Saltar ao contido

A Laracha

(Redirección desde «Laracha»)
Modelo:Xeografía políticaA Laracha
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°14′55″N 8°35′00″O / 43.248611111111, -8.5833333333333
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor en Wikidata
CapitalA Laracha Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación11.543 (2023) Editar o valor en Wikidata (91,65 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie125,95 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude165 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde da Laracha Editar o valor en WikidataJosé Manuel López Varela Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais na Laracha Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15145 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE15041 Editar o valor en Wikidata

Páxina webalaracha.gal Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5276931

A Laracha[1] é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2014 tiña 11 443 habitantes (11 367 no 2012, 11 337 no 2011, 11 213 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «larachés». Recibe o seu nome da súa capital, a vila da Laracha.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello, de 125,95 km², abrangue 13 parroquias, sendo as máis extensas as de Soandres e Montemaior. Caión é a única que ten contacto co mar, no Golfo Ártabro, no límite nordeste da Costa da Morte.

Parroquias da Laracha

Orografía e hidrografía

[editar | editar a fonte]

A zona sur está marcada pola chaira de Ordes e os montes baixos da serra de Montemaior, co monte Pedrouzo (521 m) e Pena Galluda (552 m). O centro está marcado polo val do río Anllóns, que se abre cara ao oeste e recibe as augas do Acheiro. Cara ao norte está a serra de Santa Leocadia, no límite con Arteixo.

Ten un clima oceánico, con temperaturas suaves e escasa oscilación térmica, fortes precipitacións e elevada humidade. A vexetación autóctona foi substituída en boa medida por especies de repoboación como piñeiros e eucaliptos. A zona de monte ocupa un terzo da superficie total do municipio. Porén, quedan carballeiras como a de Santa Margarida, a de San Fins e a da capela de Comiáns.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Censo total 2014 11 443 habitantes
Menores de 15 anos 1396 (12,2 %)
Entre 15 e 64 anos 7245 (63,31 %)
Maiores de 65 anos 2802 (24,48 %)
Evolución da poboación da Laracha   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
7993 10 039 12 213 11 710 10 800 11 171 11 337 11 367 11 375 11 443
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Os restos de asentamentos humanos máis antigos conservados no concello son do período megalítico, como o túmulo do Cruceiro (Lendo), mámoa de Fofelle (Lestón), mámoa da Fraga (Lendo), túmulo funerario na Medorra (Coiro), túmulo das Medorras na Ferreira (Montemaior), túmulo megalítico O Forno dos Mouros en Silvoso (Soandres), Pedra Fita do Loureiro ou Pedra do Gicho (Erboedo), medorra do couto de Outeiro (Montemaior), túmulo de Carboeiro en Portela (Erboedo), A Medorra do Codeso en Vilariño (Montemaior) ou o Túmulo das Rebuceiras (Lemaio).

No lugar de Lendo apareceron dúas machetas da idade de bronce. Da cultura castrexa consérvanse 19 poboados castrexos: castro de San Román e castro de Riotorto (ou Os Castros, ou o Petón do Castro, os dous en Cabovilaño); castro da Medoña (Coiro); A Castreira (ou As Castreiras, en Erboedo); castro da Condesa (ou Bico do Castro, en Lemaio); castro de Lestón (ou Os Castros, ou Agra do Castro Lestón), castro de Erboedo (ou Os Castros, ou As Croas), castro do Retorno e castro de Fofelle (Lestón); castro da Pena ou O Petón (Montemaior); castro de Condesuso (ou O Castriño), castro de Santa Baia (ou Croa de Santa Baia), castro de Cerqueira (ou de Refoxo), castro de Revirente, O Castro (ou Os Castros) e castro de Santa Baia (Soandres); castro de Gabenlle (ou Castro das Croas, ou Os Castros, en Torás); castro de Montes Claros (ou Os Castros, no que apareceu numerosa cerámica) e castro Pequeno (ou castro das Motas, ou a Mota, en Vilaño).

Casa do concello.

Durante a romanización de Galicia construíronse diversas vías, pasando por aquí a Per Loca Marítima. En 1987 atopouse na igrexa de Vilaño un miliario da época do emperador Magnentio, a mediados do século IV. No mosteiro de Soandres había unha ara votiva (conservada na catedral de Santiago de Compostela) cunha inscrición sobre un antigo templo adicado a Hércules Xónico.

Na igrexa de Lemaio consérvanse uns capiteis prerrómanicos, usados como pía de auga bendita. A igrexa de Soandres ten a súa orixe nun cenobio beneditino, que aparece documentado a finais do século X. Segundo o historiador Carlos Martínez Pereira a finais do s. XIII e principios do XIV na parroquia de Lendo estableceuse unha encomenda da orde do Temple, da que quedan mostras na igrexa parroquial.

A familia Pardo das Mariñas dominou a xurisdición que ocupou boa parte do concello desde o século XIV. As Torres de Cillobre foron creadas como construción defensiva, sendo reconvertidas en casa señorial. Diego das Mariñas foi o primeiro Capitán xeneral do Reino de Galicia. Outros nobres que habitaron esta casa foron os Bolaño, Ribadeneira, Parragués, Soutomaior e Moscoso.

Economía

[editar | editar a fonte]

O concello ten unha ampla base no sector agrario e forestal. Hai empresas industriais como Cerámica Campo ou Celsa. O Parque empresarial da Laracha está promovido pola sociedade pública Suelo Empresarial del Atlántico. Foi inaugurado en xaneiro de 2011. Ten unha superficie de 825.000 metros cadrados con acceso directo á autoestrada A Coruña-Arteixo-Carballo (AG-55).[2] En 2017 Inditex iniciou as obras para construír alí un dos seus centros loxísticos.

Irmandade

[editar | editar a fonte]

A Laracha está irmandada dende abril de 2010 coa comuna de Olonne sur Mer, do distrito francés de Les Sables-d'Olonne, Países de Loira no departamento Vendée.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes da Laracha.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Laracha

Cabovilaño (San Román) | Caión (Santa María do Socorro) | Coiro (San Xián) | Erboedo (Santa María) | Golmar (San Bieito) | Lemaio (Santa Mariña) | Lendo (San Xián) | Lestón (San Martiño) | Montemaior (Santa María Madanela) | Soandres (San Pedro) | Soutullo (Santa María) | Torás (Santa María) | Vilaño (Santiago)

Lugares da Laracha

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Laracha vexa: Lugares da Laracha.

  1. "Nomenclátor - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2020. Consultado o 4 de maio de 2020. 
  2. Parque Empresarial alaracha.gal

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]