Irixoa
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | O Pazo de Irixoa | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.316 (2023) (19,21 hab./km²) | ||||
Xentilicio | irixoés | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 68,52 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Antonio Deibe Sanmartín | ||||
Eleccións municipais en Irixoa | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15313 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15039 | ||||
Páxina web | irixoa.es |
Irixoa é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.421 habitantes. O seu xentilicio (non oficial) é irixoés.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situación
[editar | editar a fonte]O concello, de 68,6 km², limita ao norte cos municipios de Miño, Vilarmaior e Monfero, ao sur con Aranga e Coirós, ao leste con Monfero e Aranga, e ao oeste con Paderne.
Orografía e hidrografía
[editar | editar a fonte]Está nunha zona de transición entre a chaira da Terra Chá e as comarcas costeiras das Mariñas e Ferrolterra. Cara ao leste na prolongación da Serra da Loba están o Pico de Vales (702 m) e Monte Vila (684 m), entre os cales nace o río Zarzo, afluente do Mandeo. Cara ao oeste hai un perfil máis suave, polo que discorre o río Lambre, que desemboca na Ponte do Porco.
Demografía
[editar | editar a fonte]Censo total 2014 | 1.421 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 82 (5.77 %) |
Entre 15 e 64 anos | 809 (56.93 %) |
Maiores de 65 anos | 530 (37.3 %) |
Evolución da poboación de Irixoa Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
3.561 | 3.819 | 3.548 | 2.138 | 1.619 | 1.526 | 1.502 | 1.492 | 1.442 | ||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia
[editar | editar a fonte]Durante a Idade Media a zona pertenceu ao arciprestado de Pruzos, incluíndo tamén as parroquias de Paderne e Adragonte (concello de Paderne), dependente da arquidiocese de Santiago de Compostela, e pertencente ao condado de Lemos. O Conde nomeaba un xuíz, que exercía no Pazo de Irixoa.
Durante o Antigo Réxime e até o final do Reino de Galiza a zona pertenceu á provincia de Betanzos. Trala División territorial de España en 1833 pasou a formar parte da provincia da Coruña.
Cultura
[editar | editar a fonte]Símbolos
[editar | editar a fonte]O escudo do concello ten a seguinte descrición: de ouro e sobre ondas de azur e prata, un monte de sinople cargado de sete estrelas de prata e acompañado de dúas cruces ensanchadas de goles. Ao timbre, coroa real pechada. O cumio a que se refire é o monte de San Antón. As sete estrelas, aluden ás actuais sete parroquias, e as cruces ensanchadas refírense ás igrexas parroquiais de San Antón e Churío.
Economía
[editar | editar a fonte]Infraestruturas de transporte
[editar | editar a fonte]O municipio está atravesado de oeste a leste pola estrada comarcal AC-640 (Betanzos - Viveiro) e a autonómica AC-151 (Montesalgueiro - Pontedeume).
Medios de comunicación
[editar | editar a fonte]Neste concello realizouse a gravación do programa de tele-realidade A Casa de 1906, o primeiro programa de tele-realidade feito en Galicia.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Irixoa.
-
Ermida de San Cosme de Mántaras.
-
Antigo Cine La Viña na parroquia da Viña.
-
Bandeira de Irixoa, A Coruña.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Decreto 81/1996, do 29 de febreiro DOG núm. 50 (11 de marzo de 1996)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Irixoa |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos (2010). "Túmulos prehistóricos no concello de Irixoa (A Coruña)" (PDF). Anuario Brigantino (Betanzos) (33): 11–26. ISSN 1130-7625.
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |