Modesto López Novoa
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 21 de xaneiro de 1965 (59 anos) Ourense, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1986 - 1999 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Modesto López Novoa, coñecido como Modesto I, nado en Ourense o 21 de xaneiro de 1965, é un exfutbolista galego. Xogaba de defensa central.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iniciouse no CD Ourense na tempada 1983–84 en Segunda B, permanecendo até a tempada 1985–86.
Na tempada 1986–87 fichou polo Deportivo da Coruña, co que debutou en Segunda División. No club branquiazul estivo até a tempada 1990–91, co ascenso do club coruñés á Primeira División, sen xogar ningún partido na súa última campaña.
Na tempada 1991–92 fichou polo SD Compostela, sendo titular indiscutible, e logrando o ascenso á Primeira División na tempada 1993–94. Debutou na máxima categoría o 23 de outubro de 1994, nun partido fronte ao Real Madrid no estadio Santiago Bernabéu que rematou con empate (1–1).
Na tempada 1995–96 foi contratado polo CD Ourense, ascendendo á Segunda División nesa campaña. Co club ourensán descendeu á Segunda División B na tempada 1998–99. Logo de xogar varias campañas en terceira división e preferente, retirouse aos 38 anos co equipo de Nogueira de Ramuín. Despois traballou na escola deportiva do Concello de Celanova[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Silvia Castiñeiras (1 de xuño de 2019). "Modesto López: se retiró con 38 años en Nogueira de Ramuín". El Correo Gallego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 24 de abril de 2020.