Thomas Paine
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xaneiro de 1737 (Xuliano) Thetford, Reino Unido (pt) |
Morte | 8 de xuño de 1809 (72 anos) Greenwich Village, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | New Rochelle (pt) |
Deputado da Asemblea Nacional | |
6 de setembro de 1792 – 26 de outubro de 1795 Circunscrición electoral: Pas-de-Calais | |
Datos persoais | |
Relixión | sen valor e Deísmo |
Educación | Thetford Grammar School (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | París |
Ocupación | filósofo, xornalista, prosista, emprendedor, político, escritor, xornalista de opinión |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Mary Lambert Elizabeth Ollive |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Пейн Томас) Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Thomas Paine, nado en Thetford (Norfolk) o 29 de xaneiro de 1737[1] e finado en Nova York, 8 de xullo de 1809, foi un político, escritor, filósofo, intelectual radical e revolucionario estadounidense de orixe inglesa. Promotor do liberalismo e da democracia. Está considerado un dos Pais fundadores dos Estados Unidos.
Paine emigrou ás colonias británicas en América en 1774 para participar na revolución americana. As súas contribucións principais foron o ensaio Common Sense (1776), onde avogaba pola independencia das colonias e The American Crisis (1776-1783) unha serie de escritos a favor da revolución.
En 1789 visitou Francia e alí viviu durante case toda a década seguinte. Viuse involucrado profundamente nos primeiros anos da Revolución Francesa. Escribiu Rights of Man (1791), en parte unha defensa da Revolución Francesa contra os seus críticos, en particular o estadista británico Edmund Burke. En Gran Bretaña foi xulgado e declarado culpable en ausencia polo crime de libelo sedicioso. A pesar de non falar francés, foi elixido para a Convención Nacional en 1792. Os xirondinos vírono como un aliado polo que os montañeses, en especial Robespierre, considerárono o seu inimigo. En decembro de 1793, foi arrestado e encarcerado en París e liberado en 1794. Fíxose célebre por The Age of Reason (1793-94), libro que avoga polo deísmo, promove a razón e o librepensamento, argumenta en contra da relixión institucionalizada e das doutrinas cristiás. Tamén escribiu Agrarian Justice (1795), discutindo as orixes da propiedade e introducindo o concepto de renda mínima garantida.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De orixe humilde, fillo dun cuáquero e dunha anglicana, recibiu unha educación moi elemental que se limitaba a saber ler, escribir e as catro operacións aritméticas básicas, polo que se formou de maneira autodidacta. Chegou a ser un moi importante revolucionario norteamericano, con ideas en conflito permanente coas elites e os grupos reaccionarios do seu tempo, como foron a súa loita contra o sexismo, a escravitude, o racismo e a monarquía, á que se opuxo propondo no seu lugar a república. Como outros ilustrados, tamén abominou da superstición, a relixión organizada (igrexas) e o clero, sendo un impulsor do laicismo, a educación popular e a ciencia.
Sempre en loita con todo tipo de apuros económicos, traballou como oficial de impostos perseguindo contrabandistas de licores e tabaco e conseguiu ilustrarse comprando libros. A súa sorte cambiou ao coñecer a Benjamin Franklin, quen o animou a buscar fortuna en América dándolle cartas de presentación. Chegou a Filadelfia en 1774 e alí dirixiu a Pennsylvania Magazine and American Museum.
Ao xeneralizarse o descontento das colonias, Paine fomentou as ideas racionais, chamadas por el do "sentido común", criticando os excesivos impostos decretados polo goberno británico como inxustos e economicamente erróneos, favorecedores do contrabando e a corrupción, a prohibición de comerciar con outras nacións, causante da perda de fortunas materiais, e a falta de representantes continentais no parlamento británico. Sostivo que a solución a todos eses problemas era a independencia, postura que divulgou no máis famoso dos folletos impresos, Common Sense (1776), que alcanzou a tirada de medio millón de exemplares.
A doutrina do common sense marcou un fito na historia, ao non fundamentar as decisións políticas en doutrinas baseadas na historia, a relixión, a nación, a honra ou en nocións apriorísticas, senón en criterios avalados pola experiencia dos seres humanos e na razón. Common Sense preparou o camiño á Declaración de Independencia dos Estados Unidos, ratificada o 4 de xullo do mesmo ano.
