Michael Haneke
(2009) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de marzo de 1942 (82 anos) Múnic (Alemaña) |
Educación | Universidade de Viena |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, crítico de cinema, director teatral, actor de cinema, profesor universitario, guionista, escritor, realizador |
Período de actividade | 1974 - |
Empregador | Universidade de Música e Arte Dramática de Viena |
Membro de | |
Alumnos | Jessica Lind (mul) |
Pseudónimo literario | Richard Binder |
Familia | |
Pais | Fritz Haneke e Beatrix von Degenschild |
Parentes | Franz-Josef Binder, tío |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Michael Haneke, nado o 23 de marzo de 1942 en Múnic, Alemaña é un director e guionista de nacionalidade austríaca coñecido polo seu estilo cinematográfico sombrío e perturbador. Os seus filmes acostuman documentar os problemas e os fracasos na sociedade moderna.
É un dos únicos oito directores que gañaron en dúas ocasións a Palma de Ouro do Festival de Cannes: en 2009 co filme Das weiße Band e en 2012 con Amour. Gañou tamén o Premio do Festival de Cannes ao mellor director co filme Caché. É ademais o director máis veces premiado como mellor director nos Premios do Cinema Europeo (tres veces), certame no que os seus filmes gañaron tamén tres veces o Premio ó mello filme. O seu filme Amour levou tamén o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, o Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa e o Goya á mellor película europea.
En 2013 foi galardoado co Premio Princesa de Asturias das Artes.[1]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Cine
[editar | editar a fonte]- Der siebente Kontinent (1989)
- Benny's Video (1992)
- 71 Fragmente einer Chronologie des Zufalls (1994)
- Funny Games (1997)
- Code inconnu (2000)
- La pianiste (2001)
- Le temps du loup (2003)
- Caché (2005)
- Funny Games (2008) Remake estadounidense
- Das weiße Band (2009)
- Amour (2012)
- Happy End (2017)
Telefilmes
[editar | editar a fonte]- ...Und was Kommt Danach? (1974)
- Drei Wege zum See (1976)
- Sperrmüll (1976)
- Lemminge, Teil 1: Arkadien (1979)
- Lemminge, Teil 2: Verletzungen (1979)
- Variation (1983)
- Wer war Edgar Allan? (1984)
- Fräulein (1985)
- Nachruf für einen Mörder (1991)
- Die Rebellion (1992)
- Das Schloß (1997)
Curtametraxes
[editar | editar a fonte]- Lumière and Company' (1995) (segmento "Michael Haneke/Vienne")
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- No 2009, o seu filme Das weiße Band gañou a Palma de Ouro no Festival de Cannes e o Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa.
- No 2012, o seu filme Amour gañou a Palma de Ouro no Festival de Cannes, o Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa, o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa e o Premio Goya á mellor película europea entre outros.
- No 2013 foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias das Artes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Michael Haneke, premio Príncipe de Asturias de las Artes 2013". La Vanguardia (en castelán). 9 de maio de 2013. Consultado o 8 de novembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)