Finados en 2017
Aparencia
Esta é unha listaxe de persoas de sona que finaron ao longo de 2017. Primeiro lístanse as personalidades internacionais, e a continuación as personalidades galegas, ordenadas por data de falecemento. A lista recolle, por esta orde, data de falecemento, nome, idade ao falecer, profesión ou motivo de sona, nacionalidade de orixe e causa da morte.
Para unha listaxe ordenada alfabeticamente, véxase a categoría "Finados en 2017".
Personalidades internacionais
[editar | editar a fonte]Xaneiro
[editar | editar a fonte]- 1 de xaneiro, Tony Atkinson, 72 anos, economista inglés, investigador da pobreza e da renda mínima universal.
- 1 de xaneiro, Derek Parfit, 74 anos, filósofo e moralista inglés.
- 2 de xaneiro, John Berger, 90 anos, crítico de arte, pintor e escritor inglés, causas naturais.[1]
- 3 de xaneiro, Igor Volk, 79 anos, cosmonauta soviético.
- 4 de xaneiro, Georges Prêtre, 92 anos, primeiro e máis lonxevo director de orquestra francés en dirixir o Concerto de Aninovo da Wiener Philharmoniker.[2]
- 5 de xaneiro, Tullio de Mauro, 84 anos, lingüista estruturalista e ministro italiano.
- 6 de xaneiro, Octavio Lepage, 93 anos, expresidente de Venezuela.
- 6 de xaneiro, Ricardo Piglia, 75 anos, novelista arxentino, esclerose lateral amiotrófica.
- 7 de xaneiro, Mário Soares, 92 anos, antigo presidente da República Portuguesa.[3]
- 8 de xaneiro, Akbar Hashemi Rafsanjani, 82 anos, antigo presidente de Irán, doenza cardíaca.
- 9 de xaneiro, Zygmunt Bauman, 92 anos, sociólogo polaco.
- 10 de xaneiro, Roman Herzog, 84 anos, antigo presidente de Alemaña.
- 10 de xaneiro, Clare Hollingworth, 105 anos, xornalista británica, a primeira en informar da invasión de Polonia e, xa que logo, do comezo da segunda guerra mundial.
- 13 de xaneiro, William Peter Blatty, 89 anos, escritor e director de cinema estadounidense, autor do texto orixinal e da adaptación d'O exorcista, mieloma múltiple.
- 14 de xaneiro, Zhou Youguang, 111 anos, economista e lingüista chinés, creador do sistema de escritura pinyin.[4]
- 15 de xaneiro, Jan Szczepański, 77 anos, boxeador polaco, campión olímpico en Múnic (1972).
- 15 de xaneiro, Isidro Baldenegro, 50 anos, ecoloxista mexicano tarahumara, asasinado a disparos.
- 16 de xaneiro, Eugene Cernan, 82 anos, astronauta do Apollo 17.
- 19 de xaneiro, Loalwa Braz, 63 anos, cantante brasileira, líder do grupo de lambada Kaoma, queimada no interior dun automóbil.
- 19 de xaneiro, Miguel Ferrer, 61 anos, actor estadounidense de televisión, cancro de gorxa.[5]
- 19 de xaneiro, Ramón Cordero, 76 anos, cantante dominicano, cancro de colon.[6]
- 20 de xaneiro, Carlos Alberto Silva, 77 anos, exadestrador de fútbol brasileiro, problema cardíaco.[7]
- 22 de xaneiro, Masaya Nakamura, 91 anos, empresario xaponés do sector dos videoxogos, responsable de Pac-man.
- 23 de xaneiro, Rikar Gil, 40 anos, actor catalán, como consecuencia dun accidente de moto.[8]
- 23 de xaneiro, Bimba Bosé, 41 anos, modelo e cantante española, cancro de peito, estendido a cerebro, fígado e ósos.[9]
- 23 de xaneiro, Gorden Kaye, 75 anos, actor británico, coñecido pola serie Aló, aló!.[10]
- 25 de xaneiro, Mary Tyler Moore, 80 anos, presentadora de televisión estadounidense, pneumonía.
- 25 de xaneiro - Buchi Emecheta, escritora nixeriana residente no Reino Unido (n. 1944)
- 27 de xaneiro, Emmanuelle Riva, 89 anos, actriz francesa, cancro.
- 27 de xaneiro, John Hurt, 77 anos, actor inglés, cancro de páncreas.
- 28 de xaneiro, Richard Portman, 82 anos, enxeñeiro de son, xefe e responsable de son da saga Star Wars e do filme O Padriño, problemas de saúde.[11]
- 29 de xaneiro, Stanisław Padewski, 84 anos, bispo católico latino de Khárkiv-Zaporizhia.
Febreiro
[editar | editar a fonte]- 2 de febreiro, José Antonio Alonso Suárez, 56 anos, político español, ministro de Defensa e de Interior nos anos 2000, cancro de pulmón.
- 3 de febreiro, Lorenzo Servitje, 97 anos, empresario mexicano do sector da alimentación, cofundador de Grupo Bimbo.
- 6 de febreiro, Joost van der Westhuizen, 45 anos, xogador internacional de rugby surafricano, campión do mundo en 1995, ELA.
