Alfonso Pazos Cid
Alfonso Pazos Cid, nado en Ourense e finado en Cidade de México o 8 de marzo de 1978,[1] foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Ourense, España |
Morte | 8 de marzo de 1978 Cidade de México |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Unión Republicana 2 de abril de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Ourense | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
28 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933 Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Ourense | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | avogado, político |
Familia | |
Fillos | Alfonso Pazos Bande |
Traxectoria
editarFoi presidente da Juventud Republicana de Ourense (1928).[2] Constituíu en 1930 a asociación de escritores Akademos d'Ourens con Cándido Fernández Mazas. Militante do Partido Republicano Radical Socialista, foi novamente elixido presidente da Juventud Republicana de Ourense en febreiro de 1931.[3] Foi elixido deputado pola provincia de Ourense integrado na coalición coa FRG nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931. Non renovou o mandato nas eleccións de 1933, pero volveu ser elixido pola mesma circunscrición nas listas de Unión Republicana nas eleccións xerais de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse até pasar a Portugal e Francia con Francisco Dopazo Rodríguez. Logo chegou a Madrid e ao fin da guerra a Valencia. Foi secretario de organización da Solidaridade Galega Antifeixista. Coa fin da guerra pasou a Francia e logo exiliouse en México. En 1949 participou no Congreso Mundial de Partidarios da Paz celebrado en París, xunto a Bibiano Fernández Osorio-Tafall, Mariano Ruiz-Funes García e José Giral.[4]
Vida persoal
editarCasou con María del Pilar Bande Rodríguez e foi pai de Alfonso Pazos Bande, e avó de Serxio Pazos.
Notas
editar- ↑ La Región, 13-3-2003, p. 69.
- ↑ El Pueblo Gallego, 16-10-1928, p. 14
- ↑ Vida Gallega, 28-2-1931, p. 54.
- ↑ Jordi Guixé i Corominas L'Europa de Franco: l'esquerra antifranquista i la "caça de bruixes" a l'inici de la guerra freda : França 1943-1951 Publicacions de l'Abadia de Montserrat, 2002, ISBN 84-8415-395-9, 788484153955 pàg. 122