Saltar ao contido

Academia Galega do Audiovisual

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Academia Galega do Audiovisual
Logo
Tipoacademia
Data de fundación30 de maio de 2002
PremiosMedalla de Ouro de Galicia
SedeCentro Ágora
PaísGalicia
Na rede
https://www.academiagalegadoaudiovisual.gal/
Facebook: AcademiaGalegaA Twitter: AcademiaGalegaA BNE: XX253492 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Sede da Academia 2002-2018 Casa do Consulado.

A Academia Galega do Audiovisual é unha asociación sen ánimo de lucro que agrupa a creadores e profesionais do audiovisual galego (cine, televisión, multimedia, publicidade, vídeo). Os académicos exercen diversos oficios, traballan en diversos xéneros, medios, empresas e institucións e, en palabras da súa academia, pensan o seu labor desde diversos postulados estéticos, industriais e ideolóxicos.

A Academia tivo a súa sede de 2002 a 2018 na Casa do Consulado na cidade da Coruña.[1][2] En 2018 trasladouse ao Centro Ágora da Coruña.

Características

[editar | editar a fonte]
Antonio Mourelos, presidente da AGA entre 2011 e 2015.

A misión da Academia é a de fomentar o desenvolvemento das artes e das ciencias relacionadas directa ou indirectamente co audiovisual en Galicia, promovendo e defendendo a imaxe pública do conxunto dos profesionais do sector.

Entre as súas principais actividades destaca a organización anual dos Premios do Audiovisual Galego Mestre Mateo, os Premios María Luz Morales de ensaio e videoensaio,[3] e o Premio José Sellier. Estas e outras actividades, como a Semana do Cinema Galego, o Ciclo Mestre Mateo, o Foro da Industria Galega do Audiovisual (FIGA), os Lugares de Interese Cinematográfico (LIC)[4] o Foro Academia Aberta,[5] publicacións, obradoiros, debates etc. teñen como obxectivo fortalecer o coñecemento do audiovisual galego no máis amplo sentido, e contribuír a que a sociedade coñeza e valore o resultado do seu labor.

Creada o 30 de maio de 2002, no 2024 reúne a preto de cincocentos profesionais que traballaban nas diversas especialidades do sector: Arte, Dirección, Escritura, Fotografía, Interpretación, Música, Son, Produción, Posprodución e Promoción.

A Academia aprobou os seus estatutos o 12 de xuño de 2002, tendo lugar a última modificación o 27 de maio de 2011.[6]

Tras a Asemblea Ordinaria e Electoral do 4 de xuño de 2021 foi elixido como presidente o produtor Álvaro Pérez Becerra. Os anteriores profesionais que ostentaron a presidencia da Academia desde os seus inicios foron os seguintes: Ernesto Chao (2002-2003), Manolo Gómez (2003-2006), María Bouzas (2006-2009), Xosé Manuel Olveira "Pico" (2009-2011), Antonio Mourelos[7] (2011-2015), Carlos Ares[8] (2015-2019) e Ana Míguez (2019-2021).

  1. Información na páxina web da AGA
  2. Páxina web inicial da AGA
  3. "III Premios María Luz Morales | Academia Galega do Audiovisual". Consultado o 2019-04-04. 
  4. "Academia Galega do Audiovisual |". www.academiagalegadoaudiovisual.gal. Consultado o 2024-07-16. 
  5. "Foro Academia Aberta". Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2012. Consultado o 29 de abril de 2012. 
  6. Estatutos da AGA.
  7. Directiva
  8. Redacción (8 de maio de 2015). "O guionista Carlos Ares, novo Presidente da Academia do Audiovisual". Sermos Galiza. Consultado o 11 de maio de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]