- 6 de febreiro, Tzvetan Todorov, 77 anos, semiólogo e filósofo francés.
- 6 de febreiro, Roger Walkowiak, 87 anos, ciclista francés, gañador do Tour de Francia en 1956.
- 7 de febreiro, Smail Hamdani, 86 anos, primeiro ministro de Alxeria nos anos 90.
- 7 de febreiro, Hans Rosling, 68 anos, médico e académico sueco, profesor de Saúde Internacional no Instituto Karolinska[12], cancro de páncreas.
- 7 de febreiro, Richard Hatch, 71 anos, actor estadounidense, protagonista de Battlestar Galactica, cancro de páncreas.
- 7 de febreiro, José Luis Pérez de Arteaga, 66 anos, locutor radiofónico (Radio Clásica) e musicólogo español.[13]
- 11 de febreiro, Taniguchi Jirō, 69 anos, debuxante xaponés de manga.
- 12 de febreiro, Al Jarreau, 76 anos, cantante de jazz estadounidense, esgotamento físico.
- 14 de febreiro, Henrique Nuno de Bragança, 67 anos, nobre portugués, terceiro en orde de pretesión ao trono luso, consecuencias dun traumatismo cranio-encefálico logo dunha caída.
- 23 de febreiro, Stanisław Skrowaczewski, 93 anos, director de orquestra polaco, derramo cerebral.
- 25 de febreiro, Neil Fingleton, 36 anos, actor británico, infarto.
- 25 de febreiro, Pablo Ráez,20 anos, atleta e blogueiro español.
- 26 de febreiro, Bill Paxton, 61 anos, actor estadounidense, parada cardíaca durante unha operación de corazón.
- 28 de febreiro, Carlos Humberto Romero Mena, 93 anos, antigo presidente do Salvador, enfermidade non revelada.
Marzo
[editar | editar a fonte]- 3 de marzo, Raymond Kopa, 85 anos, antigo futbolista francés, balón de ouro e campión de Europa co Real Madrid.
- 3 de marzo, René Préval, 63 anos, antigo primeiro ministro e tamén antigo presidente do Haití, infarto.
- 6 de marzo, Alberto Zedda, 89 anos, director de orquestra italiano.
- 6 de marzo, Dave Valentín, 64 anos, frautista de jazz portorriqueño, derramo cerebral e párkinson.
- 8 de marzo, George Andrew Olah, 89 anos, químico húngaro, Premio Nobel en 1994 polos seus traballos sobre os carbocatións.
- 10 de marzo, John Surtees, 83 anos, antigo campión de automobilismo (Fórmula 1) e de motociclismo, fallo respiratorio.
- 10 de marzo, Aníbal Ruiz, 75 anos, adestrador de fútbol uruguaio, seleccionador de Paraguai no Mundial de Alemaña 2006, infarto.
- 10 de marzo, Pere Mir i Puig, 97/98 anos, empresario e mecenas catalán.
- 11 de marzo, Ángel Parra, 73, cantautor chileno, cancro de pulmón.
- 12 de marzo, Vladimir Makovich, 54 anos, líder da República Popular de Donetsk, tumor cerebral.
- 14 de marzo, Royal Robbins, 82 anos, escalador e montañeiro estadounidense, parálise supranuclear progresiva.
- 17 de marzo, Derek Walcott, 87 anos, poeta de Santa Lucía en lingua inglesa, galardoado co Premio Nobel de Literatura de 1992.
- 18 de marzo, Chuck Berry, 90 anos, guitarrista de rock estadounidense.
- 20 de marzo, David Rockefeller, 101 anos, empresario e filántropo estadounidense, infarto.
- 20 de marzo, Trisha Brown, 80 anos, coreógrafa e bailarina estadounidense, demencia vascular.
- 21 de marzo, Martin McGuinness, 66 anos, político norteirlandés, antigo membro do IRA, amiloidose.
- 21 de marzo, Colin Dexter, 86 anos, escritor inglés, creador do Inspector Morse.
- 24 de marzo, Paloma Gómez Borrero, 82 anos, xornalista e correspondente española no Vaticano, cancro de fígado.
- 28 de marzo, Alicia de Borbón-Parma, 99 anos, nobre española.
- 30 de marzo, Aleksei Abrikosov, 89 anos, estadounidense nado na Unión Soviética, premio Nobel de Física polos seus traballos sobre supercondutores.
- 31 de marzo, Gilbert Baker, 65, anos, deseñador e activista dos dereitos LGBT, creador da bandeira do arco da vella, problema cardíaco.[Cómpre referencia]
Abril
[editar | editar a fonte]- 1 de abril, Salvador Pániker, 90 anos, enxeñeiro, editor, filósofo e escritor español.
- 1 de abril, James Rosenquist, 83 anos, artista estadounidense, un dos maiores representantes da arte pop, enfermidade.
- 1 de abril, Evgenii Evtushenko, 84 anos, poeta ruso, parada cardíaca como consecuencia dun cancro.
- 1 de abril, Antonio Lamela, 90 anos, arquitecto español, responsable de edificios icónicos de Madrid.
