8 de novembro
data
<< | Novembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | |
2024 Todos os días |
O 8 de novembro é o 312º día do ano do calendario gregoriano e 313º nos anos bisestos. Quedan 53 días para rematar o ano.
Acontecementos
editar- 1620: Guerra dos Trinta Anos - Batalla da Montaña Branca: o exército da Liga católica derrota os checos, e o seu rei Frederico V do Palatinado foxe aos Países Baixos.
- 1793: en París abre o público o Museo do Louvre.
- 1968: lanzamento da sonda Pioneer 9 para o estudo do espazo interplanetario.
- 1975: accidente ferroviario entre a estación de Laza e a estación de Vilar de Barrio. O expreso Rías Baixas da liña Madrid-Pontevedra descarrilou no interior dun túnel. Morreron cinco persoas e 9 resultaron feridas[1].
Nacementos
editar- 1656 - Edmund Halley, matemático e astrónomo inglés (m. 1742).
- 1824 - Manuel Estévez Caneda, político galego da Arxentina (m. 1893).
- 1847 - Bram Stoker, escritor irlandés, autor de Drácula.
- 1854 - Johannes Robert Rydberg, físico sueco (m. 1919).
- 1866 - Heraclio Pérez Placer, escritor galego (m. 1926).
- 1883 - Heriberto Pérez Proenza, político, sindicalista e xornalista galego.
- 1884 - Hermann Rorschach, psiquiatra e psicanalista suízo (m. 1922).
- 1900 - Margaret Mitchell, escritora estadounidense (m. 1949).
- 1908 - Agustí Bartra i Lleonart, escritor catalán (m. 1982).
- 1916 - Peter Weiss, escritor alemán nacionalizado sueco (m. 1982).
- 1940 - Enrique Raviña Rubira, farmacéutico galego.
- 1954 - Xosé Lorenzo Tomé, escritor e filósofo galego.
- 1974 - Masashi Kishimoto, debuxante de manga xaponés.
Mortes
editar- 1308 - Duns Scoto, filósofo e teólogo escocés (n. 1266).
- 1674 - John Milton, poeta inglés (n. 1608).
- 1931 - Manuel Brea Abades, xornalista e escritor galego.
- 1940 - Francisco Salgado López, avogado, xornalista e escritor galego (n. 1859).
- 1953 - Ivan Bunin, escritor ruso (n. 1870).
- 1976 - Imeldo Corral, pintor galego (n. 1889).
- 1986 - Viacheslav Molotov, político e diplomático ruso (n. 1890).
- 2002 - Zoé Oldenbourg, escritora rusa (n. 1916).
- 2009 - Vitali Ginzburg, físico teórico e astrofísico ruso (n. 1916).
- 2010 - Emilio Eduardo Massera, militar arxentino (n. 1925).
- 2022 - Llorenç Soler, director de cinema (n. 1936).
Festas e celebracións
editarNotas
editar- ↑ "Cinco muertos al descarrilar el tren “Rias Bajas” de Madrid a Vigo", ABC, 9 de novembro de 1975, p. 43.