Refraneiro galego sobre o cabalo
Aparencia
- Artigo principal: O cabalo na cultura popular galega.
- A besta amatada, de lonxe ve vir a albarda [1].
- Á besta axionllada ponlle máis carga [1].
- Á besta boa, dálle vara i espora [1].
- Á besta cargada, a cincha mátaa [1].
- Á besta comedora, pedras na cebada [1].
- A besta e a muller, que a preste quen quixer [1].
- Á besta golosa, taleiga de area [1].
- A besta leva ben a carga, mais non a sobrecarga [1].
- A besta mala, espora e vara [1].
- A besta non pregunta quen a monta [1].
- A besta pola carga, e o home pola palabra [1].
- A besta preñada cargala ata que para; e dispois de parida, cargala cada día [1].
- A cabaleiro novo, cabalo vello [2].
- A cabaleiro vello, cabalo novo [2].
- A cabalo alleo, espora propia [3].
- A cabalo cansado, mudarlle o prado [3].
- A cabalo comedor, ronzal curto [3].
- A cabalo dado non lle míres o dente [4][5].
- A cabalo grande, esporas grandes [3].
- A cabalo morto, cebada ó rabo [3].
- A cabalo novo, cabaleiro vello [3].
- A cabalo regalado non lle miran o dente.
- A cabalo regalado non se lle mira o dente.
- A cabalo vello, pouca ferraia e moita cebada [3].
- A cabalo vello, pouco verde [3].
- A home parlanchín e faco relinchón, pouca cebada e moito albardón [6].
- A ida de Paio Gomes, fora a cabalo e veu nas alforxas.
- A mala besta no bo camiño entropeza [1].
- A millor besta dá coa carga no chan [1].
- A millor besta, quer aguillón, e a millor muller, quer varón [1].
- A moza, pra festa; e pra casa, a besta [7].
- Á muller, á cabala e á mula, pola boca lle entra a fermosura.
- A muller e a besta a ninguién se empresta [8].
- A muller e a besta que a empreste quen queira [8].
- A viña i o poldro que os críen outros [9].
- A vista do amo engorda o cabalo.
- Abril chove prás xentes, e maio prás bestas [10].
- Agora que ten poldro parece outro [11].
- Amigo de verba, cabalo de herba e casa de terra, todo é merda.
- Arrédate dos pés da besta, así da grande como da pequena [1].
- Azadós moi relocentes, escaleiras dos xuzgados, auntamentos con musgo, o panadeiro a cabalo, o médico de pé: o universo ben gobernado.
- Ben sabe a besta a quen leva, i o demo a quen atenta [1].
- Besta alegre, deitada apasta [1].
- Besta de arrieiro vai sempre en recua e nunca sabe o que leva [1].
- Besta de herba, besta de merda [1].
- Besta de herba, besta de perda [1].
- Besta de Liñares, mora de Mellide, e troita de Furelos, arrenegar de todas as tres como de todos os demos [12].
- Besta do demo: ¿vas baleira e déitaste? [13].
- Besta grande, ande ou non ande [1].
- Besta mular, ou comer ou andar.
- Besta na corte, non gana e come [1].
- Besta parada non fai xornada [1][14].
- Besta que anda por calquera chan, pra min a quero, non pra meu irmán [1].
- Besta que anda por mal camiño, quéroa pra min e non pro meu veciño [1].
- Besta que non poidas manter débela vender [1].
- Besta que pouco anda, nunca falta quen a tanga [1].
- Besta que xeme, á carga non teme [1][15].
- Besta sen cebada, nunca fixo boa cabalgada [1].
- Besta vella botala ós toxos [1].
- Besta vella non admite ensiño [16].
- Besta vella non entra en paso [1].
- Bestas en pelo, hainas en Monterroso [1].
- Boi corvo, burro combo e cabalo fondo.
- Boi frontudo e cabalo cascudo.
- Buscas un bo cabalo pra túa égoa, e dás a túa filla ó primeiro que chega [3].
- Cabaleiro, en bo cabalo; en ruín, nin bo nin malo [2].
- Cabalo á carreira, sepultura aberta [3].
- Cabalo alazán non o teñas contigo en San Xoán [3].
- Cabalo alleo non come nin se cansa; e se se cansa moito, alá o seu dono [3].
- Cabalo corredor, home rifador, vaso de vidro e tinalla de viño, sempre están en perigo [3].
- Cabalo de andadura, pouco dura [3].
- Cabalo de bamba, que non come, nin bebe nin anda [3].
- Cabalo farto, non ten fame [3].
- Cabalo grande, ande ou non ande [3].
- Cabalo que ha de ir á guerra, nin o come o lobo, nin o malpare a égoa [3].
- Cabalo que voa non precisa espora [3].
- Cabalo, galgo e fidalgo, bos, pero non medianos [3].
- Can, de can vello; e poldro, de cabalo novo [17].
- Casa de terra, cabalo de herba e amigo de pousada, non valen nada.
- Casa, viño e poldro, fáganos outro.
- Cebada do día non fai andar a cabalaría [18].
- Cebada do día non fai andar moito á cabalaría.
- Cebada e regalo fan o bo cabalo [18].
- Come máis pan un día de sol de febreiro, que os cabalos de todo o reino [19].
- Come máis un día de sol en febreiro que cantos cabalos ten o reino.
- Como come a besta, dío a besta [1].
- Couces de égoas non matan poldros.
- Da besta, a mular, e do home, o de pouco falar.
- De home maricas e de muller cabalón, libértanos Señor.
- De pai bodegeiro, fillo cabaleiro e neto limosneiro.
- Deus nos deixe andar a cabalo de quen o entende [3].
- Deus nos deixe andar dacabalo de quen non entende.
- Dou ó demo a besta que non gana a cebada [1].
- Dou ó demo o poldro que en vendo égoas non relincha [11].
- Dous cabalos rifadores non poden xuntos comer [3].
- Dous poldros a un can, ben o morderán [11].
- Dúas cousas quere o cabalo: paso de andadura e pescozo de galo.
- En Deza, nin boa besta nin boa peza [1].
- En Lugo, nin boa besta nin bo burro [1].
- En maio calquera besta é cabalo [20].
- En maio, o barrufeiro faise cabalo [21].
- Enxame de maio vale un bo cabalo [22].
- Hai cabalos tolos, e burros cordos [3].
- Home reñedor, cabalo corredor e pelexo de bon viño nunca fan moito camiño [23].
- Home rifador, cabalo corredor, xerro de bo viño e besta de andadura, nunca moito duran [6].
- Home viúvo, cabalo picado.
- Horta e torta, moza, poldra e muller que mira mal, quérense saber tratar.
- Hoxe, cabaleiro, e onte porqueiro [2].
- Ir e non vir, como os poldros á feira [24].
- Ir por besta e volver por burro é un viaxe papudo [1].
- Levou o demo a besta e mais quen a tangue [25].
- Mais val a besta que carrexa, que a besta que espoldrexa [1].
- Naide turra do rabo do poldro coma seu dono [11][26].
- Negra é a pementa e cómena os fidalgos, branca é a neve e trípana os cabalos [27].
- Nin besta de soilo herba, nin home de moita verba [1].
- Ninguén turra do rabo do poldro coma o seu dono.
- No maio, o barrufeiro vólvese cabalo [20].
- No mes de maio, nin égoa nin cabalo [20].
- No pisar conócese ó cabalo, e o cabaleiro no gobernalo [3].
- No seu esterco, o cabalo engorda cando ben repousa [3].
- Non amanses poldros nin chúfe-la muller doutro.
- Non amanses poldros se queres ter ben os ósos.
- Non cabalgues en poldro nin a túa muller gabes a outro.
- Non hai besta sin freo nin espora [3].
- Non hai millor cabaleiro que don diñeiro [2].
- Non pesques con anzó de ouro nin montes poldro novo nin a túa muller gabes a outro.