- 2 de abril, Ikutaro Kakehashi, 87 anos, enxeñeiro e empresario xaponés, creador dos sintetizadores Roland.
- 4 de abril, Giovanni Sartori, 92 anos, politicólogo e escritor italiano, crise respiratoria.
- 6 de abril, Don Rickles, 90 anos, actor estadounidense, insuficiencia renal.
- 7 de abril, Tim Pigott-Smith, 70 anos, actor británico.
- 9 de abril, Carme Chacón, 46 anos, política española, que fora ministra de Vivenda e ministra de Defensa, fallo cardíaco derivado dunha cardiopatía conxénita.
- 13 de abril, Robert Taylor, 85 anos, programador informático estadounidense, un dos pioneiros de Internet, párkinson.
- 15 de abril, Albero Carneiro, 79 anos, escultor portugués.
- 15 de abril, Emma Morano, 117 anos, muller italiana, a persoa máis lonxeva do mundo na altura.
- 21 de abril, Ugo Ehiogu, 44 anos, futbolista internacional con Inglaterra, infarto.
- 22 de abril, Michele Scarponi, 37 anos, ciclista italiano, vencedor do Giro de Italia (2011), accidente mentres adestraba.
- 24 de abril, Sebastián Palomo Linares, 69 anos, toureiro español, consecuencias dunha operación de instalación dun baipás.
- 26 de abril, Jonathan Demme, 73 anos, director de cinema estadounidense, cancro de esófago.
Maio
[editar | editar a fonte]- 6 de maio, Steven Holcomb, 37 anos, deportista de bobsleigh, campión olímpico en Vancouver 2010, edema pulmonar.
- 6 de maio, Hugh Thomas, 85 anos, historiador e hispanista inglés, derramo cerebral.
- 10 de maio, Jean-Denys Boussart, escritor belga en lingua valoa.
- 15 de maio, Karl-Otto Apel, 95 anos, filósofo alemán.
- 17 de maio, Chris Cornell, 52 anos, cantante estadounidense, compoñente de Soundgarden e Audioslave, suicidio por aforcamento ou inxestión de pílulas.[14]
- 20 de maio, Jean E. Sammet, 89 anos, enxeñeira de software estadounidense, co-deseñadora da linguaxe COBOL.[15]
- 22 de maio, Nicky Hayden, 35 anos, piloto de motociclismo estadounidense, lesións causadas por un atropelo nun accidente de bicicleta.
- 23 de maio, Roger Moore, 89 anos, actor inglés, cancro.
- 27 de maio, Gregg Allman, 69 anos, músico estadounidense integrante dos Allman Brothers Band, cancro de fígado.
- 29 de maio, Manuel Antonio Noriega, 83 anos, militar e presidente de Panamá, tumor cerebral.
- 31 de maio, Liubomyr Huzar, 85 anos, arcebispo maior de Kíiv-Galicia.
Xuño
[editar | editar a fonte]- 1 de xuño, Roberto De Vicenzo, 94 anos, golfista arxentino.[16]
- 1 de xuño, Carles Capdevila i Plandiura, 51 anos, xornalista catalán, cancro.[17]
- 3 de xuño, David Delfín, 46 anos, deseñador de moda español, tumor cerebral.[18]
- 4 de xuño, Juan Goytisolo, 86 anos, escritor e ensaísta en lingua castelá.[19]
- 9 de xuño, Adam West, 88 anos, actor, intérprete de Batman na televisión, leucemia.[20]
- 9 de xuño, Francisco Javier García-Verdugo, 82 anos, futbolista.[21]
- 12 de xuño, Charles P. Thacker, 74 anos, físico estadounidense, un dos deseñadores do Xerox Alto.[22]
- 13 de xuño, Anita Pallenberg, 73 anos, actriz e modelo italiana.
- 16 de xuño, Helmut Kohl, 87 anos, político alemán, ex-chanceler da RFA e despois da Alemaña unificada, consecuencias dunha operación de cadeira.
- 16 de xuño, John G. Avildsen, 81 anos, director de cinema estadounidense[23], cancro de páncreas.
- 27 de xuño, Michael Nyqvist, 56 anos, actor sueco, cancro de pulmón.[24]
- 27 de xuño, Michael Bond, 91 anos, escritor inglés, creador do oso Paddington.
- 28 de xuño, Phil Cohran, 90 anos, músico estadounidense de jazz.
- 30 de xuño, Simone Veil, 89 anos, política francesa, presidenta do Parlamento Europeo.
Xullo
[editar | editar a fonte]- 1 de xullo, Stevie Ryan, 33 anos, actriz e presentadora estadounidense, suicidio aforcada.
- 3 de xullo, Paolo Villaggio, 84 anos, actor italiano, diabetes.
- 5 de xullo, Joachim Meisner, 83 anos, arcebispo e cardeal da Igrexa católica.
- 6 de xullo, Santiago Meléndez, 58 anos, actor español.
- 8 de xullo, Nelsan Ellis, 39 anos, actor estadounidense, insuficiencia cardíaca.
- 10 de xullo, Paquita Rico, 87 anos, actriz e cantante española, causas naturais.
- 13 de xullo, Héctor Lechuga, 92 anos, actor cómico mexicano.
