Historia de España: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 10: | Liña 10: | ||
== Prehistoria == |
== Prehistoria == |
||
{{Artigo principal|Prehistoria da Península Ibérica}}O rexistro máis antigo de homínidos en [[Europa Occidental]] atopouse na cova de [[Atapuerca]]; unha ferramenta de [[sílex]] atopada alí data de hai 1,4 millóns de anos, e os primeiros [[Fósil|fósiles]] humanos datan de hai aproximadamente 1,2 millóns de anos.<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=|data=|título=First west Europe tooth' found|revista=BBC News|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20180316120128/http://news.bbc.co.uk/2/hi/science/nature/6256356.stm|dataarquivo=2018|url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/science/nature/6256356.stm}}</ref> Os humanos modernos en forma de ''[[Cro-Magnon]]'' comezaron a chegar á Península Ibérica dende o norte dos [[Pireneos]] hai uns 35 000 anos. O sinal máis conspicuo dos asentamentos humanos prehistóricos son as pinturas da [[cova de Altamira]], no norte de España, que foron feitas c. [[-15000|15000 a. C.]]<ref>{{Cita web|url=https://www.britannica.com/EBchecked/topic/557573/Spain/214578/History#toc=toc70344|páxina-web=britannica.com|título=Spain – History – Pre-Roman Spain – Prehistory|data-acceso=2008}}</ref>[[Ficheiro:Dolmen de Menga Antequera20.jpg|miniatura|220px|[[Dolmen de Menga]], [[Antequera]], [[Málaga]].]]A evidencia arqueolóxica en lugares como [[Los Millares]] e [[El Argar]] suxire que existiron culturas desenvolvidas na parte oriental da Península Ibérica durante o [[Neolítico na Península Ibérica|Neolítico]] tardío e a [[Idade de Bronce]].<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Chapman|nome=Robert|data=1990|título=Emerging complexity. Texte imprimé : the later prehistory of south-east Spain, Iberia and the west Mediterranean|revista=Cambridge University Press|url=http://worldcat.org/oclc/495987647|ISBN=0-521-23207-4|OCLC=495987647}}</ref> Ao redor do [[-2500|2500 a. C.]], os pastores [[Nómade|nómades]] agrupados dentro da [[cultura de cerámica cordada]] conquistaron a península utilizando novas tecnoloxías e cabalos mentres mataban a todos os homes locais segundo os estudos de [[ADN]].<ref>{{Cita web|url=https://english.elpais.com/elpais/2018/10/03/inenglish/1538568010_930565.html|páxina-web=elpais.com|título=The invasion that wiped out every man from Spain 4,500 years ago|data-acceso=2020}}</ref> A prehistoria da península esténdese ás culturas prerromanas da [[Idade de Ferro]] que controlaban a maior parte da Iberia: as dos [[iberos]], [[celtiberos]], [[tartessos]], [[lusitanos]], [[galaicos]] e [[vascóns]] e os asentamentos comerciais de [[fenicios]], [[Antiga Cartago|cartaxineses]] e [[Grecia antiga|gregos]] na costa [[Mar Mediterráneo|mediterránea]]. |
{{Artigo principal|Prehistoria da Península Ibérica}}O rexistro máis antigo de homínidos en [[Europa Occidental]] atopouse na cova de [[Atapuerca]]; unha ferramenta de [[sílex]] atopada alí data de hai 1,4 millóns de anos, e os primeiros [[Fósil|fósiles]] humanos datan de hai aproximadamente 1,2 millóns de anos.<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=|data=|título=First west Europe tooth' found|revista=BBC News|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20180316120128/http://news.bbc.co.uk/2/hi/science/nature/6256356.stm|dataarquivo=2018|url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/science/nature/6256356.stm}}</ref> Os humanos modernos en forma de ''[[Cro-Magnon]]'' comezaron a chegar á Península Ibérica dende o norte dos [[Pireneos]] hai uns 35 000 anos. O sinal máis conspicuo dos asentamentos humanos prehistóricos son as pinturas da [[cova de Altamira]], no norte de España, que foron feitas c. [[-15000|15000 a. C.]]<ref>{{Cita web|url=https://www.britannica.com/EBchecked/topic/557573/Spain/214578/History#toc=toc70344|páxina-web=britannica.com|título=Spain – History – Pre-Roman Spain – Prehistory|data-acceso=2008}}</ref>[[Ficheiro:Dolmen de Menga Antequera20.jpg|miniatura|220px|[[Dolmen de Menga]], [[Antequera]], [[Málaga]].|esquerda]]A evidencia arqueolóxica en lugares como [[Los Millares]] e [[El Argar]] suxire que existiron culturas desenvolvidas na parte oriental da Península Ibérica durante o [[Neolítico na Península Ibérica|Neolítico]] tardío e a [[Idade de Bronce]].<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Chapman|nome=Robert|data=1990|título=Emerging complexity. Texte imprimé : the later prehistory of south-east Spain, Iberia and the west Mediterranean|revista=Cambridge University Press|url=http://worldcat.org/oclc/495987647|ISBN=0-521-23207-4|OCLC=495987647}}</ref> Ao redor do [[-2500|2500 a. C.]], os pastores [[Nómade|nómades]] agrupados dentro da [[cultura de cerámica cordada]] conquistaron a península utilizando novas tecnoloxías e cabalos mentres mataban a todos os homes locais segundo os estudos de [[ADN]].<ref>{{Cita web|url=https://english.elpais.com/elpais/2018/10/03/inenglish/1538568010_930565.html|páxina-web=elpais.com|título=The invasion that wiped out every man from Spain 4,500 years ago|data-acceso=2020}}</ref> A prehistoria da península esténdese ás culturas prerromanas da [[Idade de Ferro]] que controlaban a maior parte da Iberia: as dos [[iberos]], [[celtiberos]], [[tartessos]], [[lusitanos]], [[galaicos]] e [[vascóns]] e os asentamentos comerciais de [[fenicios]], [[Antiga Cartago|cartaxineses]] e [[Grecia antiga|gregos]] na costa [[Mar Mediterráneo|mediterránea]]. |
||
== Idade Antiga == |
== Idade Antiga == |
Revisión como estaba o 12 de agosto de 2024 ás 19:55
Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario O Breixo (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 3 meses. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
A historia de España refírese á historia de España e a dos seus estados predecesores. Durante a Idade Antiga, a Península foi o lugar de múltiples colonizacións sucesivas de gregos, cartaxineses e romanos. Os romanos referíanse á península como Hispania, que dividirían en provincias romanas. Como o resto do Imperio Romano de Occidente, Hispania estivo sometida ás numerosas invasións das tribos xermánicas durante os séculos IV e V, que provocaron o fin do dominio romano e o establecemento, do Reino suevo de Galicia e, despois o Reino visigodo de Toledo, que marcaron o inicio da Idade Media na península.
O control xermánico durou uns 200 anos ata que comezou a conquista Omeia de Hispania en 711. A rexión pasou a coñecerse como Al-Andalus, e salvo os reinos cristiáns no norte da Península, a rexión permaneceu baixo o control dos estados liderados polos musulmáns durante os primeiros séculos. Os cristiáns do norte ampliaron gradualmente o seu control sobre Iberia, período que posteriormente sería coñecido como a "reconquista". A medida que se expandían cara ao sur, formáronse varios reinos cristiáns, entre eles o Reino de Galicia, o Reino de León, o Reino de Navarra, o Reino de Castela e o Reino de Aragón. Finalmente consolidáronse en dúas coroas aproximadamente equivalentes, a Coroa de Castela e a Coroa de Aragón. O período moderno inicial data xeralmente da unión das dúas coroas en 1469.
A conquista de Granada e a primeira viaxe de Colón, ambas en 1492, converteron ese ano nun punto de inflexión na historia mundial, dando comezo ao era do colonialismo europeo. As viaxes dos diversos exploradores e conquistadores españois durante as décadas posteriores axudaron a establecer un imperio colonial español converténdose nun dos estados europeos máis poderosos da época. O rei Carlos V estableceu a dinastía española dos Habsburgo, baixo o seu fillo Filipe II floreceu o Século de Ouro. O Imperio Español alcanzou o seu pico territorial e económico, e o palacio do Escorial converteuse nun centro de florecemento artístico. Porén, o goberno de Felipe tamén viu a destrución calamitosa da Armada Invencible, numerosas quebras estatais e a independencia dos Provincias Unidas do norte, o que marcou o inicio do lento declive da influencia española en Europa. O poder de España veuse finalmente frustado na Guerra de Flandres, na que intentou e fracasou recuperar a República Holandesa, e na Guerra dos Trinta Anos, que resultou no continuo declive do poder dos Habsburgo a favor da dinastía borbónica francesa. As cousas chegaron a un punto crítico durante o reinado de Carlos II de España, cuxa incapacidade para enxendrar fillos deixaron en dúbida o futuro da coroa. Á súa morte, estalou a Guerra de Sucesión entre os Borbóns franceses e os Habsburgo austríacos polo dereito a suceder a Carlos II. Os Borbóns impuxéronse, o que provocou o ascenso de Filipe V de España, que levou a España ao inicio de distintas guerras para recuperar as terras anteriormente controladas polos españois no sur de Italia.
