é unha vivenda que forma un dúplex co 24 B) e o A e o C son de medios de comunicación (a principios da década de 1980 foi ocupada por Radio 80, mentres que posteriormente o ocupou a delegación na Coruña da Radio Galega e da Televisión de Galicia). En principio o 25.º andar estaba dedicado a restaurante.[3]

O ano 2012 rehabilitouse o edificio co reforzo da estrutura e da cornixa mediante a impermeabilización e a protección da fachada. Tamén se substituíron os ascensores por outros sensiblemente máis rápidos.[4]

En abril de 2013 produciuse un incendio no 14.º andar, sen consecuencias graves.[5]

  • Altura: 119 metros.
  • Estrutura: formigón.
  • Plantas: 31 + 2 sotos.
  • Ascensores: 4.
  1. Entrevista en www.lavozdegalicia.es por Ángel Varela(en castelán).
  2. Varela, Ángel (12 de setembro de 2010). "Parece que la Torre Costa Rica se mueve con el viento, pero es un cambio de presión interior". La Voz de Galicia. Consultado o 26 de novembro de 2017. 
  3. Revista CSIC
  4. "La torre Hercón, en boxes 24 meses". La Voz de Galicia (en castelán). 2012-04-22. Consultado o 2021-12-16. 
  5. "Un incendio obligó a desalojar a 45 vecinos de la Torre Hercón en A Coruña". El Ideal gallego (en castelán). Consultado o 26 de novembro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]