- 13 de xullo, Liu Xiaobo, 61 anos, disidente político chinés, premio Nobel da Paz, cancro de fígado.
- 13 de xullo, Américo Amorim, 82 anos, empresario portugués do sector das rollas de cortiza, enfermidade cardíaca.
- 15 de xullo, Maryam Mirzakhani, 40 anos, matemática iraniana, gañadora da medalla Fields, cancro de mama.
- 15 de xullo, Martin Landau, 89 anos, actor estadounidense, gañador dun Oscar.
- 16 de xullo, George A. Romero, 77 anos, director de cinema estadounidense, cancro de pulmón.
- 18 de xullo, Red West, 81 anos, actor estadounidense.
- 19 de xullo, Miguel Blesa, 59 anos, banqueiro español, suicidio cunha escopeta.
- 20 de xullo, Chester Bennington, 41 anos, cantante estadounidense, vocalista de Linkin Park, suicidio por aforcamento.[25]
- 20 de xullo, Bernhard Kempa, 96 anos, xogador de balonmán alemán.
- 20 de xullo, Claude Rich, 88 anos, actor de cine e teatro francés.
- 23 de xullo, John Heard, 72 anos, actor estadounidense.
- 24 de xullo, Luis Gimeno, 90 anos, actor de telenovelas uruguaio.
- 27 de xullo, Sam Shepard, 73 anos, actor, director e dramaturgo estadounidense, esclerose lateral amiotrófica.
- 31 de xullo, Jeanne Moreau, 89 anos, actriz francesa, causas naturais sen especificar.
Agosto
[editar | editar a fonte]- 3 de agosto, Ángel Nieto, 70 anos, piloto de motociclismo español, accidente de quuad.
- 5 de agosto, Jesús Tuson, 77 anos, escritor e lingüista español.
- 8 de agosto, Glen Campbell, 81 anos, cantante de country estadounidense, alzheimer.
- 19 de agosto, Ruth Pfau, 91 anos, médica e relixiosa paquistaní, combatente contra a lepra, síndrome de disfunción multiorgánica.
- 11 de agosto, Terele Pávez, 78 anos, actriz española, derramo cerebral.
- 13 de agosto, Basilio Martín Patino, 86 anos, director de cinema español, alzheimer.[26]
- 19 de agosto, Brian Aldiss, 97 anos, escritor británico de ciencia ficción.
- 20 de agosto, Nati Mistral, 88 anos, actriz e cantante española, consecuencias dun derramo cerebral.[27]
- 20 de agosto, Jerry Lewis, 91 anos, actor e director estadounidense, enfermidade vascular periférica.[28]
- 26 de agosto, Tobe Hooper, 74 anos, director de cinema estadounidense.[29]
- 28 de agosto, Mireille Darc, 79 anos, actriz e realizadora francesa, hemorraxia cerebral.[30]
- 30 de agosto, Roger Subirachs, debuxante catalán[31]
- 30 de agosto, Louise Hay, 90 anos, escritora estadounidense, causas naturais.
Setembro
[editar | editar a fonte]- 3 de setembro, John Ashbery, 90 anos, poeta estadounidense, causas naturais.
- 3 de setembro, Joan Colom, 96 anos, fotógrafo catalán.
- 6 de setembro, Kate Millett, 82 anos, pensadora feminista estadounidense, paro cardíaco.
- 15 de setembro, Harry Dean Stanton, 91 anos, actor estadounidense.[32]
- 17 de setembro, Antoni Domènech, 65 anos, filósofo catalán[33].
- 19 de setembro, Jake LaMotta, 95 anos, boxeador e cómico estadounidense.[34]
- 23 de setembro, Charles Bradley, 68 anos, cantante estadounidense, cancro de estómago.[35]
- 25 de setembro, Jan Tříska, 80 anos, actor checo, caída ou suicidio.[36]
- 27 de setembro, Hugh Hefner, 91 anos, editor estadounidense, fundador da revista Playboy.[37]
- 28 de setembro, Antonioi Isasi-Isasmendi, 90 anos, director de cinema español.
- 30 de setembro, Vladimir Voevodsky, 51 anos, matemático ruso-estadounidense, aneurisma.
Outubro
[editar | editar a fonte]- 1 de outubro, S. I. Newhouse, 89 anos, empresario e editor estadounidense, dono de Vogue, Vanity Fair ou The New Yorker, entre outras publicacións.
- 2 de outubro, Tom Petty, 66 anos, músico estadounidense, infarto.
- 3 de outubro, Jalal Talabani, 83 anos, político kurdo que foi presidente de Iraq, derramo cerebral.
- 4 de outubro, Jesús Mosterín, 76 anos, filósofo e lóxico español, cancro de pulmón.
- 5 de outubro, Eberhard van der Laan, 62 anos, político socialdemócrate neerlandés, cancro de pulmón
- 6 de outubro, Ralphie May, 45 anos, actor e humorista estadounidense, infarto.
- 7 de outubro, Vjačeslav Ivanov, 88 anos, lingüista ruso, especialista en indoeuropeo.
- 9 de outubro, Armando Calderón, 69 anos, antigo presidente do Salvador, cancro de pulmón.
- 9 de outubro, Jean Rochefort, 87 anos, actor francés.
- 17 de outubro, Danielle Darrieux, 100 anos, actriz francesa de cinema e teatro, morte natural.
- 19 de outubro, Umberto Lenzi, 86 anos, director de cinema italiano.
- 20 de outubro, Federico Luppi, 81 anos, actor arxentino, hematoma subdural producido por unha caída.
- 23 de outubro, Paul J. Weitz, 85 anos, astronauta estadounidense.
- 25 de outubro, Fats Domino, 89 anos, músico de rock and roll, estadounidense.
- 29 de outubro, Dennis Banks, 80 anos, activista, actor e autor do pobo ojibwa, pneumonía.
- 30 de outubro, Daniel Viglietti, 78 anos, cantautor uruguaio, durante unha operación.
Novembro
[editar | editar a fonte]- 6 de novembro, Richard F. Gordon, 88 anos, astronauta estadounidense.
- 7 de novembro, Hans Schäfer, 90 anos, futbolista alemán, campión do mundo en 1954 coa RFA.
- 9 de novembro, John Hillerman, 84 anos, gañador dun Emmy e dun Globo de Ouro polo seu papel de Higgins na serie Magnum, causas naturais.
- 11 de novembro, Chiquito de la Calzada, 85 anos, humorista e performer español.
- 11 de novembro, Carlos Dívar, 76 anos, xuíz español.
- 13 de novembro, Valeri Rozov, 53 anos, saltador ruso de salto base, accidente deportivo mentres saltaba.
- 16 de novembro, Lil Peep, 21 anos, rapeiro estadounidense, sobredose.
- 17 de novembro, Totò Riina, 87 anos, delincuente italiano, xefe da mafia siciliana, causas naturais.
- 18 de novembro, Malcolm Young, 64 anos, guitarrista de hard rock australiano-escocés, cofundador de AC/DC, demencia.
- 18 de novembro, Azzedine Alaïa, 77 anos, xastre tuniciano e modisto de sona internacional, infarto.
- 18 de novembro, José Manuel Maza, 66 anos, fiscal xeral de España, infección renal.
- 18 de novembro, Naim Süleymanoglu, 50 anos, levantador de pesas turco e tricampión olímpico, durante unha operación de transplante de fígado.
- 19 de novembro, Charles Manson, 83 anos, famoso asasino estadounidense, causas naturais.
- 20 de novembro, Jana Novotná, 49 anos, tenista checa, gañadora de Wimbledon, cancro.
- 21 de novembro, David Cassidy, 67 anos, cantante e actor de cinema e televisión estadounidense, insuficiencia renal e hepática como consecuencia de demencia.
- 22 de novembro, Dmitri Hvorostovski, 55 anos, barítono ruso, tumor cerebral.
- 22 de novembro, Tom Keene, 59 anos, músico estadounidense de power pop.
- 23 de novembro, Jon Hendricks, 96 anos, cantante de jazz estadounidense.
- 29 de novembro, Slobodan Praljak, 72 anos, enxeñeiro, director de televisión e home de negocios croata-bosníaco, suicidio por envelenamento.
Decembro
[editar | editar a fonte]- 3 de decembro, Ivan Chermayeff, 85 anos, deseñador gráfico británico.
- 4 de decembro, Ali Abdullah Saleh, 75 anos, político iemení e antigo presidente do país, asasinado.
- 4 de decembro, Manuel Marín, 68 anos, político socialdemócrata español, antigo presidente do Congreso dos Deputados, cancro de pulmón.
- 5 de decembro, Henning Jensen, 68 anos, futbolista internacional dinamarqués, cancro
- 5 de decembro, Jean d'Ormesson, 92 anos, escritor e académico francés, crise cardíaca.
- 5 de decembro, Miguel I de Romanía, 96 anos, antigo monarca de Romanía, leucemia.
- 5 de decembro, Johnny Hallyday, 75 anos, músico francés de rock, cancro de pulmón.
- 21 de decembro, Bruce McCandless, 80 anos, astronauta estadounidense, o primeiro humano en aboiar ceibo no espazo.
- 24 de decembro, Heather Menzies-Urich, 68 anos, actriz de cinema e televisión canadense, tumor cerebral.
- 28 de decembro, Sue Grafton, 77 anos, escritora estadounidense de novela negra, cancro.
- 26 de decembro, Alfie Curtis, 87 anos, actor inglés, coñecido polo seu papel en The Elefant Man.
- 29 de decembro, Carmen Franco, 91 anos, aristócrata española, filla de Francisco Franco, cancro.
- 29 de decembro, Pedro Osinaga, 81 anos, actor español de teatro e televisión.
Personalidades galegas
[editar | editar a fonte]Xaneiro
[editar | editar a fonte]- 2 de xaneiro, Mercedes Bará, pintora.
- 6 de xaneiro, Francisco Javier Bobillo de la Peña, catedrático, político e escritor.
- 7 de xaneiro, Carlos Quesada, debuxante e directivo bancario, 85 anos.