A aparente recuperación progresiva de España viuse truncada polas perdas durante a era napoleónica, cando España se converteu nun estado monicreque de Francia. Simultaneamente e despois do período napoleónico, as guerras de independencia hispanoamericanas provocaron a perda da maior parte do territorio de España nas Américas. Durante o restablecemento do dominio borbónico en España, a monarquía constitucional foi introducida en 1813. Como en gran parte de Europa, a historia de España durante o século XIX foi tumultuosa, e contou con períodos alternados de dominio republicano e monárquico. A guerra hispano-estadounidense provocou a perda das posesións coloniais españolas e unha serie de ditaduras militares, durante as cales o rei Afonso XIII foi deposto e formouse un novo goberno republicano. En definitiva, a desorde política dentro de España provocou un golpe militar que desembocou na guerra civil española. Despois de moita intervención estranxeira por ambos os bandos, os nacionalistas saíron vitoriosos; Francisco Franco dirixiu unha ditadura fascista durante case catro décadas coñecida como franquismo. A morte de Franco supuxo un retorno da monarquía baixo o rei Xoán Carlos I, que supuxo unha liberalización da sociedade española e un novo compromiso coa comunidade internacional despois dos anos opresivos e illados do franquismo, este proceso sería coñecido como transición española. En 1978 estableceuse unha nova Constitución. España entrou na Comunidade Económica Europea en 1986 (transformada na Unión Europea en 1992), e na Eurozona en 1998.
Prehistoria
- Artigo principal: Prehistoria da Península Ibérica.
O rexistro máis antigo de homínidos en Europa Occidental atopouse na cova de Atapuerca; unha ferramenta de sílex atopada alí data de hai 1,4 millóns de anos, e os primeiros fósiles humanos datan de hai aproximadamente 1,2 millóns de anos.[1] Os humanos modernos en forma de Cro-Magnon comezaron a chegar á Península Ibérica dende o norte dos Pireneos hai uns 35 000 anos. O sinal máis conspicuo dos asentamentos humanos prehistóricos son as pinturas da cova de Altamira, no norte de España, que foron feitas c. 15000 a. C.[2]
A evidencia arqueolóxica en lugares como Los Millares e El Argar suxire que existiron culturas desenvolvidas na parte oriental da Península Ibérica durante o Neolítico tardío e a Idade de Bronce.[3] Ao redor do 2500 a. C., os pastores nómades agrupados dentro da cultura de cerámica cordada conquistaron a península utilizando novas tecnoloxías e cabalos mentres mataban a todos os homes locais segundo os estudos de ADN.[4] A prehistoria da península esténdese ás culturas prerromanas da Idade de Ferro que controlaban a maior parte da Iberia: as dos iberos, celtiberos, tartessos, lusitanos, galaicos e vascóns e os asentamentos comerciais de fenicios, cartaxineses e gregos na costa mediterránea.
Idade Antiga
- Artigo principal: Historia antiga de España.
Colonias gregas
- Artigo principal: Colonización grega.
Século VI a. C. fundación de Emporion (Empúries) polos gregos fóceos. Competición comercial entre gregos e fenicios. Acúñase moeda por primeira vez na península.
Dominación cartaxinesa
Séculos VI ó III a. C. Cartago domina as colonias fenicias ibéricas.
No ano 238 a. C. Cartago, seguindo unha política de expansión imperialista, manda a Amílcar Barca desembarcar en Gadir. Atopa resistencia turdetana. O seguinte xeneral, Asdrúbal consegue o recoñecemento fronteirizo coa República Romana no río Ebro. Fundación de Cartago Nova.
Aníbal, fillo de Amílcar, cerca Sagunto no 219 a. C. Roma declara a guerra a Cartago, comeza a segunda guerra púnica.
Pobos prerromanos
- Artigos principais: Galaicos, Ástures, Iberos, Celtiberos e Lusitanos.
Dominación romana
- Artigos principais: Conquista romana de Hispania, Romanización de Hispania e Hispania.
A República Romana competindo contra o poder da Antiga Cartago no marco das guerras púnicas, chega no 218 a. C. á Península Ibérica. Comeza a súa exploración e conquista, que non rematará ata o ano 19 da nosa era. Todo este período non é uniforme, xa que ó longo de toda a dominación houbo conatos de resistencia, tanto da poboación autóctona, como da aristocracia hispanorromana.
Do 143 a. C. ó 139 a. C. unha revolta lusitana contra as lexións de Roma dirixida por Viriato consegue antes de fracasar varias vitorias.
Hispania foi o nome empregado para referirse a Península Ibérica baixo o dominio romano a partir so século II a. C. A poboación foi romanizada culturalmente e economicamente, e os líderes locais foron admitidos nas clases aristocráticas romanas.[5]
Os romanos ampliaron as cidades existentes, fundaron novas cidades e vilas e construíron infraestrutura ao logo de toda a Península. A economía e o comercio expandiuse, fornecendo de recursos como alimentos, aceite, viño e metais ao imperio. En Hispania naceron os emperadores Traxano, Hadriano e Teodosio I, o filósofo Séneca e os poetas Marcial, Quintiliano e Lucano. Os bispos hispanos celebraron o Concilio de Elvira ao redor do 306.
Invasións xermánicas
- Artigo principal: Invasións bárbaras.
O colapso do Imperio Romano de Occidente non levou á mesma destrución total da sociedade clásica que ocorreu en outras provincias como a Britania, a Galia e a Xermania Inferior durante a Alta Idade Media, aínda que as institucións e as infraestruturas decaeron, deste período naceron as linguas ibéricas, a súa relixión e a base das súas leis.
Idade Media
- Artigo principal: Historia medieval de España.
Reinos xermánicos
- Artigos principais: Reino suevo, Reino visigodo, Reino vándalo e Provincia de Spania.
Despois da caída do Imperio Romano de Occidente no século V, partes de Hispania quedaron baixo o control das tribos xermánicas de vándalos, suevos. visigodos e alanos. Estableceuse o reino suevo na Gallaecia e partes da Lusitania no 406 (primeiro reino federado establecido na Europa continental), despois de ser rexeitados polos suevos o reino vándalo de Vandalusia na Bética e finalmente o reino visigodo despois do 410 foron aumentando a súa presenza ata que finalmente no 507, despois da derrota na batalla de Vogladum, puxeron a súa sede rexia en Toledo. O reino visigodo alcanzou o seu punto álxido co reinado de Leovixildo que anexionou Gallaecia ao reino suevo e a provincia de Spania aos bizantinos.[5][6]
Reino visigodo
- Artigos principais: Reino visigodo, Arte visigótica e Escritura visigótica.
O Liber Iudiciorum ou Lex Visigothorum (654), que Recesvinto promulgou, baseándose no dereito romano e as leis consuetudinarias xermánicas, provocou unha unificación legal no reino. A proximidade do reino visigodo ao Mediterráneo e a continuidade (aínda que reducida) do comercio mediterráneo occidental apoiaron ao seu fortalecemento. A clase dominante visigoda buscaba en Constantinopla estilo e tecnoloxía.
O período de goberno do reino visigodo viu a difusión do arianismo brevemente en Hispania.[7] Os Concilios de Toledo debateron sobre o credo e a liturxia no catolicismo ortodoxo, e o Concilio de Lleida en 546 constrinxiu ao clero e estendeu o poder da lei coa aprobación do Papa. En 587, o rei visigodo de Toledo, Recaredo, converteuse ao catolicismo e puxo en marcha un movemento para unificar as distintas doutrinas relixiosas.
Feudalismo
Os visigodos herdaron da antigüidade tardía un sistema prefeudal, baseado no sur no sistema de vilas romanas e no norte botando man dos seus vasalos para abastecer de tropas a cambio de protección. O groso do exército visigodo estaba composto por escravos. O escaso consello de nobres, que aconsellaba aos reis visigodos de Hispania, Gallaecia e Septimania e lexitimaba o seu goberno, era o encargado de levantar o exército, e só co seu consentimento o rei podía convocar soldados.
A economía do reino visigodo dependía fundamentalmente da agricultura e da gandería; hai poucas evidencias do comercio e da industria visigoda.[8] Os hispanorromanos nativos mantiveron a vida cultural e económica da Hispania romana e foron responsables da relativa prosperidade dos séculos VI e VII. A administración seguía baseándose no dereito romano e gradualmente foronse fusionando aos costumes visigodos. Os visigodos non se casaron, ata o período de dominio musulmán, coa poboación hispanorromana, e a lingua gótica; tivo un impacto relativo nas linguas modernas de Iberia.[6]
Os hispanorromanos consideraron que o dominio visigodo e o seu primeiro abrazo da herexía ariana eran unha ameaza maior que o Islam, e desfixéronse do dominio visigodo só no século VIII, coa axuda dos propios musulmáns.[9] O efecto máis visible do dominio visigodo foi o despoboamento das cidades xa que os seus habitantes se desprazaban ao campo. Aínda que o país gozaba dun certo grao de prosperidade en comparación con Francia e Alemaña, o liderado visigodo pouco contribuía ao benestar, permanencia e infraestrutura do seu pobo e estado. Isto contribuíu á súa caída, xa que non podían contar coa lealdade dos seus súbditos cando chegaron os mouros no século VIII.[6]
Invasión musulmá da Península Ibérica
- Artigo principal: Invasión musulmá da Península Ibérica.
O califato omeia dominaba a maior parte do norte de África no ano 710. En 711 un exército bérber, liderado por Tariq ibn Ziyad, foi enviado á Península para intervir nunha guerra civil no reino visigodo.[10] Cruzando o estreito de Xibraltar, conseguiron unha vitoria decisiva no verán de 711 cando o rei visigodo Roderico foi derrotado e executado o 19 de xullo na batalla de Guadalete. O comandante de Tariq, Musa, sumouse rapidamente con reforzos árabes, e en 718 os musulmáns tiñan o control de case toda a Península Ibérica. O avance cara a Europa Occidental só foi detido no que hoxe é o centro-norte de Francia polos francos xermánicos occidentais ao mando de Carlos Martel na batalla de Poitiers en 732.
Al-Andalus
- Artigo principal: Al-Andalus.
