Saltar ao contido

Museo Monetario do Banco da Reserva da India

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museo Monetario do
Banco da Reserva da India
Reserve Bank of India Monetary Museum
भारतीय रिजर्व बैंक मौद्रिक संग्रहालय
PaísIndia
Na rede
https://rbi.org.in/Scripts/ic_museum.aspx
editar datos en Wikidata ]

O Museo Monetario do Banco da Reserva da India (en inglés: Reserve Bank of India Monetary Museum; en hindi: भारतीय रिजर्व बैंक मौद्रिक संग्रहालय) é un museo situado en Fort, o distrito financeiro de Bombai, especializado na historia do diñeiro e da moeda na India.[1][2]

O Museo Monetario do RBI fundouse en 2004 como parte do programa educativo do banco central e entidade emisora do país, o Banco de Reserva da India, e foi inaugurado por A. P. J. Abdul Kalam, daquela presidente da India. Trátase do único museo do país centrado na numismática e na historia económica.[3][4]

A colección

[editar | editar a fonte]

Os fondos do museo abranguen mostras da evolución dos medios de pagamento na India, desde o antigo sistema do troco ata as actuais transaccións electrónicas.[5][1]

A colección preséntase dividida en seis seccións e componse de arredor de 1.500 obxectos, entre os que destacan moedas datadas no século VI a. de C. e do Val do Indo, moedas do Imperio Cuxano, exemplares do Imperio Gupta e do período do Raj Británico, así como papel moeda de diversos lugares da India, da China e do Sueste Asiático, instrumentos financeiros e outros obxectos afíns.[1][5][6]

Na súa primeira sección, denominada "Ideas, conceptos e curiosidades", amósase un orixinal conxunto de 49 moedas de formas e tamaños moi diversos utilizadas entre os séculos IV e XX en diversos lugares do mundo, como é o caso das barras dobradas indias, as moedas-coitelo da China, as moedas-pulseira de África Occidental ou as moedas-bala de Tailandia.[1][3]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Museum". Reserve Bank of India.
  2. "RBI Monetary Museum Arquivado 02 de xullo de 2020 en Wayback Machine.". Museums of India.
  3. 3,0 3,1 Alok, R. (2016). "Tourist spot: Wealth of history at museum of money". En The Indian Express. 7 de novembro.
  4. "President of India inaugurates RBI Monetary Museum". Reserve Bank of India. 18 de novembro de 2004.
  5. 5,0 5,1 Vernekar, S. (2018). "Paper bills, coins, and money through the ages". En The Hindu. 2 de maio.
  6. "Mumbay for kids: why the 14-year-old RBI Monetary Museum is worth a visit". En Mid-day.com. 3 de febreiro de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]