- 8 de xaneiro, Antonio Santiago Fernández, 75 anos, antigo alcalde de Marín.[38]
- 11 de xaneiro, Gonzalo Puente Ojea, 92 anos, diplomático e pensador.
- 13 de xaneiro, José Castiñeira Puente, 89 anos, antigo alcalde de Monforte de Lemos.
- 15 de xaneiro, Antonio Velloso, 82 anos, antigo presidente do Alondras CF.
- 19 de xaneiro, Fernando Amarelo de Castro, 79 anos, avogado e político galego do PPdeG.[39]
- 27 de xaneiro, Antonio Docampo, 87 anos, cineasta.
Febreiro
[editar | editar a fonte]- 1 de febreiro, David Álvarez Carballido, 94 anos, reloxeiro e político, dirixente do PCG durante o franquismo.
- 6 de febreiro, José Gea Escolano, 87 anos, bispo emérito de Mondoñedo-Ferrol.
- 8 de febreiro, Tim Behrens, 79 anos, pintor e escritor anglogalego.[40]
- 8 de febreiro, Lino Cao, 81 anos, ourive e escultor.
- 18 de febreiro, Carlos Abraira Cela, 80 anos, médico e galeguista da Arxentina.
Marzo
[editar | editar a fonte]- 7 de marzo, Juan Carlos Touriño, 72 anos, futbolista nado na Arxentina, xogador do Real Madrid e do Quilmes.
- 14 de marzo, Joaquina Dorado, 99 anos, sindicalista anarquista, exiliada a Francia logo da guerra civil española
- 18 de marzo, Carme Alvariño, historiadora galega.
- 25 de marzo, María Esther Vázquez, 80 anos, escritora galego-arxentina, contista e biografista, accidente cerebrovascular hemorráxico.
- 26 de marzo, Jesús Rama Becerra, 86 anos, político e antigo alcalde da Laracha.
- 30 de marzo, Paco Souto, 54 anos, escritor e político galego, accidente no mar mentres andaba aos percebes.
- 30 de marzo, Mateo González, 34 anos, actor de cinema, teatro e televisión, afogado.
Abril
[editar | editar a fonte]- 1 de abril, José Luis Sucasas, 57 anos, escritor e político galego, accidente vascular mentres andaba en bicicleta.
- 3 de abril, Miguel Docampo, 63 anos, pintor e promotor cultural.
- 3 de abril, Celestino Sardiña Fernández, 83 anos, alcalde de Pontedeume nos anos setenta e oitenta.
- 7 de abril, Fely Manzano, 74 anos, actriz de teatro e televisión.
- 18 de abril, Miguel Suárez Abel, 65 anos, psicólogo e escritor, cancro de colon.
- 20 de abril, Antonio Eiras Roel, 86 anos, historiador galego.
- 23 de abril, Mariví Villaverde, 95 anos, escritora e exiliada da guerra civil.
Maio
[editar | editar a fonte]- 9 de maio, José María Rodríguez Díaz, 82 anos, escritor e promotor cultural de Ribadeo.
- 11 de maio, Ricardo Pérez Queiruga, 88 anos, político galego, alcalde de Ribeira (1975-1978 e 1987-1991).
- sobre o 21 de maio, Manuel Rego Nieto, 85 anos, político e escritor.
- sobre o 22 de maio, José Luis López Iglesias, 86 anos, antigo alcalde de Ourense, consecuencias dunha caída.
- 30 de maio, Belarmino Fernández, 86 anos, empresario da diáspora no Brasil.
Xuño
[editar | editar a fonte]- 3 de xuño, Ignacio Echeverría, 38 anos, empregado de banca, asasinado a coiteladas.
- 5 de xuño, Manuel Coia, 84 anos, escultor, insuficiencia cardíaca.
- 10 de xuño, Daniel Casalderrey, 88 anos, empresario e político.
- 27 de xuño, Alfonso Zulueta de Haz, 92 anos, avogado e promotor cultural.
- 30 de xuño, Manuel Loureda, 70 anos, xogador de fútbol do Deportivo da Coruña.
Xullo
[editar | editar a fonte]- 3 de xullo, Carlos Mosteiro, 61 anos, mestre e escritor, cancro.
- 4 de xullo, Ernesto Atanes, 74 anos, frade, empresario do sector vitivinícola e líder da comunidade galega en Londres, leucemia.
- 22 de xullo, Nicandro Ares, 91 anos, sacerdote católico e lingüista.
- 25 de xullo, Antón Varela, 61 anos, músico e luthier, antigo compoñente dos Cempés, cancro.
Agosto
[editar | editar a fonte]- 21 de agosto, Jon Scullard, 56 anos, músico escocés radicado en Galicia, suicidio.[41]
- 27 de agosto, Pedro Solveira, 84 anos, pintor e escultor, cancro.
- 29 de agosto, Geno Piñeiro, 55 anos, promotor cultural no Morrazo, infarto.[42]
Setembro
[editar | editar a fonte]- 4 de setembro, Mingos de Pita, 67 anos, gaiteiro e político nacionalista galego[43].
- 7 de setembro, Juan López Fernández, 87 anos, futbolista e armador[44].
- 8 de setembro, José Antonio Souto Paz, 78 anos, xurista e político que foi alcalde centrista de Santiago de Compostela.