Trala conquista, comezou a conversión e a arabización progresiva da poboación hispanorromana,[11] ( muwalladum ou Muwallad ).[11][12] Despois dun longo proceso, estimulado nos séculos IX e X, a maioría da poboación de Al-Andalus converteuse ao Islam.[11] A poboación musulmá estaba dividida por etnias (árabes, bérebres e muladies), e a supremacía dos árabes sobre o resto do grupo era unha causa recorrente de conflitos, rivalidades e odio, especialmente entre árabes e bérberes.[11] As elites árabes poderían dividirse aínda máis en iemenitas (primeira onda) e sirios (segunda onda).[11] Os gobernantes musulmáns masculinos eran a miúdo descendentes de escravas cristiás.[11] Os cristiáns e xudeus podían vivir como grupos subordinados dunha sociedade estratificada baixo o sistema dhimmah,[11] aínda que os xudeus chegaron a ser moi importantes en certos campos.[11] Algúns cristiáns emigraron aos reinos cristiáns do norte, mentres que os que se quedaron en Al-Andalus arabizáronse progresivamente e foron coñecidos como musta'arab ( mozárabes ).[11] Ademais dos escravos de orixe ibérica, a poboación escrava comprendía tamén os Ṣaqāliba (que significa literalmente "escravos", aínda que eran escravos de orixe europea xenérica) así como escravos sudaneses.[11] As frecuentes incursións en terras cristiás proporcionaron a Al-Andalus un continxente de escravos, incluíndo mulleres que a miúdo formaban parte dos haréns da elite musulmá.[7] Os escravos tamén foron enviados desde Hispania a outros lugares da Ummah.[7]
Primeiras revoltas cristiás
No que non debeu ser moito máis que unha escaramuza (máis tarde magnificada polo nacionalismo español),[13][14] unha forza musulmá enviada para derrotar aos rebeldes cristiáns nas montañas do norte foi derrotada por unha forza dirixida por Pelagius, coñecida como a batalla de Covadonga. A figura de Paio, subproduto das crónicas asturianas de Afonso III (escrita máis dun século despois da susodita batalla), foi reconstruída posteriormente en teorías historiográficas conflitivas, sobre todo a dun nobre visigodo refuxiado ou a dun cacique astur autóctono.[15] A consolidación dun sistema político cristián que chegou a ser coñecido como Reino de Asturias ou Reino de Galicia produciuse máis tarde. Ao final do dominio visigodo, a asimilación de hispanorromanos e visigodos produciuse rapidamente. Un número descoñecido fuxiu e refuxiouse na Gallaecia ou na Septimania. No noroeste apoiaron o levantamento de Paio, e uníndose aos líderes indíxenas, formaron unha nova aristocracia. A poboación da serra estaba formada por nativos ástures, galaicos, cántabros, vascos e outros grupos non asimilados á sociedade hispanogótica.[7] En 739, unha rebelión en Galicia, axudada polo princeps, expulsou as forzas musulmás e uniuse ao reino. Nos reinos cristiáns do norte, os señores e organizacións relixiosas adoitaban posuír escravos musulmáns que eran empregados como obreiros e empregados domésticos.[7]
Emirato de Córdoba
O califa Al-Walid I prestara moita atención á expansión dun exército organizado, construíndo a armada máis forte na época do califato omeia (a segunda dinastía árabe máis importante despois de Mahoma e a primeira dinastía árabe de Al-Andalus). Foi esta táctica a que apoiou a expansión definitiva a Hispania. O poder islámico en alcanzou o seu clímax no século X baixo Abd al-Rahman III.[16] Os gobernantes de Al-Andalus recibiron o rango de emir polo califa omeia Al-Walid I en Damasco. Cando os abássidas derrocaron o califato omeia, Abd al-Rahman I conseguiu escapar a Al-Andalus e declarouno independente. O estado fundado entón coñécese como Emirato de Córdoba. Al-Andalus estaba cheo de conflitos internos entre os gobernantes e pobos omeias islámicos e os líderes e pobos visigodos-romanos cristiáns.
Invasións externas
Os viquingos invadiron Galicia en 844, pero foron derrotados por Ramiro I na Coruña.[17] Moitas das baixas dos viquingos foron causadas polas "balistas dos galegos" : poderosas armas de proxectil de torsión que parecían béstas xigantes,[17] 70 barcos viquingos foron capturados e queimados.[17] [18] Os viquingos regresaron a Galicia en 859, durante o reinado de Ordoño I. Ordoño estaba nese momento empeñado contra os seus constantes inimigos os mouros; pero un conde da provincia, Pedro, atacou aos viquingos e derrotounos,[19] destruíndo 38 dos seus barcos.
O califato preocupouse principalmente de manter a súa base de poder no norte de África, pero estas posesións acabaron por diminuír ata a provincia de Ceuta. A primeira armada de Abd al-Rahman III foi construída despois da subida viquinga ao Guadalquivir en 844 cando saquearon Sevilla.[20]
En 942 produciuse a incursión húngara na Península Ibérica, especialmente en Cataluña,[21] segundo o traballo de Ibn Hayyan.[22][20] Mentres tanto, unha lenta pero constante migración de súbditos cristiáns cara aos reinos cristiáns foi aumentando lentamente o poder do norte.
Almanzor
Al-Andalus coincidiu coa Convivencia, unha era de relativa tolerancia relixiosa, e coa idade de ouro da cultura xudía na Península Ibérica. O interese musulmán na península volveu con forza ao redor do ano 1000, cando Al-Mansur saqueou Barcelona (985), e asaltou Zamora, Toro, León e Astorga en 988 e 989, que controlaban o acceso a Galicia.[23] Baixo o seu fillo, Abd al-Málik al-Muzáffar, outras cidades cristiás foron sometidas a numerosas incursións.[24]
Taifas
Logo da morte do seu fillo, o califato afundiuse nunha guerra civil e dividiuse en taifas. Os reis das taifas competiron entre si non só na guerra, senón tamén na protección das artes e a cultura, que gozaron dunha recuperación breve. As aceifas foron a continuación dunha política dos tempos do emirato: a captura de numerosos continxentes de escravos cristiáns, os saqáliba (plural de siqlabi , "escravo").[25] Estes eran a parte máis lucrativa do botín, e constituían un excelente método de pago para as tropas, tanto que moitas aceifas eran prácticamente "cazas" de escravos.
Os almohades, que tomaran o control dos territorios magrebí e do Al-Andalus dos almorábides en 1147, superaron aos almorábides na perspectiva islámica fundamentalista e trataron aos dhimmis non crentes con dureza. Ante a elección da morte, a conversión ou a emigración, moitos xudeus e cristiáns marcharon.[26]
Reinos cristiáns
- Véxase tamén: Reino de Galicia, Reino de León, Reino de Castela, Reino de Navarra e Reino de Aragón.
Os reinos de taifas perderan terreo fronte aos reinos cristiáns do norte e, logo da perda de Toledo en 1085, os gobernantes musulmáns de mala gana invitaron aos almorábides, que invadiron Al-Andalus desde o norte de África e estableceron un novo imperio. No século XII o Imperio Almorábide rompeuse de novo, só para ser tomado pola invasión almohade, que foron derrotados na decisiva batalla das Navas de Tolosa en 1212.
A mediados do século XIII, o Reino de Granada era o único reino musulmán independente dos cristiáns, que sobreviviu ata 1492 ao converterse nun estado vasalo de Castela, ao que lle rendeu tributo.
Evolución lingüística
No século XIII falábanse moitas linguas nos reinos cristiáns. Estas foron as linguas románicas de base latina do asturiano, o galego-portugués (posteriormente dividido no galego e no portugués) que adquiriu notable importancia no norte do reino grazas a literatura galego-portuguesa, o leonés, o castelán, o aragonés, o catalán, o aranés e a lingua de base protoindoeuropea do éuscaro. Ao longo do séculos, o castelán adquiriu no Reino de Castela un protagonismo crecente como lingua do reino, a costa do leonés e doutros linguas próximas.
Ao mesmo tempo, o catalán e o galego convertéronse nas linguas estándar nos seus respectivos territorios, desenvolvendo importantes tradicións literarias e sendo as linguas normais nas que se emitían documentos públicos e privados: o galego do século XIII ao XVI en Galicia e nas rexións próximas de Asturias e León[27], e o catalán do século XII ao XVIII en Cataluña, Baleares e Valencia, onde é coñecido como valenciano. Ambas as dúas linguas foron substituídas posteriormente no seu carácter oficial polo castelán, ata o século XX.
Nos últimos anos do reinado de Fernando III, o castelán comezou a utilizarse para certos tipos de documentos, e foi durante o reinado de Afonso X cando se converteu en lingua oficial. En diante case todos os documentos públicos estarían redactados en castelán. No século XIII fundáronse moitas universidades. Algunhas, como a Universidade de Salamanca e a Universidade de Palencia, están entre as universidades máis antigas de Europa.
En 1492, baixo os Reis Católicos, publicouse a primeira edición da Gramática castellana de Antonio de Nebrija, marcando as primeiras normas gramaticais da lingua castelá.
Idade Moderna
- Artigo principal: Historia moderna de España.
Unión dinástica dos Reis Católicos
No século XV, as coroas máis importantes entre todos os reinos cristiáns que formaban a antiga Hispania eran a Coroa de Castela, a de Aragón e a de Portugal. Os gobernantes dos reinos de Castela e Aragón aliáronse con familias dinásticas de Portugal, Francia e outros reinos veciños.
A morte do rei Henrique IV de Castela en 1474 iniciou unha loita polo poder chamada Guerra de Sucesión de Castela (1475-1479). Os aspirantes ao trono de Castela foron a antiga herdeira de Henrique, Xoana a Beltranexa, apoiada por Portugal e Francia, e a media irmá de Henrique, a raíña Isabel I de Castela, apoiada polo Reino de Aragón e pola nobreza castelá.
Isabel mantivo o trono e gobernou conxuntamente co seu marido, o rei Fernando II. Isabel e Fernando casaran en 1469.[28] O seu matrimonio uniu ambas coroas e sentou o escenario para a creación dun Imperio Español, nos albores da Idade Moderna. Esa unión, con todo, foi só un título, xa que cada rexión conservou a súa propia estrutura política e xudicial. Segundo un acordo asinado por Isabel e Fernando o 15 de xaneiro de 1474,[28] Isabel tiña máis autoridade sobre a unión que o seu marido, aínda que o seu dominio era compartido.[28] Xuntos, Isabel de Castela e Fernando de Aragón eran coñecidos como os Reis Católicos, título que lles concedeu o papa Alexandre VI.