Cando as tropas de Washington estaban a piques de desunirse, publicou o panfleto The American Crisis, que levantou os ánimos insurxentes e que por orde de George Washington foi lido a todos os seus soldados.
Tras acabar con éxito a guerra, volveu aos seus apuros económicos, pois nunca consentiu en pedir dereitos de autor polos seus panfletos. Viaxou a Europa e para evitar que William Pitt declarase a guerra a Francia divulgou a idea entre os británicos de que as guerras só carrexaban máis impostos. En Francia atopouse co escritor e teórico radical William Godwin e un grupo de amigos seus, a quen frecuentaba.
Logo dedicouse a refutar as ideas de Edmund Burke sobre a Revolución Francesa na súa obra mestra, Rights of Men, impresa en dúas partes, a primeira en 1791 e pola cal foi expulsado de Inglaterra. Refuxiado en Francia, Paine foi encarcerado por Robespierre por declararse abertamente contra o réxime do Terror.
En prisión empezou a escribir The Age of Reason (1794) un clásico do librepensamento con carácter anticlerical, onde rexeitaba a brutalidade e crueldade. Proclamaba contradicións da Biblia a imitación de Voltaire. Tres anos máis tarde publicou o seu panfleto Agrarian Justice.
O seu seguidor Bertrand Russell afirmou del:
Para os nosos tataravós era unha especie de Satán terreal, un infiel subversivo, rebelde contra o seu Deus e contra o seu rei. Gañouse a hostilidade de tres homes a quen non adoita relacionarse: Pitt, Robespierre e Washington. Destes, os dous primeiros trataron de matalo, mentres que o terceiro se abstivo coidadosamente de salvar a súa vida. Pitt e Washington odiábano porque era demócrata, Robespierre, porque se opuxo ao seu réximo do Terror. O seu destino foi sempre ser honrado polos pobos e odiado polos gobernos.[2]
Ideas
[editar | editar a fonte]Pensamento social
[editar | editar a fonte]Por influencia do xacobinismo e do movemento dos sans-culottes reivindicou, como outros radicais británicos, non só a democracia política senón tamén a democracia social, centrándose especialmente na cuestión da propiedade da terra. Por esta razón foi incluído no grupo dos socialistas agrarios,[3] xunto con Thomas Spence e William Ogilvie de Pittensear. Con todo, Paine mostrouse máis moderado que estes dous últimos pois non cuestionou o dereito de propiedade, aínda que foi un dos precursores do laborismo e do estado do benestar ao propor a redistribución da renda por medio dun imposto sobre as grandes facendas e a implantación dun sistema público de pensións, entre outras medidas.[4]
Expuxo o seu pensamento social en Rights of Man (1791-1792) e, sobre todo, en Agrarian Justice (1795-1796). Nestas obras defendía que para acadar a democracia plena había que abandonar as "miserias" da civilización, sobre todo en Europa, e volver á organización económica da comunidade primitiva propia do estado de natureza ou, cando non fose posible, establecer un imposto progresivo que limitase os bens que cada membro da sociedade podía posuír e que dotase o Estado dos recursos necesarios para que proporcionase aos máis desfavorecidos os medios que lles permitisen levar unha vida digna. Paine non cuestionaba o dereito de propiedade pero subordinábao á satisfacción das necesidades sociais e para iso propugnaba un Estado democrático que interviñese na vida económica.[5] Así, en Agrarian Justice, escribiu o seguinte sobre a súa forma "social" de entender a propiedade:[6]
A propiedade persoal é un efecto da sociedade; é tan imposible que un individuo adquira propiedades persoais sen axuda da sociedade, como o é que cree as terras. Separade un individuo da sociedade, dádelle a posesión dunha illa ou dun continente, e non poderá adquirir propiedades persoais, non poderá facerse rico.
