Homero: Diferenzas entre revisións
→Imaxe de Homero en Céncreas: texto traducido desde a wiki .es:Homero#Imagen de Homero en Céncreas |
→Notas: {{listaref|group="n."}} |
||
Liña 81: | Liña 81: | ||
== Notas == |
== Notas == |
||
{{listaref|group=n.}} |
|||
;Referencias |
|||
{{Listaref|02}} |
{{Listaref|02}} |
||
Revisión como estaba o 20 de novembro de 2023 ás 20:46
Modelo:Escritor Homero (en grego antigo Ὅμηρος Hómēros; c. século VIII a. C.), é o suposto autor das obras literarias máis antigas coñecidas en Europa, os poemas orais épicos a Ilíada e a Odisea. Considerado o pai da cultura grega, foi o primeiro gran poeta grego que consagrou o xénero, ademais consérvanse del a épica menor cómica Batrachomyomachia (literalmente:"A batalla das ras e dos ratos») e os corpus dos himnos homéricos.
É difícil establecer con certeza se Homero foi un individuo histórico ou unha identidade construída, e se é o autor das dúas célebres epopeas que son os alicerces da literatura occidental. Todo isto é o tratado na cuestión homérica. Malia isto, numerosas vilas xónicas (Quíos, Esmirna, Cime ou mesmo Colofón) dispútanse a orixe do aedo. Por outra banda, a tradición individualízao ó atribuírlle que era cego.
Etimoloxía
O nome Hómēros é unha variante xónica do eólico Homaros. O seu significado é refén, prenda ou garante. Hai unha teoría que sostén que o seu nome provén dunha sociedade de poetas chamados os Homēridai, que literalmente significa ‘fillos de reféns’, é dicir, descendentes de prisioneiros de guerra. Xa que estes homes non eran enviados á guerra ó dubidarse da súa lealdade no campo de batalla, non morrían nel. Polo tanto, confiábaselles a tarefa de recordar a poesía épica local, para lembralos sucesos pasados, nos tempos anteriores á aparición da literatura escrita.
Tamén se suxeriu que o que podería conter o nome Hómeros é un xogo de palabras derivado da expresión ho me horón, que significa o que non ve.
Traxectoria
Na figura de Homero conflúen realidade e lenda. A tradición sostiña que Homero era cego, e varios lugares reclamaban ser o seu lugar de nacemento: Quíos, Esmirna, Colofón, Atenas, Argos, Rodas, Salamina, Pilos, Cumas e Ítaca.
Datos biográficos recollidos pola tradición
O Himno homérico a Apolo delio menciona «que é un cego que reside en Quíos, a rochosa».[n. 1] O poeta lírico Semónides de Amorgos atribúe ó «home de Quíos» o seguinte verso da Ilíada.
«Por que me preguntas a miña liñaxe? Como a liñaxe das follas son»
Ese verso foi convertido en proverbio na época clásica.[1] Luciano de Samosata di que foi un babilonio enviado a Grecia como refén, (grego antigo ὅμηρος, homêros), e de aí o seu nome.[2]
Pausanias transmite unha tradición dos chipriotas, quen tamén reclamaban para si a Homero:
Din que Temisto, unha muller do lugar, era a súa nai, e que Euclo profetizou o nacemento de Homero nestes versos:
- E entón na costeira Chipre existirá un gran cantor,
- ó que dará a luz Temisto no campo,[3] divina entre as mulleres,
- un cantor moi ilustre lonxe da moi rica Salamina.[4]
- Deixando Chipre mollado e levado polas ondas,
- Cantando el só o primeiro as glorias da espazosa Hélade
- Será inmortal por sempre e non coñecerá a vellez
Pausanias, Descrición de Grecia x.24.3.
Porén, tamén se conserva o seguinte epigrama, atribuído ó poeta helenístico Alceo de Mesene, no que Homero protesta sobre a súa orixe salaminia, e nega que se erixise unha estatua súa nesta cidade e que o seu pai fose un tal Demágoras:
Nin aínda que o martelo xurdir coma Homero de ouro me fixese entre raios flamexantes de Zeus, son nin serei salaminio nin o fillo de Meles o será de Demágoras; así a Hélade o vexa! Con outro poeta probade; e os meus versos vós os Helenos, Musas e Quíos, cantádeos.[5]
Sobre o lugar onde morreu, existe unha tradición testemuñada dende o século V a.C. de que se produciu na illa de Ios.
Pausanias recolle esta tradición e fala sobre unha estatua de Homero que viu e un oráculo que leu no Templo de Apolo en Delfos:
Podes ver tamén [no pronao do Templo de Apolo de Delfos] unha estatua de bronce de Homero sobre unha estela e nela lerás o oráculo que din que tivo Homero:
- Ditoso e infortunado, pois naciches para cambiar cousas,
- Buscas unha patria. Tes unha terra natal, pero non unha patria.
- A illa de Ios é a patria da túa nai, que cando morras te recibirá. Pero vixía o enigma: dos novos rapaces.
Pausanias, op. cit.. x. 24.
Ademais sinala que:
E por último, o xeógrafo lidio revela que no lle agrada escribir sobre a época na que viviron Homero e Hesíodo:
Sobre a época de Hesíodo e de Homero indaguei coidadosamente e non me é agradable escribir sobre ela, porque coñezo o afán de censura doutros, sobre todo dos que no meu tempo se ocupan sobre a composición de poemas épicos.Pausanias, op. cit. ix.30.3.