Conquista de Granada e expulsión de xudeus e musulmáns
Os monarcas supervisaron as etapas finais da conquista cristiá do territorio ibérico coa guerra de Granada, conquistaron as Illas Canarias e expulsaron aos xudeus da coroa baixo o Decreto da Alhambra. Aínda que ata o século XIII as minorías relixiosas (xudeus e musulmáns) gozaran dunha considerable tolerancia en Castela e Aragón (únicos reinos cristiáns onde os xudeus non estaban restrinxidos a ningunha ocupación profesional), a situación dos xudeus derrubouse ao longo do século XIV, chegando a un clímax en 1391 con masacres a gran escala en todas as grandes cidades agás Ávila.[Cómpre referencia]
Os Reis Católicos ordenaron aos xudeus restantes converterse ou enfrontarse á expulsión da coroa en 1492, e estenderon os decretos de expulsión aos seus territorios na Península Itálica, incluíndo Sicilia (1493), Nápoles (1542) e Milán (1597).
Durante as décadas seguintes, os musulmáns enfrontáronse á mesma sorte; e uns 60 anos despois dos xudeus, tamén foron obrigados a converterse (mouriscos) ou ser expulsados. A principios do século XVII tamén foron expulsados os conversos.
Isabel asegurou unha estabilidade política a longo prazo na coroa organizando matrimonios estratéxicos para os seus cinco fillos. A seu primoxénita, Isabel, casou con Afonso I de Portugal, forxando importantes lazos entre estes dous países veciños e asegurando unha futura alianza, pero Isabela morreu pronto antes de dar a luz a un herdeiro. Xoana a segunda filla de Isabel, casou con Filipe o Fermoso da casa de Habsburgo, fillo de Maximiliano I, rei de Bohemia e probable herdeiro da coroa do emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.
Isto garantiu unha alianza cos Habsburgo e o Sacro Imperio Romano Xermánico, un territorio poderoso e de gran alcance que asegurou a futura seguridade política do Imperio Español. O único fillo de Isabel, Xoán, casou con Margarita de Austria, fortalecendo aínda máis os lazos coa dinastía dos Habsburgo. O cuarto fillo de Isabel, María, casou con Manuel I de Portugal, reforzando o vínculo forxado polo matrimonio da súa irmá maior. O seu quinto fillo, Catarina, casou co rei Henrique VIII de Inglaterra e foi nai da raíña María I de Inglaterra.
Conquista das Illas Canarias
- Artigo principal: Conquista das Illas Canarias.
A conquista das Illas Canarias por parte da Coroa de Castela levouse a cabo entre 1402 e 1496. Pódense distinguir dous períodos neste proceso:
- Conquista señorial. Coñécese con este nome á conquista levada a cabo pola nobreza, en beneficio propio e sen unha participación directa da Coroa, que outorga o dereito de conquista a cambio dun pacto de vasalaxe do nobre conquistador cara á Coroa. Distinguiremos dentro dela a coñecida como conquista betancuriana ou normanda, levada a cabo por Jean de Béthencourt e Gadifer de la Salle entre 1402 e 1405 e que afectou ás illas de Lanzarote, El Hierro e Fuerteventura. A outra fase coñécese como conquista señorial castelá, levada a cabo por nobres casteláns que se apropiaron, mediante compras, cesións e matrimonios, das primeiras illas conquistadas e incorporaron a illa de La Gomera cara a 1450.
- Conquista reguenga. Este termo define á conquista levada a cabo directamente pola coroa de Castela, durante o reinado dos Reis Católicos quen armaron e en parte financiaron a conquista das illas que faltaban por dominar: Gran Canaria, La Palma e Tenerife. No ano 1496, chegou a conquista ao seu fin co dominio da illa de Tenerife, integrándose o Arquipélago Canario na Coroa de Castela. A conquista reguenga tivo lugar entre 1478 e 1496.
Imperio Español
- Véxase tamén: Imperio Español e Renacemento hispánico.
O Imperio Español, xunto ao Imperio Portugués, foron os primeiros imperios de alcance mundial. No século XVI, España e Portugal estaban á vangarda da exploración global europea e da expansión colonial. Os dous reinos da Península Ibérica competiron entre si na apertura de rutas comerciais a través dos océanos.
Nos séculos XV e XVI floreceu o comercio polo Atlántico entre a Península Ibérica e as Américas e polo Pacífico entre Asia Oriental e México a través das Filipinas. Os conquistadores españois, que operaban de forma privada, derrotaron aos gobernos Azteca, Inca e Maia con ampla axuda das faccións locais nativas e tomaron o control de vastas extensións de terra.[29] Nas Filipinas, os españois, utilizando conquistadores mexicanos como Xoán de Salcedo, conquistaron os reinos e sultanatos das illas enfrontando pagáns e musulmáns uns contra outros, empregando o principio de " divide et impera ".[30] Consideraron a súa guerra contra os musulmáns do sueste asiático como unha misión relixiosa, extensión da conquista cristiá da Península.[31]
Este imperio do Novo Mundo foi ao principio unha decepción, xa que os nativos tiñan pouco que comerciar. Enfermidades como a varíola e o xarampón que chegaron cos colonizadores arrasaron as poboacións autóctonas, sobre todo nas rexións densamente poboadas das civilizacións Azteca, Maia e Inca, e isto reduciu o seu potencial económico. As estimacións da poboación precolombiana das Américas varían, pero posiblemente ascendían a 100 millóns, un quinto da humanidade en 1492. Entre 1500 e 1600 a poboación das Américas reduciuse á metade. Só en México, estimouse que a poboación anterior á conquista duns 25 millóns reduciuse en 80 anos a uns 1,3 millóns.
Na década de 1520, a extracción a gran escala de prata dos ricos xacementos de Guanajuato de México comezou a incrementarse en gran medida polas minas de prata en Zacatecas de México e Potosí de Bolivia a partir de 1546. Estes envíos de prata reorientaron a economía española, levando á importación de obxectos de luxo e grans. As colonias de España, ricas en recursos, provocaron así grandes entradas de efectivo. Tamén se fixeron indispensables para financiar a capacidade militar da España dos Habsburgo na súa longa serie de guerras europeas e norteafricanas.
O Imperio Español gozou dunha época de ouro cultural nos séculos XVI e XVII, durante un tempo dominou os océanos coa súa experimentada mariña e gobernou o campo de batalla europeo coa súa infantería ben adestrada, os terzos.
A carga financeira dentro da Península estaba ás costas da clase campesiña mentres a nobreza gozaba dun estilo de vida cada vez máis fastuoso. Desde a incorporación do Imperio Portugués en 1580 (perdido en 1640) ata a perda das súas colonias americanas no século XIX, España mantivo un dos maiores imperios do mundo aínda que sufriu desgrazas militares e económicas a partir dos anos 40 do século pasado. O pensamento de que España podería levar o cristianismo ao Novo Mundo e protexer o catolicismo en Europa xogou un papel importante na expansión do Imperio Español.[32]
O imperio alcanzou a súa maior extensión territorial a finais do século XVIII, pero baixo a dinastía dos Habsburgo nos séculos XVI e XVII alcanzou o cumio do seu poder. A Unión Ibérica con Portugal fixo que o monarca de Castela fose tamén o monarca de Portugal, pero estaban gobernados como entidades separadas tanto na península como en Hispanoamérica e Brasil. En 1640, a Casa de Braganza sublevouse contra o dominio español e reafirmou a independencia de Portugal.[33]
Carlos I de España e V do Sacro Imperio Romano Xermánico
Cando o primeiro gobernante dos Habsburgo de España, Carlos I, se converteu en rei de España en 1516 (coa súa nai e co-monarca, a raíña Xoana I, que se mantivo encarcerada ata a súa morte en 1555), España converteuse no centro das loitas dinásticas de Europa. Carlos tamén se converteu en Carlos V, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico e debido aos seus dominios moi espallados non estaba a miúdo en España.
A maior ambición de Carlos I (rei de 1516 a 1556) e V do Sacro Imperio Romano Xermánico (emperador de 1519 a 1556), era a de crear un imperio universal de carácter católico. Mellor non puido empezar, xa que ós dominios españois en España, Italia e América, se unirían aos dos Habsburgo, e no 1519 os estados alemáns elixiríano emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico. No 1526 obtería o Milanesado (Tratado de Madrid), a finais desa década obtería as posesións do ducado de Borgoña, tras vencer unha e outra vez (Pavia, Bicoca...) a Francisco I de Francia. Este último ducado teríao que devolver polas presións da alianza de Francia, os Estados Pontificios e os príncipes italianos (Liga de Cognac).
En 1556 Carlos abdicou, cedendo o seu Imperio Español ao seu único fillo superviviente, Filipe II, e o Sacro Imperio Romano Xermánico ao seu irmán, Fernando I.
Filipe II das Españas e das Indias
- Artigo principal: Filipe II de España.
O 25 de outubro de 1556 Filipe II de España pasa a ser coroado rei das Españas e das Indias. Filipe tratou a Coroa de Castela como a fundación do seu Imperio, pero a poboación de Castela (aproximadamente un terzo da de Francia) nunca foi o suficientemente grande como para proporcionar os soldados necesarios. O seu matrimonio con María I Tudor aliou Inglaterra con España.
Na década de 1560, os plans para consolidar o control dos Países Baixos provocaron disturbios, que gradualmente levaron ao liderado calvinista da revolta e á guerra de Flandres. Os exércitos holandeses libraron unha guerra de manobra e asedio, evitando con éxito a batalla campal. Este conflito consumiu a economía española durante finais do século XVI. Outros fracasos extremadamente custosos incluíron un intento de invadir a Inglaterra protestante en 1588 que produciu o peor desastre militar da historia española cando a Armada Invencible, custando 10 millóns de ducados, foi esparexida e destruída por unha tormenta.
Os problemas económicos e administrativos multiplicáronse en Castela, e a debilidade da economía autóctona fíxose patente no século seguinte. O aumento da inflación, as guerras económicamente esgotadoras en Europa, as continuas secuelas da expulsión de xudeus e mouros de España e a crecente dependencia de España das importacións de prata, uníronse para provocar varias quebras que provocaron a crise económica no país, especialmente en Castela. A gran peste de Sevilla matou entre 600 000 e 700 000, preto do 10% da poboación. En total, máis de 1 250 000 mortos foron consecuencia da extrema incidencia da peste na España do século XVII.[34] Económicamente, a peste destruíu a forza de traballo, ademais de crear un golpe na moral da poboación.[35]
Vacante o trono portugués, Filipe II fillo da infanta Isabel de Portugal era o candidato máis axeitado, porén, parte da nobreza lusa defendeu a candidatura do Prior de Crato, fillo bastardo do rei Sebastián I. O duque de Alba cruzou a península e apareceu no territorio portugués cun inmenso exército formado por terzos de veteranos das guerras contra Francia (os "terzos de Alba"). Filipe II foi proclamado rei de Portugal nas Cortes de Thomar (1580), xurando respectar os foros e os privilexios, tal como se viña facendo con Aragón ou Navarra.
En 1598 Filipe morría no mosteiro do Escorial. As guerras contra Francia e Inglaterra, as sublevacións dos Países Baixos e o esforzo da expansión colonial esgotaran as súas forzas e as de todo o reino. Intuíase unha próxima decadencia do Imperio, pero este tardaría case medio século en saír á superficie. Filipe II deixou como herdeiro ó seu fillo Filipe III froito do seu cuarto e derradeiro matrimonio con Ana de Austria.
Século de Ouro
- Artigo principal: Século de Ouro.
O Século de Ouro español foi un período de florecemento das artes e das letras no imperio, coincidindo coa decadencia política e a caída dos Habsburgo. As artes floreceron a pesar do declive do imperio no século XVII. A última gran escritora da época, Juana Inés de la Cruz, morreu en Nova España en 1695.[36]
Os Habsburgo foron grandes mecenas da arte nos seus países. O Escorial, o gran mosteiro real construído polo rei Filipe II, convidou a atención dalgúns dos máis grandes arquitectos e pintores de Europa. Diego Velázquez, considerado un dos pintores máis influentes da historia europea e un artista moi respectado no seu tempo, cultivou unha relación co rei Filipe IV e o seu ministro xefe, o conde-duque de Olivares, deixando varios retratos que demostran o seu estilo e habilidade. El Greco, un respectado artista grego da época, instalouse en España e infundiu na arte española os estilos do renacemento italiano e axudou a crear un estilo de pintura exclusivamente español.
Considérase que algunhas das músicas máis importantes de España foron escritas nesta época. Compositores como Tomás Luis de Victoria, Luis de Milán ou Alonso Lobo contribuíron a configurar a música renacentista e os estilos da música contrapunto e policoral, e a súa influencia prolongouse ata o período barroco.
Tamén floreceu a literatura española, demostrada sobre todo na obra de Miguel de Cervantes, o autor de Don Quixote da Mancha. O dramaturgo máis prolífico de España, Lope de Vega, escribiu posiblemente ata mil obras de teatro ao longo da súa vida, das cales sobreviven máis de catrocentas.
Comezo da decadencia
As graves dificultades financeiras de España comezaron a mediados do século XVI e continuaron durante o resto do dominio dos Habsburgo. A pesar dos éxitos dos exércitos españois, o período estivo marcado pola inflación monetaria, o mercantilismo e unha variedade de monopolios e intervencións gobernamentais. Os reis españois víronse obrigados a declarar impagos soberanos nove veces entre 1557 e 1666.[37]
Filipe II morreu en 1598, e sucedeuno o seu fillo Filipe III. No seu reinado (1598–1621) unha tregua de dez anos cos holandeses quedou ensombrecida en 1618 pola implicación de España na guerra dos Trinta Anos. Filipe III foi sucedido en 1621 polo seu fillo Filipe IV (reinou entre 1621 e 1665). Gran parte da política foi levada a cabo polo conde-duque de Olivares, un primeiro ministro inepto que tivo poder dende 1621 a 1643. Exerceu nos asuntos exteriores e intentou sen éxito unha reforma interna. A súa política de comprometer a España a reconquistar Holanda levou a unha renovación da guerra dos Oitenta Anos mentres que España tamén se viu implicada na guerra dos Trinta Anos (1618–1648). Os seus intentos por centralizar o poder e aumentar os impostos en tempo de guerra provocaron revoltas en Cataluña e en Portugal, que acabaron pro provocar a súa caída.[38]
Durante a guerra dos Trinta Anos, na que varias forzas protestantes loitaron contra os exércitos imperiais, Francia proporcionou subvencións aos inimigos dos Habsburgo, especialmente a Suecia. Suecia perdeu e o primeiro ministro francés, o cardeal Richelieu, en 1635 declarou a guerra a España. A guerra aberta con España comezou cunha vitoria dos franceses en Les Avins en 1635. Ao ano seguinte, as forzas españolas con base no sur dos Países Baixos atacaron con devastadoras campañas o norte de Francia que deixaron a economía da rexión esnaquizada. Despois de 1636, porén, Olivares, temeroso de provocar outra quebra, detivo o avance. En 1640, tanto Portugal como Cataluña rebeláronse. Portugal perdeuse definitivamente; no norte de Italia e na maior parte de Cataluña, as forzas francesas foron expulsadas e a independencia de Cataluña foi suprimida. En 1643, os franceses derrotaron a un dos mellores exércitos de España en Rocroi, ao norte de Francia.[39]
----Durante o reinado dos tres últimos Austrias, so monarcas irán perdendo influenxia política pese a continuar posuindo o patrimonio real máis grande do mundo, con presenza nos cinco continentes. A corrupción da clase dirixente, as custosas aventuras militares e o parón da ciencia por mor da Igrexa serán varias das causas desta decadencia.
Aínda así, neste século XVII, España dá ó mundo a mellor literatura no chamado Século de Ouro, con persoeiros como Francisco de Quevedo, Miguel de Cervantes, Luis de Góngora, Lope de Vega...
O estilo arquitectónico predominante é o Barroco, que supón unha ruptura das formas xeometrizantes do renacentismo previo.
Filipe III
Filipe III de España, durante o seu reinado continúa a hexemonía mundial española. Reinado de pacificación se se compara cos seus predecesores. Tensión co Imperio Otomán, República de Venecia e o dux de Savoia.
Filipe IV
Con Filipe IV comeza a declina-la hexemonía española. O rei exerce de mecenas propiciando grandes logros na música, literatura, artes escénicas. Período de luxo bizantino e exaltación na corte.
Portugal consegue a independencia na Guerra de Restauración Portuguesa trala derrota de na batalla de Villaviciosa.
Carlos II
O reinado de Carlos II iníciase en 1675, ao rematar a rexencia de Mariana de Austria, nai de Carlos II. Entre 1677 a 1679 goberna Xoán Xosé de Austria, ségueno o Duque de Medinacelli e mailo Conde de Oropesa.
- 1680 deflación da moeda de billón en Castela, o Conde de Oropesa decide conte-lo gasto público e baixa-los impostos.
- Desigual desenvolvemento dos reinos peninsulares: Castela empobrécese e Aragón recupérase un pouco debido a novas estruturas económicas forais.
- 1690 - 1697, a maioría de países europeos alíanse contra Francia. Acaba coa Paz de Rijswijk, Lois XIV cede prazas en Flandres, Luxemburgo e Cataluña a España.
- Carlos II non ten descendencia e resolve elixir entre o arquiduque Carlos, fillo do emperador Leopoldo e bisneto de Filipe III, e Filipe de Anjou, neto de Lois XIV e bisneto de Filipe IV. Isto provocará a guerra de sucesión, conflito bélico no que se implican tódalas potencias europeas.
Os Borbóns e o século XVIII
Filipe V
- Reformas administrativas: extensión da xurisprudencia castelá a Aragón.
- Decreto de Nova Planta.
- Guerra de sucesión española
- Mellora do comercio coas colonias, comeza a recuperación económica.
- De xaneiro a agosto de 1724 Filipe V abdica no seu fillo, que reinaría como Lois I ata que tras morrer de varíola o pai volve a recupera-lo trono.
Fernando VI
Debido ó leve atraso mental deste rei e da súa esposa, a portuguesa Bárbara de Braganza, o país foi dirixido polo primeiro ministro, o marqués da Ensenada e o Secretario de Estado José de Carvajal y Lancaster. A política exterior foi de neutralidade total, abandonando o monopolio do comercio de escravos fronte ós ingleses. Durante o seu reinado 1746 - 1759, o marqués da Ensenada promoveu a fabricación de novos buques para armada. É unha etapa de estabilidade económica.
Carlos III
Carlos IV
Idade Contemporánea
- Artigo principal: Historia contemporánea de España.
Século XIX
Guerra da Independencia
- Artigo principal: Guerra da Independencia española.
No marco das guerras napoleónicas, as tropas francesas piden paso franco a través de España para chegaren a Portugal, (18 de outubro de 1807). Aproveitan a debilidade nese momento e a alianza con Carlos IV para quedarse en territorio español.
Debido ó descontento popular contra o rei Carlos IV e Godoy, un levantamento popular obrígao a abdicar en favor do seu fillo Fernando, que é a súa vez retido polas tropas francesas. Napoleón nunha hábil estrataxema, proponse para mediar entre pai e fillo a cuestión sucesoria.
O 2 de maio de 1808 o alcalde de Móstoles redacta un bando pedindo a colaboración cidadá para liberar o rei Fernando VII: A Patria está en perigo. Madrid perece vítima da perfidia francesa. Españois, acudide a salvala. A insurxencia popular contra os franceses esténdese a Madrid e de alí a outras capitais.
Ante o clima violento que se respira neses momentos na capital, os xenerais españois non se deciden a facer nada, porén, un simple capitán de artillería, Daoíz, ao ver o pobo loitar na rúa contra os franceses, decide apoiar os seus compatriotas e levanta a súa guarnición. Só é apoiado por outro capitán, Velarde, que se une a el con outros 30 soldados e algunhas pezas de artillería. Este primeiro levantamento fracasa ante o moi superior exército de Murat.
O 4 de maio a revolta chega a Badaxoz. O Comandante Xeneral de Estremadura decide levantar a súa guarnición e enviar correos chamando á revolta. O día 9 de maio tódalas capitais de provincia rebélanse contra o exército francés.
A loita contra os franceses fíxose por medio de Xuntas Xerais, con independencia do poder rexio. Esta situación e mailo novo xeito de pensar do exército invasor que bebeu das ideas revolucionarias fan que as ideas liberais atopen o terreo disposto nun país tradicionalmente conservador como España. En 1812 proclámase en Cádiz a primeira Constitución (chamada popularmente como a 'Pepa'), que recolle os Dereitos do Home expresados pola Revolución Francesa. Trátase dunha constitución liberal moi ambiciosa.
Reinado de Fernando VII
- Artigo principal: Fernando VII.
Coa volta de Fernando VII a España (1814) restáurase o absolutismo, que estará presente en todo o seu reinado (agás un pequeno período de tres anos coñecido como Trienio Liberal, 1820-1823). O rei depón a Constitución de 1812 aprobada polas Cortes de Cádiz durante a guerra de independencia. Caracterízase este período por unha relativa paz internacional, e polas constantes loitas internas entre absolutistas e liberais, tomando partido Fernando VII polos primeiros. Remata o seu reinado cunha crise sucesoria (o rei só tiña unha filla), e trala súa morte en 1833 sería substituído pola súa filla Isabel II.
Desaparición das colonias
Poden citarse cinco causas como as fundamentais da emancipación das colonias continentais españolas:
- Influencia das ideas liberais, transmitidas á alta sociedade crioula por medio de sociedades secretas.
- O exemplo de prosperidade das colonias norteamericanas.
- A axuda de potencias rivais de España como Francia.
- O descontento coa política económica da Metrópole.
O motivo principal sería a invasión de España por Napoleón. Esta provocou un levantamento revolucionario nas cidades americanas, que ó principio tivo carácter de lealdade á causa española.
Arxentina proclama a súa independencia no Congreso de Tucumán en 1816 da man do xeneral San Martín. En México sería Agustín de Itúrbide o emancipador, que tras proclamarse Emperador foi fusilado e proclamada a República Federal. América Central fíxose independente baixo forma de Confederación, as chamadas Provincias Unidas de Centroamérica. Uruguai, que proclamou a independencia en 1813, foi conquistada por Brasil, aínda que logo se independiza coa axuda Arxentina.
Guerras carlistas
- Véxase tamén: Reinado de Isabel II de España.
En 1833, trala morte de Fernando VII e a proclamación como raíña de Isabel II, producíronse en distintos lugares levantamentos ultrarrealistas nos que se recoñecía como rei a Don Carlos (irmán de Fernando VII). Estas proclamacións dividiron os españois en dous bandos: os carlistas e os isabelinos, e deu orixe á primeira guerra carlista. Nela dirimíase quen debía reinar en España e tamén que sistema político debía prevalecer -liberalismo (isabelinos) ou absolutismo (carlistas)- e que organización territorial debía existir -centralismo ou foralismo-.
O carlismo caracterízase pola defensa do lexitimismo ou dereito ao trono de España do infante Carlos de Borbón e dos seus descendentes, polo tradicionalismo político, relixioso e social e polo foralismo ou mantemento da organización administrativa tradicional.
Apoiaron o carlismo o clero e a fidalguía rural e tamén os campesiños das provincias vascas e de Navarra, prexudicados pola abolición dos privilexios xa que o sistema foral lles garantía a exención de impostos, autonomía administrativa e económica, limitación do poder real, restricións ao servizo militar... O exército, a burguesía e a meirande parte da poboación urbana non apoiaron o carlismo, senón os intereses isabelinos e liberais.
O levantamento carlista produciuse en setembro de 1833, a proclamación de Carlos de Borbón como rei só triunfou nas provincias vascas e Navarra e determinados lugares do norte de Castela, a Rioxa, o Maestrazgo e Cataluña. O exército carlista tivo como xefe a Zumalacárregui, que conseguiu sucesivas vitorias, pero fracasou e morreu ó intentar conquistar Bilbao. En 1839 o xeneral Maroto (carlista) e Espartero (isabelino) asinaron o Convenio de Vergara, no que se recomendaba ao Goberno que propuxese ás Cortes o mantemento ou a modificación dos privilexios forais, e tamén se recoñecían os empregos e graos dos militares do exército carlista; a cambio, os carlistas aceptaban a Constitución de 1837 e recoñecían a Isabel II, pero Carlos de Borbón non recoñeceu o acordo e a guerra continuou dirixida por Cabrera e en 1840 as derradeiras partidas carlistas abandonaron España camiño do exilio.
A segunda guerra carlista tivo lugar en 1846, pretendían a defensa dos dereitos ao trono de Carlos VI, os protagonistas non conseguiron os seus obxectivos e a represión foi moi dura.
A terceira guerra carlista comezou en abril de 1872, e tivo un amplo apoio popular nas provincias vascas e Navarra e menor en Cataluña. Os carlistas ocuparon a case totalidade do territorio vasco e navarro coa excepción das capitais, e estableceron unha sólida administración que lles permitiu resistir ata a súa derrota definitiva en 1876.
O desastre do 98
- Artigo principal: Guerra hispano-estadounidense.
Trala desaparición da meirande parte do imperio español no primeiro terzo do século XIX, só quedaban nos últimos anos do século as colonias africanas de Guinea, Río de Ouro e Marrocos, as americanas de Porto Rico e Cuba, e as do Pacífico Guam e Filipinas. Cuba e Porto Rico baseaban a súa economía na exportación de produtos non transformados á metrópole. A súa economía era anticuada e realizada principalmente por man de obra semi-escrava. No caso do Caribe, España apoiaba unha reducida oligarquía latifundista; no caso filipino, o poder e influencia residía nas ordes relixiosas e o exército colonial.
En 1895, prodúcense insurreccións independentistas en Filipinas e Cuba (José Martí). Estados Unidos apoiará a causa independentista debido a intereses económicos e estratéxicos (The back courtyard).
A guerra de Cuba iníciase co estoupido do acoirazado Maine (260 mortos), a prensa americana culpa a España e comezan as operacións militares. España é incapaz de loitar en diversos escenarios ó mesmo tempo cunha tecnoloxía desfasada fronte á americana. Prodúcense as batallas de Cavite e A Habana. España verase obrigada a recoñecer a súa derrota. En decembro de 1898 asínase a paz en París.
- España cede Porto Rico aos EEUU (hoxe segue sendo un estado libre asociado).
- España acepta a independencia de Cuba a cambio de compensacións económicas.
- España cede a illa de Guam.
- España cede Filipinas, que continuarán pelexando contra os novos colonizadores e finalmente obterán a independencia en 1946.
España perdeu así o seu imperio ultramarino e tivo que asumir a destrución de boa parte da súa frota oceánica. Pero non todo foron desgrazas. As consecuencias económicas do "desastre do 98" foron bastante boas debido a:
- Repatriación de capitais e investimento na industria.
- Saneamento de Facenda, en 1900 as arcas públicas mostran superávit por primeira vez en moitos anos.
- Reforma na emisión de débeda e maior transparencia na recadación de impostos.
No entanto a perda de 50.000 vidas produce unha fonda sensación de derrota:
- Os autores da xeración do 98 escriben de xeito crítico e realista a visión dunha España pouco ou nada imperial.
- Comezan as propostas de reforma política (democracia baseada nas clases medias).
- Os rexionalismos e nacionalismos reciben un pulo fundamental ("crise da idea de España").
Século XX
- Artigo principal: Restauración borbónica en España.
Ditadura de Primo de Rivera
- Artigo principal: Ditadura de Primo de Rivera.
Segunda República Española
- Artigo principal: Segunda República Española.
O triunfo republicano nas eleccións locais en case tódalas grandes cidades o 12 de abril de 1931 provoca o exilio do rei Afonso XIII, e o 14 de abril proclámase a II República. Niceto Alcalá-Zamora preside o primeiro goberno provisional (formado por republicanos de esquerdas e dereitas, rexionalistas moderados e PSOE) encargado da redacción dunha constitución democrática. O presidente Alcalá-Zamora oponse ao artigo que fala da laicidade do estado e é substituído por Manuel Azaña. O 14 de outubro de 1931 apróbase unha nova constitución republicana.
Bienio reformista
O 16 de decembro, Manuel Azaña volveu ser elixido presidente e encabezou un goberno de coalición republicano-socialista. Este primeiro goberno tivo que loitar coa oposición da xerarquía católica e utilizar a forza pública contra os queimadores de igrexas. Pola súa banda, altos cargos do exército manifestaron a súa desconformidade co novo goberno que pretendía reducir o número de oficiais. En setembro de 1931 o proxecto de Estatuto Vasco, apoiado por carlistas e nacionalistas vascos, foi rexeitado nas Cortes Constituíntes por superar os límites constitucionais.
O 10 de agosto de 1932 o xeneral Sanjurjo fracasou nun intento de golpe de Estado. O 9 de setembro aprobouse o Estatuto de Autonomía de Cataluña. ERC gañou as primeiras eleccións autonómicas (Francesc Maciá). O maior programa educativo da historia do país supuxo a construción de miles de novas escolas no rural, así como a contratación de centos de novos mestres de escola. A ensinanza estableceuse mixta e a materia de relixión optativa.