- Non podo dar na besta e mallo na albarda [1].
- Non prantes árbores nin amanses poldros, nin chúfe-la muller doutro.
- Non prantes árbores nin amanses poldros, nin chúfe-la muller pouco nin moito.
- Nunca amanses poldros nin chufes á muller doutro.
- Ó amigo e ó cabalo non hai que cansalo.
- Ó amigo e ó cabalo non o leves ó teu cabo.
- O barrufeiro non lle acai ben ó bo cabaleiro [28].
- O barrufeiro, no maio vólvese cabalo [28].
- O bo cabaleiro non se axeita nun barrufeiro [2].
- O cabalo do mesquiño, farto de auga, mal mantido e ben corrido [3].
- O cabalo e a muller, a ninguén se han de ofrecer [3].
- O cabalo fai a égoa [3].
- O cabalo farto non é comedor [3].
- Ó cabalo regalado non se lle mira o dente.
- Ó cabalo regalado, cólleo cos ollos pechados.
- O cabalo, no seu esterco engorda, cando ben come e repousa.
- O cabalo, pando, i o boi, corvado [3].
- O cabalo regalado, cólleo cos ollos pechados [3].
- Ó home e ó cabalo non hai que apuralo.
- O millor penso do cabalo está no ollo do amo [3].
- O millor cabalo dá un tropezón [3].
- O ollo do amo engorda o cabalo [3][29]
- Ó poldro i ó mozo, albardón novo e apretado o bozo [11].
- O poldro, antes teu que doutro [30].
- O poldro, primeiro doutro [30].
- O que ameaza ó cabalo, ás veces faino malo [3].
- O que dí mal da égoa, ese é quen a merca.
- O que fala mal da egua, é o que a leva.
- O que non monte a cabalo, nunca se cae do cabalo.
- O que soilo come o seu galo, só aparella o seu cabalo [31].
- O que ten besta e anda a pé ben burro é [1].
- O que ten besta e anda a pé máis besta é [1].
- O que ten besta e anda a pé, máis besta el é [32].
- O que ten besta soña coa albarda [1].
- O que ten bo cabalo, ten que saber montalo [3].
- O rocín de maio vólvese cabalo.
- Odre de bo viño, cabalo saltador e home rifador, nunca duran moito co seu señor.
- Onde égoas pacen, poldros nacen.
- Onde hai eguas, nacen poldros.
- Onde hai un crego enriba de albarda, sempre hai hora millorada [33].
- Onde poldros nacen, égoas pacen [11].
- Os couces das égoas non fan dano ós poldros.
- Os poldros caíndo i os mozos brincando, van asisando [11].
- Pacen os poldros o mesmo us que outros [11].
- Para quen é o cabalo, chega ben a ferradura.
- Poldro, de poldrela, becerro, de vaca vella [11].
- Poltro, de poltrela, e boi, de vaca vella [34].
- Polo Santiago non hai mal cabalo [35].
- Por un cravo pérdese un cabalo, por un cabalo, un cabaleiro, e por un cabaleiro, un reino.
- Quen non monta a cabalo, nunca se cai do cabalo [3].
- Quen quer besta sin chata, a pé anda [1].
- Quen rico ser queira, estas cousas ha de ter: ovella e abella e a pedra que terbella, egua parideira e muller goberneira.
- Quen rico ser queira, que teña egua parideira e muller goberneira.
- Renego da besta que no inverno quer sesta
- Se os cabalos corren pra Viana, culle os bois e vai á arada; se corren pra Quiroga, culle os naipes e xoga [36].
- Se queres saber o que valen os poldros, vende os teus e merca os de outros [11].
- Se queres ter un bo poldro, que cho amanse outro.
- Se queres un bo poldro, que cho amanse outro [11].
- Seis galiñas e un galo comen a ración dun cabalo.
- Sete pitas e un galo comen a cebada dun cabalo [37].
- Siñal é de boa besta a boa pata e a boa orella [1].
