Eleccións xerais de España de 1931

A primeira volta das eleccións xerais de España de 1931 ou eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 celebrouse o 28 de xuño de 1931. A segunda volta prolongouse, con diversas eleccións parciais, entre o 19 de xullo e o 8 de novembro. Tiveron lugar pouco despois da proclamación da Segunda República Española co fin de elaborar unha nova constitución. A elas concorreron, por unha banda a Conxunción Republicano-Socialista, composta polo PSOE, os radicais de Lerroux, os radicalsocialistas, a Dereita Liberal Republicana de Alcalá-Zamora e a Acción Republicana de Azaña, aínda que cada partido concorría co seu propio programa. A dereita antirrepublicana concorreu dividida e non presentou candidaturas en parte das circunscricións.

Eleccións xerais de España de 1931
 ← 1923 Editar o valor en WikidataEspaña Editar o valor en Wikidata 1933 Editar o valor en Wikidata  → 
Data28 de xuño de 1931 Editar o valor en Wikidata
TipoEleccións xerais en España Editar o valor en Wikidata
Cargo elixidodeputado nas Cortes republicanas Editar o valor en Wikidata
Resultado da votación Editar o valor en Wikidata
Fachada principal do Palacio das Cortes.
Facsímile da Constitución española de 1931.
Votación en Éibar.

As eleccións deron un triunfo rotundo á Conxunción Republicano-Socialista. A dereita e o centro republicanos (coa excepción dos radicais) quedaban reducidos a un papel testemuñal, en tanto que a dereita monárquica sufría un serio revés. Como resultado a maioría das esquerdas no Parlamento (nucleada en torno a socialistas, radicalsocialistas e Acción Republicana, posto que radicais e progresistas abandonaron pronto a coalición) deu lugar ao denominado bienio reformista entre os anos 1931 e 1933.

Lei electoral

editar

Por Decreto de 3 de xuño de 1931 convocáronse as eleccións para o 28 de xuño e estableceuse que as Cortes Constituíntes estarían compostas por unha soa Cámara elixida por sufraxio universal exclusivamente masculino e que a apertura das súas sesións tería lugar no Palacio do Congreso o día 14 de xullo (aniversario da toma da Bastilla que en 1789 deu inicio á Revolución Francesa).

As Cortes decláranse investidas co máis amplo poder constituínte e lexislativo. Ante elas, axiña que queden constituídas, resignará os seus poderes o Primeiro Goberno Provisional da Segunda República Española, e fora cal fora o acordo das Cortes, dará conta dos seus actos.

As eleccións celebraríanse segundo a lei de 1907, amplamente modificada polo Decreto de 8 de maio de 1931. Mediante este decreto substituíase a elección uninominal en pequenas circunscricións, pola elección por lista e provincia (ou cidade maior de 100.000 habitantes: Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao, Sevilla, Zaragoza, Málaga, Córdoba, Granada e Murcia), mediante un sistema mixto entre maioritario e proporcional, que concedía unha ampla gratificación á candidatura máis votada, reservando un certo número de postos á minoritaria. A candidatura maioritaria obtiña o 80 % dos escanos en xogo, a condición de que obtivese máis do 20 % dos votos emitidos, reservándose o 20% restante ás minorías.[1] Ademais de substituír os pequenos distritos uninominais, un sistema que deixaba "ancha canle á coacción caciquil", polas circunscricións provinciais e das cidades de máis 100.000 habitantes, a modificación da lei electoral de 1907 tamén estableceu que as mulleres e os sacerdotes puidesen presentarse como candidatos e que se rebaixase a idade mínima para votar de 25 a 23 anos. Tamén se derrogou o polémico artigo 29 da Lei de 1907 que proclamaba elixidos aos candidatos dos distritos nos que só se presentou unha candidatura, unha artimaña profusamente utilizada na fraude electoral institucionalizada da Restauración.[2]

Composición do Congreso dos Deputados tralas eleccións

editar

Eleccións Xerais en España, 28 de xuño de 1931

Partido Escanos % Esc. Dif.
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 115 24,5 -
Partido Republicano Radical (PRR) 90 19,1 -
Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) 61 13,0 -
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) 29 6,2 -
Acción Republicana (AR) 26 5,5 -
Derecha Liberal Republicana (DLR) 25 5,3 -
Partido Republicano Democrático Federal (PRDF) 16 3,4 -
Partido Agrario Español (PAE) 15 3,2 -
Federación Republicana Gallega (FRG) 15 3,2 -
Agrupación al Servicio de la República (ASR) 13 2,8 -
Partido Nacionalista Vasco (PNV) 7 1,5 -
Acción Nacional (AN) 5 1,1 -
Galeguistas independentes 5 1,1 -
Unió Socialista de Catalunya (USC) 4 0,9 -
Comuñón Tradicionalista (CT) 4 0,9 -
Partido Republicano Liberal Demócrata (PRLD) 4 0,9 -
Lliga Regionalista 2 0,4 -
Partit Catalanista Republicà (PCR) 2 0,4 -
Partido Republicano de Centro 2 0,4 -
Partido Radical Socialista Revolucionario (PRSR) 2 0,4 -
Extrema Esquerda Republicana Federal (EIRF) 2 0,4 -
Partido Agrario Republicano Autonomista (PARA) 1 0,2 -
Independentes de dereitas 9 1,8 -
Republicanos de centro independentes 8 1,7 -
Independentes de esquerdas 8 1,7 -
TOTAL 470 100,00 -

Resultados nas circunscricións galegas

editar

A Coruña  

editar

16 escanos a elixir. Os 12 da maioría obtívoos a coalición entre FRG e PSOE, mentres os 4 da minoría ían parar á lista de galeguistas independentes.

10 escanos a elixir. Na primeira votación, declarada nula, impúxose a coalición entre PRR e DLR á lista FRG-PSOE, volvendo facelo na repetición dos comicios do 23 de agosto: os 8 escanos da maioría para PRR-DLR e os 2 da minoría para a coalición galeguista e socialista.

Pontevedra  

editar

12 escanos a elixir: 7 para a coalición FRG-PRR-DLR, 4 para o PSOE e 1 para os galeguistas independentes.

9 escanos a elixir: 5 foron obtidos pola Conxunción Republicano-Socialista, 3 pola coalición republicana e galeguista e 1 polos monárquicos.

  1. Manuel Tuñón de Lara (1981). "Los Estatutos de Autonomía y las elecciones a Constituyentes". La España del siglo XX. Barcelona: Laia. pp. 314–315. 
  2. Juliá, Santos (2009). La Constitución de 1931. Madrid: Iustel. pp. 34–36. ISBN 978-84-9890-083-5. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar