Andrew Bertie
Nome orixinal | (en) Andrew Willoughby Ninian Bertie |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 15 de maio de 1929 Londres, Reino Unido |
Morte | 7 de febreiro de 2008 (78 anos) Roma, Italia |
Causa da morte | cancro |
Lugar de sepultura | Santa Maria del Priorato |
Gran Mestre da Orde Soberana de Malta | |
abril de 1988 – 7 de febreiro de 2008 ← Angelo de Mojana di Cologna – Matthew Festing → | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Christ Church College Ampleforth College Escola de estudos orientais e africanos |
Actividade | |
Ocupación | frade |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército Británico |
Enaltecemento | |
| |
Día de festividade relixiosa | 7 de febreiro |
Familia | |
Pais | James Bertie e Lady Jean Crichton-Stuart |
Premios | |
| |
Andrew Willoughby Ninian Bertie, nado en Londres, Reino Unido, o 15 de maio de 1929, e finado en Roma, Italia, o 7 de febreiro de 2008, foi un aristócrata inglés e o LXXVIII (78º) príncipe e gran mestre da Orde de Malta, cargo que ocupou durante case 20 anos. Foi o primeiro inglés en ser elixido gran mestre de devandita Orde dende o ano 1258. É venerado na Igrexa católica, sendo declarado Servo de Deus polo papa Francisco. A súa festa celébrase cada ano o 7 de febreiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Bertie naceu en Londres, fillo de James Bertie e de Jean Crichton-Stuart (ambos de ascendencia nobre). Foi educado no colexio católico privado de Ampleforth, e graduouse en Historia Moderna en Christ Church. Tamén tomou clases na Escola de Estudos Orientais e Africanos da Universidade de Londres. De 1948 a 1950 realizou o servizo militar nos "Scots Guards" do exército británico, chegando ao grao de oficial en 1949. Despois dun primeiro contacto co sector comercial, ensinou linguas modernas (particularmente francés e castelán) durante vinte anos no Worth School, un colexio privado da Orde de San Bieito no Condado de Sussex, en Inglaterra.
Época como gran mestre
[editar | editar a fonte]Bertie foi admitido na Soberana Orde de Malta en 1956. Alcanzou o grao de Cabaleiro da Xustiza, tomando os Votos Perpetuos en 1981.[1]
Uniuse ao goberno da Orde en 1981 e en abril de 1988 foi elixido como 78º gran mestre. Posteriormente converteuse en Hospitalario do Santuario de Lourdes, que é o lugar de peregrinación anual da Orde.[2] Sucedeu a Angelo de Mojana, un nobre de Milán que servira na Orde dende 1962. Aínda que a Orde é considerada como unha entidade soberana, é unha orde relixiosa da Igrexa católica, polo que a elección de Bertie necesitou da ratificación do Papa, Xoán Paulo II, que se obtivo o 11 de abril de 1988.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Nunca casou nin tivo fillos. Tiña un irmán máis novo. Era tío afastado da raíña Isabel II do Reino Unido.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Times Online Obituary for Fra' Andrew Bertie". Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2010. Consultado o 09 de setembro de 2024.
- ↑ Vatican Radio - Pope Mourns Fra' Bertie
- ↑ Como descendente común do rei Xurxo III do Reino Unido e da súa muller Carlota de Mecklemburgo-Strelitz.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andrew Bertie |