- 12 de setembro, Xohana Torres, 85 anos, escritora.
- 14 de setembro, Francisco Lores, 83 anos, líder da comunidade galega na Arxentina.[45]
- 14 de setembro, Juan Fontela, 98 anos, futbolista do Racing de Ferrol[46].
- 16 de setembro, Bautista Álvarez, 83 anos, político galego[47].
- 18 de setembro, Josefa Álvarez Rodríguez, 111 anos, supercentenaria de Cartelle, causas naturais.
- 18 de setembro, Tucho de la Torre, 78 anos, futbolista[48].
Outubro
[editar | editar a fonte]- 24 de outubro, Linda Davidson, 71 anos, escritora e investigadora sobre o camiño de Santiago, colite pseudomembranosa.
- 27 de outubro, Pío Moa Banga, 90 anos, empresario e blogueiro, complicacións dunha intervención cirúrxica.
- 28 de outubro, Xosé Manuel Carballo Ferreiro, 73 anos, sacerdote, escritor, ilusionista e animador sociocultural.
Novembro
[editar | editar a fonte]- 12 de novembro, Baldomero Fernández Calviño, político galego.
- 15 de novembro, Xosé Salgado, 31 anos, xornalista e político galego[49].
- 23 de novembro, Arturo Pereiro Vilariño, 82 anos, político lugués, antigo alcalde de Castro de Rei e presidente fundador do CD Castro.[50].
Decembro
[editar | editar a fonte]- 3 de decembro, Manuel Moldes, 68 anos, pintor galego.
- 8 de decembro, Lina Varela, cociñeira e escritora, autora de varios libros de receitas.
- 16 de decembro, Simon Barton, 55 anos, medievalista británico especialista no Camiño de Santiago.
- 17 de decembro, Dorinda Ramos, 96 anos, mestra e empresaria, presidenta de honra da Fundación Eduardo Barreiros.
- 18 de decembro, Arturo Baltar, 93 anos, escultor e belenista.
- 28 de decembro, Avelina Mouzo, 113 anos, labrega e supercentenaria, na altura a muller máis anciá de Galicia, consecuencias dunha gripe.
- 31 de decembro, José Sousa, 66 anos, produtor cinematográfico da diáspora en Venezuela.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "John Berger, art critic and author, dies aged 90". The Guardian (en inglés). 2 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Muere el director de orquesta Georges Prêtre a los 92 años". RTVE (en castelán). EFE. 4 de xaneiro de 2017.
- ↑ Henrique Almeida, Joao Lima (7 de xaneiro de 2017). "Soares, Who Helped Forge Portugal’s Democracy, Dies at 92". Yahoo! (en inglés). Bloomberg. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2017. Consultado o 20 de xaneiro de 2017.
- ↑ "China's Zhou Youguang, father of Pinyin writing system, dies aged 111". BBC (en inglés). 14 de xaneiro de 2017. Consultado o 14 de xaneiro de 2017.
- ↑ Saperstein, Pat (19 de xaneiro de 2017). "Miguel Ferrer, 'NCIS: Los Angeles' Actor, Dies at 61". Variety. Consultado o 19 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Fallece el bachatero Ramón Cordero". Diario Libre (en castelán). 19 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Fallece el exentrenador brasileño del Deportivo Carlos Alberto Silva". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xaneiro de 2017.
- ↑ Mor l'actor català Rikar Gil als 40 anys Arquivado 25 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine., nova en Naciodigital.cat (en catalán).
- ↑ "La polifacética Bimba Bosé, que hizo de los miedos sus retos y del cáncer una bandera, muere a los 41 años". 20 minutos (en castelán). 23 de xaneiro de 2017.
- ↑ Tonkin, Sam (23 de xaneiro de 2017). "'There'll never be another René': Heartbroken actress who played saucy waitress Yvette pays tribute to 'Allo, 'Allo! co-star Gorden Kaye after he passes away in a care home aged 75". Daily Mail (en inglés).
- ↑ "Muere Richard Portman, sonidista de Star Wars". POSTA. 2 de febreiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2017. Consultado o 2 de febreiro de 2017.
- ↑ "Sad to announce: Hans Rosling passed away this morning" (en inglés). Gapminder Foundation. 7 de febreiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2017. Consultado o 7 de febreiro de 2017.
- ↑ "Muere José Luis Pérez de Arteaga, voz del Concierto de Año Nuevo en TVE". El Mundo (en castelán) (Madrid). Servimedia. 8 de febreiro de 2017. Consultado o 8 de febreiro de 2017.
- ↑ Washington Post Arquivado 16 de febreiro de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ Lohr, Steve (4 de xuño de 2017). "Jean Sammet, Co-Designer of a Pioneering Computer Language, Dies at 89". The New York Times (en inglés). Consultado o 5 de xuño de 2017.
- ↑ De Vicenzo, Roberto (4 de xuño de 2017). "Muere Roberto De Vicenzo". Clarín (en castelán).
- ↑ Gutiérrez, Àlex (2 de xuño de 2017). "Mor Carles Capdevila, periodista vital". Ara (en catalán).
