Tony Brooks
Biografía | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) Charles Anthony Standish Brooks 25 de febreiro de 1932 Dukinfield (Reino Unido) | ||||||||||||||||||||||
Morte | 3 de maio de 2022 (90 anos) Ottershaw, Reino Unido (en) | ||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de Manchester - odontoloxía (1950–) Mount St Mary's College (en) Barlborough Hall School (en) | ||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo, piloto de carreiras | ||||||||||||||||||||||
Deporte | automobilismo | ||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||
24 Horas de Le Mans |
Charles Anthony Standish Brooks, nado en Dukinfield (Cheshire) o 25 de febreiro de 1932 e finado o 3 de maio de 2022,[1] foi un piloto inglés tamén coñecido como o "piloto dentista". Participou en 39 grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula 1, onde debutou o 14 de xullo de 1956. Obtivo a primeira vitoria dun piloto británico nun coche británico nun Gran Premio desde 1923, en 1955 pilotando un Connaught en Siracusa, nunha carreira fóra do Campionato do Mundo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Brooks naceu o 25 de febreiro de 1932 en Dukinfield, Chesire. Era fillo dun dentista e el mesmo tamén estudou a carreira. Iniciouse nas carreiras en 1952 pilotando un Healey ata 1955. Nese mesmo ano, Brooks pilotu un Connaught de Fórmula 2 no Crystal Palace e terminou cuarto.[2]
Brooks logrou a primeira vitoria dun coche construído no Reino Unido nunha carreira do Campionato do Mundo no Gran Premio do Reino Unido de 1957 en Aintree, que compartiu con Sir Stirling Moss. Xunto con Moss, Brooks é considerado un dos mellores pilotos que nunca foi campión do mundo e tanto Moss coma o tres veces campión do mundo Jack Brabham tiñan un alto concepto da súa capacidade.[3]
Brooks gañou seis carreiras para Vanwall e Ferrari, tres pole position, conseguiu dez podios, e anotou un total de 74 puntos no campionato. Pilotou para BRM, pero retirouse do equipo a finais de 1961, xusto antes da súa tempada máis exitosa.
Resultado completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | Pos | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1956 | Owen Racing Organisation | BRM P25 | BRM 4 en liña | ARX |
MON NTS |
500 |
BEL |
FRA |
RU Ret |
ALE |
ITA |
NC | 0 | |||
1957 | Vandervell Products | Vanwall | Vanwall Straight-4 |
ARX |
MON 2 |
500 |
FRA |
RU 1* |
ALE 9 |
PES Ret |
ITA 7** |
5º | 11 | |||
1958 | Vandervell Products | Vanwall | Vanwall 4 en liña |
ARX |
MON Ret |
NED Ret |
500 |
BEL 1 |
FRA Ret |
RU 7 |
ALE 1 |
POR Ret |
ITA 1 |
MAR Ret |
3º | 24 |
1959 | Scuderia Ferrari | Ferrari Dino 246 | Ferrari V6 | MON 2 |
500 |
NED Ret |
FRA 1 |
ALE 1** |
POR 9 |
ITA Ret |
USA 3 |
2º | 27 | |||
Vandervell Products | Vanwall | Vanwall 4 en liña |
RU Ret |
|||||||||||||
1960 | Yeoman Credit Racing Team | Cooper T51 | Climax 4 en liña |
ARX |
MON 4 |
500 |
NED Ret |
BEL Ret |
RU 5 |
POR 5 |
ITA |
USA Ret |
11º | 7 | ||
Vandervell Products | Vanwall | Vanwall 4 en liña |
FRA Ret |
|||||||||||||
1961 | Owen Racing Organisation | BRM P48/57 | Climax 4 en liña |
MON 13 |
NED 9 |
BEL 13 |
FRA Ret |
RU 9 |
ALE Ret |
ITA 5 |
USA 3 |
10º | 6 |
* Tony Brooks gañou o Gran Premio do Reino Unido de 1957 compartindo o seu coche con Stirling Moss. Ambos foron galardoados coa metade de puntos para a vitoria (4 en lugar de 8). ** Brooks tamén foi galardoado cun punto no Gran Premio de Italia de 1957 e Gran Premio de Alemaña de 1959 ao rexistrar a volta rápida.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Obituario
- ↑ "Tony Brooks Profile". Grandprix.com.
- ↑ Benson, Andrew (2012-04-10). "BBC Sport - Formula 1's greatest drivers. Number 18: Jack Brabham". Bbc.co.uk. Consultado o 2012-08-15.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tony Brooks |