Escravitude
[editar | editar a fonte]Atribúeselle a obra "African Slavery in America", o primeiro artigo que propuña a emancipación dos escravos africanos e a abolición da escravitude. Foi publicado o 8 de marzo de 1775 na postila ao Pennsylvania Journal and Weekly Advertiser (tamén coñecido como The Pennsylvania Magazine and American Museum).[7] Tendo en conta que non puido demostrarse que Paine fose o autor deste ensaio publicado anonimamente, algúns académicos como Eric Foner e Alfred Owen Aldridge non consideran este escrito como parte da súa obra. Pola contra, John Nichols considera que a súa "fervente oposición á escravitude" levouno a ser excluído do poder durante os primeiros anos da república.[8]
Relixión
[editar | editar a fonte]Sobre a relixión afirma en The Age of Reason:
Non creo no credo profesado pola igrexa xudía, pola igrexa romana, pola igrexa grega, pola igrexa turca, pola igrexa protestante, nin por calquera outra igrexa que coñeza. A miña mente é a miña igrexa. Todas as institucións eclesiásticas nacionais, xa sexan xudías, cristiás ou turcas, parécenme nada menos que invencións humanas creadas para horrorizar e escravizar a humanidade, e monopolizar o poder e o lucro.
Aínda que non existe ningunha evidencia de que fose masón, Paine tamén escribiu "An Essay on the Origin of Free-Masonry" (1803-1805), sobre a Biblia como un mito alegórico que describe a astroloxía:
A relixión cristiá é unha parodia da adoración do sol, na cal se puxo un home ao que chamaron Cristo en lugar do sol, e ofrecéronlle a adoración que orixinalmente se ofrecía ao sol.
Describiuse a si mesmo como deísta, dicindo:
Que diferente é isto á simple e pura profesión do deísmo! O verdadeiro deísta ten unha soa deidade; e a súa relixión consiste en contemplar o poder, a sabedoría e a benignidade da Deidade nas súas obras, e no seu esforzo por imitalo en toda cuestión moral, científica e mecánica.
e de novo, en The Age of Reason:
Eu creo nun Deus e non máis; e teño a esperanza da felicidade despois desta vida. Creo na igualdade do home, e creo que os deberes relixiosos consisten en facer xustiza, amara a misericordia e esforzarse por facer feliz o noso próximo.
Legado
[editar | editar a fonte]Os escritos de Paine tiveron grande influencia nos revolucionarios estadounidenses. Os seus libros supuxeron un rexurdimento do deísmo en Norteamérica e, a longo prazo, inspiraron tanto filósofos radicais como pensadores da clase obreira. Moitos liberais, libertarios, feministas, socialdemócratas, anarquistas, librepensadores e progresistas considerárono o seu antecedente intelectual. A crítica de Paine á relixión institucionalizada e a súa defensa do pensamento libre influíu en moitos librepensadores británicos dos séculos XIX e XX, tales como William Cobbett, George Holyoake, Charles Bradlaugh, Christopher Hitchens e Bertrand Russell.
En 2002, Paine foi incluído na lista dos cen británicos máis importantes de todos os tempos nunha enquisa levada a cabo pola BBC.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ayer, Alfred Jules (1990). Thomas Paine. University of Chicago Press. p. 1. ISBN 0-226-03339-2.
- ↑ Russell, Bertrand: artigo "El destino de Thomas Paine" (1934) en Por qué no soy cristiano. Ed. Edhasa. Barcelona, 2007. ISBN 978-84-350-3475-3 p. 169.
- ↑ Bravo 1976, pp. 194-195"Los primeros ingleses que se plantearon como objeto de estudio el problema social, se interesaron más bien por el campo e imaginaron [...] sociedades ideales agrícolas, modeladas sobre las más conocidas utopías del pasado, por lo que pudieron ser definidos a posteriori como «socialistas agrarios»"
- ↑ Bedarida 1984, pp. 363-364; 366-367.
- ↑ Bravo 1976, p. 195.
- ↑ Bravo 1976, p. 196.
- ↑ Van der Weyde, William M. (1925). The Life and Works of Thomas Paine. New Rochelle (N. Y.): Thomas Paine National Historical Society. pp. 19-25. OCLC 193829.
- ↑ Nichols, John (20 de xaneiro de 2009). "Obama's Vindication of Thomas Paine". The Nation (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2009.
- ↑ BBC News (21 de agosto de 2002). "100 Great British Heroes" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Thomas Paine |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aldridge, A. Owen (1959). Man of Reason: The Life of Thomas Paine. Lippincott.
- Aldridge, A. Owen (1984). Thomas Paine's American Ideology. University of Delaware Press. ISBN 9780874132601.
- Ayer, A. J. (1988). Thomas Paine. University of Chicago Press.
