Francisco Javier Elola

xurista galego

Francisco-Javier Elola Díaz-Varela, nado o 22 de setembro de 1877 en Monforte de Lemos e finado o 12 de maio de 1939 en Barcelona, foi un xuíz e político galego.

Modelo:BiografíaFrancisco Javier Elola
Nome orixinal(es) Francisco Javier Elola y Díaz Varela Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de setembro de 1877 Editar o valor en Wikidata
Monforte de Lemos, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de maio de 1939 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
1 de setembro de 1931 – 9 de outubro de 1933
← Sergio Andión Pérez (en) Traducir

Circunscrición electoral: Lugo
Deputado nas Cortes republicanas
10 de xullo de 1931 – 21 de xullo de 1931 – José Lladó Vallés →

Circunscrición electoral: Lugo
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Colexio da Nosa Señora da Antiga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmaxistrado, avogado, político Editar o valor en Wikidata
EmpregadorTribunal Supremo de España Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Radical Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Elola estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela, foi pasante no despacho de Francesc Pi i Margall en Madrid en 1901. Aprobou as oposición á carreira fiscal e xudicial en 1905 exercendo en Galicia, Asturias, Cataluña e León, e o 4 de decembro de 1923, logo da proclamación da ditadura de Primo de Rivera, entrou como vocal na Xunta Organizadora do Poder Xudicial. En 1924 nomeárono xuíz do distrito de Chamberí e representou a España nos Congresos Penais Internacionais de París, Bruxelas (1926) e Budapest (1929).

Co cambio de réxime o goberno nomeouno Fiscal Xeral da República o 31 de maio de 1931 cesando o 31 de xullo ao entrar no Tribunal Supremo como novo maxistrado. Nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 accedeu ao Parlamento como deputado pola provincia de Lugo nas listas do Partido Republicano Radical, participando nas discusións sobre a organización do poder xudicial en España mesmo enfrontándose co seu partido o que levaría a abandonalo e a non presentarse ás eleccións de 1933, continuando como maxistrado do Tribunal Supremo. En plena guerra civil, o 26 de agosto de 1936 foi nomeado presidente da Sala Terceira do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo de España, e o 16 de setembro xuíz especial instrutor da causa pola insurrección en todos os cuarteis e cantóns militares da capital de España, gardou as formalidades legais, admitíndolle ao xeneral Joaquín Fanjul Goñi as probas que presentara, razón pola cal foi apartado da instrución. O 27 de agosto de 1937 accedeu á presidencia da Xunta de Inspección dos Tribunais de Madrid e en outubro de 1937 trasladouse a Cataluña, onde en xuño de 1938 defendeu os funcionarios dos xulgados de Barcelona acusados de quintacolumnismo.

Cando as tropas republicanas abandonaron Cataluña en 1939, decidiu quedar ofrecéndose a colaborar co novo réxime, pero detido o 26 de febreiro procesárono pola morte do xeneral Fanjul e os mortos da prisión Modelo de Madrid do 23 de agosto de 1936. Condenado a morte executárono en Barcelona o 12 de maio de 1939.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar