Saltar ao contido

José María Saavedra Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé María Saavedra Díaz
Biografía
Nacemento3 de abril de 1913 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de xullo de 1949 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, garrote Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata

Los de la sierra: 7427

José María Saavedra Díaz, coñecido como Pepe, nado en Ferrol o 3 de abril de 1913 e finado na Coruña o 23 de xullo de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Veciño de Sillobre (Fene). Afiliado ao PSOE. Enlace da guerrilla. Botouse ao monte en maio de 1947 ante o temor a ser detido. Marchou a Ourense e desde novembro de 1947 foi responsable con Raúl Castro Cao dun destacamento da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia controlado por Samuel Mayo Méndez, activo no val do Miño. O destacamento foi o responsable de varios asaltos e das mortes dos veciños de Piñor, Montero Cid, falanxista, e Emilio Padrón Cuíñas (o 23 de agosto de 1948); do alcalde de Coles José López Quiroga; e do veciño de Piúca Severo Rubín Pérez.

O 18 de marzo de 1949 formaba parte do grupo de seis guerrilleiros localizados pola Garda Civil nunha casa que utilizaban como refuxio preto de Ourense. Nun primeiro asalto os guerrilleiros lograron repeler o ataque e mataron o capitán Francisco Piñel Estévez e ao garda José Rouco Vila, o guerrilleiro Antón López tamén resultou morto. A situación fíxose insostible e José María Saavedra, Antonio Pérez Barreiros e outro guerrilleiro intentaron romper o cerco. José María Saavedra e Antonio Pérez resultaron gravemente feridos e foron capturados, o terceiro home logrou escapar. Na casa permaneceron dous guerrilleiros que continuaron resistindo e a Garda Civil decidiu poñerlle lume á casa. No edificio en chamas, Manuel Novoa suicidouse mentres o seu compañeiro Camilo de Dios Fernández foi ferido e capturado. Xulgado en consello de guerra na Coruña o 18 de xuño de 1940,[1][2] foi condenado a morte e executado con garrote vil o 23 de xullo de 1949. O seu compañeiro Antonio Pérez Barreiro tamén foi condenado a morte noutro consello de guerra celebrado na Coruña o 27 de agosto de 1949 e Camilo de Dios foi condenado a 30 anos de prisión.

  1. La Voz de Galicia, 19-6-1940, p. 2.
  2. El Correo Gallego, 19-6-1949, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 125. ISBN 84-8485-231-8.