Malia que xa na época da Grecia clásica non se coñecía nada concreto e certo sobre Homero, a partir do período helenístico comezaron a xurdir unha serie de biografías que recollían tradicións moi diversas e a miúdo datos de contido fabuloso. Nestes relatos mencionábase que antes de chamarse Homero chamárase Meles, Melesíxenes, Altes ou Meón, así como datos moi diversos e con numerosas variantes sobre os seus antergos.
Existe unha tradición na que se di que a Pitia deu unha resposta ó emperador Hadriano sobre a procedencia de Homero e os seus antergos:
Investigación moderna
Considérase que a maior parte das biografías de Homero que circularon na antigüidade no conteñen ningún dato seguro sobre o poeta. Porén, adoita admitirse que o seu lugar de procedencia debeu ser a zona colonial xónica de Asia Menor, baseándose nos trazos lingüísticos das súas obras e na forte tradición que o fai proceder da zona.[8] O investigador Joachim Latacz sostén que Homero pertencía ou estaba en permanente contacto coa contorna da nobreza.[9] Tamén persiste o debate sobre se Homero foi unha persoa real ou ben o nome dado a un ou máis poetas orais que cantaban obras épicas tradicionais.
Obras que lle foron atribuídas
Ademais da Ilíada e a Odisea, a Homero atribuíronselle outros poemas, como a épica menor cómica Batracomiomaquia (A guerra das ras e os ratos), o corpus dos himnos homéricos e varias outras obras perdidas ou fragmentarias tales como Marxites. Algúns autores antigos atribuíanlle o ciclo épico completo, que comprende máis poemas sobre a guerra de Troia así como epopeas que narraban a vida de Edipo e guerras entre argivos e tebanos.
Os historiadores modernos, con todo, adoitan estar de acordo en que a Batracomiomaquia, o Marxites, os himnos homéricos e os poemas cíclicos son posteriores á Ilíada e á Odisea.
Imaxe de Homero en Céncreas
Unha pintura do poeta grego Homero sobre un panel do templo de Isis en Céncreas, antigo porto de Corinto,[10] onde o seu rostro reflicte certa severidade, suxeriu que as imaxes bizantinas de Cristo puideron ser ideadas a partir de dita figura, en especial pola similitude da fisonomía facial e tamén en canto á postura do corpo que se representa nas mesmas.[11]
Notas
- ↑ « En grego antigo: «τυφλὸς ἀνήρ, οἰκεῖ δὲ Χίῳ ἔνι παιπαλοέσσῃ», verso 172. O himno está datado entre mediados do século -VII e comezos do -VI
- Referencias
- ↑ IliadaVI, 146; citado por Simónides, Kirk, p. 2.
- ↑ Luciano de Samósata, Historia verdadeira ou Sobre a morte de Peregrino II, 20.
- ↑ Clímene e Temisto son exemplos da utilización de nomes de mulleres en tempos míticos e históricos.
- ↑ Sobreenténdese que fai referencia á cidade de Salamina de Chipre.
- ↑ Alceo de Mesene, Epigrama 555, recollido en Antoloxía Palatina
- ↑ É presumible que devandita estatua é a que reproduciu no relevo da Apoteose de Homero, obra do escultor Arquelao de Priene. Cf.Hitzig-Blümner, III.2, pág. 749.
- ↑ Certame de Homero e Hesíodo, 37, segundo a tradución de Aurelio Pérez Jiménez e Alfonso Martínez Díez. Madrid: Gredos, 2000. ISBN 84-249-2462-2.
- ↑ Joachim Latacz. Troya e Homero, página 212.
- ↑ Michael Siebler. A guerra de Troia. Mito e realidade, páxina 97.
- ↑ Pausanias. II. p. 2.3.
- ↑ Levi, Peter (1993). "Renacimientos postclásicos". En Julian Viñuales. Grecia cuna de occidente Vol. II (en español). Folio. p. 207. ISBN 8475833594.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Homero |
A Galicitas posúe citas sobre: Homero |
Outros artigos
Bibliografía
- Alsina, José (1991). Teoría literaria griega. Madrid:Gredos. ISBN 84-249-1457-0.
- Carlier, Pierre (2005). Homero. Madrid: Ediciones Akal S.A. ISBN 978-84-460-2151-3.
- Crespo, Emilio (1982). Ilíada. Madrid:Gredos. ISBN 84-249-1446-5.
- Dalby, Andrew (2008). La reinvención de Homero. Madrid: Gredos. ISBN 978-84-249-3574-0.
- García Gual, Carlos (2004). La Odisea. Madrid: Alianza Editorial. ISBN 84-206-7750-7.
- Latacz, Joachim (2003). Troya y Homero. Barcelona: Ediciones Destino.
- Pomeroy, Sarah B. & Stanley M. Burstein, Walter Donlan y Jennifer Tolbert Roberts (2001). La Antigua Grecia. Barcelona: Crítica. ISBN 84-8432-302-1.
- Rodríguez Adrados, Francisco & Fernández-Galiano, Manuel & Gil, Luis & Lasso de la Vega, J. S. (1984). Introducción a Homero. Madrid: Labor Editorial.
- Ruipérez Sánchez (1965). Nueva Antología de la "Ilíada" y la "Odisea". Madrid: CSIC (reeditado en Ediciones Clásicas).
- Signes Codoñer, Juan (2004). Escritura y literatura en la Grecia arcaica. Madrid: Ediciones Akal. ISBN 84-460-1748-2.
- Wernher, Gretel & Páramo, Jorge (1995). Micenas y Homero (A propósito de Ilíada XV 187-193). Santafé de Bogotá: Instituto Caro y Cuervo.