Saltar ao contido

Francisco, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSúa Santidade Editar o valor en Wikidata
Francisco, papa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Franciscus PP. Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Jorge Mario Bergoglio Editar o valor en Wikidata
17 de decembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Flores, Arxentina Editar o valor en Wikidata
266º Papa
13 de marzo de 2013 –
← Bieito XVI
Electo en: conclave de 2013
Patriarca de Occidente
13 de marzo de 2013 –
← Bieito XVI
Cardeal presbítero San Roberto Bellarmino
21 de febreiro de 2001 – 13 de marzo de 2013
Bispo diocesano
30 de novembro de 1998 – 13 de marzo de 2013
← Antonio QuarracinoMario Aurelio Poli →
Arcebispo de Buenos Aires
28 de febreiro de 1998 – 13 de marzo de 2013
← Antonio QuarracinoMario Aurelio Poli →
Arcebispo coadxutor
3 de xuño de 1997 – 28 de febreiro de 1998
Bispo titular
20 de maio de 1992 – 3 de xuño de 1997
← Theodor HubrichMieczysław Cisło →
Bispo auxiliar
20 de maio de 1992 – 3 de xuño de 1997
Provincial dos xesuítas da Arxentina e o Uruguai Provincia xesuíta Arxentino-Uruguaia
1973 – 1979 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPalacio Vaticano
Cidade do Vaticano
Domus Sanctae Marthae
Buenos Aires Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónFacultades de Filosofía e Teoloxía de San Miguel Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura cristiá, Ministerio petrino e educación cristiá Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Buenos Aires
Roma
Cidade do Vaticano Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1992–), bispo católico latino (1992–), Sacerdote católico de rito romano (1969–), confesor, pastor, predicador, escritor, teólogo, químico, político Editar o valor en Wikidata
ProfesoresCarlos Aldunate Lyon Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaCompañía de Xesús Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónAntonio Quarracino Editar o valor en Wikidata
Participou en
marzo de 2013conclave de 2013
abril de 2005conclave de 2005 Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaisMario José Bergoglio Editar o valor en Wikidata  e Regina María Sívori Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
21 de febreiro de 2001proclamación cardenalicia, per Xoán Paulo II, papa
27 de xuño de 1992consagración (Catedral metropolitana de Buenos Aires), per Antonio Quarracino
13 de decembro de 1969ordenación sacerdotal no rito latino, per Ramón José Castellano Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata
(la) Miserando atque eligendo Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Treccani's Enciclopedia on line (en) Traducir >>>:Francesco, papa, lang: lingua italiana Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm5571029 Twitter: Pontifex Instagram: franciscus TED: pope_francis BNE: XX5290991 Dialnet: 5010163 Musicbrainz: 5778d5f1-ae14-42bf-9fe9-d79d6feb6835 Discogs: 5247548 Allmusic: mn0003332346 WikiTree: Bergoglio-2 Editar o valor en Wikidata

Francisco (en latín: Franciscus), nado co nome de Jorge Mario Bergoglio en Buenos Aires o 17 de decembro de 1936, é o 266º papa da Igrexa católica, bispo da diocese de Roma e soberano do Estado da Cidade do Vaticano dende o 13 de marzo de 2013.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Jorge Bergoglio naceu no seo dunha familia de orixe italiana, tanto pola parte do pai, Mario José Bergoglio, como da nai, Regina María Sivori. Ten catro irmáns.

Na Universidade de Buenos Aires licenciouse en Enxeñaría química, e posteriormente ingresou no seminario en Villa Devoto.[1] En marzo de 1958 ingresou no noviciado da Compañía de Xesús (xesuítas). En 1963 estudou humanidades en Chile, e retornou posteriormente a Buenos Aires. Entre 1964 e 1965, Bergoglio foi profesor de literatura e psicoloxía no colexio Inmaculada Concepción de Santa Fe, e en 1966 ensinou as mesmas materias no colexio do Salvador de Buenos Aires, que agora é a Universidade do Salvador.[2]

De 1967 a 1970 estudou teoloxía na Universidade de Buenos Aires, onde progresou primeiro a profesor axudante e finalmente a profesor titular de teoloxía. Recibiu a ordenación sacerdotal o día 13 de decembro de 1969 de man do daquela arcebispo porteño Ramón José Castellano. Foi rapidamente promovido polos xesuítas. En 1973 foi nomeado provincial dos xesuítas para Arxentina, cargo que ocupou ata 1979. De 1980 a 1986 foi director do seminario de San Miguel. Proseguiu os seus estudos en Alemaña e regresou a Arxentina para ser confesor e guía espiritual na cidade de Córdoba. O 27 de xuño de 1992 foi designado bispo auxiliar de Buenos Aires (co título formal de bispo de Auca), consagrado polo daquela arcebispo Antonio Quarracino. Substituíu a Quarracino como arcebispo e primado da Arxentina o 28 de febreiro de 1998.

Entre outros cargos, formou parte da Comisión para América Latina, a Congregación para o Clero, o Consello Pontificio para a Familia, a Congregación para o Culto Divino e a Disciplina dos Sacramentos, o Consello Ordinario da Secretaría Xeral para o Sínodo dos Bispos e a Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica, así como da Conferencia Episcopal Arxentina, que chegou a presidir en dúas ocasións, e do Consello Episcopal Latinoamericanu (CELAM).

