Conversa modelo:LugaresdeintereseACoruña
Aparencia
Camiño inglés
[editar a fonte]Boas! Non sei se é moi boa idea incluir no modelo o Camiño inglés, xa que dito modelo é de "lugares de interese" e o Camiño non é un lugar en si. Un saúdo!! --Piquito (conversa) 12 de xaneiro de 2016 ás 17:09 (UTC)
- Creo que tes razón, vouno quitar.--Jglamela (conversa) 12 de xaneiro de 2016 ás 17:15 (UTC)
- Ese "problema" soluciónase movendo o modelo do nome "modelo:LugaresdeintereseACoruña" a, simplemente, "Modelo:De interese na Coruña".
- Igual que "Modelo:Lugares de interese de Vigo" foi movido a: "Modelo:De interese en Vigo". --. HombreDHojalata.conversa 12 de xaneiro de 2016 ás 23:04 (UTC)
- Discordo co movemento de HombreDHojalata. O modelo achega só lugares, e creo que é suficiente poñer só os lugares (hai case 100 páxinas sen meter máis cousas). Non creo que sexa necesario un modelo tan xeral, a cidade dá para facer outros modelos como deporte ou eventos. Este modelo presenta lugares que teñen algún tipo de interés, sexa arquitectónico ou cultural. Non vexo lóxico mover o modelo para incluir un artigo de relevancia menor para a cidade (a realidade é que case non hai peregrinos, dende logo eu nunca vin ningún, nin tan sequera sinalización ou albergue de peregrinos... pode que haxa, pero non se publicita, dende logo). Na miña opinión, se comezamos a poñer unha chea de artigos sobre lugares de interés, hospitais, hoteis, clubs deportivos... o modelo perde utilidade, porque de interés son os lugares a visitar, non o Deportivo da Coruña, o CHUAC, o Salón do Cómic, ou o Noroeste Pop-Rock, por citar algúns. Poden crearse outros modelos, pero "petar" este paréceme que o único que vai facer é que perda utilidade. Opino o mesmo co modelo de Vigo, e podería replantexarse para que amosara os lugares realmente importantes da cidade, que seguro que os hai (sexan 100 ou 50, pero así será máis útil na miña opinión) Un saúdo! --Piquito (conversa) 12 de xaneiro de 2016 ás 23:51 (UTC)
- Tamén opino que antes de facer un movemento que cambie a concepción dun modelo habería que consultalo e chegar a consenso en lugar de chegar, e de xeito unilateral mover un modelo específico a un xeral. --Piquito (conversa) 13 de xaneiro de 2016 ás 00:16 (UTC)
- Estou de acordo con Piquito. Un modelo debe de ser unha axuda ou unha recomendación de busca de artigos relacionados. Se poñemos De interese o único que teríamos sería unha listaxe de todos os artigos sobre o tema, o cal xa existe: Categoría:A Coruña. Eu tamén entendo que "Lugares de interese" é máis concreto e útil, sen incluír outros artigos como Ronda de Outeiro, Refinería da Coruña ou HC Liceo, que non parecer ter moita relación cos que xa están. Tamén opino que o modelo de Vigo debería repropoñerse (os únicos equipos de interese son de fútbol? Ten o mesmo interese o Meixoeiro que a Casa de Ceta? É de interese Vitrasa mais non Faro de Vigo?) e por iso penso que hai que evitar facer o mesmo con este modelo.
- En canto ao Camiño Inglés, incluíno polo seu interese cultural ou turístico, mais é certo que non é exactamente un lugar (por iso o quitei), aínda que si está sinalizado e no PXOM aparece delimitado.--Jglamela (conversa) 13 de xaneiro de 2016 ás 18:32 (UTC)
- Discordo co movemento de HombreDHojalata. O modelo achega só lugares, e creo que é suficiente poñer só os lugares (hai case 100 páxinas sen meter máis cousas). Non creo que sexa necesario un modelo tan xeral, a cidade dá para facer outros modelos como deporte ou eventos. Este modelo presenta lugares que teñen algún tipo de interés, sexa arquitectónico ou cultural. Non vexo lóxico mover o modelo para incluir un artigo de relevancia menor para a cidade (a realidade é que case non hai peregrinos, dende logo eu nunca vin ningún, nin tan sequera sinalización ou albergue de peregrinos... pode que haxa, pero non se publicita, dende logo). Na miña opinión, se comezamos a poñer unha chea de artigos sobre lugares de interés, hospitais, hoteis, clubs deportivos... o modelo perde utilidade, porque de interés son os lugares a visitar, non o Deportivo da Coruña, o CHUAC, o Salón do Cómic, ou o Noroeste Pop-Rock, por citar algúns. Poden crearse outros modelos, pero "petar" este paréceme que o único que vai facer é que perda utilidade. Opino o mesmo co modelo de Vigo, e podería replantexarse para que amosara os lugares realmente importantes da cidade, que seguro que os hai (sexan 100 ou 50, pero así será máis útil na miña opinión) Un saúdo! --Piquito (conversa) 12 de xaneiro de 2016 ás 23:51 (UTC)
- A min tampouco me convence este cambio, penso que o axeitado é que o modelo ligue os lugares de interese da cidade, penso que comezar a enchelo de todo tipo de cousas ó final fará que perda a súa utilidade. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de xaneiro de 2016 ás 01:48 (UTC)