- ↑ Mérida, María (3 de xuño de 2017). "David Delfín ha muerto a los 46 años". Vogue (en castelán). Consultado o 4 de xuño de 2017.
- ↑ Rodríguez Marcos, Javier (4 de xuño de 2017). "Muere el escritor Juan Goytisolo a los 86 años en Marrakech". El País (en castelán). Consultado o 4 de xuño de 2017.
- ↑ Gates, Anita (10 de xuño de 2017). "Sad Day for Gotham: Adam West, Who Played Batman, Dies at 88". The New York Times (en inglés). p. A27.
- ↑ Fallece a 83 años García-Verdugo, jugador y entrenador del Valencia y Dépor
- ↑ Farivar, Cyrus (13 de xuño de 2017). "Xerox Alto designer, co-inventor of Ethernet, dies at 74". Ars Technica (en inglés).
- ↑ Fleishman, Jeffrey (June 16, 2017). "'Rocky' director John G. Avildsen dies at 81". Los Angeles Times. Consultado o June 16, 2017.
- ↑ Koch, Joerg (27 de xuño de 2017). "Michael Nyqvist, 'Dragon Tattoo' Star, Dies at 56". The Hollywood Reporter (en inglés). Consultado o 27 de xuño de 2017.
- ↑ Grow, Cory. "Chester Bennington, Linkin Park Singer, Dead at 41". Rolling Stone. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2017. Consultado o 20 de xullo de 2017.
- ↑ Fallece a los 86 años el cineasta Basilio Martín Patino
- ↑ "Muere Nati Mistral a los 88 años". El País. 20 de agosto de 2017. Consultado o 20 de agosto de 2017.
- ↑ Muere a los 91 años Jerry Lewis, leyenda de la comedia
- ↑ Tobe Hooper, 'Texas Chain Saw Massacre' and 'Poltergeist' Director, Dies at 74
- ↑ Nova en Le Monde o 28 de agosto de 2017 (en francés).
- ↑ "Amb profund dolor, comuniquem la mort de Roger Subirachs Burgaya (Barcelona 1956 - Sant Climent de Llobregat 2017)", chío na conta de Espai Subirachs en Twitter.
- ↑ Harry Dean Stanton, Quintessential American Actor, Dies at 91
- ↑ Morreu o filósofo marxista catalán Antoni Domènech, nova en Sermos Galiza o 18 de setembro de 2017.
- ↑ Robbins, Josh (2017-09-20). "Jake LaMotta dead: Family members report passing of 'Raging Bull' boxing legend aged 96". International Business Times UK (en inglés). Consultado o 2017-09-20.
- ↑ Coscarelli, Joe (September 24, 2017). "Charles Bradley, a Late-in-Life Soul Music Star, Dies at 68". The New York Times.
- ↑ Spáčilová, Mirka (2017-09-25). "Po pádu z mostu zemřel herec Jan Tříska, slavný učitel z Obecné školy". iDNES.cz. Consultado o 2017-09-25.
- ↑ Mansnerus, Laura (27 de setembro de 2017). "Hugh Hefner, Who Built Playboy Empire and Embodied It, Dies at 91". The New York Times. Consultado o 28 de setembro de 2017.
- ↑ Hermida, María (9 de xaneiro de 2017). "El maestro y político que fue un eterno enamorado de Marín". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ "El PPdeG está de luto: fallece Amarelo de Castro". elCorreoGallego (en castelán). 19 de xaneiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 20 de xaneiro de 2017.
- ↑ García, Rodri (8 de febreiro de 2017). "Muere Tim Behrens, el modelo de Lucian Freud que se enamoró de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ Fallece un músico escocés en la zona de O Coído de Muxía
- ↑ Fallece Geno Piñeiro, presidente Meiramar-Axóuxeres, nova o 31 de agosto de 2017 no Faro de Vigo (en castelán).
- ↑ Morre o exconcelleiro melidense e activista cultural Xosé Domingos Fuciños Arquivado 18 de outubro de 2017 en Wayback Machine., nova en La Voz de Galicia o 5 de setembro de 2017.
- ↑ "Juan, o '9' do primeiro Dépor que gañou o Teresa Herrera, falece aos 87 anos". Deportivo da Coruña. 8 de setembro de 2017.
- ↑ Inmenso dolor por el fallecimiento de nuestro presidente, Francisco 'Paco' Lores
- ↑ "Fontela, futbolista do Dépor 1948-1949, faleceu aos 98 anos". Deportivo da Coruña. 14 de setembro de 2017.
- ↑ Morre Bautista Álvarez Arquivado 17 de setembro de 2017 en Wayback Machine., nova en Sermos Galiza o 16 de setembro de 2017.
- ↑ "Loito no deporte marinense polo falecemento do ex-futbolista Tucho de la Torre", artigo en Pontevedra Viva, 19 de setembro de 2017.
- ↑ Falece aos 31 anos o presidente de M de Meira Xosé Salgado, nova en El Progreso o 15 de novembro de 2017.
- ↑ Falece o exalcalde de Castro de Rei (Lugo) Arturo Pereiro aos 82 anos, nova en Galicia Confidencial o 23 de novembro de 2017.