Saltar ao contido

Zipaquirá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaZipaquirá
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 5°01′29″N 74°00′05″O / 5.0247, -74.0014
EstadoColombia
DepartamentosCundinamarca Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación196.409 (2017) Editar o valor en Wikidata (1.012,42 hab./km²)
Xeografía
Superficie194 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude2.652 m Editar o valor en Wikidata
Creación18 de xullo de 1600 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Páxina webzipaquira-cundinamarca.gov.co… Editar o valor en Wikidata

Zipaquirá é un concello de Colombia que se atopa no departamento de Cundinamarca, na provincia de Sabana Centro, da que é a capital e sede da súa diocese. Atópase a 42 quilómetros de Bogotá. Cunha poboación de 126.409 habitantes, é o segundo meirande concello da provincia. É un dos centros de explotación de sal máis importantes en Colombia, razón pola cal tamén é coñecida como a "Cidade do Sal".

Zipaquirá é recoñecida a nivel internacional pola súa Catedral de Sal, a cal recibiu o recoñecemento como “Primeira marabilla de Colombia” o 4 de febreiro do 2007, ademais do seu centro urbano, o cal foi declarado patrimonio histórico e cultural de Colombia.

De fundación prehispánica, os seus poboadores asentábanse no sector hoxe coñecido como "Pueblo viejo" a case 200 metros da súa actual localización. Foi erixida como vila o 18 de xullo de 1600 por auto de poboamento proferido polo oidor español Luis Henríquez. Foi sucesivamente capital da Provincia de Cundinamarca (1851), da Provincia de Zipaquirá (1852-1855), do Estado Soberano de Cundinamarca (1861-1864), do Departamento de Quesada (1905-1908) e do Departamento de Zipaquirá (1908-1910).

Toponimia

[editar | editar a fonte]

Do topónimo «Zipaquirá» hai tres posibles orixes en lingua muisca; a primeira, é extraído do pobo indíxena que habitou ao pé do Cerro do Zipa - Chicaquicha, que traduce «ó pé do cume» ou simplemente «pé de cume»".[1] O segundo, segundo outras fontes, significa «Cidade do noso pai», e o último remóntase a unha historia sobre unha unión entre o Zipa e unha muller chamada Quira. Até o Século XIX, a ortografía máis usada era a que comezaba con «C» (Cipaquirá).

Petróglifo atopado en val do Abra.

Período pre-muisca

[editar | editar a fonte]

No val do Abra, nos límites entre Zipaquirá e Tocancipá, atopáronse uns dos restos humanos máis antigos de Colombia. A secuencia estratificada de instrumentos líticos alí presente con ósos de animais e fragmentos de carbón vexetal foron datados mediante C14 en 12.400 anos ± 160 AP.

As primeiras investigacións no sitio tiveron lugar en 1967, cando se obtivo por primeira vez en Colombia unha secuencia estratificada de instrumentos líticos, asociados con ósos de animais e fragmentos de carbón vexetal datados mediante C14 en 12.400 anos ± 160 AP.

A partir de 1969 realizáronse escavacións máis amplas coa colaboración da Universidade de Indiana e en 1970 co patrocinio da Fundación Neerlandesa de Estudos Tropicais (Wotro) e o apoio do Instituto Colombiano de Antropoloxía. Foron localizados na rexión outro catro sitios precerámicos estratificados. Sedimentos lacustres depositados permitiron precisas reconstrucións do clima e a vexetación baseados en estudos palinolóxicos.

Hai 15.000 a 12.500 anos, un período coñecido como estadial Fúquene, o clima era frío e seco e a vexetación era de páramo. Cortadores de pedra e refugallos de talla testemuñan a presenza humana, nunha unidade estratigráfica para a que se estiman 13.000 anos a.C.

Período muisca

[editar | editar a fonte]
O Zipa Nemequene, quen derrotou a rebelión do Cacique de Zipaquirá.

O poboado indíxena situábanse na parte alta da mina chamada "Pueblo Viejo", a uns 200 metros por enriba do sitio que hoxe ocupa a cidade, onde á chegada dos españois «alzábanse un centenar de vivendas, cunha poboación de 1.200 persoas».

Estas terras pertencían ós dominios do Zipa de Bacatá, supremo gobernante do Zipazgo (rexión ó sur da Confederación Muisca). Esta zona da sabana de Bogotá era asucada naquela época por unha sucesión de pequenos lagos e arroios, que permitían o transporte dos seus habitantes en canoas, medio polo cal os habitantes de Nemocón, Gachancipá e Tocancipá chegaban a Chicaquicha para abastecerse do prezado sal, que intercambiaban por vasillas e tecidos. O sal era tamén intercambiado con pobos de toda a rexión andina de Colombia, incluíndo os panches, tolimas, pantágoras e muzos.

En tempos do Zipa Nemequene, o Cacique de Zipaquirá, alentado polos de Guatavita e Ubaté, decidiu aproveitar as difíciles condicións do comezo do reinado do Zipa para declararlle a guerra. Entre tanto Nemequene, decatado da rebelión, decidiu adiantarse ó seu inimigo e saírlle ó encontro, ó mando de dezaseis mil güechas (guerreiros muiscas). Os dous exércitos atopáronse entre Chía e Cajicá, onde as tropas de Bacatá venceron ás de Zipaquirá. De inmediato Nemequene regresou a Funza, capital do Zipazgo, onde entrou ó tempo co seu sobriño Tisquesusa, quen volvía triunfante logo de vencer e sometido ós sutagaos en Fusagasugá.

  1. Gómez Aldana D. F. Diccionario muisca-español. 2012. Chicaquicha

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]