Foi creado cardeal no consistorio de 21 de febreiro de 2001, presidido por Xoán Paulo II, e recibiu o título de cardeal-presbítero de San Roberto Belarmino. Catro anos máis tarde participou no conclave celebrado logo do falecemento de Xoán Paulo II, no que foi elixido papa Bieito XVI; malia ser unha elección segreda, segundo os xornalistas Lucio Brunelli e Marco Tosatti (as versións dos dous xornalistas difiren en varios aspectos, mais coinciden neste) tería sido un dos candidatos a papa que supostamente obtivera un maior número de votos, só superado polo cardeal Ratzinger.[3][4][5]

Tivo un especial protagonismo na redacción do Documento de Aparecida que contiña a visión da Igrexa da V Conferencia Xeral do Episcopado Latinoamericano e do Caribe que tivo lugar entre os días 13 e 31 de maio de 2007. Neste documento houbo unha aproximación á teoloxía da liberación.[6]

Pontificado

[editar | editar a fonte]

Logo da renuncia de Bieito XVI, foi elixido papa o 13 de marzo en Roma, despois de tres votacións.

Foi o primeiro papa nacido en América, e o primeiro non europeo en 1200 anos, logo de Gregorio III, que nacera en Siria.[7] Ademais é o primeiro xesuíta, e o primeiro en escoller o nome de Francisco, en homenaxe precisamente ao cofundador da orde dos xesuítas Francisco Xabier[Cómpre referencia], así como a San Francisco de Asís.

O 6 de abril fixo o seu primeiro nomeamento dentro da Curia Romana ao encargar ao freire franciscano galego Xosé Rodríguez Carballo o posto de secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica.

En xullo de 2013 publica a súa primeira encíclica Lumen Fidei, na que aborda o que considera a íntima relación entre Fe e Razón e Fe e amor; nela defende, así mesmo, que a fe cristiá ha de ser contraria á intransixencia e estímulo de loita pola xustiza e a paz.

A finais dese mesmo mes viaxou ao Brasil con motivo da Xornada Mundial da Xuventude en Río de Janeiro. Nela defendeu unha visión humanista da economía, esixiu aos gobernantes a erradicación da pobreza e defendeu un Estado laico como marco de diálogo e encontro entre as distintas confesións e sensibilidades.[8] Seguindo unha liña de xestos de austeridade, rexeitou o tradicional papamóbil blindado e elixiu un Fiat Idea e unha escolta reducida, defendeu políticas de inclusión fronte ao que denominou "cultura do descarte" e igualdade de oportunidades para todos.[9] Así mesmo, avalou a loita dos indignados e animou aos mozos a protestar contra a corrupción.[10]

No 2015 publicou a encíclica Laudato Si'.

Entre as súas accións de achegamento da Igrexa á xente conta en 2019 a rehabilitación de Ernesto Cardenal[11] ou o aliñamento con Pedro Casaldáliga.

Polémicas

[editar | editar a fonte]

Posición ante a ditadura militar arxentina

[editar | editar a fonte]

Durante parte da ditadura militar arxentina, Bergoglio ocupou o posto de provincial dos xesuítas, pero non sería ata dez anos despois da caída da ditadura cando foi nomeado bispo auxiliar. Porén, algunhas pescudas xornalísticas acúsano de non opoñerse á ditadura. Por exemplo, foi acusado polo xornalista Horacio Verbitsky de non tramitar con dilixencia o traslado de dous sacerdotes xesuítas, Francisco Jalics e Orlando Yorio, que posteriormente foron torturados. En relación a este caso, Jorge Bergoglio declarou como testemuña no xuízo por crimes de lesa humanidade cometidos na Escuela Superior de Mecánica de la Armada, o maior centro clandestino de detencións e torturas durante o réxime militar. Bergoglio contou na súa obra El jesuita que se reunira en dúas ocasións cos militares Jorge Videla e Emilio Massera para interceder polos sacerdotes presos.[12][13][14] Tamén foi chamado a declarar como testemuña, a petición da Fiscalía e da asociación das Nais de Praza de Maio, en relación coa apropiación por parte dos militares dos bebés nados en cativerio durante a ditadura. O Premio Nobel da Paz Adolfo Pérez Esquivel sinalou que o daquela sacerdote Bergoglio non tivera relación coa ditadura.[15]

Matrimonio homosexual

[editar | editar a fonte]

En sintonía co posicionamento da Igrexa Católica, o bispo Bergoglio posicionárase contra o aborto, a eutanasia e o matrimonio homosexual. O bispo Bergoglio cualificou o proxecto lexislativo de legalización da unión entre persoas do mesmo sexo como a pretensión destrutiva do plan de Deus, chamando a unha guerra de Deus contra o proxecto, tamén cualificado coma movida do Diaño.[16]

Nunha entrevista no voo de regreso da súa primeira viaxe como Papa, declarou que el non era ninguén para xulgar os homosexuais.[17]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Ademais do seu castelán materno, fala italiano e alemán con fluidez.[18]