O paro non deixou de aumentar. Fracasou a Lei de Reforma Agraria. Insurrección de Casas Viejas. O goberno entrou en crise. A oposición de dereitas estaba representada polo Partido Radical de Lerroux e a patronal. A oposición de esquerda estaba representada pola CNT, que era a maior central sindical (máis dun millón de afiliados), grupos anarquistas e anarcosindicalistas e os comunistas do PCE.
Bienio radical
O goberno disolveu a Cámara e convocou eleccións. Tras a vitoria dos radicais de Lerroux, gobernaron co apoio da CEDA (Confederación española de dereitas autónomas, de Gil-Robles). Continuou a axitación social. Paralizouse a reforma agraria. Gardas de Asalto expulsaron a xornaleiros das terras ocupadas. Amnistiáronse os militares participantes na sanjurjada de 1932. As xuventudes da CEDA ("Juventudes de Acción Popular") copiaron trazos claramente fascistas (brazo en alto en contraposición ó puño comunista).
1 de outubro de 1934, entraron tres ministros da CEDA no goberno. O PSOE convocou unha folga xeral. O presidente da Generalitat Lluís Companys (ERC) dirixiu unha insurrección contra a República. Represión do exército. A UXT e a CNT proclamaron a "revolución socialista" en Asturias. A Lexión ás ordes de Francisco Franco foi levada a Asturias: 1.300 mortos, 3.000 feridos, 30.000 detidos. Manuel Azaña, Lluís Companys, Largo Caballero (PSOE) e outros foron arrestados. O goberno suspendeu o Estatuto Catalán. As diferenzas entre os radicais e os extremistas da CEDA súmanse ós casos de corrupción. Foron convocadas novas eleccións para febreiro de 1936.
Fronte Popular
- Artigo principal: Fronte Popular.
Nas eleccións de febreiro, a Fronte Popular gañou á Coalición de Dereitas. Alcalá-Zamora presidiu o goberno de Azaña. En abril produciuse unha crise de goberno. O presidente da República dimitiu. Manuel Azaña pasou a ser o novo xefe de Estado e o coruñés Santiago Casares Quiroga presidiu o goberno. Realizouse unha amnistía para os represaliados polo golpe de outubro de 1934.
O 12 de xullo prodúcese o asasinato do tenente da Guarda de Asalto Castillo, instrutor das Xuventudes Socialistas de España. O 13 de xullo aparece outro asasinato, este en represalia do deputado dereitista José Calvo Sotelo.
17 de xullo de 1936, fracasou o golpe de estado (Emilio Mola, Goded, Cabanellas, José Sanjurjo Sacanell, Francisco Franco, ...). O exército de África cruzou á península. O día 18 declarouse o estado de guerra en Sevilla e outras gornicións dos sediciosos. Comezou a guerra civil española.
Guerra civil española
- Artigo principal: Guerra civil española.
O 17 de xullo de 1936, a conspiración que se vía fraguando dende primavera faise realidade. A guarnición de Melilla sublévase anticipadamente contra o goberno central por mor de ser descuberto o golpe por axentes gobernamentais (o franquismo creará a figura da "Adiantada" para esta cidade). Seguidamente, os militares de resto do protectorado en Marrocos e o arquipélago de Canarias álzanse en armas contra a República. É nas illas Canarias onde se producen os primeiros enfrontamentos entre sindicalistas e elementos falanxistas. Ó día seguinte o golpe esténdese á península. En cidades como Barcelona as centrais sindicais comezan a pedir "armas para o pobo". Tanto o goberno de Casares Quiroga como a Generalitat néganse. Mantense á expectativa.
O golpe triunfou en:
- Galicia, Castela e León, Navarra, Andalucía-occidental, Oviedo (só na cidade), Zaragoza, Granada, Baleares (agás Menorca que permanecería leal ata o remate da guerra) e Canarias, así como en Marrocos e Guinea.
O golpe fracasou en:
- Madrid, Cantabria, País Vasco, Cataluña, Levante, Andalucía-oriental, Murcia, Castela a Mancha e Asturias (agás Oviedo).
Os sublevados conservaron divisións íntegras (as de Galicia, Castela e Andalucía), e sobre todo o Exército de África (Lexión Estranxeira, Regulares...). Pola outra banda, na zona republicana, as unidades do exército quedaron desarticuladas xa que tiveron que arrestar a gran parte da oficialidade por sublevarse. Así e todo, as Forzas Aéreas e a Armada permaneceron fieis á República.
Tralo fracaso parcial da sublevación, o bando rebelde obtén éxitos iniciais:
- Liberación do Alcázar de Toledo.
- Toma de Irún, bloqueo da fronteira do País Vasco con Francia.
O 18 de outubro de 1936, os rebeldes chegaron a Madrid. En novembro iniciaríase a ofensiva encamiñada a toma-la capital e pór fin á guerra. Comeza a batalla de Madrid. O goberno, partidos e sindicatos mobilizan á poboación civil baixo o lema "Non pasarán". Incorpórase á defensa de Madrid a "columna Durruti" con armamento comprado á Unión Soviética. Avións alemáns bombardean a capital de xeito indiscriminado. Combates en Cidade Universitaria, Casa de Campo e na Ponte dos franceses. Franco ordena parar a ofensiva. É a primeira "vitoria" do bando republicano: Madrid é inexpugnable. A continuación, os intentos de Franco por rodea-la capital tamén fracasan: batalla do Jarama (participan as brigadas internacionais) e batalla de Guadalaxara (na que combateron os italianos contra o Exército Popular). Malia todo, os sublevados toman Málaga.
A comezos de 1937 o peso da contenda trasládase ó norte. Unidades dirixidas dende Galicia abren o cerco a Oviedo. Cae Cantabria e País Vasco, prodúcese o bombardeo de Gernika por parte dos Stuka alemáns. Os republicanos fracasan en Aragón (batalla de Belchite).
En decembro de 1937 os republicanos liberan Teruel, que finalmente volve a caer en mans dos sublevados. O 15 de abril de 1938 os nacionalistas chegan ó Mediterráneo dende Aragón, a república queda partida en dous. En xullo de 1938, a república tentará recupera-la iniciativa no combate na batalla do Ebro, a meirande da guerra. Na que morren 100.000 persoas e mailas esperanzas da República. En inverno, os nacionalistas chegan a Barcelona. Prodúcese o maior exilio en masa da Historia de España.
En febreiro de 1939 cando os franquistas chegan á fronteira francesa, máis de medio millón de persoas fuxiran á Francia.
O coronel Casado dá un golpe de estado en Madrid, decidido a seguir combatendo a ultranza coa esperanza de que a guerra civil quedara ligada ó inminente conflito europeo que se aveciñaba entre fascistas e demócratas máis comunistas. Prodúcense conversas entre os dous bandos, pero Franco só quere a rendición incondicional. O 28 de marzo de 1939 as tropas sublevadas entran nunha capital destruída pola aviación alemá e famenta. O 1 de abril, Franco persoalmente redacta o derradeiro parte de guerra:
"En el día de hoy, cautivo y desarmado el Ejército rojo, han alcanzado las tropas nacionales sus últimos objetivos militares. La guerra ha terminado".
Ditadura franquista
- Véxase tamén: Franquismo.
A ditadura franquista foi un sistema antidemocrático que pretendía controlar a sociedade. Pero aínda que houbo intentos de encadrar ás masas en organizacións de apoio ao réxime -Movemento Nacional- estas nunca foron a base do sistema. A ditadura franquista foi unha ditadura militar que tivo a súa fundamentación ideolóxica no pensamento conservador e católico español pero que incorporaba elementos procedentes do fascismo italiano.
Todos os grupos políticos (falanxistas, carlistas e monárquicos) que apoiaban o réxime franquista, foron agrupados nunha única formación autorizada: o Movemento Nacional. Os sindicatos de clase foron suprimidos, creándose unha organización única para obreiros e patróns: o Sindicato Vertical.
As Leis Fundamentais tiñan un carácter constitucional e eran as normas básicas da organización do Estado, diferéncianse dous grupos: de carácter dogmático (Foro do traballo, Foro dos españois, Lei de principios do Movemento) e de carácter orgánico (Lei de Cortes, Lei de Referendo, Lei de Sucesión, Lei Orgánica do Estado).
Francisco Franco concentrou na súa persoa todos os poderes do Estado, recibiu o nome de Caudillo de España e foi considerado o símbolo e encarnación da vontade da nación española.
A doutrina oficial do réxime franquista baséase no programa da Falanxe. O franquismo defendeu tanto o catolicismo e a confesionalidade do Estado como o sometemento da vida política, social e cultural ás directrices da Igrexa católica. As relacións entre a Igrexa católica e o réxime franquista regularizáronse mediante a sinatura do Concordato de 1953. Nel Franco conseguía o recoñecemento polo papa do seu goberno e obtiña os privilexios da presentación de bispos e de poder entrar nas igrexas baixo palio. A cambio, a Igrexa obtiña: Potenciar o catolicismo; capacidade legal para adquirir, posuír e administrar toda clase de bens; restitución dunha parte dos bens eclesiásticos perdidos en pasadas desamortizacións; dereito a establecer seminarios; garantías de ensino da relixión católica; control da moral pública e competencia exclusiva da Igrexa en cuestións referidas ao matrimonio.
Durante a segunda guerra mundial España declárase neutral, pero adopta unha política simpatizante cos países do Eixe, en 1940 Franco entrevístase con Hitler en Hendaia e en 1941 con Mussolini en Bordighera. En España organízase unha cruzada contra o comunismo a través dunha expedición de voluntarios destinada á fronte soviética: a División Azul, que se integrou no exército alemán.