- Bailyn, Bernard (1990). Bailyn, ed. Common Sense. Faces of Revolution: Personalities and Themes in the Struggle for American Independence (Alfred A. Knopf).
- Bedarida, François (1984) [1976]. "El socialismo en Gran Bretaña hasta 1848". En Droz, Jacques. Historia general del socialismo. De los orígenes a 1875. Barcelona: Destino. pp. 351ss. ISBN 84-233-1305-0.
- Bernstein, R. B. (1994). "Review Essay: Rediscovering Thomas Paine". New York Law School Law Review.
- Bravo, Gian Mario (1976) [1971]. Historia del socialismo 1789-1848. El pensamiento socialista antes de Marx [Storia del socialismo, 1789-1848. Il pensiero socialista prima di Marx]. Barcelona: Ariel. ISBN 84-344-6508-6.
- Butler, Marilyn (1984). Burke Paine and Godwin and the Revolution Controversy.
- Claeys, Gregory (1989). Thomas Paine, Social and Political Thought. Londres: Unwin Hyman. ISBN 9780203193204.
- Conway, Moncure Daniel (1892). The Life of Thomas Paine. G.P. Putnam's Sons.
- Ferguson, Robert A. (xullo de 2000). "The Commonalities of Common Sense". William and Mary Quarterly 57#3 (3): 465–504. JSTOR 2674263.
- Foner, Eric (1976). Tom Paine and Revolutionary America. Oxford University Press.
- Foner, Eric (2000). Thomas Paine. American National Biography Online.
- Griffiths, Trevor (2005). These Are the Times: A Life of Thomas Paine. Spokesman Books.
- Hawke, David Freeman (1974). Paine. Philadelphia.
- Hitchens, Christopher (2007). Thomas Paine's "Rights of Man": A Biography. Londres: Atlantic Books. ISBN 978-1843546283.
- Kates, Gary (1989). "From Liberalism to Radicalism: Tom Paine's Rights of Man". Journal of the History of Ideas.
- Kaye, Harvey J. (2005). Thomas Paine and the Promise of America. Hill and Wang.
- Keane, John (1995). Tom Paine: A Political Life. Londres: Bloomsbury.
- Lamb, Robert (2010). "Liberty, Equality, and the Boundaries of Ownership: Thomas Paine's Theory of Property Rights". Review of Politics 72 (3).
- Larkin, Edward (2005). Thomas Paine and the Literature of Revolution. Cambridge University Press.
- Lessay, Jean (1987). L'américain de la Convention, Thomas Paine: Professeur de révolutions [The National Convention's American, Thomas Paine, professor of revolution] (en francés). París: Éditions Perrin. p. 241.
- Levin, Yuval (2013). The Great Debate: Edmund Burke, Thomas Paine, and the Birth of Right and Left. Basic Books. ISBN 978-0465062980.
- Lewis, Joseph L. (1947). Thomas Paine: The Author of the Declaration of Independence. Nova York: Freethought Press Association.
- Nelson, Craig (2006). Thomas Paine: Enlightenment, Revolution, and the Birth of Modern Nations. Viking. ISBN 978-0-670-03788-9.
- Powell, David (1985). Tom Paine, The Greatest Exile. Hutchinson.
- Russell, Bertrand (1934). "The Fate of Thomas Paine".
- Solinger, Jason D. (novembro de 2010). "Thomas Paine's Continental Mind". Early American Literature 45 (3).
- Vincent, Bernard (2005). The Transatlantic Republican: Thomas Paine and the age of revolutions. ISBN 978-9042016149.
- Wilensky, Mark (2008). The Elementary Common Sense of Thomas Paine. An Interactive Adaptation for All Ages. Casemate. ISBN 978-1-932714-36-4.
- Washburne, E. B. (maio de 1880). "Thomas Paine and the French Revolution". Scribner's Monthly XX.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Tras los huesos de Thomas Paine (Polvo eres/Rne)
- Biografía de Thomas Paine
- De los gobiernos viejos de nuestros días, por Thomas Paine
- Calling Tom Paine
- Thomas Paine Society (UK) Arquivado 24 de agosto de 2012 en Wayback Machine.
- Thomas Paine Society (US)
- Office location while in Alford Arquivado 07 de maio de 2019 en Wayback Machine.