- Sogra, cabalo e león, son malos de corazón.
- Unha besta non fai feira [1].
- Unha besta non quer outra [1].
- Xanes e bestas hainos en tódalas aldeas.
- Zapato burgués, besta de andadura e amigo cruñés,/ pouco duran todos tres [4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 1,31 1,32 1,33 1,34 1,35 1,36 1,37 1,38 1,39 1,40 1,41 1,42 1,43 1,44 1,45 1,46 1,47 Eladio Rodríguez González, s. v. besta.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Eladio Rodríguez González, s. v. cabaleiro.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 3,13 3,14 3,15 3,16 3,17 3,18 3,19 3,20 3,21 3,22 3,23 3,24 3,25 3,26 3,27 3,28 3,29 3,30 3,31 3,32 3,33 3,34 3,35 3,36 3,37 Eladio Rodríguez González, s. v. cabalo.
- ↑ 4,0 4,1 Real Academia Galega 1913.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. cabalo. No orixinal: mírelo.
- ↑ 6,0 6,1 Eladio Rodríguez González, s. v. home.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. moza.
- ↑ 8,0 8,1 Eladio Rodríguez González, s. v. muller.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. viña.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. abril.
- ↑ 11,00 11,01 11,02 11,03 11,04 11,05 11,06 11,07 11,08 11,09 11,10 Eladio Rodríguez González, s. v. poldro.
- ↑ J. Leite de Vasconcellos (1845).
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. besta. No orixinal: valeira.
- ↑ Marcial Valladares Núñez. No orixinal: jornada.
- ↑ Marcial Valladares Núñez. No orixinal: Besta que gème à carga non teme.
- ↑ Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: ademite.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. can.
- ↑ 18,0 18,1 Eladio Rodríguez González, s. v. cebada.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. febreiro.
- ↑ 20,0 20,1 20,2 Eladio Rodríguez González, s. v. maio.
- ↑ Barrufeiro é un cabalo ruín. Eladio Rodríguez González, s. v. maio.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. enxame.
- ↑ Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. ir.
- ↑ Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: Lebou o demo a besta a mays quen a tangue.
- ↑ Marcial Valladares Núñez: Nuevo suplemento al Diccionario.... No orixinal: d'o rabo d'o poltro.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. negro.
- ↑ 28,0 28,1 Eladio Rodríguez González, s. v. barrufeiro.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. ollo.
- ↑ 30,0 30,1 Eladio Rodríguez González, s. v. poldro. No orixinal: de outro.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. galo.
- ↑ Marcial Valladares Núñez. No orixinal: tèn, á pè, mais, è.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. crego.
- ↑ Aníbal Otero Álvarez: Hipótesis.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. Santiago.
- ↑ Aquí os cabalos son metáfora por nubes.
- ↑ Elixio Rivas Quintas (2001).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- s/n (1943). "Refraneiro" (PDF). Saudade (3): 24–25.
- OTERO ÁLVAREZ, Aníbal: "Hipótesis etimológicas referentes al gallego-portugés", en Cuadernos de Estudios Gallegos.
- PEREDA ÁLVAREZ, José María: "Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega", en Douro Litoral 1953, 5ª série, VII-VIII, pp. 19-52.
- Real Academia Galega (1913-1928). Diccionario gallego-castellano.
- Elixio Rivas Quintas: Frampas III, contribución al diccionario gallego, 2001, no Dicionario de Dicionarios.
- Rodríguez González, Eladio (1958-1961). Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Vigo: Galaxia.
- SOBREIRA, Juan: Papeletas de un diccionario gallego (1792-1797), ed. de J. L. Pensado Tomé, Instituto de Estudios Orensanos, Ourense 1979.
- VALLADARES NÚÑEZ, Marcial: Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar 1884.
- Marcial Valladares Núñez: "Nuevo suplemento al Diccionario gallego-castellano publicado en 1884 por D. M. Valladares Núñez", ed. de Mª Carme García Ares en Cadernos de Lingua, Real Academia Galega 2000.