España non foi aceptada na ONU, ao tempo que se recomendaba aos países membros da organización que rompesen as relacións diplomáticas con España. Así comezaba o cerco internacional e a oposición no exilio abrigaba a esperanza de poder restablecer un réxime democrático. Nos anos seguintes España foi expulsada de numerosos organismos internacionais. Pero a situación cambia a partir de 1947 co inicio da guerra fría. As potencias occidentais buscaron o apoio de todos os países anticomunistas, iniciándose cambios que foron paseniñamente acabando co illamento, aínda que o réxime seguía a ser condenado pola maioría dos países democráticos.
O ano 1953 foi decisivo para o recoñecemento internacional do réxime de Franco grazas ao achegamento coa Santa Sé e o Pacto cos Estados Unidos que supuxo un triunfo para o réxime ante a opinión pública; a cambio dunha importante axuda económica, instálanse en España bases militares (Morón, Rota, Zaragoza e Torrejón). O prezo pagado por España foi alto xa que o territorio español, en caso de conflitividade na área, podía ser utilizado sen consultar co seu Goberno.
En 1955, España pedía a súa admisión na ONU e integrábase en organismos económicos coma o Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial.
Formulación económica
Período autárquico
Etapa que se caracteriza pola escaseza, a inflación e o estancamento da produción, cun importante desenvolvemento do mercado negro, que recibía popularmente o nome de estraperlo. Son anos de carestía a todos os niveis; como exemplos, as cartillas de racionamento para repartir e controlar os alimentos básicos e o emprego do gasóxeno como carburante substitutivo dos derivados do petróleo.
Nos anos cincuenta iníciase a recuperación económica. O Plan de Estabilización de 1959 pon en marcha unha política de estabilización, en conformidade coas directrices do Fondo Monetario Internacional. Os instrumentos para levar a cabo a planificación indicativa son os Plans de Desenvolvemento. O Primeiro plan -1963-67- crea os polos de promoción e desenvolvemento industrial; o Segundo 1968-71 pon a énfase na agricultura e o Terceiro -1972-75- que ve recortados os seus proxectos pola crise económica.
Século XXI
Notas
- ↑ "First west Europe tooth' found". BBC News. Arquivado dende o orixinal o 2018.
- ↑ "Spain – History – Pre-Roman Spain – Prehistory". britannica.com. Consultado o 2008.
- ↑ Chapman, Robert (1990). "Emerging complexity. Texte imprimé : the later prehistory of south-east Spain, Iberia and the west Mediterranean". Cambridge University Press. ISBN 0-521-23207-4. OCLC 495987647.
- ↑ "The invasion that wiped out every man from Spain 4,500 years ago". elpais.com. Consultado o 2020.
- ↑ 5,0 5,1 Rinehart, Robert (1998). "A Country Study: Spain – Hispania". Library of Congress Country Series.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Collins, Roger (2004). Visigothic Spain. Blackwell Publishing. pp. 409–711. ISBN 0-631-18185-7.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 O'Callaghan, Joseph F. (2013). A History of Medieval Spain. Cornell University Press. pp. 56, 152, 293. ISBN 978-0-8014-6872-8.
- ↑ "Spain – The Visigothic kingdom". britannica.com. Consultado o 2020.
- ↑ Pannenberg, Wolfhart (1991). Systematic Theology. p. 512. ISBN 978-0-8028-3708-0.
- ↑ Akhbār majmūʿa.
- ↑ 11,00 11,01 11,02 11,03 11,04 11,05 11,06 11,07 11,08 11,09 Marín-Guzmán, Roberto (1991). "Ethnic groups and social classes in Muslim Spain". Islamic Studies 30: 37–66. ISSN 0578-8072. JSTOR 20840024.
- ↑ Fernández-Morera, Darío (2016). The Myth of the Andalusian Paradise. Intercollegiate Studies Institute. p. 286. ISBN 978-1-5040-3469-2.
- ↑ Boyd, Carolyn P. (2002). "The Second Battle of Covadonga: The Politics of Commemoration in Modern Spain". History and Memory 14 (1–2): 37–64. JSTOR 10.2979/his.2002.14.1-2.37. doi:10.2979/his.2002.14.1-2.37.
A batalla non puido ser moito máis que unha pequena escaramuza entre unha pequena banda de guerreiros asturianos e un corpo expedicionario musulmán enviado para esmagar a súa resistencia.
- ↑ García-Guijarro Ramos, Luis (2016). "The Crusader World: Christian expansion in medieval Iberia: Reconquista or crusade?". Routledge: 166. ISBN 978-0-415-82494-1.
O nacionalismo tradicionalista español converteu unha escaramuza, a Batalla de Covadonga (718-722) e a figura de Paio, considerado primeiro rei de Asturias (718-737), en nome da vontade de recuperar a unidade visigoda e restablecer o cristianismo só uns poucos anos despois da derrota de Guadalete.
- ↑ Dacosta, Arsenio (1998). "¡Pelayo vive! un arquetipo político en el horizonte ideológico del reino astur-leonés". Espacio Tiempo y Forma. Serie III, Historia Medieval 10: 90–92. ISSN 0214-9745.
- ↑ Fletcher, Richard (2006). Moorish Spain. University of California Press. p. 53. ISBN 0-520-24840-6.
- ↑ 17,0 17,1 17,2 Haywood, John (2015). Northmen. Bloomsbury. ISBN 978-1781855225.
- ↑ Kendrick, Thomas D. (2018). A History of the Vikings. Routledge. ISBN 978-1136242397.
- ↑ Keary, Charles (2018). The Viking Age. Ozymandias Press. ISBN 978-1-5312-9114-3. OCLC 1189372710.
- ↑ 20,0 20,1 "Timelines – Vikings, Saracens, Magyars". zum.de. Consultado o 2024.
- ↑ Font, Gemma (1994). "Santa Coloma de Farners a l'Alta Edat Mitjana: La vila, l'ermita, el castell". Annals de l'Institut d'Estudis Gironins: 355–377. ISSN 2339-9937.
- ↑ Elter, I. (1981). "Remarks on Ibn Hayyan's report on the Magyar raids on Spain". Magyar Nyelv (77): 413–419.
- ↑ Sánchez Candeira, Alfonso (1999). Castilla y León en el siglo XI. Real Academia de la Historia. ISBN 9788489512412.
- ↑ "Ransoming Captives, Chapter One". libro.uca.edu.
- ↑ Lirola Delgado, Jorge (1993). El poder naval de Al-Ándalus en la época del califato omeya. Universidad de Granada. ISBN 978-84-338-1797-6.
- ↑ "The Almohads". myjewishlearning.com. Arquivado dende o orixinal o 2009. Consultado o 2009.
- ↑ Paz, Ramón Mariño (1999). Historia da lingua galega. Sotelo Blanco Edicións. pp. 182–194. ISBN 978-84-7824-333-4.
- ↑ 28,0 28,1 28,2 Hugh, Thomas (2003). Rivers of Gold. Random House. ISBN 978-0375502040.
- ↑ Kamen, Henry Arthur Francis (2004). Empire : how Spain became a world power, 1492–1763. HarperCollins. ISBN 0-06-019476-6. OCLC 760583486.
- ↑ Guillermo, Artemio (2012). Historical Dictionary of the Philippines. The Scarecrow Press Inc. p. 374. ISBN 978-0810875111.
Para levar a cabo a súa misión de conquista, os españois trataron individualmente con cada asentamento ou aldea e con cada provincia ou illa ata que todo o arquipélago filipino quedou baixo control imperial. Procuraron que o pobo permanecese dividido ou compartimentado e co mínimo de contacto ou comunicación. Os españois adoptaron a política de divide et impera (divide e vencerás).
- ↑ Hawkley, Ethan (2014). "Reviving the Reconquista in Southeast Asia: Moros and the Making of the Philippines, 1565–1662". Journal of World History (University of Hawai'i Press) 2–3 (25): 288. doi:10.1353/jwh.2014.0014.
O primeiro renacemento moderno da Reconquista en Filipinas tivo un profundo efecto nas illas, que aínda se está a sentir hoxe. Como se describiu anteriormente, a Reconquista española serviu para unificar os cristiáns contra un inimigo común moro, contribuíndo a reunir os pobos castelán, catalán, galego e vasco nunha única unidade política: España. Na época precolonial, as illas Filipinas eran unha parte dividida e non especificada do arquipélago malaio, un habitado por decenas de grupos etnolingüísticos, que residían en incontables aldeas independentes, espalladas por miles de illas. A finais do século XVII, porén, produciuse un cambio dramático no arquipélago. Unha comunidade multiétnica uniuse para formar os inicios coloniais dunha nación algún día: Filipinas. A poderosa influencia dos antagonismos cristiáns e moros na formación das primeiras Filipinas segue sendo evidente máis de catrocentos anos despois, xa que o goberno nacional filipino segue lidiando cos grupos separatistas mouros, mesmo en 2013.
- ↑ Carr, Raymond (2000). Spain: A History. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-280236-1.
- ↑ Lockhart, James (1983). Early Latin America : a history of colonial Spanish America and Brazil. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-29929-9. OCLC 1048770408.
- ↑ "Chapter 15 The Seventeenth-Century Decline". libro.uca.edu.
- ↑ Elliott, J. H. (2002). Imperial Spain 1469–1716. Penguin. ISBN 978-0141925578.
- ↑ Thomas, Hugh (2011). The Golden Age: The Spanish Empire of Charles V. Penguin UK. ISBN 978-0-241-96118-6.
- ↑ Fernández-Renau Atienza, Daniel; Howden, David (2016). "Three Centuries of Boom-Bust in Spain". Mises Institute.
- ↑ Elliott, J. H. (1989). The Count-Duke of Olivares: The Statesman in an Age of Decline. Yale University Press. p. 601. ISBN 978-0-300-04499-7.
- ↑ Friedrich, Carl J. (1962). "The age of the baroque : 1610–1660". Harper & Row: 222–225. OCLC 463189393.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Cronoloxía 1975 - 2000.