Manuel Álvarez Arias
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Casaio, España |
Morte | 12 de xuño de 1943 Ourense, España |
Causa da morte | pena de morte |
Outros nomes | Bailarín |
Actividade | |
Ocupación | maquis |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Manuel Álvarez Arias, coñecido como Bailarín, nado en Casaio (Carballeda de Valdeorras) e finado en Ourense o 12 de xuño de 1943, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, no outono botouse ao monte e formou un grupo de guerrilleiros que tiña a súa base na Serra do Eixe. O 10 de xuño de 1937 asasinou unha muller de Casaio logo de facer unha denuncia na súa contra.[1] Tras a desfeita da fronte norte en 1937 o seu grupo reforzou a súa posición coa chegada de antigos combatentes desa fronte, chegando á trintena de membros. Contrario a calquera tipo de organización, tivo enfrontamentos cos asturianos (Marcelino Fernández Villanueva) e os leoneses (Manuel Girón Bazán, Marcelino de la Parra Casas). Mantiña contactos coa oposición portuguesa e utilizaba a fronteira dese país como refuxio. O 2 de agosto de 1940 entregouse no Barco de Valdeorras á Garda Civil, comprometeuse a denunciar os seus antigos compañeiros a cambio da súa liberdade. Pero non chegou a delatalos e foi encarcerado polas autoridades. Foi xulgado e executado no cárcere de Ourense o 12 de xuño de 1943.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A primeira guerrilla antifranquista galega (1936-1939): un esforzo malogrado" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xaneiro de 2022. Consultado o 04 de agosto de 2020.
- ↑ Bernardo Máiz, no libro citado, afirma na páxina 165 que foi fusilado o 2 de agosto de 1940.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Máiz, Bernardo (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-320-4.
- Reigosa, Carlos G. (2005). La agonía del león. Esperanza y tragedia del Maquis. Madrid: Alianza. ISBN 84-206-4322-X.