De neno extirpáronlle un pulmón a causa dunha enfermidade infecciosa.[19]

Ascendentes [20]

[editar | editar a fonte]
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. José Bergoglio
 
 
 
 
 
 
 
8. Francisco Bergoglio
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. María Giacchino
 
 
 
 
 
 
 
4. Juan Ángel Bergoglio
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18.
 
 
 
 
 
 
 
9. María Teresa Bugnano
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19.
 
 
 
 
 
 
 
2. Mario José Bergoglio
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. César Vasallo
 
 
 
 
 
 
 
10. Pedro Vasallo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. María Sugliano
 
 
 
 
 
 
 
5. Rosa Margarita Vasallo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. José Crema
 
 
 
 
 
 
 
11. Ángela Crema
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Ángela María Marchisio
 
 
 
 
 
 
 
1. Jorge Mario Bergoglio
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Antonio Sívori
 
 
 
 
 
 
 
12. Vicente Jerónimo Sívori
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Catalina Daneri
 
 
 
 
 
 
 
6. Francisco Sívori
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. José Sturla
 
 
 
 
 
 
 
13. Catalina Sturla
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Magdalena Pinasco
 
 
 
 
 
 
 
3. Regina María Sívori
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Jaime Gogna
 
 
 
 
 
 
 
14. Pedro Juan Gogna
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29.
 
 
 
 
 
 
 
7. María Gogna
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Juan Demergazzo
 
 
 
 
 
 
 
15. Regina Demergazzo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. María
 
 
 
 
 
 
  1. Rocca, Francis X. (13 de marzo de 2013). "Cardinal Jorge Bergoglio: a profile". Catholic Herald. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2013. Consultado o 13/03/2013. 
  2. "Pope Francis I: Cardinal Jorge Mario Bergoglio named new Pope". Baltimore News Journal. 13 de marzo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2013. Consultado o 13 de marzo de 2013. 
  3. Brunelli, Lucio (20 de setembro de 2005). "Così eleggemmo papa Ratzinger". Limes. Rivista italiana di geopolitica (en italiano) (4): 291–300. 
  4. "¿Cuántos votos obtuvo Ratzinger en la primera votación?". eldiario.es. 13 de marzo de 2013. 
  5. Tosatti, Marco (1 de marzo de 2013). "¿Qué sucedió realmente durante el Cónclave de 2005?". La Stampa (en castelán). Consultado o 31/12/2020. 
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2013. Consultado o 21 de xullo de 2013. 
  7. Fisher, Max (13 de marzo de 2013). "Sorry, Jorge Mario Bergoglio is not the first non-European pope". The Washington Post. 
  8. Ordaz, Pablo (2013-07-27). "El papa Francisco defiende la “laicidad del Estado”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-06-26. 
  9. Ordaz, Pablo; Arias, Juan (2013-07-22). "El Papa lanza la cruzada por la igualdad". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-06-26. 
  10. Ordaz, Pablo (2013-07-25). "El Papa avala la lucha de los indignados". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-06-26. 
  11. Redacción (18 de febreiro de 2019). "El papa Francisco rehabilita al cura Ernesto Cardenal, suspendido por apoyar la teología de la liberación en Nicaragua". eldiario.es (en castelán). Consultado o 19 de febreiro de 2019. 
  12. [1] Arquivado 01 de xullo de 2013 en Archive.is, Zoom News, 15/3/13.
  13. Bergoglio, un Papa a la sombra de la dictadura argentina, Público, 14/3/2013
  14. El nuevo Papa acusado de haber estado implicado en la detención de dos sacerdotes por la dictadura militar en Argentina, Red Voltaire, 14/3/2013.
  15. 'Perez Esquivel: "Bergoglio no tenía vínculo con la dictadura"', Clarín, 14/3/2013.
  16. Bergoglio dice que la boda gay "es la pretensión destructiva del plan de Dios" Arquivado 16 de marzo de 2013 en Wayback Machine., La Nación, 8/7/2010.
  17. “¿Quién soy yo para juzgar a los gais?”[2]El País, 29/7/2013
  18. "Pope Francis: 13 key facts about the new pontiff". The Guardian. 13 de marzo de 2013. Consultado o 13 de marzo de 2013. 
  19. "New Pope, Francis, Known As Humble Man With A Focus On Social Outreach". CBS Local Media. 13 de marzo de 2013. 
  20. "APELLIDOS ITALIANOS - Papa Francisco". www.apellidositalianos.com.ar. Consultado o 2023-06-26. 
Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Antonio Quarracino
 Arcebispo de Buenos Aires 
28 de febreiro de 1998 - 13 de marzo de 2013
Sucesor:
Mario Poli
Predecesor:
Antonio Quarracino
 Ordinario para os fieis de rito oriental na Arxentina 
28 de febreiro de 1998 - 13 de marzo de 2013
Sucesor:
Mario Poli
Predecesor:
Bieito XVI
 Papa
Bispo de Roma
 
13 de marzo de 2013 - actualidade
Sucesor:
(No cargo)