Abelardo Gutiérrez Alba
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de febreiro de 1912 San Miguel, España |
Morte | 1978 (65/66 anos) Venezuela |
Actividade | |
Ocupación | xastre, maquis |
Membro de | |
Participou en | |
24 de abril de 1942 | Congreso de Ferradillo |
Familia | |
Nai | Consuelo Alba Digón |
Irmáns | Baldomero Gutiérrez Alba Jovino Gutiérrez Alba Florinda Gutiérrez Alba Domitila Gutiérrez Alba |
Abelardo Gutiérrez Alba, nado en San Miguel (Vilarello, Cervantes) o 25 de febreiro de 1912 e finado en Venezuela en 1978, foi un xastre e guerrilleiro anarquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Militante da CNT e da FAI, traballou como xastre e antes da guerra civil española estivo un tempo en Barcelona. A raíz do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o seu pai Juan Gutiérrez Santín foi sacado da casa por falanxistas o 20 de agosto e asasinado, e Abelardo botouse ao monte cos seus irmáns Baldomero e Jovino. Mantivo contacto con guerrilleiros como Antonio Ulloa Regueiro, Siro Fernández ou Antonio Fernández, e estivo na fronte de Asturias.
Polo menos desde 1939 dirixiu unha partida con Marcelino de la Parra e Manuel Girón Bazán, reforzada con membros da partida de David Fuentes. En 1942 asistiu á reunión que deu pé á Federación de Guerrillas de Galicia-León, celebrada preto de Ponferrada, e integrouse na guerrilla lucense. En 1944 acompañou a Marcelino Fernández Villanueva, xefe do Estado Maior da Federación, Abel Ares Pérez e César Ríos a Lugo para establecer contactos con outros grupos e contrarrestar a influencia dos comunistas. Desde 1945 foi, xunto a Antonio Fernández Crespo, vicecomandante da Federación, comandada por Manuel Castro Tellado, e tivo que retirarse a área de actividade do sueste de Lugo. En 1945 foi procesado polo Xulgado Militar Eventual número 4 de Lugo (Especial de Atracos) na causa 180/45 por agresión a forza pública cos seus irmáns Jovino e Domitila Gutiérrez Alba e Consuelo Alba Digón.[1] En 1947, mediante unha rede de evasión da CNT en Euskadi, pasou a Francia cos seus dous irmáns. En decembro de 1947 apareceu na prensa unha requisitoria demandando a súa presentación no Xulgado Militar eventual nº 1 de Lugo pola causa 215/46.[2] Volveu ser procesado na causa 522/47 e foi novamente reclamado polo Xulgado Militar Eventual número 1 de Lugo en febreiro de 1948.[3] Regresou a España de forma clandestina en 1948 para axudar ao resto da familia a pasar a Francia, e despois exiliouse en Venezuela. Regresou a España tras a morte de Francisco Franco, e morreu cando preparaba o retorno definitivo.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Íñiguez, Miguel (2008). Enciclopedia histórica del anarquismo español. Tomo 1. Gasteiz: Asociación Isaac Puente. p. 812. ISBN 978-84-612-4219-1.
- "Gutiérrez Alba, Abelardo". Diccionario enciclopédico galego universal 32. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 41. ISBN 84-7680-429-6.
- "Gutiérrez Alba, Abelardo". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo. 2010-2011. p. 188.
- "Gutiérrez Alba, Abelardo". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1032. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Gutiérrez Alba, Abelardo". Enciclopedia Galega Universal 10. Ir Indo. 1999-2002. p. 151. ISBN 84-7680-288-9.
- "Gutiérrez Alba, Abelardo". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.