Saltar ao contido

Propiedade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os edificios de tendas, hoteis e residencias son formas predominantes de propiedade.

En dereito, a propiedade é o poder directo e inmediato sobre un obxecto ou ben, pola que se atribúe ao seu titular a capacidade de dispoñer deste, sen máis limitacións que as que impoña a lei. É o dereito real que implica o exercicio das facultades xurídicas máis amplas que o ordenamento xurídico concede sobre un ben.

O obxecto do dereito de propiedade esta constituído por todos os bens susceptibles de apropiación. Para que se cumpra tal condición, en xeral, requírense tres condicións: que o ben sexa útil, xa que se non o fose, carecería de fin a apropiación; que o ben exista en cantidade limitada, e que sexa susceptible de ocupación, porque doutro modo non poderá actuarse.