Museo Numismático de Aruba
Museo Numismático de Aruba | |
---|---|
País | Aruba |
Cidade | Oranjestad |
Tipo | Museo numismático |
Inauguración | 1981 |
Na rede | |
Web informativa | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O Museo Numismático de Aruba (papiamento: Museo Numismatico Aruba) foi un museo numismático establecido na cidade de Oranjestad en Aruba.
Historia
[editar | editar a fonte]O museo inaugurouse o 13 de novembro de 1981, e foi fundado por J. Mario Odor, que foi tamén o seu director. Os fondos do museo estaban constituídos pola colección numismática privada de Odor, composta por máis de 35.000 pezas (moedas, papel moeda e selos) non só de Aruba senón de arredor de 400 territorios emisores.[1][2]
O museo era un dos máis completos do Caribe no seu xénero, e amosaba unha visión ampla da moeda do Imperio Romano e da Grecia antiga, da moeda bizantina das emisións das dinatías chinesas, da India e do antigo Exipto, entre outras, así como cuñaxes máis recentes, desde a Idade Media ao mundo contemporáneo.[1]
En 1999, o museo xa non existía e a súa sede estaba pechada.[3] O seu fundador finou en 2001.[1]
Sede
[editar | editar a fonte]O Museo Numismático de Aruba tivo a súa sede na coñecida como Casa Amarela (papiamento: Casita Geel), erixida en 1908 sobre unha construción anterior de 1860. Tamén albergou outras institucións, como o Banco de Aruba.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "The Numismatic Museum of Aruba". Visit Aruba (VisitAruba.com).
- ↑ Alofs, L. (2008). Páxina 62.
- ↑ 3,0 3,1 "A new destination for the yellow house". Monuments Fund Aruba (Monumentenfondsaruba.com).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alofs, L. (2008). The Aruba Heritage Report. Aruba National Commission for Unesco.