Saltar ao contido

Pulí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPulí

Localización
Mapa
 4°40′55″N 74°42′53″O / 4.6819, -74.7147
EstadoColombia
DepartamentosCundinamarca Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Altitude1.287 m Editar o valor en Wikidata

Páxina webpuli-cundinamarca.gov.co… Editar o valor en Wikidata

Pulí é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na provincia de Magdalena Centro, a 143 km de Bogotá.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O sitio onde hoxe se atopa a cabeceira municipal orixinalmente era chamado polos indíxenas Chaquitulo, o cal traducía «Loma seca cultivada de pasto pequeno». O actual topónimo de Pulí posiblemente provén da lingua panche, pois así chamaban ó cerro máis alto da rexión, o cal é hoxe coñecido como Cerro do Tabor.

Os primeiros habitantes do que hoxe é o actual concello de Pulí, segundo algunhas referencias, pertencían ó grupo dos lucenas, da nación indíxena panche, que á súa vez pertencían á familia caribe.

En 1795 Puín pasou a pertencer ó concello de La Mesa; en 1798 solicitouse a fundación da parroquia para comodidade dos veciños, sendo aprobado o auto de creación da nova Parroquia de Pulí, o 12 de xullo de 1800, polo vicerrei Pedro Mendinueta y Múzquiz.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]